Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Lucrecio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLucrecio

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento94 a. C.Editar o valor en Wikidata
Pompeia, ItaliaEditar o valor en Wikidata
Morte55 a. C.Editar o valor en Wikidata (38/39 anos)
Roma, ItaliaEditar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio,desangramentoEditar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmoEditar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofíaEditar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoeta, filósofo, escritorEditar o valor en Wikidata
Período de tempoRepública Romana TardíaEditar o valor en Wikidata
MovementoAtomismoEditar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeLuciliaEditar o valor en Wikidata
Paisvalor descoñecidoEditar o valor en Wikidata  e valor descoñecidoEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica
Edición de 1870 do Dictionary of Greek and Roman Biography and MythologyEditar o valor en Wikidata
BNE: XX985629Musicbrainz: f49abba8-9525-4f69-8311-a357f7942d89Discogs: 6103617Editar o valor en Wikidata

Titus Lucretius Carus ou, galeguizado,Tito Lucrecio Caro, nado no99 a. C. e finado no55 a. C., foi unpoeta efilósoforomano.

Vida e obra

[editar |editar a fonte]
De rerum natura, 1570

Foi autor dun longo poema didáctico en algo máis de 7400hexámetros,De rerum natura (Sobre a natureza das cousas), distribuído en seis libros, quizais a maior obra da poesía de Roma, na que se divulga afilosofía e afísicaatomista deEpicuro e a física atomista deDemócrito. O único texto que chegou a nós do poema transmitiuse grazas aCicerón, quen preparou a súa edición á morte do poeta, e aohumanistaPoggio Bracciolini, que o copiou en1418 do únicocódice conservado.

Son poucos e dubidosos os datos biográficos que se conservan de Lucrecio, fundamentalmente recollidos porSan Xerome. Segundo estes, toleou ao beber un filtro de amor e suicidarse; pero esta información ten todo o aspecto compoñersead hoc para explicar a sombría visión que ofrece do amor no seu célebre poema. A tradición defendeu que padecía algún tipo de enfermidade mental, que podería ser ou non de orixe física (como aepilepsia), tratando de desprestixiar así unha visión das cousas tan afastada dos dogmas de fe.

O seu terceiro nome, Caro, era propio das clases baixas, pero Lucrecio tiña unha extensa cultura, que non era fácil de adquirir para as clases desfavorecidas. Ignórase se era orixinario da mesma Roma ou dalgunha provincia, pero é indubidábel que Lucrecio viviu en Roma e resulta evidente, polo rango de datas en que se desenvolveu á súa vida, que debeu asistir ásguerras civís romanas, ás revoltas deMario eSila, á conxuración deCatilina e á ascensión ao poder deXulio César.

Tamén afirma San Xerome queCicerón ordenou o texto en seis libros e editou o poema. O primeiro libro comenza cunha invocación aVenus como forza xerminadora da natureza e trata de como todo está composto deátomos e debaleiro. O libro segundo trata do movemento e as agrupacións dos átomos. O terceiro libro fala sobre aalma que, segundo el, é mortal. O cuarto sobre a teoría da sensación; o quinto sobre o mundo e o sexto sobre diversos fenómenos atmosféricos e as enfermidades, terminando cun sombrío panorama sobre os estragos dapeste enAtenas, en deliberado contraste co inicio.

As análises da obra de poetas posteriores demostran que o estudaran a fondo. A el aludeVirxilio cando escribe:

Felix qui potuit rerum cognoscere causas

atque metus omnes, et inexorablile fatum

subiecit pedibus, strepitumque Acherontis avari!
Xeórxicas, lib. II.
De rerum natura (edición de 1675).

Utiliza comparacións para aliviar a árida materia abstracta da obra, mesturando, cunha imaxe que máis tarde tomaráHoracio, o útil co doce da mesma maneira que un médico meastura doce mel nas agrias medicinas que administra. Tamén foi citado en numerosas ocasiónes porMontaigne ao longo dos seus Ensaios.

A obra, materialista e irrelixiosa, foi traducida polo españolJosé Marchena a principios doséculo XIX enhendecasílabos brancos coa intención de combater ocatolicismo dos seus compatriotas.

Moi importante polos seus méritos filolóxicos e polas súas abundantes notas é a versión bilingüe do humanista inglésJohn Mason Good, (Londres, 1805, 2 vols.) e, por fin, a edición filoloxicamente impecábel deCarl Lachmann (Berlín, 1850).

A intención de Lucrecio, como xa sinalara Virxilio, é liberar o home domedo aos deuses e ámorte, causas, segundo el, da infelicidade humana. ("Está ben ver ao navegante distante loitar contra a treboada e naufragar, non porque nos alegremos do mal alleo, senón porque é bo acharse libre de tormentos").

Representa ocosmos como un conxunto fortuíto deátomos que se moven no baleiro ("Nada nace da nada, nada volve á nada"). A alma é material e non sobrevive ao corpo. Os fenómenos teñen todos causa natural. Se existen os deuses, estes non interveñen nos asuntos dos mortais. Por outra parte, ofrece unha triste visión do amor humano que intrigou aos especialistas.

En xeral, Lucrecio está considerado como un dos tres grandes poetas doateísmo, xunto aLudwig Feuerbach eThomas Hardy.

Rinoceronte publicou en2021Sobre a natureza das cousas, tradución, introdución e notas de Lucía Gómez Fariña,ISBN 978-84-17388-58-4.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Lucrecio

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Boyancé, Pierre (1965):Lucrèce et l'épicurisme. PUF, col. "Les grands penseurs".
  • Conche, Marcel (1967):Lucrèce et l'expérience. Seghers, col. "Philosophes de tous les temps".
  • Lucrecio (2003):La naturaleza. Madrid: Editorial Gredos.ISBN 978-84-249-2683-0
  • Lucrecio (1988):De rerun matura. Sobre la naturaleza. Edición bilingüe. Tradución de Lisandro Alvarado e estudo preliminar de Ángel Cappelletti. Caracas: Universidad Simón Bolívar.
  • Nizan, Paul (1965):Les Matérialistes de l'Antiquité. Maspero.
  • Serres, Michel (1977):La Naissance de la physique dans le texte de Lucrèce : Fleuves et Turbulences. Minuit, col. "Critique".
  • Sollers, Philippe (1986):Théorie des Exceptions. Gallimard.

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Lucrecio&oldid=6814803»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp