Olumen (símbolo:lm) é a unidade doSistema Internacional de Medidas para medir ofluxo luminoso, unha medida da potencia luminosa emitida por unha determinada fonte. O fluxo luminoso diferénciase dofluxo radiante en que o primeiro contempla a sensibilidade variable doollohumano nas diferenteslonxitudes de onda da luz e o último involucra toda a radiación electromagnética emitida pola fonte segundo as leis deWien e deStefan-Boltzmann sen considerar se tal radiación é visible ou non.

Se unha fonte luminosa emite unhacandela deintensidade luminosa uniformemente nunángulo sólido dunestereorradián, o seufluxo luminoso total emitido nese ángulo é un lumen. Alternativamente, unha fonte luminosaisótropa dunha candela emite un fluxo luminoso total de exactamente
lumens. Pódese interpretar o lumen de forma menos rigorosa como unha medida da "cantidade" total de luz visible nun ángulo determinado, ou emitida por unha fonte dada.
Unhabombilla incandescente de 100vatios emite aproximadamente 1000 lumens, mentres que unhalámpada de vapor de sodio da mesmapotencia emite arredor de 15.000 lumens, unhas quince veces máis, podendo chegar a emitir até 20 veces máis que unha lámpada de incandescencia, dependendo do tipo de lámpada.
A potencia luminosa dunproxector adoita medirse en lumens. OInstituto Nacional Estadounidense de Estándares (ANSI, polas súas siglas en inglés) creou un procedemento estándar para determinar dita potencia, tomando medicións en diferentes posicións e calculando un valor medio.[1] No aspecto comercial, a potencia luminosa calculada segundo este método acostúmase publicar en "lumens ANSI", para distinguilos de aparatos cunha potencia que se calculou doutro xeito. As medicións de lumens ANSI son xeralmente máis correctas que as ofrecidas por outras técnicas da industria de proxectores.[2]
Os lumens pico constitúen unha medida da potencia luminosa habitualmente usada para osproxectores de TRC. A súa medición efectúase usando un padrón cun 10% a un 20% da imaxe en branco (no centro), e o resto en negro. A potencia luminosa mídese na área central. As limitacións técnicas deste tipo de proxectores implica que producen o maior brillo cando só unha pequena área se ilumina, como neste test. O resultado é que un aparato pode producir 1200 lumens pico, e só 200 lumens ANSI.[3]