Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Luiz Inácio Lula da Silva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Lula da Silva»)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Lula.
Modelo:BiografíaLuiz Inácio Lula da Silva

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(pt)Luiz Inácio da SilvaEditar o valor en Wikidata
27 de outubro de 1945Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Caetés, Brasil(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
44ºPresidente do Brasil
1 de xaneiro de 2023 –
← Jair Bolsonaro
39ºPresidente do Brasil
1 de xaneiro de 2007 – 31 de decembro de 2010
← Luiz Inácio Lula da SilvaDilma Rousseff →
38ºPresidente do Brasil
1 de xaneiro de 2003 – 31 de decembro de 2006
← Fernando Henrique CardosoLuiz Inácio Lula da Silva →
Deputado federal por São Paulo(pt)Traducir
1 de febreiro de 1987 – 1 de febreiro de 1991
Datos persoais
ResidenciaPalácio da Alvorada(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticaLulismo(pt)Traducir,progresismo,populismo de esquerdas,socialismo democrático,economia de mercado socialista(pt)Traducir,comunismo esocialdemocraciaEditar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismoEditar o valor en Wikidata
Altura1,68 mEditar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista, político, torneiro mecânico(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido dos Traballadores(1980–)Editar o valor en Wikidata
Participou en
8 de agosto de 2023Cúpula da Amazônia de 2023(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJanja Lula da Silva(2022–)
Marisa Letícia Lula da Silva(1974–2017)
Maria de Lurdes da Silva(1969–1971)Editar o valor en Wikidata
FillosMarcos Cláudio Lula da Silva
 ()Marisa Letícia Lula da Silva
Lulinha
 ()Marisa Letícia Lula da SilvaEditar o valor en Wikidata
PaisAristides Inácio da SilvaEditar o valor en Wikidata  e Dona LinduEditar o valor en Wikidata
IrmánsFrei Chico
Genival Inácio da SilvaEditar o valor en Wikidata
Cronoloxía
2 de outubro de 2022eleccións xerais do Brasil de 2022
7 de abril de 2018-8 de novembro de 2019prisão de Luiz Inácio Lula da Silva(pt)Traducir
27 de outubro de 2002Eleições gerais no Brasil em 2002(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Premios
SinaturaEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,Editar o valor en Wikidata
Sitio weblula.com.brEditar o valor en Wikidata
IMDB: nm1300752Allocine: 449958
Facebook: lulaTwitter: LulaOficialInstagram: lulaoficialBluesky: lula.com.brTelegram: LulanoTelegramLinkedIn: lulaoficialYoutube: UCvO2BExvkAbGMsTGnEnI_NgTikTok: lulaoficialBNE: XX1001494Dialnet: 632342WikiTree: Silva-2280Editar o valor en Wikidata

Luiz InácioLula da Silva, nado enCaetés (daquela Vargem Grande, enPernambuco) o27 de outubro de1945, é un políticobrasileiro. Asumiu a Presidencia da República Federativa doBrasil en2003 coa maior votación da historia do país (52,4 millóns de votos), quebrando cifras de votación de todos os expresidentes brasileiros. Nesa altura, os seus resultados só queda por baixo, no mundo, dos do xeneralindonesioSusilo Yudhoyono (69,27 millóns de votos),George W. Bush (58,4 millóns de votos),John Kerry (54,8 millóns de votos), os tres nas eleccións realizadas en2004, e do expresidente estadounidenseRonald Reagan, que tivo, en1984, 54,4 millóns de votos. Mais ultrapasou a votación do presidenteBill Clinton, que tivo 47,4 millóns de votos.

Foi candidato a presidente en1989 (derrotado porFernando Collor de Mello), en1994 (derrotado porFernando Henrique Cardoso) e en1998 (novamente derrotado porFernando Henrique Cardoso), gañando por fin as eleccións de2002 (o segundo máis votado foiJosé Serra, doPMDB). En 2006 foi reelixido co 60,83% dos sufraxios (máis de 58,2 millóns de votos) fronteGeraldo Alckmin (candidato doPSDB). En 2017 foi condenado por corrupción e, aínda que posteriormente a condena foi revogada, pasou na cadea 580 días.[1][2] Foi de novo electo presidente o30 de outubro de2022, derrotando aJair Bolsonaro.[3][4] Deste xeito, é o único presidente en ser escollido para un terceiro mandato naHistoria do Brasil.[5]

Lula é cofundador, presidente de honra e afiliado aoPartido dos Trabalhadores (PT), un dos máis importantes partidos brasileiros.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Con 7 anos a súa familia realizou unha viaxe común para moitos nordestinos do Brasil: en condicións precarias, dirixiuse para oestado de São Paulo, coa esperanza de oportunidades mellores de vida. Pasaron a residir enGuarujá, cidade do litoral do estado.

Da Silva foi alfabetizado no Grupo Escolar Marcílio Dias. En1956 pasou a morar enSão Paulo. Con 12 anos foi empregado nunha tinturaría, tendo despois exercido as profesións de auxiliar de secretaría.

Operario e sindicalista

[editar |editar a fonte]

Seguindo para a industria, Lula conseguiu unha praza no curso de torneiro mecánico no SENAI, organización brasileira de ensino industrial, formándose metalúrxico. Algúns anos despois, mudouse paraSão Bernardo do Campo, onde tivo os primeiros contactos co movemento sindical en1968, por influencia do seu irmán José Ferreira de Melo, alcumadoFrei Chico, quen lle presentou o seu primeiro libro titulado:O Que é a Constituição.

En1969 Lula foi elixido para dirixir o sindicato dos metalúrxicos de São Bernardo do Campo. En1975 foi elixido presidente do mesmo sindicato. Reelixido en1978, foi un dos líderes sindicais que retomaron a práctica de manifestacións públicas de grande escala, que deixaran de ocorrer desde o endurecimento represivo da ditadura militar nos 10 anos anteriores. Durante o movemento das manifestacións, a idea de fundar un partido representante dos traballadores foi madurecendo, e, en1980 fundou o Partido dos Trabalhadores, (PT).

Política

[editar |editar a fonte]

Na idea de participar nos procesos electorais, cambiou xudicialmente o seu nome de Luís Inácio da Silva para Luís Inácio Lula da Silva (a lexislación vixente prohibía o uso de alcumes polos candidatos).

En 1982, Lula participou nas eleccións do goberno de San Paulo, que perdeu. En1984, participou na campañaDiretas Já ao lado do Dr.Ulysses Guimarães, que clamaba por eleccións presidenciais directas despois de anos deditadura militar e presidentes nomeados. A campaña non tivo éxito e as eleccións presidenciais de 1984 foron feitas polo Colexio Electoral (indirectas). En1986, foi elixido deputado federal con récord de votos tendo unha actuación discreta.

En1989, realizáronse as eleccións directas. Lula era candidato a presidente, liderando todas as investigacións até semanas antes da elección. O gañador foiFernando Collor de Mello, candidatoconservador doPRN, que recibiu entusiasmado apoio de considerábel parte da poboación que se sentía intimidada ante a perspectiva de que o ex-sindicalista fora radical e abertamente aliñado coas teses deesquerda.

Os medios de comunicación de liñaprogresista e a oposición afirmaron que o resultado das eleccións de 1989 tería sido decisivamente manipulado por sectores dos medios de comunicación da liñaconservadora. É un feito que Collor se empeñou nunha campaña de difamación de Lula, presentando no seu horario electoral gratuíto unha antiga noiva de Lula, coa cal este tiña unha filla, e que o acusaba de lle propoñer un aborto e de ser "racista". Algúns aínda afirmaron que, alén deste feito obxectivo, houbo manipulacións dalgúns dos principais órganos dos medios de comunicación brasileiros, que cubrirían as eleccións de forma a favorecer a candidatura de Collor. A pedra de toque desas alegacións foi nun resumo do último debate televisivo entre os dous candidatos, que foi levado ao ar polo telexornal máis seguido do país a poucos días da elección -xa que logo, nun momento crítico do proceso electoral- que concedía máis tempo a Fernando Collor que a Lula. Falouse tamén na época da interrupción deliberada do servizo de ómnibus urbano en áreas de baixa renda, dificultando o traslado de electores até as seccións electorais, así como do secuestro do empresario Abílio Diniz, nas vésperas das eleccións, por un grupo de supostos terroristas estranxeiros, e que se mostrou na televisión o mesmo empresario, liberado do seu cativerio, portando unha camisa co emblema do PT, que lle tería sido colocada polos mesmos secuestradores.

En1991, o presidente Collor, oriúndo dunha tradicional familia alagoana de políticos e empresarios do sector de comunicacións, foi denunciado por corrupción activa e pasiva polas súas ligazóns co empresario e caixa da campaña de Collor,Paulo César Farias. O escándalo decorrente desas acusacións provocou ampla mobilización social no que ficou coñecido comoMovemento Cara Pintada. No seu ápice a serie de protestas pacíficas reuniu máis de cincuenta millóns de cidadáns, xamais visto no mundo en tamaña proporción, esixindo acensura do presidente. O movemento foi vitorioso grazas ápresión social exercida sobre as bases parlamentarias.

En1994, Luiz Inácio Lula da Silva volveu a presentarse á presidencia e foi novamente derrotado, desa vez polo candidato doPSDB, o sociólogoFernando Henrique Cardoso. Ex senador, Cardoso tiña un historial político ligado á centro-esquerda, tendo sido exiliado durante a ditadura militar, e é un dos intelectuais máis respectados do mundo.

Á fronte doMinistério da Fazenda no goberno deItamar Franco, Cardoso foi un dos mentores doPlano Real, que tivo éxito en frear ahiperinflación e estabilizar a moeda brasileira. En1998 converteurse no primeiro presidente brasileiro en ser reelixido, derrotando a Lula na primeira quenda.

O27 de outubro de2002 Lula foi electo presidente do Brasil, derrotando ó candidato de FHC, José Serra doPSDB. No seu discurso de investidura, Lula afirmou: "E eu, que durante tantas vezes fui acusado de não ter umdiploma superior, ganho o meu primeiro diploma, o diploma de presidente da República do meu país". A declaración foi unha resposta contra os innúmeros ataques que sufriu en virtude da súa baixa educación formal, que moitos consideran incompatíbel co cargo máis importante da República. Moitos opositores din que tal afirmación non é verídica, pois Lula xa tiña o certificado de torneiro mecánico emitido polo SENAI, así como un diploma similar como deputado federal. As causas deste desabafo foron os ataques sufridos na campaña que desmerecían a súa educación.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Lula discursará neste sábado em São Bernardo do Campo".El País Brasil(enportugués). 2019-11-08. Consultado o2023-01-09. 
  2. "Por 8 votos a 3, Supremo rejeita recurso que buscava reverter anulação das condenações de Lula".G1(enportugués). Consultado o2023-01-09. 
  3. "Lula vence o segundo turno e volta para o terceiro mandato de presidente".G1(enportugués). Consultado o2022-10-31. 
  4. "Lula é eleito novamente presidente da República do Brasil".Justiça Eleitoral(enportugués). Arquivado dendeo orixinal o 31 de outubro de 2022. Consultado o2022-10-31. 
  5. "Lula é o 1º a ganhar 3 vezes eleição para presidente do Brasil".Folha de S.Paulo(enportugués). 2022-10-30. Consultado o2022-10-31. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Luiz Inácio Lula da SilvaModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Predecesor:
Fernando Henrique Cardoso

Lista de presidentes do Brasil

20032011
Sucesor:
Dilma Rousseff
Predecesor:
Jair Bolsonaro

Lista de presidentes do Brasil

2023–no cargo
Sucesor:
'
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Luiz_Inácio_Lula_da_Silva&oldid=7135167»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp