Luís Vaz de Camões, tamén grafado comoCamoéns[1], foi nado cara a1524 e finado o10 de xuño de1580, foi un poeta portugués, recoñecido, en numerosas ocasións, como o maior poeta delingua portuguesa e dos maiores da Humanidade. O seu xenio é comparábel ao deHomero,Virxilio,Dante eShakespeare. Das súas obras, aepopeaOs Lusíadas é a máis significativa.
Camões naceu enChaves ouLisboa no ano1524 ou1525. A súa familia, de orixe galega, fixouse primeiro no Norte, en (Chaves), e despois irradiou paraCoímbra eLisboa. Foi fillo deSimão Vaz de Camões eAna de Sá e Macedo. Por vía paterna, Camões sería trineto dotrobador galegoVasco Pires de Camões, mentres que por vía materna estaba aparentado co navegadorVasco da Gama.
Entre 1542 e 1545 viviu en Lisboa, onde trocou os estudos polo ambiente da corte de Xoán III, e conquistou fama de poeta e feitío altivo.
EnCoímbra frecuentaría o curso de Humanidades, talvez noMosteiro de Santa Cruz, onde tiña un tío pai,Benito de Camões. Porén, non hai rexistros da pasaxe do poeta pola cidade. En calquera caso, a cultura refinada dos seus escritos torna a únicauniversidade de Portugal do tempo como o lugar máis probábel dos seus estudos.
Ligado á casa do Conde deLinhares,Francisco de Noronha, e talvez preceptor do fillo Antônio, segue paraCeuta en 1549 e fica aló até 1551. Era unha aventura común na carreira militar dos mozos, recordada na elexíaAquela que de amor descomedido. Nun cerco, tivo un dos ollos baleirados por unha seta polafuria rara de Marte. Aínda así, mantivo as súas potencialidades de combate.
De regreso a Lisboa, non tarda en retomar a vida bohemia. Sonlle atribuídos varios amores por damas da corte e mesmo pola propia irmá do ReiD. Manuel I. Caería en desgraza, a punto de desterrarse paraConstância, malia non haber fundamento documental. No día do Corpo de Deus de 1552 entra en contenda e fere un certo Gonçalo Borges. Preso, libérase por carta rexia de perdón de7 de marzo de1552. O 24 dese mesmo mes embarca para aIndia na armada de Fernão Álvares Cabral.
Chegado aGoa, Camões tomou parte na expedición do vicerrei Afonso de Noronha contra o Rei de Chembe, coñecido como o «rei da pementa». A esta primeira expedición refírese a elexíaO Poeta Simónides falando. Despois Camões estableceuse en Goa, onde escribiu gran parte da súa obra épica. Considerou a cidade como unhamadrasta de todos os homes honestos. Aló estudou os costumes de cristiáns e hindús, e a xeografía e a historia locais.
Participou noutras expedicións militares. Entre febreiro e novembro de1554 viaxou na armada deFernando de Meneses, constituída por máis de 1000 homes e 30 embarcacións, aoGolfo Pérsico. Aí sentiu unha amargura que expresa na canciónJunto de um seco, fero e estéril monte. No regreso foi nomeado "provedor-mor dos defuntos nas partes da China" polo Gobernador Francisco Barreto, para quen escribiría oAuto do Filodemo.
En1556 partiu caraMacau, onde continuou cos seus escritos. Viviu nunha célebre gruta co seu nome, onde escribiu boa parte d´Os Lusíadas. Naufragou na foz dorío Mekong, onde conservou de forma heroica o manuscrito d'Os Lusíadas entón xa adiantados (cf. Lus., X, 128). No naufraxio morrería a súa compañeira chinesa Dinamene, celebrada en serie de sonetos. É posíbel que daten igualmente desa época ou naceran desa dolorosa experiencia as redondillas 'Sôbolos ríos.
Regresou a Goa antes de setembro de1560 e pediu a protección do VicerreiConstantino de Bragança nun longo poema en oitavas. Aprisionado por débedas, dirixiu súplicas en verso ao novo Vicerrei,Francisco Coutinho,Conde de Redondo, pola súa liberación. En1568 viaxou áIlla de Mozambique. Pasados dous anos,Diogo do Couto encontrouno alí, como relata na súa obra, e engadiu que o poeta estaba "tan pobre que vivía de amigos". (Década 8.ª da Asia). Traballaba entón na revisión d´Os Lusíadas e na composición de "un Parnaso de Luís de Camões", con poesía, filosofía e outras ciencias", obra roubada.Diogo do Couto pagoulle o resto da viaxe até Lisboa, onde Camões chegou en1570. En1580, de regreso a Lisboa, asistiu á partida do exército portugués para o norte de África. Morreu nunha casa de Santana, en Lisboa, e foi soterrado nunha campa rasa nunha das igrexas das proximidades.
A epopea narra a historia deVasco da Gama e dos heroes portugueses que navegaron en torno do Cabo da Boa Esperanza e abriron unha nova rota para a India.[2] É unha obra humanista, mesmo nas súas contradicións, na asociación da mitoloxía pagá á visión cristiá, nos sentimentos opostos sobre a guerra e o imperio, no gosto do repouso e no desexo de aventura, na apreciación do pracer e nas exixencias dunha visión heroica.
A obra lírica de Camões publicouse como "Rimas". Porén, non existe acordo entre os diferentes editores canto ao número de sonetos escritos polo poeta e canto á autoría dalgunhas das pezas líricas. Algúns dos seus sonetos, como o coñecidoAmor é fogo que arde sem se ver, pola ousada utilización dosparadoxos, prognostican oBarroco que se estaba a aproximar.