Lonicera é unxénero deplantas con flores pertencente á familiaCaprifoliaceae. As especies incluídas dentro deste xénero normalmente son coñecidas polo nome popular demadreselvas[1] ouchuchameles[2] (ademais dos múltiplos nomes vulgares en galego das diferentes especies).
Sonarbustos arqueados ou parras sarmentosas, a maioría con doces fragrancias,flores con forma de campá. Hai unhas 180especies de madreselvas.
Sábese que o termo madreselva se usou durante moito tempo para designar as especies integrantes do xéneroLonicera, aínda que este apelativo deberíase aplicar só para designar a especieLonicera caprifoliumL., planta sarmentosa que se encontra nos bosques europeos, e chamar todas as demais simplemente comoloniceras.[Cómpre referencia]
O termo "Lonicera" foi usado por primeira vez porLinné en1753 adaptando ao latín o apelido "Lonitzer", en honra ao botánicoAdam Lonitzer (1528-1586), médico que exerceu enFrankfurt.[3]
En galego existen multitude de nomes para as diferentes especies deLonicera, ás veces uns mestúranse con outros. Entre eles: madreselva (var. madresilva), cabrifollo (var. cadrifollo), herba salgueira, bigorda, chuchamel (zugameles, sugamés, zugos), altasebes, garnicela etc.
Asfollas son opostas, ovais simples, e de 1–10 cm de lonxitude. A maioría soncaducifolias e algunhas sonperennifolias. Moitas das especies presentan flores que presentan un olor perfumado, producindo un doce néctar comestible. A froita é unha baga de coloración roxa, azul ou negra contendo varias sementes; na maioría das especies as bagas son levemente tóxicas, porén algunhas (como aLonicera caerulea) teñen bagas comestibles. Estas plantas son a base de alimentación daslarvas dalgunhas especies deLepidoptera.
Amadreselva xaponesa e amadreselva de Amur (Lonicera maackii) están consideradas comoplantas invasoras enEUA eNova Zelandia. As madreselvas poden ser controladas: cortándoas, queimándoas, ou queimando as raíces e repetindo a operación ás dúas semanas até que as reservas das raíces se esgoten.
ALonicera xylosteum é unha planta usada en homeopatía para tratamento deasmas, dificultades respiratorias e sífilis. ALonicera periclymenum é usada como remedio homeopático para o tratamento da irritabilidade con explosións violentas.
ALonicera caprifolium é moi apreciada como planta ornamental, debido ás súas bonitas e aromáticas flores.