Macareu no río Petitcodiac preto de Moncton,Novo Brunswick, Canadá.Macareu en UpperCook Inlet, Alasca.
O termomacareu refírese a unha onda demarea producida polas grandes masas deauga acumuladas ao comezo da preamar á entrada de certosestuarios e que despois avanzarío arriba. Os macareus máis espectaculares obsérvanse nas foces dorío Severn, enInglaterra, e na doAmazonas, noBrasil.
Este fenómeno caracterízase por unha onda, máis ou menos alta, que remonta o curso do río e que ten unha potencia variable en función da altura da marea, do caudal do río nese momento e da topografía (fondura e largura do leito, barras de areas, meandros etc). Os macareus ocorren en moi poucos lugares no mundo, normalmente en áreas cunha gran variación de marea (de máis de 7 metros entre preamar e baixamar) e onde as mareas entran nunha zona de funil, pouco fonda, nun río que se estreita desde unha amplabaía.
Os macareus poden ter varias formas, desde un único fronte de onda rompente ata "macareus ondulares" que comprenden unha lene fronte de onda seguida por un tren de ondas únicas (solitóns). Os grandes macareus poden ser perigosos para anavegación, aínda que moi apreciados para osurfismo. Como exemplo, o macareu noAmazonas, chamado no Brasilpororoca, que alcanza os catro metros de altura e esténdense ata uns 13 km río arriba.