Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Madison Beer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMadison Beer

(2024)Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en)Madison Elle BeerEditar o valor en Wikidata
5 de marzo de 1999Editar o valor en Wikidata (26 anos)
Jericho (Estados Unidos de América)Editar o valor en Wikidata
ResidenciaOs ÁnxelesEditar o valor en Wikidata
Grupo étnicoAsquenacíEditar o valor en Wikidata
EducaciónJericho High School(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositora de cancións, realizadora, bailarina, actriz, cantante, modeloEditar o valor en Wikidata
Período de actividade2012Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop,R&B contemporáneo,música dance electrónica emúsica hip hopEditar o valor en Wikidata
InstrumentoVozEditar o valor en Wikidata
Selo discográficoIsland Records
First Access Entertainment(en)Traducir
Epic RecordsEditar o valor en Wikidata

Sitio webmadisonbeer.comEditar o valor en Wikidata
IMDB: nm5451507Facebook: MadisonElleBeerTwitter: MadisonBeerInstagram: madisonbeerSnapchat: whosmbYoutube: UC7zjjW_bvcVsPcBiqUPJf1wTikTok: madisonbeerTwitch: madisonbeerSouncloud: madisonbeerSpotify: 2kRfqPViCqYdSGhYSM9R0QiTunes: 696146587Last fm: Madison+BeerMusicbrainz: 749ef494-8518-4b49-b685-63d8e728d25cDiscogs: 4223409Allmusic: mn0003168850Deezer: 5130634Genius: Madison-beerEditar o valor en Wikidata

Madison Elle Beer, nada en Jericho (Long Island,Nova York)[1][2] o5 de marzo de1999, é unha cantante,produtora e escritora estadounidense. Deuse a coñecer aos 12 anos[3] grazas ó cantanteJustin Bieber, o cal compartiu na súa conta deTwitter un enlace a unha versión feita por ela enYouTube.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Madison Beer naceu o 5 de marzo do 1999 en Jericho. É filla de Robert Beer, un construtor de casas de luxo, e Tracie Beer, unha deseñadora de interiores; e ten un irmán máis novo chamado Ryder. Seus pais divorciáronse e na actualidade seu pai volveu casar. Madison estudou no instituto de Jericho ata que no 2012 decidiu continuar os seus estudos dende a casa.

Logo de ser descuberta porJustin Bieber no 2012, firmou coa discográficaIsland Records e empezou a gravar e a lanzar sinxelos nos anos seguintes. No mes de febreiro do 2018 lanzou a súa maqueta de debutAs She Pleases. O ano seguinte, firmou coa discográficaEpic Records e agora no 2020 planea lanzar o seu disco debut chamadoLife Support.

Vida persoal

[editar |editar a fonte]

Madison Beer éxudía de ascendenciaasquenací. Celebrou o seubat mitzvah o 20 de abril do 2012 baixo a temática de "Madison’s Square Garden"[4].

Vive nosÁnxeles dende que tiña 14 anos, cando se mudou alí con súa nai e seu irmán máis novo, Ryder. Cando cumpriu os 18 quedou a vivir nos Ánxeles, mentres que súa nai e seu irmán volveron a Nova York e dende aquela vive soa no seu propio apartamento na cidade.[3]

Dentro das súas relacións amorosas, estivo saíndo con Jack Gilinski, cantante e membro do dúo musical Jack & Jack, dende o 2015 ao 2017; Brooklyn Beckham, modelo e fotógrafo británico, no verán do 2017; e Zack Bia dende finais dese mesmo ano ata o 2019. Na actualidade está solteira.[5]

Madison declarouse abertamentebisexual en diferentes directos da súa páxina deInstagram.[6]

Carreira artística

[editar |editar a fonte]

Inicios musicais

[editar |editar a fonte]

A inicios do ano 2012, Madison comezou a publicar vídeos na plataformaYouTube interpretando cancións de éxito (Bruno Mars, etc)[7]. Gañou popularidade candoJustin Bieber chiou tres enlaces[8] ás súascovers, sendo a primeira unha versión que fixo ela da canción deEtta James,At Last[9]. Bieber púxose en contacto con ela e así firmou coa discográfica coa que traballaba o cantante,Island Records.

Colaborou conMonster High, para quen gravou o tema «We Are Monster High». No febreiro do 2013, o cantante australianoCody Simpson regravou a súa canción «Valentine» con ela, canción que foi reproducida porRadio Disney[10] pero que nunca se fixo oficial. O 12 de setembro do 2013, gravou o seu primeiro sinxelo e vídeo musical, «Melodies» (Melodías), escrita por Peter Kelleher, Ben Kohn, Thomas Barnes, Ina Wroldsen eJustin Bieber (o cal aparece ao inicio do vídeo)[11][12].

O seu segundo sinxelo foi «Unbreakable»[13], publicado ao mesmo tempo que o vídeo musical o 14 de xuño do 2014. Foi escrito por Jessica Ashley, Evan Bogart, Heather Jeanette Miley, Matt Schwartz, Emanuel Kiriakou e Andrew Goldstein e foi producido polos dous últimos[14]. O 16 de febreiro do 2015, Madison anunciou a súa colaboración cosDJs Mako na canción «I Won't Let You Walk Away»[15]. A canción gravouse xunto co vídeo musical o día 24 dese mesmo mes e inmediatamente estivo dispoñible nas plataformas dixitais para a súa descarga[16]. A canción alcanzou o número 43 en HotDance/Electronic Songs, o número 33 en Dance/Electronic Digital Songs e o número 19 en Dance/Mix Show Airplay nosEstados Unidos. O 16 de setembro de 2015, publicouse o sinxelo «All for love» (Todo por amor), unha colaboración co dúo estadounidenseJack & Jack, a cal foi composta por Chloe Angelides, Matt Beckley, Jeff Halavacs, Jack Johnson e Gamal Lewis.

2017-2018:As She Pleases

[editar |editar a fonte]

Gravou a súa primeira maqueta, tituladaAs She Pleases, durante un período de tres anos. Estreouse o 2 de febreiro de 2018, e embarcouse na xiraAs She Pleases Tour para a súa promoción[17].​ «Dead» (Morto) publicouse como o primeiro sinxelo da maqueta o 19 de maio do 2017[18]. O vídeo musical lanzouse máis tarde o 3 de agosto de 2017[19]. Para a promoción do sinxelo, lanzáronseremixes con Cedric Gervais e Laibert, como unha versión acústica da canción[20][21][22][23].​ Posteriormente, lanzou «Say It to My Face» (Dimo á cara) como o segundo sinxelo o 3 de novembro do 2017[24].​ O vídeo musical estreouse o 15 de novembro do 2017[25]. Publicáronse remixes da canción con The Wideboys o 15 de setembro do 2017[26].

O 10 de marzo do 2018, «Home with You» lanzouse como o terceiro e último sinxelo da maqueta. No agosto do 2018, a canción alcanzou o seu punto máximo no número 22 da lista deBillboard Mainstream Top 40[27]. Fixo o seu debut oficial no festivalLollapalooza o 2 de agosto de 2018 enChicago[28].​ A súa maqueta alcanzou o seu punto máximo no número 93 da lista deBillboard 200[29], e a posición 62 noCanadá.[30] O 9 de novembro de 2018, lanzou «Hurts Like Hell» (Doe que rabea) co rapeiro estadounidenseOffset, membro do grupo Migos[31]. Ela mesma describiu esta canción como representativa dun punto de vista diferente da ruptura amorosa, dende o cal non se envía unha mensaxe de tristeza e arrepentimento á outra persoa mais unha mensaxe vengativa: "...ti fastidiáchela e espero que doa".[32]

Por outro lado, apareceu en «Blame It On Love» unha canción do sétimo álbum de estudio «7» do DJ francésDavid Guetta; na canción e vídeo musical de «Pop/Stars» interpretada por Madison, Jaira Burns baixo o grupo virtual deK-pop chamado K / DA lanzada polo desenvolvedor de videoxogos Riot Games o 3 de novembro de 2018. Esta canción foi empregada como tema principal do xogo en liñaLeague of Legends cara ao final do ano 2018[33].​

2019-presente:Life Support

[editar |editar a fonte]

Despois do lanzamento da súa maqueta debut, empezou a traballar nun proxecto de álbum no agosto do 2018. O 9 de novembro do 2018, lanzou a canción «Hurts Like Hell» (Doe que rabea) como sinxelo principal do seu futuro álbum de estudio[34]. Despois do lanzamento, desvelou que o álbum publicariase nalgún momento do 2019. O tema foi eliminado da lista de cancións do álbum e foi substituído pola canción «Dear Society» (Querida sociedade) como sinxelo principal do álbum[35][36]. No agosto do 2019, filtrouse que o título do álbum seríaLife Support. Pouco despois diso, anunciou que firmara coa discografíaEpic Records e que planeaba lanzar nova música axiña[37][38]. O 12 de febreiro de 2020, revelou a portada do álbum[39].

Logo de descartar os dous sinxelos anteriores, o 31 de xaneiro de 2020, estreou como sinxelo principal do seu primeiro álbum de estudio «Good In Goodbye»[40][41], seguido do seu segundo sinxelo «Selfish»[42]. O 3 de abril, lanzou o seu primeiro sinxelo promocional do álbum: «Stained Glass»[43].

Discografía

[editar |editar a fonte]
  • As She Pleases (maqueta, 2018)
  • Life Support (álbum, 2020)

Xiras

[editar |editar a fonte]
  • As she pleases Tour (2018)

Filmografía

[editar |editar a fonte]
AnoTítuloPapelNota
2013Louder Than WordsAmyPelícula[44]
2020RuPaul's Secret Celebrity Drag RaceEla mesmaEpisodio 4[45]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Kolokathis, Tina (6 agosto 2019)."Madison Beer Is Taking Back Her Voice — This Time On Her Own Terms".Elite Daily(en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
  2. Rubin, Hannah (2 agosto 2012)."Justin Bieber Makes Jewish Teen a Star".Forward(en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
  3. 3,03,1"Madison Beer on How Justin Bieber Discovered her & her New Single".Youtube(en inglés). Consultado o 21/06/2020. 
  4. "Madison Beer Wiki - Bat Mitzvah".Madison Beer Fandom(en inglés). Consultado o 21/06/2020. 
  5. "Who is Madison Beer dating?".Pop Buzz(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 23/06/2020. Consultado o 21/06/2020. 
  6. "Madison Beer Comes Out On YouTube - Reveals She's Been In Love With A Girl".Youtube(en inglés). Consultado o 21/06/2020. 
  7. Beer, Madison."Madison Beer - Bruno Mars Mashup".Youtube(en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
  8. "Madison Beer on How Justin Bieber Discovered her & her New Single".Youtube(en inglés). Consultado o 21/06/2020. 
  9. "«Justin Bieber on Twitter»".Twitter(en inglés). 17 xullo 2012. Consultado o 22/06/2020. 
  10. "Cody Simpson Re-Releases “Valentine” Featuring Madison Beer".Disney Dreaming(en inglés). 9 febreiro 2013. Archived from the original on 30/07/2014. Consultado o 22/06/2020. 
  11. "Bubbling Under: Justin Bieber Guests With Madison Beer; American Young Debuts".Billboard(en inglés). 20 setembro 2013. Consultado o 22/06/2020. 
  12. Beer, Madison (2013)."Madison Beer - Melodies (Official Video)".Youtube(en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
  13. Longeretta, Emily (17 xuño 2014)."Madison Beer Debuts ‘Unbreakable,’ TalksJustin Bieber & Cody SimpsonStudio Time".Hollywood Life(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 04/07/2019. Consultado o 22/06/2020. 
  14. "Madison Beer - Unbreakable".All Music(en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
  15. Wass, Mike (16 febreiro 2015)."Madison Beer Unveils The Cover Of Mako Collaboration “I Won’t Let You Walk Away”: Idolator Premiere".Idolator(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 23/06/2020. Consultado o 22/06/2020. 
  16. Dunlap, Kelley (24 febreiro 2015)."Premiere: Mako And Madison Beer Rewind Time In The "I Wont Let You Walk Away" Lyric Video".Buzzfeed(en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
  17. Hoffman, Bella (7 maio 2018)."Madison Beer’s ‘As She Pleases Tour’ is a Reflection of Her Hardwork".The Skier Scribbler(en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
  18. "madison beer's 'dead' music video is finally here".MTV(en inglés). 3 agosto 2017. Consultado o 22/06/2020. 
  19. Wiest, Brianna (3 agosto 2017)."Madison Beer's "Dead" Video Fuels Fan Speculation That the Song Is About Jack Gilinsky".Teen Vogue(en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
  20. Downs, Chad (13 agosto 2017)."Madison Beer vs Cedric Gervais – Dead (Cedric Gervais Remix)".Dancing Astronaut(en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
  21. "Dead (Madison Beer vs. Cedric Gervais) [Cedric Gervais Remix] - Single".Apple Music(en inglés). 2017. Consultado o 22/06/2020. 
  22. "Dead (Laibert Remix) - Single".Apple Music(en inglés). 2017. Consultado o 22/06/2020. 
  23. "Dead (Acoustic) - Single".Apple Music(en inglés). 2017. Consultado o 22/06/2020. 
  24. "Steamy! Madison Beer swaps her satin camisole for a sexy bra as she turns up the heat in her risque music video Say It To My Face".Daily Mail Uk(en inglés). 15 novembro 2017. Consultado o 22/06/2020. 
  25. Avoledo, Pam (1 xuño 2018)."Video Review: Madison Beer "Say It To My Face"".I Want My Pop Culture(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 23/06/2020. Consultado o 22/06/2020. 
  26. "Say It to My Face (The Wideboys Remix) - Single".Apple Music(en inglés). 2017. Consultado o 22/06/2020. 
  27. Directo, Denny (9 agosto 2018)."How Madison Beer Took Her Music Career Into Her Own Hands (Exclusive)".ET news(en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
  28. Smith, Morgan (29 xullo 2018)."As her Lolla debut arrives, Madison Beer makes it clear she is not just a pretty face".Chicago Tribune(en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
  29. "Madison Beer Chart History".Billboard(en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
  30. "Madison Beer Chart History".Billboard(en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
  31. Engelman, Nicole (9 novembro 2018)."Madison Beer Gets Her Revenge On 'Hurts Like Hell' Featuring Offset: Listen".Billboard(en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
  32. "Madison Beer on The Meaning Behind Her Songs “Hurts Like Hell” & “Dead” | Ridiculousness".Youtube(en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
  33. Benjamin, Jeff (13 novembro 2018)."'League of Legends' Girl Group Earns Madison Beer, (G)I-DLE & Jaira Burns No. 1 on World Digital Song Sales Chart".Billboard(en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
  34. Sperduto, Kaitlyn (12 novembro 2018)."Madison Beer Drops Vengeful New Single “Hurts Like Hell” with Offset".Soundigest(en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
  35. Rindner, Grant (19 maio 2019)."Madison Beer’s “Dear Society” Offers Pointed Criticism Of Social Media".Genius(en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
  36. Nied, Mike (17 maio 2019)."Madison Beer Kickstarts Her Debut Album With “Dear Society”".Idolator(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 23/06/2020. Consultado o 22/06/2020. 
  37. "16 AUG MADISON BEER SIGNS TO EPIC RECORDS".First access - Entertainment. Arquivado dendeo orixinal o 23/06/2020. Consultado o 22/06/2020. 
  38. Beer, Madison (10 agosto 2019)."Madison Beer Post".Instagram(en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
  39. "Madison Beer prepara el álbum "Life Support"".Eitmedia(encastelán). 15 abril 2020. Arquivado dendeo orixinal o 23/06/2020. Consultado o 22/06/2020. 
  40. Jackson, Jhoni (14 novembro 2018)."All Eyes on Madison Beer".Paper(en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
  41. Kennedy, Naomi."Madison Beer Rocks Minuscule Daisy Dukes And Tight Corset In New Photos".Inquisitr(en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
  42. Cantor, Brian (febreiro 2020)."Madison Beer Releases Outstanding New Song “Selfish,” Song Quickly Surpasses 1 Million Spotify Streams".Headline Planet(en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
  43. Spanos, Brittany."Madison Beer Is Afraid of Breaking on ‘Stained Glass’".Rolling Stone(en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
  44. "Louder Than Words - Full Cast & Crew".IMDb(en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
  45. Quinn, Dave (18 maio 2020)."RuPaul's Secret Celebrity Drag Race: See Every Star's Unrecognizable Drag Queen Transformation".People(en inglés). Consultado o 22/06/2020. 
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Madison BeerModificar a ligazón no Wikidata
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Madison_Beer&oldid=6810855»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp