Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Maguncia

Coord.:49°59′58″N8°16′25″L / 49.9994,8.2736
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Mainz»)
Modelo:Xeografía políticaMaguncia
Mainz (de)Editar o valor en Wikidata
Imaxe

AlcumeמגנצאEditar o valor en Wikidata
EpónimoRío Main eMogonsEditar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 49°59′58″N8°16′25″L / 49.9994,8.2736
EstadoAlemaña
Estado federadoRenania-PalatinadoEditar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación222.889(2023)Editar o valor en Wikidata (2.280,66hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie97,73 km²Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Rin eRío MainEditar o valor en Wikidata
Altitude94 mEditar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación12 a. C.Editar o valor en Wikidata
Evento clave
1689Siege of Mainz(en)Traducir
18 de outubro de 1792Siege of Mainz(en)Traducir
1793Siege of Mainz(en)Traducir
1794Battle of Mainz(en)Traducir
21 de novembro de 1813Siege of Mainz(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoNino Haase(2023–)Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal55116–55131 e 55001–55131Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico06131 e 06136Editar o valor en Wikidata
Código NUTSDEB35Editar o valor en Wikidata
Número de municipio alemán07315000Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Watford(pt)Traducir(1956–)
Dijon(1958–)
Zagreb(1967–)
Rodengo(pt)Traducir(1977–)
Valencia(1978–)
Bakú(1984–)
Haifa(1987–)
Erfurt(1988–)
Louisville(1994–)
Kigali(2007–)Editar o valor en Wikidata

Sitio webmainz.deEditar o valor en Wikidata
Facebook: lhmainzTwitter: Mainz_deInstagram: stadt_mainzYoutube: UCtinKPDf2Zeu8EFdn-ONqPwPinterest: stadtmainzBNE: XX456615Editar o valor en Wikidata

Maguncia[1] ouMainz[2] (enalemán:Mainz) é a capital do Estado federadoalemán (Land) deRenania-Palatinado. É unha cidade do suroeste de Alemaña, á beira dorío Rin, onde desemboca orío Meno. É un porto fluvial destacado. Nela inventou a imprentaJohannes Gutenberg. Hoxe, Mainz volveu ser un centro dos medios de difusión, xa que alberga a sede daZDF, a segunda canle da televisión alemá.

Aínda que foi gravemente destruída durante asegunda guerra mundial, a cidade conserva unha parte importante da cidade vella, na que destacan as construcións realizadas en pedra de cor vermella (areísca, principalmente).

Mainz ten universidade desde1477, chamadaJohannes Gutenberg, situada cerca do centro da cidade. O seu antigocampus non só comprende aulas e salas de conferencias, senón tamén vivendas, bares e restaurantes que constitúen un barrio independente.

Con 196.950 habitantes (en31 de marzo de2006), é a terceira cidade máis grande daRexión Rin-Meno.

O seu equipo de fútbolFSV Mainz 05 xoga na primeira división (Bundesliga).

Historia

[editar |editar a fonte]
Restos dunha porta na muralla romana deMogontiacum.
Armas de Mainz baixo o imperio deNapoleón.

Idade Antiga

[editar |editar a fonte]

Mainz foi fundada como fortaleza militar polos romanos no último terzo doséculo I a.C., co nome deMogontiacum. Serviu de base a diferentes lexións, destacando desde finais doséculo I aLegio XXII Primigenia. DesdeDomiciano, foi a capital da provinciaGermania Superior.

Ao longo dosséculos I aIV, foi unha das principais fortalezas dolimes do Rin e tivo un importante desenvolvemento urbano. A finais doséculo IV sufriu os embates dosalamáns.

A principios doséculo V foi destruída polosvándalos, ocupada poloshunos e definitivamente conquistada polosfrancos.

Idade Media

[editar |editar a fonte]

A cidade foi visitada contra o ano965 polo viaxeiro hispano-xudeuIbrahim ibn Ya'qub, quen se sorprendeu ao encontrar neladirhamscuñados enSamarcanda eespecias daIndia: pementa,xenxibre,cravo de olor,nardio indio,costo egalanga. Por esa época había tamén peles importadas deRusia.

O viaxeiro acertou en describir a cidade principalmente como un gran mercado decereais, mencionando especificamente otrigo, acebada, ocenteo, e tamén as videiras e a froita.[3]

Idade contemporánea

[editar |editar a fonte]

Seguindo a progresión cara ao Leste dos exércitos e das ideas daRevolución Francesa, proclamouse unhaRepública de Mainz o18 de marzo de1793, que foi o primeiro Estado democrático en territorio alemán. Dita república foi efémera, xa que o día 21 pediu a súa incorporación aFrancia, obténdoa o día 30. Este acontecemento conmemórase todos os anos o11 de novembro, simbolizando así o 11 (día e mes) coa divisa da Francia republicana, ELF, (once en alemán, das iniciais de "Liberté, Égalité, Fraternité").

Cultura (e festas)

[editar |editar a fonte]

OTeatro Estatal de Mainz (Staatstheater Mainz) é o teatro estatal da cidade.

Mainz foi aCapital Europea da cultura no ano2007.

En Mainz celébranse festas populares durante todo o ano. Os seus habitantes son coñecidos polo seu carácter aberto e a súa alegría de vivir, que demostran durante as (frecuentes) festas.

Domus Universitatis.
Desfile no carnaval.
UnSchwellkopp (cabezudo).
Xerra de cervexa.

Carnaval

[editar |editar a fonte]

Mainz é bastante coñecida polas súas celebracións docarnaval, que no sur de Alemaña se denominaFastnacht, con desfiles e decoración das rúas. O luns de entroido é o día central das comparsas de bufóns e xograres. Toda a xente bótase á rúa convertendo a cidade nun mar de alegres cores.

O desfile do luns de entroido, con coches con alegorías políticas, cabezudos e xigantes, bandas de música, portadores de bandeiras e garda, vai abríndose camiño ao longo dunha multitude que celebra e baila sen parar.

Aquí, as cabezas xigantes (Schwellköpp, cabezudos) ou "Monumentos" son auténticas obras de arte, creadas durante meses por construtores e artistas que empregan materiais como cartón, madeira, papel e pintura.

A vida en Mainz no carnaval detense, con toda a xente nas rúas, bares ou salas cantando e bailando. É a festa popular por excelencia, con seis días e seis noites de duración; os disfrazados dan voltas por unha cidade enestado de excepción.

Open-Ohr-Festival

[editar |editar a fonte]

Os estudantes organizan o festivalOpen-Ohr-Festival (literalmente, "Festival da orella aberta") no que participan bandas de todo o mundo.

Noite de San Xoán

[editar |editar a fonte]
Monumento a Johannes Gutenberg noMuseo Gutembreg.

Anoite de San Xoán é unha das maiores festas de Mainz, declarada oficialmente de interese turístico internacional.

E na honra do fillo máis ilustre da cidade,Johannes Gutenberg, celébrase aJohannisfest, á que asisten centos de miles de persoas.

Tales festas datan de1968. Catro días antes, a noite do20 de xuño, os grupos folclóricos reúnense no centro da cidade, naLudwigstrasse, as prazas do Mercado, Leichhof, Ballplatz e de Schiller, dando espectáculos de música e danza.

A atracción principal é o bautismo dos impresores,Gautschen, desde o alto doJohannis (Mercado do Libro e Museo na beira do Rin).

AJohannisnacht termina con grandes fogos artificiais sobre o Rin á noitiña.

Mercado do viño

[editar |editar a fonte]

No romántico parque municipal, na rosaleda, reúnense unha vez ao ano, a finais de agosto, os que queren gozar do viño. Con toda a familia chegan os naturais e os visitantes ao mercado do viño de Mainz para celebrar, degustar e charlar amplamente. Aquí trábanse rapidamente amizades entre os habitantes e os seus visitantes.[4]

Os grandes viticultores serven máis de 300 exquisitas variedades de caldos da rexión vinícolaRheinhessen (viños do Rin) nas numerosas casetas belamente decoradas. Estes deliciosos viños locais acompáñanse coas variadas especialidades gastronómicas da rexión (véxase abaixo,Oktoberfest).

Oktoberfest

[editar |editar a fonte]

As festas de outubro (Oktoberfest) de Mainz, a diferenza das que se celebran noutras localidades de Alemaña, especialmente da deMúnic, só se celebran no barrio deHechtsheim. A celebración, establecida na cidade desde 2005, desenvólvese durante 10 días (normalmente, inclúense dous sábados).

Chegan a beberse 42.000 litros de cervexaMainzer Aktien-Bier ouWiesen Bier, fabricada unica e exclusivamente para a festa. No consumo de cervexa pode observarse unha clara tendencia á alza. Tamén se consomen grandes cantidades de polo asado e de diversos derivados do porco,salchichas,Handkäse,Spundekäse eBrezel. AOktoberfest reflicte a evolución da historia do entretemento de Mainz. O número de visitantes en2005 foi de 35.000.

Economía

[editar |editar a fonte]
Salón da uva no MuseoKupferberg.

Mainz foi tradicionalmente unha cidade dedicada á industria vinícola (Rheinhessen,Rheingau eMittelrhein, son as tres denominacións de orixe da rexión), con exportacións de viño a todo o mundo. Tamén as deviño escumoso (o "Sekt" alemán), conKupferberg eHenkell. Ademais da produción e comercialización de viño, tamén se cultivan froitas, cereais e hortalizas. Así mesmo, Mainz baseou a súa economía nas industrias impresora e cristaleira.

Despois da crise bodegueira a comezos dos anos 1980, actualmente a cidade busca diversificar a industria. Un sector económico fomentado con éxito é o do turismo, debido á gran personalidade da cidade.

Sede central daZDF en Mainz.

De forma paralela, outras accións oriéntanse á conversión da cidade no centro loxístico da Alemaña suroccidental, con grandes superficies e naves de distribución, buscando as sinerxias entre o ferrocarril, o aeroporto e os portos achegados.

AZDF,acrónimo daZweites Deutsches Fernsehen ("Segundatelevisión alemá"), con sede en Mainz, á unha canle de televisión pública alemá, rexida por unha axencia sen ánimo de lucro establecida conxuntamente polos Estados federados alemáns (Länder). A ZDF finánciase mediante un canon que se paga ao comprar cada televisor e coapublicidade.

ASüdwestrundfunk ouSWR, que significa "Radiodifusión do Suroeste", é unha institución pública de radio e televisión destinada ao suroeste de Alemaña en xeral. A compañía ten tres oficinas centrais nas cidades deStuttgart,Baden-Baden e Mainz.

Schott music ouSchott Musik International é unha das editoriais de música máis antigas e prestixiosas de Alemaña.

Panorámica de Mainz desde o Rin.

Patrimonio

[editar |editar a fonte]

Monumentos e edificios relixiosos

[editar |editar a fonte]
  • Catedral de Mainz
  • Igrexa de Santo Emmeran
  • Igrexa de Santo Estevo
  • Igrexa de Santo Agustiño
  • Igrexa da Benaventurada Virxe María
  • Igrexa e torre de San Quintín

Galería de imaxes

[editar |editar a fonte]
  • Restos do acueduto romano de Mogontiacum
    Restos do acueduto romano deMogontiacum
  • Catedral de Mainz. As torres da catedral superan en altura bo número de edificios da cidade
    Catedral de Mainz. As torres da catedral superan en altura bo número de edificios da cidade
  • Teatro Estatal (Staatstheater Mainz) Despois da reforma de 2002 está coroado por un cilindro de cristal que alberga un restaurante
    Teatro Estatal
    (Staatstheater Mainz) Despois da reforma de 2002 está coroado por un cilindro de cristal que alberga un restaurante
  • Parlamento do Land de Renania-Palatinado (antigo palacio da Orde Teutónica), un dos numerosos exemplos de arquitectura barroca de Mainz
    Parlamento doLand deRenania-Palatinado (antigo palacio daOrde Teutónica), un dos numerosos exemplos de arquitecturabarroca de Mainz
  • A Kirschgarten, na cidade vella
    AKirschgarten, na cidade vella

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Segundo oDiccionario Enciclopédico Galego Universal (Ir Indo Edicións,Vigo 2003) ou Begoña González Rei:Ortografía da Lingua Galega (Galinova Editorial, A Coruña 2004), anexo 4.1.4. Cidades do mundo.
  2. Denominación que figura noAtlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo (2009).
  3. Dutour, Thierry (2003):La ciudad medieval. Orígenes y triunfo de la Europa urbana, páxs. 111-113. Paidós, Buenos Aires, 2005.ISBN 950-12-5043-1
  4. sic, no orixinal,N. do T.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Maguncia

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Imhof, Michael & Simone Kestin (2004):Mainz City and Cathedral Guide. Petersberg: Michael Imhof Verlag.ISBN 978-3-937251-93-6
  • Michelle Marty (1992):Mayence, ou l'Allemagne profonde Dijon: CRDP de Dijon.ISBN 2-86621-165-0

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Maguncia&oldid=6669846»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp