Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Irmáns Dardenne

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Luc Dardenne»)
Modelo:BiografíaIrmáns Dardenne

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Grupodúo de irmánsEditar o valor en Wikidata
Jean-Pierre Dardenne (Engis(pt)Traducir, 21 de abril de 1951 - ).Guionista
Luc Dardenne (Awirs(en)Traducir, 10 de marzo de 1954 - ).Director de cinemaEditar o valor en Wikidata
Actividade
Período de actividade1978Editar o valor en Wikidata -
Obra
Arquivos en
Premios

Os irmánsJean-Pierre Dardenne ([daʁdɛn]), nado enLiexa o21 de abril de1951 eLuc Dardenne, nado na mesma cidade o10 de marzo de1954 son unha parella de cineastasbelgas. Traballan como directores, produtores e guionistas nos seus filmes.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Os Dardenne naceron e creceron na provincia de Liexa, enValonia. Jean-Pierre estudou arte dramática, mentres que Luc (tres anos máis novo) estudou filosofía. En 1975 crearon Derives, compañía coa que produciron sesenta filmes documentais antes de pasarse ás longametraxes de ficción. Estes filmes trataban temas como a inmigración polaca, a resistencia durante asegunda guerra mundial e a folga xeral de 1960.

As súas dúas primeiras longametraxes de ficción,Falsch (1987) eJe pense a vous (1992), son pouco coñecidas, e Luc describiunas como unha "aventura desafortunada". O seu primeiro grande éxito foiLa promesse en 1996.

ConRosetta os Dardenne comezaron a fixarse nos problemas (filosóficos, espirituais e psicolóxicos) dos desempregados. A protagonista,Émilie Dequenne, que debutaba no cinema gañou o premio á mellor actriz noFestival de Cannes. O filme foi a primeira produción belga que gañou aPalma de Ouro.

Co seu seguinte filme,L’Enfant, volveron gañar a Palma de Ouro.

Filmografía

[editar |editar a fonte]

Longametraxe

[editar |editar a fonte]

Documentais

[editar |editar a fonte]
  • Chant du rossignol (1978)
  • Lorsque le bateau de Léon M. descendit la Meuse pour la première fois (1979)
  • Pour que la guerre s'achève, les murs devaient s'écrouter (1980)
  • R... ne répond plus (1981)
  • Leçons d'une université volante (1982)
  • Regarde Jonathan/Jean Louvet, son oeuvre (1983)

Curtametraxes

[editar |editar a fonte]

Produtores

[editar |editar a fonte]

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Irmáns DardenneModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Sebastiano Gesù (ed.),Etica ed estetica dello sguardo. Il cinema dei fratelli Dardenne, Catania, 2006.

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Irmáns_Dardenne&oldid=6706621»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp