
Amúsica do Xapón inclúe unha gran variedade de artistas en estilos distintos, tanto tradicionais como modernos.
A música tradicional xaponesa coñécese co nome dehōgaku (邦楽), mentres que a palabraongaku (音楽) designa á música en xeral. A denominación modernaJ-Music refírese a certas ramas da música xaponesa con toques occidentais.

No século XVI, oskomuso, un grupo de monxesbudistas zen, desenvolveron unha práctica de meditación sonora. A esta práctica de meditación individual, que consistía en meditar mentres sopraban certos sons nunshakuhachi -unha frautaxaponesa que se suxeita verticalmente como unhafrauta doce en lugar de como a tradicionalfrauta travesa- e chamáronasuizen. Os sons non eran improvisados e o obxectivo destes monxes zen era chegar á iluminación a través do son doshakuhachi. Oshakuhachi non era considerado un instrumento musical,gakki, senón un de práctica relixiosa budista,hooki.
En 1871, este grupo de monxes xaponeses é proscripto e entón o son doshakuhachi comeza a ser transmitido en calidade de música co nome de música orixinal,honkyoku.[1]
No Xapón existe unha innumerable variedade de tipos demúsica tradicional. Dous dos estilos máis antigos son oshōmyō, ou "voz clara", e ogagaku ou música orquestral da corte.[2] Ambos os estilos proveñen dos períodosNara eHeian.
Ogagaku é un tipo de música clásica que foi executada na Corte Imperial desde o período Heian.Kagurauta (神楽歌), Azumaasobi(東遊) eYamatouta (大和歌) son repertorios relativamente autóctonos.Tōgaku (唐楽) ekomagaku orixináronse a partir dadinastía chinesa Tang por transmisión polapenínsula de Corea. Adicionalmente, o gagaku divídese enkangen (管弦) (música instrumental) ebugaku (舞楽) (danza acompañada degagaku).
Ashonkyoku ("pezas orixinais") remóntanse ao século XIX a. C.. Estas son pezas para solo deshakuhachi executadas polos monxes daseita mendicante Fuke debudismo zen. Estes monxes, chamadoskomusō ("monxes da vacuidade"), executabanhonkyoku polasesmolas eiluminación. A seita Fuke deixou de existir cara a finais do século XIX, pero actualmente continúa unha tradición escrita e oral de numerososhonkyoku, aínda que esta música é hoxe a miúdo executada en concertos ou escenarios musicais.
Ossamurai a miúdo escoitaban e tomaban parte na execución de actividades musicais como parte das súas prácticas para enriquecer as súas vidas e coñecemento.
O teatro musical desenvolveuse no Xapón desde épocas moi antigas. Onoh (能) ounō xerouse a partir de varias tradicións populares e cara ao século XIV converteuse nunha arte altamente refinada.Kan'ami (1333-1384) eZeami (1363?-1443) elevárono á súa posición de máxima sofisticación. En particular, Zeami foi autor do núcleo do repertorionoh e foi autor de moitos tratados sobre os segredos da tradiciónnō (que recentemente foron amplamente difundidos a partir da idade moderna).
Outra forma de teatro xaponés é o teatro de monicreques ou marionetas, a miúdo chamadobunraku (文楽). Este teatro de marionetas tamén posúe raíces populares e desenvolveuse especialmente durante Chonin noperíodo Edo (1600-1868). Xeralmente é acompañado por versos recitados, en varios estilos dejōruri acompañados de músicashamisen.
Durante o período Edo, os actores (a partir de 1652 só adultos homes) actuaban no teatrokabuki, que era moi popular e colorido. Okabuki incluía todo tipo de representacións, desde obras históricas até pezas musicais con números de danza; era a miúdo acompañado por cantos en estilonagauta e actuaciónsshamisen.
O biwa, que é unha forma delaúde de pescozo curto, era tocado por grupos de músicos itinerantes (biwa hōshi) que o usaban para acompañar as súas historias. A máis famosa destas historias é oCantar de Heike, un relato do século XIX a. C. sobre o triunfo do clanMinamoto sobre oTaira. Cara ao século XIII osBiwa hōshi comezáronse a organizar nunha especie de asociación de oficios (tōdō) para homes con deficiencias visuais. Esta asociación eventualmente chegou a controlar unha gran porción da cultura musical do Xapón.
Adicionalmente, numerosos grupos máis pequenos de músicos cegos itinerantes formáronse na zona de Kyushu. Estes músicos, chamadosmōsō ("monxes cegos") percorrían a campiña e executaban unha variedade de textos relixiosos e semirelixiosos para purificar as casas e traer boa saúde e sorte. Eles tamén tiñan un repertorio de xéneros seculares. O biwa que eles tocaban era considerablemente máis breve que oHeike biwa tocado polos biwa hōshi.
Lafcadio Hearn conta no seu libroKwaidan: Stories and Studies of Strange Things "Mimi-Nashi Hoichi" (Hoichi o desorellado), unha historia xaponesa sobre pantasmas e un biwa hōshi cego que toca "Cantar de Heike".
Desde a era medieval, as mulleres cegas que eran músicos, chamadasgoze, tamén percorrían os campos, entoando cancións e tocando música acompañadas por un tambor pequeno. A partir do século XVII elas tocaban okoto ou oshamisen. As organizacións Goze difundíronse por toda a rexión, e até hai moi pouco tempo existiron no que hoxe é a prefectura de Niigata.

Otaiko é un tambor xaponés que é utilizado na execución de varios xéneros de música, existen diversos modelos que se diferencian polo seu tamaño. Alcanzou gran popularidade en épocas recentes como o instrumento de percusión central de numerosos conxuntos musicais, o repertorio baséase en música folclórica do pasado. Dita música taiko é tocada por conxuntos con grandes tambores chamadoskumi-daiko. As súas orixes son un tanto incertas, aínda que se pode rastrexar até os séculos VI e VII, a partir dunha figura de arxila dun músico con tambor. Aínda que despois tivo influenciaschinesas ecoreanas, o instrumento e a súa música permaneceu unido ás súas raíces autenticamente xaponesas. Os tambores taiko durante este período foron utilizados durante as batallas para intimidar ao inimigo e pasar ordes de comando. O taiko foi posteriormente adoptado para a execución de música relixiosabudista eshintō. Antigamente os executantes de taiko eran homes santos, que só tocaban en ocasións especiais e en pequenos grupos, aínda que posteriormente tamén homes seculares (moi de cando en cando mulleres) tocaron o taiko en festivais semirelixiosos comobon dance.
Dise que os conxuntos de executantes modernos de taiko foron inventados porDaihachi Oguchi en 1951. Oguchi que tocaba o tambor en eventos dejazz, incorporou os seus coñecementos musicais na constitución de conxuntos con gran número de executantes. O seu estilo enerxético fixo que o seu grupo alcanzase gran popularidade no Xapón, convertendo a rexión deHokuriku no centro da música taiko. Entre os músicos que xurdiron nesa época destácanseSukeroku Daiko e o seu compañeiroSeido Kobayashi. Cara a 1969 xurdiu o grupoZa Ondekoza que foi fundado porTagayasu Den; Za Ondekoza promoveu a incorporación de executantes novos que expuxeron algunhas innovacións na música taiko, e difundiuse en festivais e festas comunais. Durante a década de 1970, o goberno xaponés proveu de soporte económico a certas actividades que formaban parte da cultura xaponesa, e como consecuencia formáronse moitos grupos de taiko. Cara a finais do século XX, os grupos taiko difundíronse polo mundo, especialmente nosEstados Unidos.

As cancións folclóricas xaponesas (min'eō) poden ser clasificadas de diversas formas, en xeral distínguense catro categorías principais: cancións sobre o traballo, cantos relixiosos (tales comosato kagura, un tipo de músicaxintoísta), cancións para acontecementos tales como casamentos, funerais e festivais (matsuri, especialmenteO-bon), e cancións para nenos (warabe uta).
Nominyō, os cantantes adoitan acompañarse colaúde de tres cordas chamadoshamisen, tamborestaiko, e unha frauta debambú chamadashakuhachi. Outros instrumentos que ás veces se utilizan son unha frauta travesa coñecida polo nome deshinobue, unha campá chamadakane, un tambor pequeno chamadotsuzumi, e unha cítara de 13 cordas chamadakoto. EnOkinawa, o principal instrumento é osanshin. Aínda que todos estes son instrumentos tradicionais xaponeses, en instrumentacións modernas obsérvase ás veces o uso deguitarras eléctricas esintetizadores, dependendo do estilo e idade do cantante, ás veces os cantantes enka incorporan elementos do repertorio tradicionalmin'eō (Enka é un xénero musical xaponés).
Existen varios termos comunmente asociados ao min'eō tales comoondo,bushi,bon uta, ekomori uta. Unondo polo xeral é unha canción folclórica cunha melodía distintiva que pode ser entendida como tendo unritmo de 2/4 (aínda que os músicos polo xeral non agrupan as notas). A música folclórica típica que se escoita nas danzas dos festivaisO-bon polo xeral é un ondo. Unfushi é unha canción cunha melodía característica. O seu nome, que se pronuncia "bushi", significa "melodía" ou "ritmo". Moi raras veces a palabra se utiliza illada, en cambio é acompañada por un prefixo que se refire a unha ocupación, localización ou nome persoal.Bon uta, tal como o indica o seu nome son cancións para O-bon, o festival de farois dos mortos.Komori uta son cancións de berce para nenos. Os nomes das cancións min'eu a miúdo inclúen un termo descritivo polo xeral ao final, por exemplo Tokyo Ondo, Kushimoto Bushi, Hokkai Bon Uta, e Itsuki no Komoriuta.
Moitas destas cancións salientan certas sílabas como tamén inclúen berros agudos (kakegoe). Polo xeral o kakegoe son berros de alegría pero nomin'eō, a miúdo son incluídos como parte do coro. Hai numerosos kakegoe, e varían segundo a rexión. Por exemplo enOkinawa Min'eō, escoitarase a expresión "ha iya sasa!". Mentres que nas zonas centrais do Xapón, son máis comúns as expresións "a yoisho!," "sate!," ou "a sore!". Algunhas outras son "a donto koi!," e "dokoisho!"
Recentemente utilizouse un sistema para formación musical baseado engremios coñecido como sistemaiemoto a algunhas formas de min'eō. Este sistema foi inicialmente desenvolvido para transmitir xéneros musicais clásicos tales como nagauta, shakuhachi, ou koto, pero dado que mostrou ser axeitado para os profesores e contou co apoio dos estudantes que desexaban obter certificados de aprendizaxe, o método estendeuse para abarcar a outros xéneros tales como min'eō,Tsugaru-jamisen e outras formas de música que eran transmitidas tradicionalmente de maneira informal. Hoxe en día algúns min'eō son transmitidos a través deste tipo de organizacións pseudo familiares, e son comúns as aprendizaxes por períodos prolongados.
A industria da música contemporánea noXapón ten bastantes diferenzas coa industria occidental, en especial a forma das promocións para os artistas. A forma de promoción do país tamén serviu como exemplo a seguir para diversos países asiáticos.
As vendas de álbums, sinxelos e DVD son medidas pola empresaOricon, que tamén se encarga de crear unha clasificación co máis vendido doXapón de maneira diaria, semanal, mensual e anual.
A pesar de que grandes selos comoSony Music, Warner ouColumbia esfórzanse por tratar de inserir ao mercado música occidental, case non teñen cabida dentro de Oricon, estando practicamente sempre os primeiros lugares na lista ocupados por artistas xaponeses.
Os xaponeses son coñecidos polo gran respecto cara á caligrafía e escritura. Obsérvase nalgúns títulos de cancións, principalmente desde a década de1980, que os artistas se foron liberando, comezando primeiro a utilizar títulos en idiomas latinos para algunhas das súas cancións (aínda que estivesen en xaponés), e despois ata coa utilización de títulos completamente en maiúsculas e todos en minúsculas, ou mesmo xogos entre elas para facelas máis desordenadas, e dalgunha forma máis "rechamantes" para o público. Mesmo nomes de bandas alternativas derock epop xaponés válense destas técnicas demercadotecnia. Os exemplos máis clásicos é o título xa típico entre artistas xaponeses completamente en maiúsculas, ou tamén se inclúe a incorporación de "~ " ou "-", que tamén son símbolos frecuentemente usados dentro de cancións, aínda que tamén se utilizan caracteres gráficos que, antes da inclusión do sistemaUnicode, non se atopan presentes dentro do noso sistema como ☆ e ♥, para facer títulos aínda máis rechamantes.
Os títulos das cancións son estritamente respectados coas súas distintas formas de ortografía e caligrafía no mercado, e fóra de páxinas non moi cultas respecto da cultura musical xaponesa pódense atopar títulos como "HANABI" escrito "Hanabi" ou "RUN☆RUN☆RUN" escrito "Run*Run*Run", pero son a minoría (en especial sitios de Internet de fala inglesa onde comercializan música asiática).
En xeral o mercado actúa de maneira distinta ao de occidente no sentido de que a promoción ocorre en orde distinta, sobre todo no que respecta aos lanzamentos de álbums e sinxelos promocionais. No Xapón, a diferenza de occidente, un artista que acaba de debutar ou un artista que lanza novos traballos despois de dar por terminada a promoción do seu álbum anterior lanza polo menos 3 ou 4 sinxelos antes do lanzamento do álbum que conterá ditas cancións, ao contrario de occidente onde xeralmente se lanza un sinxelo e días despois lánzase o álbum. Algúns consideran esta manobra mellor á occidental principalmente porque lle permite aos consumidores unha mellor comprensión sobre o contido do álbum dun artista, e máis aínda se anteriormente tamén adquiriron os sinxelos promocionais.
Os vídeos musicais no Xapón son comunmente coñecidos como PV (Promotional Vídeo); isto foi adoptado do mercado occidental antes de que se instalase o termo máis moderno deMV (Music Vídeo), ePV quedou marcado na consciencia do consumidor para relacionar inmediatamente o termo co vídeo musical dunha canción.
Desde hai algúns anos xa é común a incorporación de DVD como produtos anexos a álbums e sinxelos sen discriminación. Esta manobra é realizada máis que nada polo selo independente máis importante do paísAvex Trax. O DVD inclúe xeralmente os PVs das cancións que tamén están incluídas nese CD (álbum ou sinxelo), e tamén en contadas ocasións escenas de detrás de cámara dos vídeos ou algunha entrevista.

Despois de que aRestauración Meiji introducise a instrución musical occidental, un burócrata chamadoIzawa Shuji compilou cancións como "Auld Lang Syne".[3] Dúas formas principais de música que se desenvolveron durante este período foron shoka, que foi composta para levar a música occidental ás escolas egunka.[4]
A medida que o Xapón avanzaba cara á democracia representativa a finais do século XIX, os líderes contrataron cantantes para vender copias de cancións que emitían as súas mensaxes, xa que normalmente aos propios líderes se lles prohibía falar en público. Tamén se desenvolveu unha forma distintiva xaponesa de tango chamadadodompa. Kayōkyoku asociouse enteiramente ás estruturas tradicionais xaponesas influenciadas por Enka. Entre os famosos cantantes de enka inclúenseHibari Misora,Saburo Kitajima,Ikuzo Yoshi eHaruo Minami.
Shuji Isawa (1851-1917) estudou música naBridgewater Normal School e naUniversidade Harvard e foi unha figura importante no desenvolvemento da música xaponesa de influencia occidental naera Meiji (1868-1912). Ao regresar ao Xapón en 1879, Isawa formou o Ongaku-Torishirabe-Gakari (Axencia de investigación musical), un centro nacional de investigación sobre música occidental; máis tarde foi rebautizado comoTokyo Music School (Tôkyô ongaku gakkô). En 1880, o amigo e profesor norteamericano de Isawa, Luther Whiting Mason, asumiu unha estancia de dous anos para desenvolver o currículo musical das escolas xaponesas.Kosaku Yamada,Yoshinao Nakada eToru Takemitsu son compositores xaponeses que desenvolveron sucesivamente o que agora se coñece como música clásica xaponesa.[5]
A música clásica occidental ten agora unha forte presenza no Xapón e o país é un dos mercados máis importantes desta tradición musical,[6] con Toru Takemitsu compuxo música de vangarda, música clásica contemporánea e bandas sonoras de películas.[7] Intérpretes internacionais distinguidos inclúen o directorSeiji Ozawa e o pianista Fujiko Hemming.
A partir dos anos 30 (excepto durante aSegunda guerra mundial, cando foi reprimida como música do inimigo)[8][9] o jazz tivo unha forte presenza no Xapón.[10] O país é un mercado importante para a música e é común que alí estean dispoñibles gravacións non dispoñibles nos Estados Unidos ou Europa. Músicos como June (nacido no Xapón) e Dan (terceira xeración nacido nos Estados Unidos, deHiroshima fama), eSadao Watanabe teñen unha gran base de afeccionados fóra do seu país natal, e novos artistas xaponeses de jazz como H ZETTRIO, Chihiro Yamanaka e Hiromi Uehara lanzaron discos de jazz. Os dous irmánsOkino Shuya eOkino Yoshihiro deKyoto Jazz Massive,Toshio Matsuura (antigo membro da United Future Organization) e DJ Shundai Matsuo creador do popular evento mensual de DJ Creole enBeppu,Xapón, así como artistas de nu-jazz, Sleepwalker, GrooveLine eSoil & "Pimp "Sessions, trouxo un gran cambio nas nocións tradicionais de jazz no Xapón. Algunhas das novas bandas inclúenEgo-Wrappin ' xunto con músicos máis experimentais como Otomo Yoshihide e Keiji Haino.
Around the same time as FEN’s broadcasts, jazz experienced a resurgence in popularity in Japan. It first became popular here during the late 1920s and ’30s, but was banned during World War II, along with other non-German music from the West.
American jazz was banned during the war, but afterward, Japan leaped into jazz enthusiastically.