Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Luxemburgo

Coord.:49°46′N6°08′L / 49.77,6.13
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo trata sobre o estado soberano de Europa. Para a provincia belga véxase:Provincia de Luxemburgo.
Modelo:Xeografía políticaLuxemburgo
Lëtzebuerg (lb)
Luxembourg (fr)
Luxemburg (de)Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoOns HeemechtEditar o valor en Wikidata

EpónimoLuxemburgoEditar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 49°46′N6°08′L / 49.77,6.13
CapitalLuxemburgoEditar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación681.987(2025)Editar o valor en Wikidata (263,69hab./km²)
Lingua oficiallingua luxemburguesa
lingua francesa
lingua alemáEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie2.586,36 km²Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoKneiff(pt)Traducir (560 m)Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoRío Mosela (133 m)Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1815Editar o valor en Wikidata
Evento clave
27 de abril de 1684Siege of Luxembourg(en)Traducir
1867Luxembourg Crisis(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía constitucionalEditar o valor en Wikidata
• Grão-Duque(pt)TraducirEditar o valor en WikidataGuilherme V, grão-duque de Luxemburgo(pt)Traducir(2025–)Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGoverno do Luxemburgo(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
• Lista(pt)TraducirEditar o valor en WikidataLuc Frieden(2023–)Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoCâmara dos Deputados de Luxemburgo(pt)TraducirCircunscrición: 4,(Escano: 60)Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialSuperior Court of Justice of the Grand-Duchy of Luxembourg(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal85.506.243.834 $ (2021)Editar o valor en Wikidata
Orzamento27.300.000.000 € (2023)Editar o valor en Wikidata
MoedaeuroEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.luEditar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+352Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112 e113Editar o valor en Wikidata
Código de paísLUEditar o valor en Wikidata
Código NUTSLUEditar o valor en Wikidata

Sitio webluxembourg.public.luEditar o valor en Wikidata
Facebook: luxembourg.luTwitter: LuxembourgLUInstagram: luxembourg_lets_make_it_happenYoutube: UCOh0t0ntxZmVVWERFvxXEYgBNE: XX451357Editar o valor en Wikidata

Luxemburgo (Gl-Luxemburgo.oggpronunciación (axuda · info)) (enluxemburgués:Lëtzebuerg, enfrancés:Luxembourg, enalemán:Luxemburg), oficialmenteGran Ducado de Luxemburgo (Gl-Gran Ducado de Luxemburgo.oggpronunciación (axuda · info)) (enluxemburgués:Groussherzogtum Lëtzebuerg, enfrancés:Grand-Duché de Luxembourg, enalemán:Großherzogtum Luxemburg), é un país deEuropa Occidental e forma parte daUnión Europea e daeurozona. Limita ao leste conAlemaña, ao sur conFrancia e a oeste e norte conBélxica. Non ten saída ó mar. A súa capital e cidade máis populosa,Luxemburgo,[1] é unha dascatro sedes institucionais da Unión Europea (xunto conBruxelas,Frankfurt eEstrasburgo) e a sede de varias axencias da UE, en particular oTribunal de Xustiza da Unión Europea, máxima autoridade xudicial.[2][3] A cultura, as persoas e as linguas de Luxemburgo están moi entrelazadas cos seus veciñosfranceses ealemáns; mentres que oluxemburgués é legalmente a única lingua nacional dopobo luxemburgués,[4] ofrancés ealemán tamén se usan en asuntos administrativos e xudiciais e as tres considéranse linguas administrativas do país.[5]

Cunha superficie de 2.586 km², Luxemburgo é un dospaíses máis pequenos de Europa.[6] En 2022, tiña unha poboación de 645.397 habitantes, o que o converte nun dospaíses menos poboados de Europa,[7] aínda que coamaior taxa de crecemento de poboación,[8] os estranxeiros representan case a metade da poboación.[9] Luxemburgo é unhademocracia representativa dirixida por unmonarca, oGran Duque Henrique, o que o converte no únicoGran Ducado soberano que queda no mundo.

Luxemburgo é unpaís desenvolvido cunha economía avanzada e un dosPIB (PPA) per cápita máis altos do mundo. A cidade de Luxemburgo foi declaradaPatrimonio da Humanidade da UNESCO en 1994 debido á excepcional conservación das vastas fortificacións e dos cascos históricos.[10]

Luxemburgo é membro fundador daUnión Europea,[11]OCDE, asNacións Unidas,OTAN eBenelux.[12][13] Formou parte doConsello de Seguridade das Nacións Unidas por primeira vez en 2013 e 2014.[14] A partir de 2022, os cidadáns de Luxemburgo tiñan acceso sen visado ou visado á chegada a 189 países e territorios, o que opasaporte luxemburgués ocupaba o cuarto lugar do mundo, empatado conFinlandia eItalia.[15]

Historia

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Historia de Luxemburgo.

A historia rexistrada do Gran-Ducado do Luxemburgo comeza coa construción do Castelo do Luxemburgo naIdade Media. En torno desta fortaleza desenvolveuse gradualmente unha cidade, que se transformou no centro dunha pequena mais importante nación con gran valor estratéxico para Francia, Alemaña e osPaíses Baixos. Despois de séculos de conquistas e goberno por estados estranxeiros, o Luxemburgo acabou por se tornar nunha nación independente e neutral noséculo XIX.

Porén, o país foi repetidamente atacado por Alemaña noséculo XX, o que o levou a abandonar a súa política deneutralidade despois dasegunda guerra mundial, cando se tornou nun membro fundador daOTAN, dasNacións Unidas e daComunidade Económica Europea (máis tardeUnión Europea).

Política

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Política de Luxemburgo.

Subdivisións

[editar |editar a fonte]

Luxemburgo está subdividido en tresdistritos, que están divididos en cantóns:

Luxemburgo.
Luxemburgo.

Demografía

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Demografía de Luxemburgo.

Xeografía

[editar |editar a fonte]
Mapa de Luxemburgo
Mapa de Luxemburgo
Ponte de Adolfo

Luxemburgo é o sétimo menor país de Europa, atopándose no posto 167 a nivel mundial. O Gran Ducado ten un territorio de carácter montañoso e con extensas masas boscosas. Orelevo presenta dúas rexións diferenciadas: no norte, chamadoOesling, esténdense os contrafortes meridionais do macizo montañoso dasArdenas, cunha altura máxima de 500 metros, e pola que discorren os afluentes doMosela. Ao sur, oGutland, constitúe unha extensa chaira, prolongación da conca parisiense. De leste para oeste, o país é atravesado poloSauer (Sûre en francés), afluente do Mosela, que pola súa beira dereita recibe oAlzette e pola esquerda oOur e oClerf, entre outros.

A paisaxe luxemburgués complétase co curso do Mosela, que discorre polo sector oriental, trazando a fronteira con Alemaña.

Oclima é continental, húmido, máis rigoroso nas rexións altas do norte, e máis moderado no sur. As precipitacións anuais son copiosas, os veráns frescos, mentres que os invernos son suaves.

A capital,Luxemburgo é a poboación máis grande do país. Outras cidades importantes sonEsch-sur-Alzette, para o suroeste da capital eEchternach, ao leste, contra a fronteira con Alemaña.

Economía

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Economía de Luxemburgo.
Por favor, axuda namellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega.
Se cadra, podes atopar máis información napáxina de conversa.

Cultura

[editar |editar a fonte]

A situación lingüística de Luxemburgo é caracterizada pola práctica e o recoñecemento de tres idiomas oficiais:francés,alemán eluxemburgués. O plurilingüismo de Luxemburgo resulta da coexistencia de dous grupos étnicos, un románico e outro xermánico.

Nos primeiros tempos do país, o francés tiña un gran prestixio, e aínda posúe un uso preferente como idioma administrativo e oficial. O alemán foi utilizado no campo político, para formular as leis e ordenanzas, a fin de facelas comprensibles para todos. Na escola primaria, a educación estaba limitada ao alemán, mentres que o francés era ensinado na educación secundaria.

A lei do26 de xullo de1843 reforzou o bilingüismo, introducindo o ensino do francés nas escolas primarias.

O luxemburgués, un dialecto do alemán[Cómpre referencia] moi influído polo francés, nativo da rexión deMosela, foi introducido na escola primaria en1912.

Festas
DataNome en galegoNome local
1 de xaneiroAninovoNeijoerschdag
febreiroEntroidoFuesent
marzo/abrilLuns dePascuaOuschterdag
1 de maioDía do TraballoDag vun der Aarbecht
maioAscensión-
maioLuns dePentecoste-
23 de xuñoAniversario do Gran DuqueNationalfeierdag
15 de agostoAsunción de MaríaMariä Himmelfahrt
1 de novembroTodos os SantosAllerhellgen
25 de decembroNadalChrëschtdag
26 de decembroSanto EstevoStiefesdag

Ata1984, o uso oficial das linguas estaba baseado nos decretos de1830,1832 e1834, os cales permitían elixir libremente entre o francés e o alemán. O francés foi o preferido para a administración. O luxemburgués aínda non tiña status oficial.

A revisión constitucional de1984 deulles aos lexisladores a posibilidade de regular os idiomas mediante lei. O24 de febreiro de1984 unha lei fixo que o luxemburgués fose o idioma oficial: "O luxemburgués é a lingua nacional dos luxemburgueses" di o seu artigo 1. Ademais, esta lei recoñeceu os tres idiomas utilizados (o francés, o alemán e o luxemburgués) como linguas oficiais. O francés aínda permanece como o idioma da lexislación (segundo recolle o artigo 2 da citada norma), debido á aplicación do código civil napoleónico. O artigo terceiro establece como linguas administrativas e xudiciais ao francés, alemán e luxemburgués.

O luxemburgués é ensinado nas escolas, despois do francés e o alemán. É ensinado só unha hora e durante os primeiros anos da escola secundaria. Nas escolas secundarias tamén se ensinainglés e moitas veces un dos seguintes idiomas:latín,español ouitaliano. A nivel universitario, o multilingüismo fai posible que os estudantes poidan continuar a súa educación superior en países nos que se fale alemán, francés ou inglés[Cómpre referencia].

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Europe :: Luxembourg — The World Factbook - Central Intelligence Agency".www.cia.gov. Consultado o 12 de decembro de 2020. 
  2. "Decision of the Representatives of the Governments of the Member States on the location of the seats of the institutions (12 de decembro de 1992)".Centre virtuel de la connaissance sur l'Europe. 2014. Arquivado dendeo orixinal o 13 de outubro der 2019. Consultado o 24 de outubro de 2017. 
  3. "Luxembourg | national capital, Luxembourg".Encyclopedia Britannica(eninglés). Consultado o 12 de decembro de 2020. 
  4. "Loi du 24 février 1984 sur le régime des langues. - Legilux".legilux.public.lu. Consultado o 13 Sde setembro de 2021. 
  5. "Loi du 24 février 1984 sur le régime des langues. - Legilux".legilux.public.lu. Consultado o 13 de setembro de 2021. 
  6. "Eurostat – Tables, Graphs and Maps Interface (TGM) table". Epp.eurostat.ec.europa.eu. Consultado o 21 de febreiro de 2010. 
  7. "La démographie luxembourgeoise en chiffres"(PDF).Le Portail des Statistiques(enfrancés). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 21 de marzo de 2022. Consultado o 18 de setembro de 2022. 
  8. "Country comparison :: POPULATION growth rate".The World Factbook. Arquivado dendeo orixinal o 27 de maio de 2016. Consultado o 16 de abril de 2017. 
  9. Krouse, Sarah (1 de xaneiro de 2018). "Piping Hot Gromperekichelcher, Only if You Pass the Sproochentest".The Wall Street Journal. p. 1. 
  10. "Cidade de Luxemburgo: os seus cascos vellos e as fortificacións".World Heritage List. UNESCO, World Convención do Patrimonio. Consultado o 16 de abril de 2017. 
  11. "Unión Europea | Definición, Propósito, Historia e Membros".Encyclopedia Britannica. Consultado o 12 de decembro de 2020. 
  12. Cronoloxía: Luxemburgo – A chronology of key events BBC News Online, 9 de setembro de 2006. Consultado o 8 de outubro de 2006.
  13. "Independent Luxembourg".Encyclopedia Britannica. Consultado o 12 de decembro de 2020. 
  14. "Asselborn's final Security Council meeting".Luxemburger Wort. 19 de decembro de 2014. Arquivado dendeo orixinal o 10 de outubro de 2017. Consultado o 2 de abril de 2015. 
  15. "Global Ranking – Visa Restriction Index 2020"(PDF).Henley passport index. Consultado o 4 de abril de 2020. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Luxemburgo

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Estados soberanos
Dinamarca
Reino Unido
Áreas especiais de
soberanía interna
Finlandia
  • Illas Åland
    • rexión autónoma suxeita á convención de Åland de 1921
Noruega
Reino Unido
Gañadores doPremio Carlomagno
1950–1970
1971–1990
1991–2010
2011–
Control de autoridades
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Luxemburgo&oldid=7191130»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp