O seu reinado é recoñecido pola reformas administrativas, militares e fiscais que instituíu, que culminaron co decreto deTanzimat ("reorganización") levado a cabo polos seus fillosAbdulmejid I eAbdülaziz. A miúdo descrito como o "Pedro o Grande de Turquía",[1] as súas reformas inclúen a abolición en 1926 do conservador corpo dosxanízaros, que eliminou un grande obstáculo contra el e contra as reformas dos seus sucesores no imperio. As reformas que instituíu estiveron caracterizadas por cambios políticos e sociais, que eventualmente provocaron o nacemento da modernarepública turca.[2]
A pesar das súas reformas internas, o reinado de Mahmud tamén foi marcado por sublevacións nacionalistas enSerbia eGrecia, que levaron a significativas perdas territoriais do imperio e o nacemento do estado grego.
Mahmud II reformou as institucións administrativas e o propio exército, influído por un proceso de occidentalización, polo que ordenou adisolución dos xanízaros en 1826, segundo uns pola morte do seu visir e amigo Alemdar Mustafa Pasha, segundo outros para desfacerse dun corpo militar que non respondía ás necesidades militares dos tempos modernos.
Levy, Avigdor. "The Officer Corps in Sultan Mahmud II's New Ottoman Army, 1826–39".International Journal of Middle East Studies (1971) 2#1 pp: 21-39.online
Levy, Avigdor. "The Ottoman Ulema and the military reforms of Sultan Mahmud II".Asian and African Studies 7 (1971): 13-39.
Levy, Avigdor. "The Ottoman Corps in Sultan Mahmud II New Ottoman Army".International Journal of Middle East Studies 1 (1971): pp 39+
Palmer, Alan.The Decline and Fall of the Ottoman Empire (1992) ch 6
Uluçay, M. Çağatay (1992).Padişahların Kadınları ve Kızları. Ankara : Türk Tarih Kurumu Basımevı.ISBN978-9-751-60461-3.