Alontra mariña (Enhydra lutris) é unhaespecie demamíferocarnívoro da familia dosmustélidos. É a única especie existente doxéneroEnhydra. Habita noPacífico Norte, dende o norte doXapón atéBaixa California, enMéxico. Os adultos desta especie pesan entre 14 e 45 quilogramos, sendo o máis pesado dos mustélidos, e ó mesmo tempo, un dos máis pequenosmamíferos mariños. A diferenza doutros mamíferos mariños, esta especie ten como principal forma de illamento unha capa depelaxe moi grosa, a máis densa de tódolos mamíferos. Malia que pode saír a terra firme, a lontra mariña vive case exclusivamente no mar. Habita preto das costas onde se mergulla até o leito mariño para facerse con comida. Aliméntase principalmente deinvertebrados mariños comoourizos,moluscos,crustáceos e algúnspeixes. Os seus costumes alimenticios son notables en varios aspectos. En primeiro lugar, o emprego de rochas para abrir ascarapas dalgunhas das súas presas convérteo nun dos poucos mamíferos que usa ferramentas. Por outro banda, na meirande parte da súa área de distribución, é unhaespecie chave polo control que exerce sobre a poboación de ourizos de mar, os cales doutro xeito ocasionarían un dano extenso nosecosistemas de bosques de algas mariñas. A súa dieta inclúe peixes de valor comercial para a industria pesqueira, propiciando un conflito entre as lontras mariñas e os pescadores.
A poboación da especie, cuxo número orixinal roldaba entre os 150 000 e os 300 000 animais, foi cazada intensamente, por mor da súa pel, entre 1741 e 1911, até reducirse nun momento dado soamente a 1000 ou 2000 exemplares. Unha prohibición internacional da súa caza, esforzos de conservación e programas de reintrodución contribuíron ó aumento da poboación. Malia isto, a especie ocupa aproximadamente unha terceira parte da súa área de distribución orixinal. A recuperación da lontra mariña considérase un fito importante na conservación mariña, pero a poboación dasillas Aleutianas e deCalifornia recentemente diminuíu ou tense estancado no seu crecemento.
- Kenyon, Karl W. (1969).The Sea Otter in the Eastern Pacific Ocean.U.S. Bureau of Sport Fisheries and Wildlife (Washington, D.C.).ISBN 0486213463.
- Love, John A. (1992).Sea Otters. Golden, Colorado: Fulcrum Publishing.ISBN 1-55591-123-4.OCLC 25747993.
- Nickerson, Roy (1989).Sea Otters, a Natural History and Guide. San Francisco, California: Chronicle Books.ISBN 0-87701-567-8.OCLC 18414247.
- Silverstein, Alvin; Silverstein, Virginia e Robert (1995).The Sea Otter. Brookfield, Connecticut: The Millbrook Press, Inc.ISBN 1-56294-418-5.OCLC 30436543.
- Middleton, John (2001).Maritime Activities And Their Perception Today. California Academy of Science lecture.
- Farris, Glenn (2007).Mains'l Haul, a Journal of Pacific Maritime History, Vol 43.San Diego: Maritime Museum of San Diego.ISSN 1540-3386.
- Mathes, Michael (2008).The Russian-Mexican Frontier.Fort Ross Interpretive Association, Inc. (Jenner, California).ISBN 978-1-60643-951-7.
- VanBlaricom, Glenn R. (2001).Sea Otters. Stillwater, MN: Voyageur Press Inc.ISBN 0-89658-562-X.OCLC 46393741.