Lusaca, eninglésLusaka, é acapital do país africano deZambia, cunha poboación que superaba os 2 000 000 habitantes en2005. Está situada ao sur do país, nun planalto de 1.300 metros de altitude.
Lusaca foi fundada en1905 por colonoseuropeos da cando a construción da vía férrea. En1935 substituíu a cidade deLivingstone en tanto que capital do que entón se denominabaRodesia do Norte, colonia daGran Bretaña. En1964, ano da independencia de Zambia, pasou a ser a capital do novo estado.
Lusaca foi fundada en 1905 por colonos europeos, sobre a localización dunha aldea de indíxenas. Grazas á vantaxe da súa localización central, converteuse, en1935, na capital deRodesia do Norte, no canto deLivingstone. Logo da federación das dúas Rodesias, a do Norte e a do Sur, en1953, foi núcleo dun movemento de desobediencia civil que levaría á creación do estado independente de Zambia. En1964, pasou automaticamente a ser a capital do estado xa indepedente de Zambia. Recentemente, Lusaca estase a converter nun centro popular para a maioría do zambianos e dos turistas. A súa situación central xunto coa extensión rápida das súas infraestruturas, permitiu o desenvolvemento en forma de creación de emprego, multiplicación das vivendas etc. En consecuencia, cóidase que con reformas económicas axeitadas e eficaces, Lusaca, así como Zambia, poderíanse desenvolver considerabelmente. Lusaca posúe unha forte concentración de poboación estranxeira, que traballan tanto nas industrias da cidade como nas diversas legacións diplomáticas.
A principal arteria viaria da cidade é a Cairo Road (Estrada do Cairo), en torno á cal se aliñan os mercados de New City Market e Kamwala Market, centros comerciais, e o Zintu Community Museum. A área administrativa áchase sita na parte leste da cidade, preto da zona de Cathedral Hill e Ridgeway. Arredor da urbe despréganse numerosos suburbios, como Elizabetha Villa, Fairview, Kabulonga, Kabwata (no que se sitúa o Kabwata Cultural Centre), Madras, Manda Hill (sede de importantes estruturas comerciais), Northmead (con sona pola súa vida nocturna), Olympia Park, Rhodes Park, Roma, Thorn Park e Woodlands.
A cidade é relativamente rica en estruturas recreativas, que inclúen, entre outras, unteatro (Lusaca Playhouse), uncinema, unclub de golf, un centro deportivo (Lusaca Central Sports Club) e unzoo.
Lusaca é o centro de comunicacións do país. Hai estradas en dirección a todas as capitais provinciais de Zambia. Ten comunicacións ferroviarias conLivingstone,Ndola,Kasama eNakonde. O Aeroporto Internacional de Lusaca, con enlaces internacionais, dista 26 quilómetros do centro da cidade.