En1991, a antigaRepública Socialista de Macedonia proclamou a súa independencia daRepública Federal Socialista de Iugoslavia baixo o nome oficial de República de Macedonia. Esta denominación foi rexeitada porGrecia, debido á coincidencia do nome do país coa histórica rexión grega deMacedonia. O país converteuse en membro daOrganización das Nacións Unidas, mais como consecuencia da disputa con Grecia foi admitido co nome provisorio de Antiga República Iugoslava de Macedonia (enmacedonio:Поранешна Југословенска Република Македонија),[1][2] expresión que foi empregada por outras organizacións internacionais. En xuño de 2018, Macedonia e Grecia asinaron oacordo de Prespa, que estipulaba que o país debía cambiar o seu nome aRepública de Macedonia do Norteerga omnes. Este cambio entrou en vigor o 12 de febreiro de 2019 cunha transición de varios meses para os pasaportes, matrículas,moedas,aduanas, sinais de fronteira e páxinas webs gobernamentaisinter alia.[3][4]
O actual estado coñecido como Macedonia do Norte correspóndese pouco co antigoReino de Macedonia deAlexandre Magno, pois naquel período o territorio actual do país formaba parte de Paeonia, un reino poboado por un pobo de orixetracia, aínda que algunhas partes formaban parte deIliria e Dardania.
Durante aIdade Media o territorio foi provincia outhema doImperio Bizantino, aínda que durante oséculo VI produciuse unha migración masiva de pobos eslavos que terminaron asimilando demográfica e culturalmente á poboación anterior, de orixesilirios,tracios egregos. Posteriormente o territorio foi conquistado polo Reino de Bulgaria, motivo polo cal gran parte da cultura eslavo-macedonia presenta fortes afinidades coa deBulgaria. Dende oséculo XII o territorio pasou a formar parte do Reino de Serbia, o que aumentou o influxo culturaleslavo.
O8 de setembro de1991 a República de Macedonia declarou a súa independencia de Iugoslavia. Bulgaria foi o primeiro país en recoñecer á República de Macedonia co seu nome constitucional. Porén, o seu recoñecemento internacional foi atrasado pola obxección deGrecia do uso do nome deMacedonia, que consideraba parte do seu legado histórico e cultural, así como a súabandeira e un polémico artigo da constitución que podía ser utilizado como argumento para a anexión da limítrofe provincia grega deMacedonia, onde reside unha minoría eslava. AOrganización das Nacións Unidas (ONU) recoñeceu ó novo estado co nome de Antiga República Iugoslava da Macedonia (ARIM) en1993.
Con todo, Grecia impuxo un bloqueo comercial unilateral en febreiro de1994. As sancións comerciais foron levantadas un ano e medio, en setembro de1995, despois de que a República da Macedonia cambiara a súa bandeira e a súa constitución. Os dous países acordaron normalizar as súas relacións, mais o nome do estado segue sendo fonte de controversia local e internacional. Despois de que o estado fora admitido na ONU con nome de Antiga República Iugoslava de Macedonia, outras organizacións internacionais adoptaron a mesma convención. A maioría dos diplomáticos acreditados na república usan a denominación ARIM. Paradoxalmente, polo menos uns corenta países recoñeceron ao país polo seu nome orixinal de República da Macedonia.
Durante a guerra deKosovo de1999, a República de Macedonia cooperou coaOTAN. Uns 360 000 refuxiados albaneses de Kosovo entraron no Estado durante a guerra, ameazando con romper o equilibrio entre os grupos macedónicos e albaneses do país. Actualmente moitos refuxiados regresaron, aínda que continúan as tensións étnicas que ocasionaron disturbios puntuais. Algúns grupos políticos macedonios minoritarios propagan a idea dunha Macedonia unida, reclamando a unión de tódolos territorios gregos e búlgaros con presenza eslava baixo o control dun único estado.
O conflito entreGrecia e a Macedonia do Norte estaba causado polo desacordo entre as dúas nacións polo uso do termo Macedonia. O goberno grego opúñase ao uso da devandita denominación por parte do goberno macedonio debido á ambigüidade que este termo creaba entre a República de Macedonia e a rexión grega deMacedonia. O goberno grego tamén se opón ao uso do termo macedonio sen a especificidade entre o pobo macedonio e oidioma. Esta disputa intensificouse até o punto de requirir mediación internacional por parte daOrganización das Nacións Unidas.
Frecuentemente era usada a referencia provisional Antiga República Iugoslava de Macedonia (ARIM polas súas siglas engalego,FYROM polas siglas eninglés deFormer Yugoslav Republic of Macedonia) por parte daqueles países que non recoñecían o nome constitucional de República de Macedonia. Pese a iso, aAsemblea Xeral das Nacións Unidas aceptaría calquera conclusión que acabase coa disputa entre ambos países.[6] O debate causado polas posturas de ambas as nacións involucrou a participación de políticos, académicos emedios de comunicación.
Tentáronse unha serie de negociacións para a resolución da disputa, incluíndo o cumio daOTAN de 2008 enBucarest. Con todo, estes intentos de resolver a contenda fracasaron e impediron o ingreso de Macedonia áOTAN debido a obxeccións por parte de Grecia.[7]
A República de Macedonia non ten nada que ver coReino de Macedonia, nin coa actual rexión grega deMacedonia, que posúe case a totalidade dos territorios do anterior reino, xa que unha mínima parte desta república e de Bulgaria foron conquistadas porFilipo II. Aos seus habitantes coñecíaselles comoilirios, por iso, non han de confundirse cos macedonios do norte de Grecia.
O terreo é maioritariamente montañoso, situado entre os montes Šar e os Osogovske Planina ao redor do val do río Vardar, sendo a montaña máis alta oMonte Korab con 2.764 m de altitude. Tres grandes lagos (Ohrid, Prespa e Doiran) atópanse na fronteira meridional da República, divididos pola fronteira conAlbania eGrecia.
A rexión é activa sismicamente e foi lugar de terremotos destrutivos no pasado, o máis recente en 1963 candoSkopje foi severamente danada por un gran terremoto. A cidade máis grande do país é, por moito, Skopje, a capital, cunha poboación estimada de 600.000 habitantes. Despois de Skopje, as cidades máis grandes sonBitola,Kumanovo,Prilep eTetovo con poboacións que van desde os 50.000 até os 120.000 habitantes.
Macedonia ten unclima mediterráneo de transición acontinental. Os veráns son calorosos e secos e os invernos moderadamente fríos. A precipitación media anual varía de 1.700 mm na zona montañosa do oeste a 500 mm na zona oriental. Hai tres principais zonas climáticas no país: mediterráneo tépedo, de montaña e lixeiramente continental.
O Mediterráneo ao longo dos vales dos ríos Vardar e Strumica, nas rexións de Gevgelija, Valandovo, Dojran, Strumica e Radoviš o clima é tépedo e as rexións máis cálidas son Demir Kapija e Gevgelija, onde a temperatura en xullo e agosto supera con frecuencia os 40 °C. O clima de montaña está presente nas rexións montañosas do país e caracterízase por invernos longos e cubertos de neve e veráns curtos e fríos. A primavera é polo xeral máis frío que o outono.
A maioría de Macedonia ten un clima continental moderado, con veráns cálidos e secos, e relativamente fríos e invernos húmidos. Hai trinta estacións meteorolóxicas principais no país.
A República de Macedonia é unhademocracia parlamentaria cun goberno executivo composto por unha coalición de partidos dalexislatura unicameral (Собрание/Sobranie) e cunpoder xudicial independente cun tribunal constitucional. A Asemblea componse de 120 escanos e os membros son elixidos cada catro anos por cidadáns macedonios maiores de dezaoito anos, que poden votar por un dos partidos políticos de Macedonia.
O poder executivo en Macedonia é exercido polo Goberno, cuxoprimeiro ministro é a persoa politicamente máis poderosa do país. Os membros do goberno son elixidos polo propio primeiro ministro e ocupan cargos relacionados ministros con cada rama da sociedade. O actual Primeiro Ministro éNikola Gruevski.
En canto ao papel do Presidente da República é principalmente cerimonial, descansando o poder real en mans do Primeiro Ministro. O Presidente é elixido cada cinco anos pudendo ser elixido dúas veces como máximo. Actualmente o Presidente éGjorge Ivanov, substituíndo no cargo aBranko Crvenkovski en maio de2009.
A Axencia Europea de Reconstrución foi creada en1999 co fin de establecer un marco xurídico unificado para a axuda á Antiga República Iugoslava de Macedonia, nome co que aUnión Europea recoñece a este estado, e os demais estados dosBalcáns. Os programas financiados pola UE teñen como obxectivo contribuír ao bo goberno, a construción das institucións e o estado de dereito, seguir apoiando o desenvolvemento dunha economía de mercado, continuar investindo na infraestrutura física imprescindible e en medidas ambientais e apoiar o desenvolvemento social e o fortalecemento da sociedade civil.
Ademais a UE colabora en materia orzamentaria, de aduanas e de planificación fiscal, o apoio a programas de intercambio educativo, así como as contribucións bilaterais efectuadas polos estados membros da UE. Ditas formas de asistencia son independentes das contribucións bilaterais feitas polos Estados membros da UE.
En decembro de ano2005 a República de Macedonia obtivo o status de candidato oficial á adhesión como membro da Unión Europea tras solicitalo formalmente en xaneiro de2004.[8] Porén, o país debe resolver as súas disputas con Grecia antes de que se poida chegar a unha decisión.
En1991, a antigaRepública Socialista de Macedonia, que era parte da República Federal Socialista de Iugoslavia, proclamou a súa independencia baixo o nome oficial de República de Macedonia. O uso do termoMacedonia foi rexeitado porGrecia, xurdindo unha disputa sobre a denominación deste país que perdura na actualidade. O país é denominado nalgunhas ocasións de forma simple como Macedonia, mentres que tras un compromiso entre Grecia e a República de Macedonia en1993 é utilizada a referencia provisional Antiga República Iugoslava de Macedonia para designar ao devandito estado en diversas organizacións internacionais, como naOrganización das Nacións Unidas.[9]
Abandeira da República de Macedonia é un pano de cor vermella no que aparece representado un sol de ouro con oito raios da mesma cor que se estenden cara aos bordos. En1995 tivo que retirarse a versión anterior da bandeira, adoptada en1991 cando se produciu a independencia do país, na que figuraba oSol de Verxina, o elemento central da bandeira darexión grega do mesmo nome e a súa adopción por parte da República de Macedonia como símbolo nacional xerou múltiples protestas. A finais de2006 a disputa entre os dous países aumentou aínda máis co anuncio da República de Macedonia da intención de rebautizar o seu principal aeroporto co nome deAlexandre Magno.[10] En setembro de2007, a delegación de Grecia naAsemblea Xeral das Nacións Unidas foi testemuña da primeira vez en que a República de Macedonia foi chamada como tal na escena internacional.[11] En marzo de2008, Grecia vetou a invitación de adhesión de Macedonia áOTAN até que non haxa unha solución ao problema da denominación que non deixe dúbida da diferenza entre a rexión grega e o novo país.
En materia dedereitos humanos, respecto á pertenza nos sete organismos da Carta Internacional de Dereitos Humanos, que inclúen oComité de Dereitos Humanos (HRC), Macedonia do Norte firmou ou ratificou:
Firmado e ratificado, firmado pero non ratificado, nin firmado nin ratificado, sen información, accedeu a firmar e ratificar o órgano en cuestión, pero tamén recoñece a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes.
As rexións da República de Macedonia (enmacedonio:регион) son oito divisións territoriais sen ningún valor administrativo e usadas oficialmente para fins estatísticos. Cada unha das rexión está composta por varios dos concellos macedonios.
En agosto de 2004, o goberno local de Macedonia foi reorganizado en oitenta e catro (enmacedonio:opštini), dos cales dez forman parte doGran Skopje. Este valor reduciu os vellos 123 municipios establecidos en setembro de1996. Antes disto, o goberno local estaba organizado en 34 distritos administrativos.
Municipios da República de Macedonia.Gran Skopje, que aparece co número1 no mapa anterior, aquí se detallan os municipios que o compoñen.
O mapa amosa as zonas rurais e os municipios urbanos. Os números do mapa corresponden aos números dos municipios indicados á esquerda do nome do municipio no seguinte cadro, o segundo é un mapa da cidade de Skopje (que no primeiro mapa ten o número 1), neste segundo mapa aparecen enumerados os dez municipios que conforman Skopje (no cadro aparecen numerados como 1, X. É dicir o nº 1 correspondente a Skopje e detrás da coma o número correspondente ao municipio que conforma ao Gran Skopje.)
No ano2009 Macedonia do Norte tiña unha poboación de 2.114.550 habitantes, sendo aesperanza de vida de 74,2 anos, o índice de alfabetización de 96,1% e a media de fillos por muller de 1,57. O maior grupo étnico do país son os macedonioseslavos, seguido polosalbaneses, que habitan a parte occidental do país. Algunhas estimacións non oficiais indican ademais que en Macedonia do Norte hai posiblemente até 260.000romanís.
Ocristianismo é a relixión maioritaria de Macedonia do Norte, pertencendo o 64,7% da poboación á rama daIgrexa Ortodoxa de Macedonia, mentres que outras correntes cristiás supoñen o 0,37% da poboación. Oislam constitúe a segunda relixión en canto a crentes, supoñendo o 33,3% da poboación, e a terceira maior congregación musulmá deEuropa despois deAlbania co 70% eBosnia e Hercegovina co 48%. A maioría dos musulmáns sonalbaneses,turcos ouxitanos, aínda que tamén hai musulmáns macedonios. O restante 1,63% da poboación rexistrouse como "sen especificar" no censo nacional de2002.
Igrexa de San Pantaleón
En total hai máis de 1.200 igrexas e 400 mesquitas no país. Tanto a comunidade relixiosa ortodoxa como a musulmá posúen escolas secundarias relixiosas enSkopje, ademais dun seminario sacerdotal ortodoxo. AIgrexa Ortodoxa de Macedonia ten xurisdición sobre dez provincias, sete no país e tres no estranxeiro, e conta con dez bispos e preto de 350 sacerdotes, sendo un total de 30.000 persoas bautizados en tódalas provincias ao ano. Hai unha certa tensión entre as igrexas ortodoxas macedonias e serbias, que xurdiu coa separación e autocefalia das primeiras en1967. Con todo, o Consello do Arcebispado da Igrexa Ortodoxa Serbia recoñeceu a autonomía da Igrexa Ortodoxa de Macedonia.
A lingua oficial e máis falada é omacedonio, que pertence á rama oriental do grupo daslinguas eslavas do sur. Este idioma está estreitamente relacionado, e é mutuamente intelixible cobúlgaro, ademais de moitas similitudes coserbio. A forma normalizada da lingua foi estandarizada durante o período posterior ásegunda guerra mundial, acumulando unha próspera tradición literaria. Aínda que é a única linguaxe que está explicitamente declarada como idioma oficial na constitución, nos municipios onde polo menos o 20% da poboación é parte doutra minoría étnica ás súas linguas poden ser utilizados con fins oficiais no goberno local xunto co macedonio.
Así pois fálanse unha gran variedade de linguas en Macedonia do Norte, o que reflicte a súa diversidade étnica. As principais linguas faladas fóra do macedonio son oalbanés, oromaní, oturco, oserbio/bosníaco earromanés (incluíndo omeglenorromanés). Existen tamén minorías máis pequenas deadigués egrego.
Dende1996 Macedonia foi testemuño dun constante, aínda que lento, crecemento económico, medrando oPIB un 3,1% en2005, sendo estimado un valor medio de aumento do 5,2% no período 2006-2010. O goberno tivo éxito nos seus esforzos para combater a inflación, cunha taxa de inflación de apenas o 3% en2006 e 2% en2007, poñendo en funcionamento políticas orientadas a atraer o investimento estranxeiro e impulsando o desenvolvemento das pequenas e medianas empresas. Para iso o actual goberno introduciu un sistema de imposto único, coa intención de facer o país máis atractivo para investimentos estranxeiros, esta taxa era do A taxa do 12% en2007 e posteriormente reducida ao 10% en2008.
A pesar destas reformas, en2005 a taxa de desemprego en Macedonia foi do 37,2%, en2006 a taxa de pobreza era do 22% e aínda posúe unha dasrendas per cápita máis baixas de Europa. Alén diso, o mercado gris do país estímase en preto do 20% do PIB . En termos de estrutura, en 2005 o sector servizos constitúe de lonxe a maior parte do PIB, supoñendo un 57,1% do total, ante o 54,2% no ano 2000. Do resto o sector industrial representa o 29,3% do PIB, ante 33,7% en 2000, mentres que a agricultura representa tan só o 12,9%.
Macedonia ten un rico patrimonio cultural enarte,arquitectura,poesía emúsica. En canto a arquitectura o país posúe moitos sitios relixiosos de grande antigüidade protexidos, ademais de festivais de poesía, cinema ou música cada ano. O estilo de música de Macedonia desenvolveuse baixo a forte influencia da música de igrexa bizantina. Macedonia ademais ten un número importante de pinturasbizantinas, principalmente da época entre osséculos XI eXVI, dos que se conservan miles de metros cadrados a maior parte dos cales en moi boas condicións, representando obras mestras da Escola de Macedonia da pintura eclesiástica.
Os eventos culturais máis importantes do país son o Festival de Verán de Ohrid de música clásica e teatro, as Veladas de Poesía de Struga, que reúnen a poetas de máis de cincuenta países no mundo, o Festival Internacional de Cámara en Bitola, o Aberto de Teatro Xuvenil e o Festival de Jazz de Skopje. A Ópera de Macedonia abriu en1947 cunha representación daCavalleria rusticana, baixo a dirección de Branko Pomorisac.
↑As áreas municipais obtéñense a partir da suma das áreas das subdivisións que as compoñen. Na época do censo de 2002, as fronteiras deAerodrom eButel eran inseguras, polo que foron incluídos noutros municipios.
↑O límite suroeste do municipio deDebar fue revisado en 2004 para incluír parte do territorio do municipio de Rostuša, o precursor do municipio de Mavrovo, na Rexión de Polog.
↑A área total inclúe 577km2 de augas interiores non contempladas en ningún municipio.
↑As áreas municipais obtéñense a partir da suma das áreas das subdivisións que as compoñen. Na época do censo de 2002, as fronteiras deAerodrom eButel eran inseguras, polo que foron incluídos noutros municipios.