Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Loricíferos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo non posúe formato wiki axeitado
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga olibro de estilo da Galipedia.
Pode axudar amellorar este artigo e outros encondicións semellantes.
Loricíferos
Loricifera
Reinhardt Møbjerg Kristensen1983Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Subclase de
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
Clasificación taxonómica
DominioEukaryota
ReinoAnimalia
SubreinoMetazoa
FiloLoricifera
ClaseNanaloricea
OrdeNanaloricida
Identificadores
ITIS202425Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Osloricíferos (Loricifera, dolatínlorica, "coiraza", "cota de malla", eferre, "levar", literalmente "os que levan cota") son un pequenofilo deanimaispseudocelomados, composto tan só por vinte e dúasespecies de tamaño microscópico (oscila entre as 100 µm e 1 mm),[1] que habitan nos intersticios dos sedimentosmariños, unidos ás partículas de grava ou area, e que se caracterizan por estaren protexidos por unhacaixa ou loriga, á que deben o seu nome.[2][3]

Á parte destas pouco máis de vinte especies descritas, hai aproximadamente 100 máis que foron recollidos pero que aínda non se describiron.[2] Os loricíferos encóntranse a todas as profundidades, en sedimentos de diferentes tipos, e en todas as latitudes.),[1]

O primeiro espécime foi recollido nos anos 1970, e descrito en1983, cando o zoólogo danésReinhardt Kristensen fudou o filo,[4] polo que se encontran entre os grupos demetazoos máis recentemente descubertos.[5]

Características

[editar |editar a fonte]

Estes animais teñen unhacabeza, na que se sitúa aboca, onde comeza oaparello dixestivo; a cavidade corporal comprende unpseudoceloma que remata noano.

Todo ocorpo está envolto por unha armadura denominadaloriga, especie de casca externa protectora. Non teñensistema circulatorio ninsistema endócrino. A súareprodución ésexual, con sexos separados, e probabelmente sonovíparos. Moitas das larvas sonacelomadas, e a maioría dos adultos sonpseudocelomados, aínda que algunhas especies son acelomadas.[5]

O desenvolvemento é xeralmente directo, aínda que se coñecenlarvas, denominadaslarvas de Higgins, que difiren dos adultos en varios aspectos. Os seus ciclos vitais son moi complexos, e comprenden etapaspedoxenéticas con diferentes formas de reproduciónpartenoxenética.[2]

Imaxe ao microscopio óptico da especieSpinoloricus, aínda non descrita, coloreada conrosa Bengala.

No existen rexistros fósiles.

Afinidades taxonómicas

[editar |editar a fonte]

Estudosmorfolóxicos situáronos nocladoVinctiplicata, dosScalidophora, que reuniría aos loricíferos cospriapúlidos e seríaclado irmán dosquinorroincos. Os tres filos teñen catro caracteres en común:cutículaquitinosa, aneis escamosos, flósculos e dos aneis que se poden retraer cara ao interior do corpo.[1][5]

Pero amonofilia deste clado está apoiada só por razóns morfolóxicas, e estudos moleculares recentes indican que os loricíferos poden estar máis estreitamente relacionados cosnematomorfos.[6]

Historia evolutiva

[editar |editar a fonte]

Pénsase que os loricíferos son descendentes en miniatura dun organismo máis grande, talvez similar aosSirilorica,fósiles docámbrico.[6] Porén, o rexistro fósil dun grupo de organismos microscópiocs non mineralizados é quizais (como era de esperar) escaso, polo que é difícil rastrexar a historia evolutiva do filo.

Clasificación

[editar |editar a fonte]

O filo dos loricíferos comprende unha soaclase, cunha únicaorde que comprende dúasfamilias con tresxéneros cada unha.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,11,2Heiner, I. (2005): "Preliminary account of the loriciferan fauna of the Faroe Bank (NE Atlantic)".Biofar Proceedings2005: 213–219.
  2. 2,02,12,2Gad, G. (2005): "Successive reduction of the last instar larva of Loricifera, as evidenced by two new species of Pliciloricus from the Great Meteor Seamount (Atlantic Ocean)",Zoologischer Anzeiger243: 239–271.
  3. Ruppert, Edward E., Richard S. Fox e Robert D. Barnes (2004):Invertebrate Zoology. 7th ed. Toronto: Brooks/Cole — Thomson Learning.
  4. Kristensen (1983): "Loricifera, a new phylum with Aschelminthes characters from the meiobenthos".Zeitschrift fuer Zoologische Systematik und Evolutionsforschung21 (3): 163-180.
  5. 5,05,15,2Kristensen, R. M. (2002): "An Introduction to Loricifera, Cycliophora, and Micrognathozoa".Integrative and Comparative Biology42: 641–651.
  6. 6,06,1Peel, J. S. (2010): "A Corset-Like Fossil from the Cambrian Sirius Passet Lagerstätte of North Greenland and Its Implications for Cycloneuralian Evolution",Journal of Paleontology84 (2): 332–340.Resumo

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Loricíferos
Wikispecies posúe unha páxina sobre:  Loricíferos

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Brusca, R. C. & G. J. Brusca (2005):Invertebrados. 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España.ISBN 978-84-486-0246-8.
  • Ruppert, Edward E.; R. Fox e R. D. Barnes (2004):Invertebrate Zoology.A Functional Evolutionary Approach. Pacific Grove (California): Brooks Cole.ISBN 0-03-025982-7.

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]

Para o filoLoricifera

[editar |editar a fonte]

Para a claseNanaloricidae

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Loricíferos&oldid=7239828»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp