| Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
AMajor League Soccer é a liga profesional defútbol enNorteamérica. Fundada en1993, actualmente aMLS está composta por 20 equipos, 17 deles dosEstados Unidos, e outros 3 doCanadá. Nesta liga non existen acensos nin descensos, pois é unha liga pechada entre franquías. En 2011 aIFFHS situou á MLS no posto 52º da clasificación das ligas mais fortes do mundo, ocupando así o 2º posto entre as ligas de fútbol da zonaConcacaf.
A creación da MLS foi incluída na candidatura deEstados Unidos para organizar oCampionato do Mundo de Fútbol de 1994. Unha vez elixida polaFIFA a candidatura proposta pola Federación de Fútbol dos Estados Unidos, esta tivo que cumprir a súa promesa. A primeira tempada da MLS comezou o6 de abril de1996 con 10 equipos divididos en 2 conferencias (Leste e Oeste). Os 10 equipos disputaron unha tempada regular de 32 xornadas, seguida duns playoffs nos que se decidiu o título de campión.
Nos seguintes anos o número de equipos que compoñen a liga foi crecendo ós poucos, ata chegar ós 18 equipos que actualmente compiten cada ano polo campionato.
O equipo campión recibe a MLS Cup. OLA Galaxy é o equipo máis laureado da competición con 5 MLS Cups no seu palmarés. Ademais é tamén o equipo que máis finais disputou con 9.
Os 20 equipos da MLS son franquías propiedade da liga, aínda que son dirixidos por co-propietarios. Os xogadores negocian e asinan os seus contratos coa liga, non co seu equipo. Na Conferencia Leste hai 8 equipos estadounidenses e 2 canadenses, mentres que na Conferencia Oeste hai 9 estadounidenses e un do Canadá. Tódolos equipos da liga teñen un límite salarial, o que quere dicir que non lle poden pagar ós xogadores unha cantidade superior ó límite marcado. En2007 o regulamento foi cambiado para permitir que cada equipo poida ter 3 excepcións, é dicir, que cada equipo poida ter 3 xogadores designados que teñen un soldo superior por considerar que son xogadores estrelas. O troco no regulamento veu motivado pola fichaxe deDavid Beckham polosLA Galaxy.
O líder da táboa cando remata a tempada regular, e mailo equipo que gaña na final, son equipos que teñen dereito a disputar aLiga de Campións da Concacaf na seguinte tempada, sempre que non sexan canadenses, xa que os equipos canadenses acadan o dereito a clasificarse para competicións continentais a través da súa propia competición nacional. Hai outras dúas prazas para disputar a fase previa da Liga de Campións, que son para o equipo que perde na final, e para o equipo que gaña na competición copeira, unha competición na que compiten os equipos da MLS con outros equipos estadounidenses.
Conferencia Leste
Conferencia OesteA táboa histórica da MLS está liderada por aqueles equipos que en1996 foron membros fundadores da competición. Nesta táboa hai 2 equipos que desapareceron trala tempada 2001 (Tampa Bay Munity e Miami Fusion), e outro equipo que ten previsto debutar na tempada 2012 (Montreal Impact). O número 1 desta táboa é oLos Angeles Galaxy, o que quere dicir que dende o nacemento la MLS en 1996 ten sido o equipo mais regular da competición, o cal se confirma no dato de que é o equipo con máis finais disputadas, 7. Na segunda posición está oDC United, que é o equipo con máis títulos no seu palmarés, 4, pero que nos últimos anos ten feitos tempadas pouco salientables. Precisamente os 2 equipos que ocupan as primeiras posición na táboa histórica la MLS, son os 2 únicos equipos da liga que teñen acadado nalgunha ocasión a vitoria final naLiga de Campións da Concacaf, a máxima competición continental defútbol que se disputa enNorteamérica.