![]() ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 12 de marzo de 1966![]() Teruel, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 173 cm![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fillos | Luis Milla Manzanares![]() |
Luis Milla Aspas, nado enTeruel o12 de marzo de1966, é un exfutbolista e actualadestrador profesional de fútbolespañol. Como xogador desenvolvíase na posición demedio defensivo, tendo sido xogador doFC Barcelona,Real Madrid eValencia CF, así como internacional coaselección española. Como adestrador destaca a súa traxectoria nas categorías inferiores da selección española, onde gañou aEurocopa e osXogos do Mediterráneo. Actualmente adestra áselección de Indonesia. En 1999, fixo unha incursión na política presentándose poloPartido Aragonés (PAR) ás eleccións municipais do 13 de xuño na súa cidade natal.
Formouse na canteira doF. C. Barcelona e alcanzou o primeiro equipo no ano 1988, aínda que xa debutara na tempada1984-85, á idade de dezaoito anos, contra oReal Zaragoza. Tras consolidarse no Barcelona e ser convocado para xogar conEspaña, en 1990 fichou poloReal Madrid C.F., onde xogou até 1997. Disputou os últimos anos da súa carreira para oValencia C.F. ata que se retirou no ano 2001. En doce tempadas enPrimeira División anotou seis goles: dous co Barcelona, tres co Real Madrid e un co Valencia.
Adestrou aU.D. Puçol na tempada 2006-07 conseguindo un 12.º posto enTerceira División, unha das mellores tempadas da historia do equipo valenciano. Ao finalizar a tempada foi chamado porMichael Laudrup para que fose o seu segundo adestrador noGetafe Club de Fútbol daPrimeira División. Posteriormente, traballou naReal Federación Española de Fútbol como técnico nas categorías inferiores, onde destacou como adestrador daselección sub-21.
Enfebreiro de2013,[1] firma coAl Jazira, segundo clasificado do campionato dosEmiratos Árabes Unidos, regresando aos bancos tras a amarga experiencia nosXogos Olímpicos deLondres, onde non logrou conducir á selección española máis aló da primeira fase.[2] Foi destituído o25 de outubro.[3] O8 de xuño de2015 confírmase a súa incorporación como adestradorClub Deportivo Lugo daSegunda División cun contrato de tres temporadas. Porén, o24 de febreiro renuncia ao posto por motivos persoais, sendo substituído no cargo porJosé Durán.