(2022) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 21 de setembro de 1902 Sevilla, España |
| Morte | 5 de novembro de 1963 Cidade de México |
| Causa da morte | parada cardiorrespiratoria |
| Lugar de sepultura | Panteón Jardín(en) |
| Educación | Universidade de Sevilla |
| Actividade | |
| Ocupación | escritor, crítico literario, profesor universitario, tradutor, poeta |
| Empregador | Mount Holyoke College Universidade Nacional Autónoma de México Université de Toulouse |
| Movemento | Xeración do 27 |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Premios | |

Luis Cernuda Bidón, nado enSevilla en1902 e finado enMéxico en1963, foi un poeta español, membro daxeración do 27.[1]
Fillo dun militar, licenciouse en dereito polaUniversidade de Sevilla. Dedicado á poesía obtivo a cátedra de español daUniversidade de Tolosa, posteriormente domiciliouse enMadrid e durante aguerra civil española trasladouse aInglaterra, e viviu enFrancia,Escocia,Estados Unidos ata que en1952 fixou a súa residencia en México.
A súa é unha poesía de meditación. En 1927 publicou as súas primeiras poesías, co título dePerfil del aire eÉgloga, elegía, oda[1]onde homenaxea a tradición clásica.
ConUn río, un amor eLos placeres prohibidos escritos entre 1929 e 1931 únese ao surrealismo, ao tempo que se rebela contra a orde establecida e reinvindica abertamente ahomosexualidade.[2]
La realidad y el deseo (1936, edición definitiva 1964) é a súa principal obra, que comezou a escribir a comezos da década de 1930 e que continou ata a súa morte. Cernuda explora o desexo, oamor, ahistoria e asexualidade en poemas con influencias que van doromanticismo e oclasicismo aosurrealismo.
EnLas nubes (1940 e 1943) trata da guerra civil.
En México desenvolve a súa última etapa poética.Variaciones sobre tema mexicano (1952),Vivir sin estar viviendo (1944-49) eCon las horas contadas (1950-56), son os principais libros, nos que substitúe a musicalidade elegante, garcilasiana por un ritmo seco, duro e renuncia á ornamentación en favor do concepto; este estilo acada a súa plenitude enDesolación de la Quimera (1962).