MAN SE (acrónimo enalemán deMaschinenfabrik Augsburg-Nürnberg SE) é unha empresa alemá adicada ao deseño e fabricación de camións, motores e equipamento industrial e naval.
A orixe de MAN remóntase a1758, cando en Oberhausen nos inicios da siderurxia St. Antony, como primeira empresa da industria pesada na rexión do Ruhr. En 1808 as tres fundicións St. Antony, Gute Hoffnung (en galego: Boa Esperanza), e Neue Essen (en galego: Nova Forxa) se xuntaron para crear Hüttengewerkschaft und Handlung Jacobi (en galego: Jacobi Unión de Traballadores do Ferro e Aceiro e Comercializadora), Oberhausen, que máis tarde pasou a chamarse Gute Hoffnungshütte (GHH).[1]
En1840, o enxeñeiro alemán German Ludwig Sander fundou en Augsburgo a primeira empresa predecesora de MAN no sur de Alemaña: "Sander'sche Maschinenfabrik". En primeiro lugar converteuse en "C. Reichenbach'sche Maschinenfabrik", que foi nomeado en honor ao pioneiro das máquinas de impresión Carl August Reichenbach, e máis tarde en "Maschinenfabrik Augsburg". A marca Süddeutsche Brückenbau A.G. (MAN-Werk Gustavsburg) fundouse cando a compañía en 1859 foi premiada co contrato para a construción da ponte do ferrocarril sobre Rhine at Mainz.
En 2016 a Comunidade Europea multou con tres mil millóns de euros aos seis maiores fabricantes europeos de camións:Scania multada con 880 millóns de euros, MAN,Daimler multada con 1.008 millóns, DAF multada con 752,7 millóns,Iveco multada con 494 millóns e Volvo/Renault multada con 670,5 millóns por fixar prezos dende 1997 e ata 2011, e limitar a competencia. MAN librou por colaborar nas investigacións e denunciar os feitos.[2]
A organización acordaba os prezos de fábrica dos camións medianos, entre 6 e 16 toneladas, e os superiores. Despois acordaban o prezo en cada país. Tamén manipulaban os controis de emisións contaminantes e coordinaban as novidades tecnolóxicas nos controis de emisións.[3] O sobreprezo dos camións calcúlase nun 20 % e afectaría a 200 000 camións.[4]