Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Luis Javier Mosquera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLuis Javier Mosquera
Biografía
Nacemento27 de marzo de 1995Editar o valor en Wikidata (30 anos)
Yumbo, ColombiaEditar o valor en Wikidata
Altura165 cmEditar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónhalterófiloEditar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaColombiaEditar o valor en Wikidata
DeportehalterofiliaEditar o valor en Wikidata
Participou en
25 de xullo de 2021Halterofilismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - Até 67 kg masculino(pt)Traducir (2º)
9 de agosto de 2016Halterofilismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 - Até 69 kg masculino(pt)Traducir (3º)Editar o valor en Wikidata

Facebook: LuisJavierMosqueraLTwitter: luisjavierhd16Instagram: luisjavierhd16Olympics.com: luis-javier-mosquera-lozanoEditar o valor en Wikidata

Luis Javier Mosquera Lozano, nado enYumbo o27 de marzo de1995,[1] é unlevantador de pesas olímpicocolombiano. Representou ao seu país na competencia de levantamento de pesas de menos de 69 kg masculino nosXogos Olímpicos de 2016 enRío de Xaneiro (no Brasil) o 9 de agosto de 2016, gañando amedalla de bronce.[2] O 25 de xullo de 2020, volveu gañar unha medalla olímpica, desta volta de prata, nosXogos de Toquio na competencia de halterofilia de menos de 67 kg masculino.

Carreira deportiva

[editar |editar a fonte]

Mosquera provén dunha familia de deportistasvallecaucanos. Iniciou o seu palmarés deportivo aos 15 anos, cando obtivo o primeiro lugar no Campionato Panamericano de Halterofilia na categoría Sub-15.[3]

NosXogos Panamericanos deToronto 2015 gañou tres medallas de ouro na categoría de 69 quilogramos, nas modalidades de arranque (150 kg), envión (186 kg), cun total de 336 kg; o que o levou a conseguir unha cota nos Xogos Olímpicos de Río do seguinte ano.[3]

En Río 2016 terminou cuarto lugar detrás de Izzat Artykov deKirguizistán, quen logo foi descualificado por non pasar unha proba dedrogas para mellorar o rendemento.[4][5] Recibiu a medalla de bronce tres anos despois, o 28 de marzo de 2019.[6]

No LXXXV Campionato Mundial de Halterofilia, celebrado en Pattaya (Tailandia) entre o 18 e o 27 de setembro de 2019, quedou en quinto lugar, levantando un total de 320 quilos (145 quilos en arranque e 175 en envión).[7]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Luis Javier Mosquera Lozano". Rio 2016. Arquivado dendeo orixinal o 06 de agosto de 2016. Consultado o 10 de agosto de 2016. 
  2. Bluradio."Organización de JJ. OO. confirma medalla de bronce de Luis Javier Mosquera".bluradio.com(encastelán). Consultado o 20 de agosto de 2016. 
  3. 3,03,1"Conoce la historia de vida del nuevo medallista olímpico que tiene Colombia".La Nota Positiva(encastelán). 29 de marzo de 2019. Consultado o 17 de xullo de 2020. 
  4. "Mosquera obtuvo su medalla en 2019 luego de la descalificación de Artykov por dopaje"(audio).Antena 2(encastelán). 27 de maio de 2020. Consultado o 17 de xullo de 2020. 
  5. Sputnik."Rio Bronze Medalist From Kyrgyzstan Disqualified for Failing Doping Test".sputniknews.com. Consultado o 18 de agosto de 2016. 
  6. "Luis Javier Mosquera recibió el bronce que ganó en Río 2016".ELESPECTADOR.COM(encastelán). 28 de marzo de 2019. Consultado o 29 de marzo de 2019. 
  7. Molina Marín, Luz Élida (20 de setembro de 2019)."Luis Javier Mosquera, quinto; Óscar Figueroa, décimo en Mundial de pesas".www.elcolombiano.com(encastelán). Consultado o 17 de xullo de 2020. 
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Luis_Javier_Mosquera&oldid=6813348»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp