Amúsica árabe é amúsica dospaíses árabes, que teñen en común oidioma. Inclúense baixo esta categoría xéneros demúsica clásica,popular,profana erelixiosa. A música árabe estivo en contacto con outras músicas rexionais, como apersa, aturca, aindia, abérber, asuahili, aandalusí e amúsica europea. Do mesmo xeito que noutras áreas da ciencia ou das artes, os musulmáns traduciron dogrego ao árabe os antigos tratados deteoría da música, e asimilaron os principios dos sistemas enharmónico, cromático e diatónico.
Desde o punto de vista melódico o sistema musical árabe está baseado na oitava dividida en 24cuartos de ton, un sistema difícil de asimilar polos oídos afeitos ámúsica occidental, educados tonal e harmonicamente nunha oitava dividida en 12semitóns e alleos aomicrotonalismo. Para escribir a música árabe usando a notación musical occidental, allea ao cuarto de ton, utilízanse os signos + e -. O + serve para indicar a elevación dun cuarto de ton e o signo - para indicar a baixada dun cuarto de ton. Estes signos, combinados cobemol,sostido ebecuadro, facilitan a representación gráfica dos intervalos de cuartos de ton.
Omaqam árabe é un sistema de modos melódicos utilizado na música árabe. A palabra maqam significa estación. Cada maqam está constituído nunha escala determinada e por unha serie de notas importantes, frases melódicas habituais e por un desenvolvemento melódico e por unha modulación determinadas pola tradición. Tanto as composicións como as improvisacións na música tradicional árabe baséanse no sistema do maqam. Os maqam poden interpretarse xa sexa cun instrumento ou coa voz e non inclúen o ritmo.
Os instrumentos musicais usados na música árabe son os seguintes:arghul,bendir, oscrótalos,darbuka,laúde árabe,mazhar,mijwiz,mizwad,ney, orabel,riq, otambor de copa e azurna.
Non hai probas científicas definitivas que confirmen a existencia napenínsula arábiga da música árabe, entendida no sentido actual do termo, en tempos anteriores ao islam, no período coñecido comojahiliyyah. Con todo a maioría dos historiadores coinciden en que existiron distintas formas musicais entre os séculos V e VII a. C.. Como na maioría de civilizacións suponse que a existencia de música en Arabia remóntase á orixe mesmo dapoesía árabe, pois os poetas árabes adoitaban recitar os seus poemas con ton e ritmo musical. Cantar non era tarefa dos poetas nin dos músicos, ese traballo desempeñábano mulleres con belas voces que tocaban instrumentos como olaúde, orabel ou otambor. Tamén se utilizaba o coro debido á súa sinxeleza técnica.
Al-Kindi (801-873) foi o primeiro gran teórico da música árabe. El propuxo que se incluíse unha quinta corda ao laúde e reflexionou sobre as connotacións cosmolóxicas da música. Superou a obra grega utilizando unha anotación alfabética para cada oitava. Publicou quince tratados de teoría musical dos que só sobreviven cinco. Nun dos seus tratados utilizou a palabra música por primeira vez en árabe.Al-Farabí (872-950) escribiu un libro extraordinario acerca da música, oKitab al Musiqi al Kabir (O gran libro da música). O seu sistema de tons utilízase aínda na música árabe.
Al-Ghazali (1059-1111) escribiu un tratado de música en persa no cal declarou:A éxtase é o estado causado por escoitar música. En 1252Safi Eddin desenvolveu unha forma orixinal de escribir a música onde o ritmo representábase xeometricamente. Algo similar non aparecería enOccidente até1987 candoKjell Gustafson publicou un método para representar un ritmo como un gráfico bidimensional.Al-Andalus converteuse noséculo XI no principal centro de fabricación de instrumentos musicais, que foron usados polostrobadores occitanos, de cuxa man percorreron toda Europa.
Exipto foi o primeiro país árabe en experimentar un fortenacionalismo noséculo XX, independizándose despois de estar longo tempo baixo dominio estranxeiro. A música turca propia doImperio Otomán foi substituída pola música nacional exipcia eO Cairo converteuse nun centro de innovación musical. Unha das primeiras cantantes femininas que se aproximou á música profana foiUmm Kalzum, seguida porFairuz. Ambas foron moi populares ao longo do tempo e están consideradas lendas da música árabe.
Durante as décadas de 1950 e 1960 a música árabe empezou a recibir grandes influencias da música occidental, con artistas comoAbdel Halim Hafez. Nos anos da década de 1970 un grupo de cantantes seguiron o seu exemplo e iso propiciou o nacemento da música pop árabe. Este xénero consiste en cancións de estilo occidental pero cantadas en árabe e con acompañamento de instrumentos tradicionais árabes, co que o son resultante é unha mestura de Oriente e Occidente. Nos anos 1990 varios artistas tomaron este estilo, caso deAmr Diab,Hisham Abbas,Asalah Nasri,Mostafa Amar,Najwa Karam,Nawal Al Zoghbi,Wael Kfoury,Latifa,Cheb Khaled,George Wassuf,Marwan Khoury, Ziad MaherHakim eHaifa Wehbe.
O pop árabe orixinouse, e prodúcese principalmente, no Cairo, Exipto; coa cidade de Beirut como centro secundario. É unha consecuencia da industria cinematográfica árabe (principalmente películas exipcias), tamén localizada principalmente no Cairo.
A música pop árabe é un xénero que combina sinteticamente melodías pop con elementos de diferentes estilos rexionais árabes, chamados ughniyah (árabe: أغنية) ou en francés "canción árabe". Utiliza instrumentos de corda, incluída a guitarra, así como instrumentos tradicionais de Oriente Medio.
Outro aspecto da música pop árabe é o ton xeral e o estado de ánimo das cancións. A maioría das cancións teñen unha clave menor, e os temas tenden a centrarse na nostalxia, a melancolía, o conflito e os problemas de amor en xeral.
En 1996Amr Diab lanzou a canción tituladaHabibi ya nur el ain, que se converteu nun éxito non só nos países árabes senón en todo o mundo. Amr Diab mesturou a música de tres civilizacións nunha soa canción: tambores e pandeiro árabes, o acordeón propio da música francesa e aires provenientes doflamenco español. A canción abriu as portas á popularización da música árabe.
Posterior é o caso deNancy Ajram, unha celebridade musical do Líbano que interpretou a canción deK'naan "Wavin' Flag", en versión árabe, da Copa Mundial de Fútbol do 2010.
- Tarab, Xénero musical árabe.