Madeleine Albright
 |
| Biografía |
|---|
| Nacemento | (cs)Marie Jana Körbelová 15 de maio de 1937 Praga (Checoslovaquia) |
|---|
| Morte | 23 de marzo de 2022 (84 anos) Washington, D.C., Estados Unidos de América |
|---|
| Causa da morte | cancro |
|---|
| Lugar de sepultura | Cemitério Oak Hill(pt)  |
|---|
|
64ªSecretario de Estado dos Estados Unidos |
|---|
23 de xaneiro de 1997 – 20 de xaneiro de 2001 ← Warren Christopher –Colin Powell → |
20ªRepresentante permanente dos Estados Unidos junto às Nações Unidas em Nova Iorque(pt) |
|---|
27 de xaneiro de 1993 – 21 de xaneiro de 1997 ← Edward J. Perkins(pt) –Bill Richardson → |
|
| Datos persoais |
|---|
| Grupo étnico | Pobo xudeu |
|---|
| Relixión | Igrexa episcopal nos Estados Unidos |
|---|
| Educación | Wellesley College-ciencia política Paul H. Nitze School of Advanced International Studies(en) Kent Denver School(en) Universidade Johns Hopkins Universidade Columbia-mestría en artes,Doutora en filosofía School of International and Public Affairs |
|---|
| Actividade |
|---|
| Campo de traballo | Ciencia política,política exterior,diplomacia exornalismo de opinión |
|---|
| Lugar de traballo | Washington, D.C. |
|---|
| Ocupación | diplomática,profesora universitaria,xornalista de opinión,ministro,ministra de Relacións Exteriores,embaixador,escritora,politicóloga,política,autobiógrafa |
|---|
| Período de actividade | 1972 - 2012 |
|---|
| Empregador | Universidade de Georgetown |
|---|
| Partido político | Partido Demócrata |
|---|
| Membro de | |
|---|
| Familia |
|---|
| Cónxuxe | Joseph Medill Patterson Albright(1959–1983),divorcio |
|---|
| Fillos | Alice Albright,Anne Korbel Albright,Katie Albright |
|---|
| Pais | Josef Korbel e Anna Spiegelová |
|---|
| Premios |
|---|
|
Sinatura  |
|
| Descrito pola fonte | Obálky knih, hedendaagsesieraden.nl |
|---|
      
         |
Madeleine Jana Korbel Albright,[1] nada comoMarie Jana Korbelová enPraga o15 de maio de 1937 e finada enWashington o23 de marzo de2022 foi unha política e diplomáticaestadounidense.[2][3][4] Foi a primeira muller secretaria de estado da historia do país, servindo entre 1997 e 2001 baixo a presidencia deBill Clinton.[5]
Albright emigrou xunto coa súa familia aos Estados Unidos en 1948 dendeChecoslovaquia. O seu pai, o diplomáticoJosef Korbel, estableceu a familia enDenver, e converteuse en cidadán estadounidense en 1957.[6][7] Albright graduouse noWellesley College en 1959 e logrou o seu doutoramento naUniversidade de Columbia en 1975, escribindo a súa tese sobre aprimavera de Praga.[8] Traballou como axudante do senadorEdmund Muskie antes de obter un posto conZbigniew Brzezinski no Consello de Seguridade Nacional. Serviu no posto ata o final da presidencia deJimmy Carter en 1981.[9]
Tras deixar o Consello de Seguridade Nacional, Albright uniuse ao claustro de profesores daUniversidade de Georgetown e foi conselleira dos candidatos doPartido Demócrata en política exterior. Trala vitoria de Clinton en 1992 axudou a crear o Consello de Seguridade Nacional. En 1993, Clinton nomeouna embaixadora ante as Nacións Unidas, e mantívose no cargo ata 1997, cando sucedeu aWarren Christopher como Secretaria de Estado, continuando ata que Clinton deixou o cargo en 2001.
Albright serviu como xefa doAlbright Stonebridge Group dende 2009, e é profesora de Diplomacia naUniversidade de Georgetown.[10] En maio de 2012, recibiu aMedalla Presidencial da Liberdade do presidenteBarack Obama.[11] Albright tamén foi directora da xunta do Consello de Relacións Exteriores.[12]
Albright casou conJoseph Medill Patterson Albright en 1959.[13] A parella tivo tres fillos antes de divorciarse en 1982.[14]
Albright foi criada como católica, pero converteuse aoepiscopalianismo no tempo do seu matrimonio en 1959. Os seus pais convertéranse ao catolicismo en 1941, durante os primeiros anos de Albright.[15] CandoThe Washington Post informou sobre a súa herdanza xudía pouco despois de converterse en secretaria de estado en 1997, Albright considerou a información unha "gran sorpresa".[16] Albright afirmou que non descurbriu ata que tiña 59 anos[17] que os seus pais eran orixinalmente xudeus e unha ducia dos seus familiares xudeus en Checoslovaquia, incluíndo tres dos seus avós, morreran noHolocausto.[18][19][20]
Albright mencionou a súa capacidade física e réxime de exercicios en varias entrevistas. En 2006, afirmou que era capaz de facerleg press con 400 libras.[21][22]
Albright foi listada como unha das cincuenta mulleres de máis de cincuenta anos mellor vestidas porThe Guardian en marzo de 2013.[23]
- ↑Sciolino, Elaine (26 de xullo de 1988)."Dukakis's Foreign Policy Adviser: Madeleine Jana Korbel Albright". New York Times. Consultado o 19 de xullo de 2015.
- ↑Cohen, Roger (1999-07-12)."Memory Goes to War".The New Republic.ISSN 0028-6583. Consultado o2022-03-23.
- ↑"Madeleine Albright, 1st female U.S. secretary of state, dies at 84".PBS NewsHour(eninglés). 2022-03-23. Consultado o2022-03-23.
- ↑Research, CNN Editorial."Madeleine Albright Fast Facts".CNN. Consultado o2022-03-23.
- ↑Dumbrell, John (decembro de 2008). "President Clinton’s Secretaries of State: Warren Christopher and Madeleine Albright".Journal of Transatlantic Studies6: 217–227– vía Academic Search Complete.
- ↑Koven, Steven G.; Götzke, Frank (2010-08-09).American Immigration Policy: Confronting the Nation's Challenges(eninglés). Springer Science & Business Media.ISBN 9780387959405.
- ↑Brockes, Emma (30 de outubro de 2003)."Interview: Madeleine Albright".The Guardian(eninglés).ISSN 0261-3077. Consultado o 20 de marzo de 2019.
- ↑Williams, Ian (1999-02-25)."Albright's State Deportment"(eninglés).ISSN 0027-8378. Arquivado dendeo orixinal o 26 de abril de 2019. Consultado o 20 de marzo de 2019-.
- ↑Sciolino, Elaine (22 de setembro de 1996)."Madeleine Albright's Audition".The New York Times(eninglés).ISSN 0362-4331. Consultado o 20 de marzo de 2019-.
- ↑"Madeleine Albright: Georgetown’s Treasured Professor Active as Ever".www.georgetown.edu(eninglés). Consultado o2019-03-20.
- ↑Cohen, Tom (29 de maio de 2012)."Albright, Dylan among recipients of Presidential Medal of Freedom". CNN. Arquivado dendeo orixinal o 21 de xaneiro de 2014. Consultado o 26 de abril de 2019.
- ↑"Board of Directors – Council on Foreign Relations".Council on Foreign Relations. 14 de maio de 2006. Arquivado dendeo orixinal o 03 de novembro de 2010. Consultado o 1 de xuño de 2009.
- ↑Albright, 2003, p. 47.
- ↑Dobbs, Michael (2 de maio de 1999)."Becoming Madeleine Albright".The Washington Post. Consultado o 14 de agosto de 2008.
- ↑"Madeleine Albright’s War Years".Tablet Magazine. 26 de abril de 2012. Arquivado dendeo orixinal o 10 de marzo de 2013. Consultado o 31 de decembro de 2014.
- ↑Foer, Franklin (16 de febreiro de 1997)."Did She Know?". Slate. Consultado o 14 de agosto de 2018.
- ↑Jaweed Kaleem (27 de abril de 2012)."Madeleine Albright Discusses Her Jewish Background And Her New Book, ‘Prague Winter’". Huffington Post. Consultado o 14 de agosto de 2018.
- ↑Dobbs, Michael (4 de febreiro de 1997)."Albright's Family Tragedy Comes to Light".The Washington Post.
- ↑"Voices on Antisemitism interview with Madeleine K. Albright". United States Holocaust Memorial Museum. 12 de abril de 2007. Arquivado dendeo orixinal o 26 de abril de 2019. Consultado o 26 de abril de 2019.
- ↑Lee, MJ (24 de abril de 2012)."Albright memoir: Her secret past". Politico. Consultado o 14 de agosto de 2018.
- ↑Bedard, Paul."Washington Whispers (4 May, 2006)".U.S. News & World Report. Arquivado dendeo orixinal o 09 de xuño de 2013. Consultado o 28 de novembro de 2016.
- ↑"Madeleine Albright Reveals Exercise Regimen For "Kicking Ass"". NPR. 19 de decembro de 2001. Arquivado dendeo orixinal o 05 de xuño de 2009. Consultado o 22 de xuño de 2009.
- ↑Cartner-Morley, Jess; Mirren, Helen; Huffington, Arianna; Amos, Valerie (28 de marzo de 2013)."The 50 best-dressed over 50s".The Guardian (Londres).
- Albright, Madeleine (2003).Madam Secretary: A Memoir. Miramax; 1ST edition. p. 576.ISBN 0-7868-6843-0.
- Blood, Thomas,Madam Secretary: A biography of Madeleine Albright (1997)