Como capital do Estado, Madrid alberga as sedes doGoberno,Cortes Xerais,Ministerios, Institucións e Organismos asociados, así como a residencia oficial dosreis de España.[1] No plano económico, Madrid é a cuarta cidade máis rica deEuropa, trasLondres,París eMoscova.[2] É o principal centro financeiro e empresarial deEspaña, actualmente, o 50,1% dos ingresos das 5.000 principais empresas españolas son xerados por sociedades con sede social en Madrid, as cales representan o 31,8% delas. É sede do principal mercado de valores do país, e de varias das máis grandes corporacións do mundo.
Nacida a partir do asentamento fortificado hispanomusulmán de Maǧrīţ,[3] conquistado porAfonso VI de León e Castela en1083, a vila foi designada en1561 como sede da corte deFilipe II, sendo a primeira capital permanente da monarquía española. Desde entón, agás un breve intervalo de tempo entre1601 e1606 no que a capitalidade pasou temporalmente aValladolid, Madrid foi a capital deEspaña e sede do Goberno da Nación.[4]
A cidade de Madrid atópase na zona central daPenínsula Ibérica, a poucos quilómetros ao norte doCerro de los Ángeles, centro xeográfico desta. As coordenadas da cidade son 40°26′ N 3°41′ O e a súa altura media sobre o nivel do mar é de 667 m, sendo así unha das capitais máis altas deEuropa.
O principal río de Madrid é oManzanares, que penetra en municipio na contorna doMonte do Pardo alimentando o encoro do mesmo nome, ao que tamén chegan as augas dos arroios de Manina e Tejada. Pasado este espazo natural, o río comeza o seu curso urbano ao redor da cidade universitaria, entrando despois, brevemente, naCasa de Campo, onde recibe as augas doarroio de Meaques.
Rañaceos deAZCA con neve. As nevadas en Madrid son ocasionais e prodúcense xeralmente no inverno.
O clima de Madrid é unclima mediterráneocontinental e está moi influído polas condicións urbanas. A temperatura media é de 12 °C.
Osinvernos son fríos, con temperaturas inferiores aos 4-5 °C,xeadas frecuentes enevadas ocasionais. Osveráns son calorosos con medias ao redor dos 24 °C enxullo eagosto e con máximas que frecuentemente superan os 35 °C. A oscilación diaria é importante na periferia urbana, pero se ve reducida no centro da cidade polo efecto antrópico. Aamplitude térmica anual é alta (19 graos, cifra propia daMeseta Sur) como consecuencia da gran distancia ao mar e a altitude (ao redor dos 600 m). As precipitacións anuais son superiores aos 400 mm, con mínimos moi marcados no verán (catro meses secos, de xuño a setembro) e grandes oscilacións entre a zona NO, bastante máis chuviosa, e a zona SE que resulta máis árida.
Madrid é habitado dende tempos prehistóricos, pero a primeira referencia escrita está nas crónicas doCalifato de Córdoba.Mohamed I construíu un pazo noséculo IX (onde hoxe está o Pazo Real), e a cidade foi chamadaMagerit (de onde provénMadrid).
A poboación de Madrid foi experimentando un importante aumento dende que se converteu en capital. Foi especialmente significativo noséculo XX, debido á gran cantidade de inmigración, tanto interior coma exterior.
Non obstante, este aumento desacelerouse en favor dos concellos da zona metropolitana a partir dos anos setenta, nos que Madrid comeza a perder poboación. No comezo doséculo XXI hai un aumento da inmigración. Segundo os derradeiros datos dispoñíbeis, a1 de xullo de2005 a poboación de Madrid ascendía a 3.228.914 habitantes, cun aumento de 271.856 habitantes respecto ao censo do2001.
O xentilicio dos habitantes de Madrid é «madrileño» ou «matritense». Así e todo, aos habitantes de Madrid chamóuselles tamén «gatos» debido a que, segundo conta a lenda, a conquista da cidade polas tropas deAfonso VI no final doséculo XI realizouse mediante o asalto da muralla pola que agatuñaron as tropas castelás.
Outras lendas sinalan que o apelativo degatos se outorgou aos cidadáns de Madrid na Idade Media pola súa grande habilidade á hora de gabear polas murallas e penedos coas mans espidas.
Tamén noPaseo de la Castellana, na zona deAZCA, atópase o que foi o edificio máis alto da cidade dende 1988 ata 2007, aTorre Picasso, con 157 metros. Hai outros lugares de Madrid onde se concentran edificios notoriamente altos, aínda que algúns deles teñen discutida a súa cualificación de rañaceos. NaPraza de Castilla hai dúas torres especialmente rechamantes polo ángulo agudo que forma unha das súas fachadas co chan, os edificios daPuerta de Europa.
Madrid ten importantes pinacotecas, as cales constitúen unha das principais atraccións turísticas da cidade. Tres dos principais museos atópanse no chamado triángulo da arte: oMuseo do Prado, OMuseo Thyssen-Bornemisza e oMuseo Raíña Sofía.
Estas autovías son herdeiras das anterioresradiais (numeradas con números romanos: N-I, N-II etc.). Algúns tramos destas autovías son depeaxe denominándose entón AP-X. Nestes tramos adoita perdurar a correspondente estrada radial sen peaxe.
Outras autovías que teñen a súa orixe en Madrid e de grande importancia pola densidade da súa trafico son aA-42 que une Madrid conToledo e aM-607, unha autovía autonómica que une Madrid coporto de Navacerrada, dando servizo ás localidades deColmenar Viejo eTres Cantos. AA-52 é o ramal que se toma enBenavente en dirección aOurense eVigo.
Madrid ten ademais unha serie de estradas circunvalatorias á súa ao redor, estás son aM-30, que delimita a améndoa central da cidade, aM-40 nos barrios residenciais da cidade, aM-45, bordeando o municipio polo sueste, e aM-50, que non pecha o seu percorrido polo norte á altura do Pardo. Estasautovías serven para evitar que para que dirixirse dun punto a outro da periferia haxa que atravesar a cidade.
A rede de Metro de Madrid ten unha lonxitude de 296 km e comprende trece liñas. Delas, discorren integramente polo concello de Madrid nove e o ramal, tres teñen parte do seu trazado fose do concello e unha discorre integramente por outros concellos.
O metro ten correspondencia con 19 estacións da rede deproximidades deRenfe.
A compañía pública deferrocarrilRenfe Operadora opera en case todas as liñas de tren españolas. As estacións de ferrocarril máis importantes de Madrid son as dePuerta de Atocha,Chamartín e, para o transporte de mercancías, a estación de clasificación de Vicálvaro, ao leste da cidade.
O principalaeroporto de Madrid é o deMadrid-Barajas, situado no nordeste da cidade, a 12 quilómetros do centro. Iniciou o seu servizo en1928, aínda que se inaugurou oficialmente en1931 e actualmente está xestionado porAENA. É ademais o principal aeroporto deEspaña por tráfico de pasaxeiros.[10]
En2005 o aeroporto moveu 45,5 millóns de pasaxeiros, cun crecemento respecto ao anterior do 8%. Ocupou o posto número 13 a nivel mundial e quinto europeo por número de pasaxeiros transportados. En2007, o tráfico de pasaxeiros ascendeu a 52.122.702, convertendo a Barallas no décimo do mundo por volume de pasaxeiros e o cuarto deEuropa, superando ao deÁmsterdam-Schiphol que ata agora ostentaba ese posto dentro dos aeroportos europeos.[11]
O aeroporto está comunicado coa cidade a través da liña 8 deMetro e de numerosos autobuses e taxis.
A cidade conta ademais cun aeroporto de segunda categoría, o deCuatro Vientos, destinado ao uso militar e escola de voo. Este último foi o primeiro en construírse deEspaña.
Desde 2003 celebrábase oMasters 1000 de Madrid, antigamente coñecido como Master Series de Madrid, no pavillónMadrid Arena. É o único xunto conMasters de París que se xoga sobre pista cuberta. En maio de 2009 pasou a ser un torneo de terra batida, cambiando así de pavillón. ACaja Mágica é o recinto onde se disputa a partir de 2009. Ten unha capacidade duns 10.000 espectadores e foi unha das bazas fundamentais nacandidatura de Madrid aos Xogos Olímpicos de 2016.
A historia da candidatura madrileña a organizar unsXogos Olímpicos remonta ao 29 de decembro de 1965 cando foi presentada ante oComité Olímpico Internacional unha candidatura conxunta conBarcelona para albergar a vixésima edición dos Xogos de 1972. A candidatura española quedou no entanto descartada na sesión do COI celebrada enRoma o 26 de abril de 1966 trala elección deMúnic.
OCOI seleccionou o 18 de maio de 2004 na cidade suíza deLausana as cinco cidades candidatas oficiais para a organización dos Xogos Olímpicos do ano 2012: Madrid,París,Londres,Nova York eMoscova. O 6 de xullo de 2005, oCOI deu a coñecer o resultado da elección da cidade que organizará os Xogos Olímpicos de 2012, a elixida foi Londres, quedando a cidade de Madrid en terceiro posto; máis tarde un membro do COI declarou á prensa que se equivocou ao marcar o seu voto, de modo que Madrid quedou eliminada na penúltima votación.[14][15]
Durante o proceso de selección para os Xogos Olímpicos de 2012, existiu un movemento social minoritario de oposición á candidatura, á que acusaban de favorecer a especulación inmobiliaria e de aumentar o xa elevado endebedamento da cidade.[16][17]
O Comité Olímpico Español renovou o 30 de maio de 2007 a candidatura olímpica da cidade para osXogos Olímpicos de 2016.[18] O 4 de xuño de 2008 Madrid foi preseleccionada como unha das candidatas á organización dos Xogos Olímpicos de 2016, xunto conChicago,Tokyo eRío de Xaneiro. O proxecto que presentou baseouse no da previa candidatura con melloras, o cal lle permitiu ser a segunda cidade coa mellor valoración, lixeiramente por detrás deTokyo. Finalmente, o 2 de outubro de 2009 foi elixida a cidade deRío de Xaneiro, pese a ter en principio unha valoración técnica xeral inferior á das outras tres cidades.[19][20]
A cidade de Madrid participa activamente na iniciativa de irmandamento de cidades promovida, entre outras institucións, polaUnión Europea, aínda que Madrid tamén estableceu gran cantidade de lazos con cidades deÁfrica,Asia eAmérica, fundamentalmente capitais de nacións.[21]