Luxor (enárabe الأقصر, al-Uqṣur) é unha cidadeexipcia na beira leste doNilo, situada a 670 km ao sur doCairo. Ten 150.000 habitantes.
A Luxor chámaselle "o museo ao ar libre máis grande do mundo", grazas ás ruínas do complexo de templos de Karnak, o templo de Luxor e os monumentos, templos e tumbas da marxe oeste, que inclúen oVal dos Reis e oVal das Raíñas. Luxor constitúe un punto de partida excelente para visitar o Alto Exipto e é un destino turístico moi popular, tanto en si mesmo como como punto de partida ou final de cruceiros polo Nilo.
ALuxor moderna creceu a partir das ruínas deTebas, antigacapital doImperio Novo (1550-1069 a.C.). A súa riqueza, tantoarquitectónica como cultural, fan dela a cidade máis monumental das que albergan vestixios da antiga civilización exipcia. O Nilo separa Luxor en dúas partes: a marxe oriental, outrora consagrada aos vivos, onde encontramos os vestixios dos máis importantestemplos consagrados aos deuses damitoloxía exipcia, e a marxe occidental, consagrada aos mortos, onde se localizan algunhas das máis importantesnecrópoles doantigo Exipto, segundas en importancia en relación ás existentes noplanalto deGizé, noCairo, e onde foron feitos algúns dos achadosarqueolóxicos máis significativos da antiga civilización, especialmente o túmulo deTutankhamon, descuberto en1922 polo célebre arqueólogo e exiptólogoinglésHoward Carter.
O nome actual procede doárabeEl-Uqsur, "os alcázares", que á súa vez vén dolatíncastra, "campamentos" e débese aos dous campamentos militares construídos polosromanos. Enlingua exipcia coñecíase comoWaset, designación tamén donomo, ouNiut ("a cidade"). Osgregos chamárona taménDióspolis Magna.
Waset era para os exipcios dos II e I Milenios a.C. "a cidade"por excelencia. Para os seus visitantes, a cidade era case o centro do mundo coñecido. O distrito palaciano,Deba (alterado posteriormente polosgregos enThebai), gozaba dun luxo inusitado e sen precedentes, de autoridade imperial, coñecementos e sabedoría, supremacía relixiosa e política, traballos artísticos e planos grandiosos. Algúns destes non chegaron a realizarse, como oobelisco de ouro deHatshepsut. Fíxose sinónimo de riquezas extravagantes, amasadas probabelmente polosfaraóns do Imperio Novo nas súas expedicións ao sur nos amplos territorios deKush (no norte do actualSudán) e ao norte, e enPalestina,Fenicia eSiria. Boa parte das áreas palacianas e residencias da cidade aínda non foron escavadas. N'A Ilíada deHomero o cualificativo é "Tebas, a das cen portas" e cóntase que cen carros podían pasar simultaneamente por cada unha delas e que as súas riquezas só as superaban en número os graos de area dos arredores. A cidade estaba baixo aadvocación datríade de deusesAmón,Mut eKhonsu
Na época dos faraónsmenfitas, Tebas era unha vila pequena xa relacionada cun misterioso deusAmón, mais especialmente co deus da guerraMontu, cuxos templos marcaban os límites do territorio da cidade. Tebas ascendeu politicamente a mediados do II Milenio, coa X dinastía grazas aos seus éxitos militares. Durante a XI dinastía,Mentuhotep I logrou reunificar oAlto e oBaixo Exipto, desde a desembocadura do Nilo atéElefantina, naPrimeira Catarata. Durante a XII dinastía, Temas dominou todo o curso inferior do Nilo a partir da Segunda Catarata.
Cando oshicsos tomaron o poder en Exipto, realmente non lograron controlar oval do Nilo e Tebas mantivo a súa autonomía e influencia sobre os principados limítrofes. As catro dinastías de faraóns posteriores (da XVII á XX, o Imperio Novo), expulsaron definitivamente aos hicsos de Exipto, iniciaron unha decidida política expansionista cara ao norte e cara ao sur e colocaron a Tebas no control do país. Durante estes seis séculos a cidade atinxiu un esplendor inigualábel. Ademais dos botíns de guerra, comerciábase coGolfo Pérsico a través da ruta deCoptos, coa África intertropical ao sur e probabelmente coSáhara seguindo as rutas dosoasis do deserto.
Ramsés II e os seus sucesores tiveron que fortalecer as cidades do delta, máis expostas a invasións, o que propiciou co tempo a aparición de dinastías novas, que acabaron dominando o país, como as procedentes das cidades deTais,Bubastis eSais entre a XXI e a XXIV dinastías.
A XXV dinastía era de orixeetíope e, aínda que lle concederon a Tebas un papel relevante, xa Exipto perdera para sempre a súa autonomía. Osasirios invadírono en672 a.C., Tebas foi saqueada porAssarhaddon e máis tarde porAssurbanipal.
A comezos da época romana (século I a.C.) xa só ficaban as grandiosas ruínas, visitadas xa daquela (porXermánico, entre outros). Cando o emperador romanoTeodosio publicou o seuedito, clausurando definitivamente todos os templospagáns, os de Tebas foron espoliados poloscristiáns, que aproveitaron para decorar as súas igrexas. Curiosamente, moitosrelevos teñen chegado até hoxe grazas ás capas dexeso coas que foron censuradas o que os cristián consideraban imaxessacrílegas.
Templo de KarnakTemplo de LuxorGlobos aerostáticos sobre LuxorTemplo mortuorio da RaíñaHatshepshut
Na marxe oriental encóntranse:
OTemplo de Karnak, o maior dos templos do antigo Exipto cuxos vestixios chegaran até nós, foi dedicado átríade tebana divina deAmon,Mut eKhonshu, e foi sucesivamente aumentado polos diversosfaraóns, levando mais de mil anos a súa construción. Constitúe unha mestura de varios templos fundidos nun só. O elemento máis destacado é a GranSala Hipóstila, cuxo teito estaba soportado por 134 enormescolumnas, aínda actualmente existentes, e consideradas como as maiores domundo.
O Templo de Luxor foi iniciado na época deAmenhotep III e só foi acabado no períodomusulmán. É o único monumento exipcio que contén en si mesmo documentos das épocasfaraónica, greco-romana,copta eislámica, con nichos e frescos coptos e até unhamesquita (Abu al-Haggag).
OMuseo de Luxor é un belo e interesante museo aínda que pequeno. Foi inaugurado polo expresidentefrancésValéry Giscard d'Estaing en1974. Posúe unha importante colección de todas as épocas do Exipto Antigo. Unha sala aberta recentemente[cando?] contén os últimos descubrimentosarqueolóxicas do Templo de Luxor.
No ano2007 o Consello Supremo de Antigüidades comunicou o descubrimento da presa máis antiga de Exipto, preto do Templo de Karnak, ao que protexería das crecidas do río Nilo.[1]
Na marxe occidental encóntranse:
OVal dos Reis, principalnecrópole real do Imperio Novo do antigo Exipto, posúe 62túmulos dos faraóns dese período. Aínda hoxe se continúan a retirar xoias dos túmulos dos fillos deRamsés II. Os túmulos existentes desígnanse polas siglas KV (Kings Valley, "Val dos Reis" en inglés) seguidas dun número, sendo este atribuído consonte a orde cronolóxica do descubrimento de cada túmulo. En total existen 62 túmulos, sendo o máis afamado precisamente o número 62, o do faraón Tutankhamon, máis polo achado que pola a súa relevancia histórica. En1994 os arqueólogos comezaron a escavar o túmulo KV5, considerado pouco importante até entón. Encontrouse o túmulo maior e máis complexo do Val dos Reis. Xúlgase ter encontrado o túmulo dos 52 fillos deRamsés II. Até agora foron descubertos unha sala con 16 columnas, varios corredores e máis de 100 cámaras. A pesar de non teren sido encontradostesouros, foron recuperados dos entullos millares de obxectos. Os traballos arqueolóxicos, aínda lonxe do fin, prolongaranse por varios anos antes de abrir o túmulo ao público.
OVal das Raíñas, onde destacan os túmulos do PríncipeAmenkhepchef e o da Raíña esposa de Ramsés II. Este último foi aberto ao público en1995. Porén, a entrada neste túmulo está actualmente vedada ao público para conservación dosxeróglifos, recentemente restaurados. Estetúmulo dispón dalgúns dos xeróglifos exipcios mellor conservados e máis coloridos.
O Templo mortuorio da Raíña Hatshepshut ten unestilo arquitectónico único. Foi proxectado e construído porSenenmut,arquitecto da Raíña Hatshepsut. Esta Raíña da XVIII dinastía gobernou como un auténtico faraón, sendo considerada a primeira muller xefe de goberno da historia. Este templo constitúe unha visión impresionante, estando tallado parcialmente na rocha, e a visión do mesmo fúndese na grandeza da encosta calcárea que lle serve de apoio. O templo foi posteriormente alterado por Ramsés II e polos seus sucesores, e máis tarde os cristiáns transformárono nun mosteiro (de aí o nomeDeir al-Bahri, que significa "Mosteiro do Norte"). Próximo ao templo principal sitúanse as ruínas do Templo deMontuhotep II, faraón daXI dinastía que unificou Exipto, e o templo deThutmose III, sucesor da raíñaHatshepsut.
OVal dos Nobres contén varios túmulos, cuxas paredes están decoradas con escenas da vida cotiá. As mais famosas son as dos túmulos deRamose, deNajt e deMena.
O17 de novembro de1998, terroristas islámicos daAl-Gama'a al-Islamiyya masacraron 58 turistas estranxeiros e catro exipcios na marxe occidental no exterior doTemplo de Hatshepsut (e foron eles mesmos mortos pola policia). A industria turística exipcia resentiuse deste ataque.