Os comerciantesárabes foron os primeiros en se instalar no territorio noséculo XIV. A súa influencia foi decisiva sobre o futuro dosmalaios, xa que converteron apoboación aoislam.
Malaisia independizouse en 1957. En 1981,Mahathir bin Mohamad converteuse en primeiro ministro e liderou o país cara á modernización ata a súa xubilación en 2003.
Malaisia oriental, situada ao norte deIndonesia (Borneo), componse dos territorios deSarawak e deSabah. Esta parte representa o 15 % da poboación e o 60% do territorio. Está basicamente composta de xungla e dun relevo abondo elevado (monte Kinabalu: 4 095 m).
Compartefronteiras coBrunei (381 km),Indonesia (1.178 km) eTailandia (506 km) e dispón de 4.675 km de costas. No2003, a súa poboación era de 25 200 000 de habitantes.
Evolución da poboación entre 1961 e 2003 (cifra daFAO, 2005). Poboación en milleiros de habitantes.
A xente de Malaisia chámase malaisios. Non se debe confundir cosmalaios, que son os que constitúen apoboación maioritaria (62 %) e histórica, mais non son os únicos habitantes. Hai aproximadamente un 25% de malaisios de descendencia chinesa e o 10 % é de descendencia india. Establecéronse hai variasxeracións. A poboación é nova e está en expansión (ela tense dobrado entre1970 e2000). Ataxa de natalidade dos Malaios é moi superior á dos chineses.