Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Londres

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Coord.:51°30′26″N0°07′39″O / 51.5072,-0.1275
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:London.

Modelo:Xeografía políticaLondres
London (en-gb)Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Vista aérea
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 51°30′26″N0°07′39″O / 51.5072,-0.1275
EstadoReino Unido
PaísInglaterra
RexiónsLondres
Condado cerimonialGran LondresEditar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación8.799.728(2021)Editar o valor en Wikidata (5.597,79hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesaEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie1.572 km²Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Támese eGrand Union CanalEditar o valor en Wikidata
Altitude4 m-15 m-11 m-11 mEditar o valor en Wikidata
Punto máis altoBiggin Hill (245 m)Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creaciónc. 47Editar o valor en Wikidata
Evento clave
Organización política
• AlcaldeEditar o valor en WikidataSadiq Khan(2016–)Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postalE, EC, N, NW, SE, SW, W, WC, BR, CM, CR, DA, EN, HA, IG, KT, RM, SM, TN, TW, UB e WDEditar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico20, 1322, 1689, 1708, 1737, 1895, 1923, 1959 e 1992Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2GB-LNDEditar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio weblondon.gov.ukEditar o valor en Wikidata
Facebook: LDNgovTwitter: ldn_govInstagram: ldn_govBNE: XX450868Editar o valor en Wikidata

Londres[1] (eninglésLondon[ˈlʌndən] (AFI)En-uk-London.oggescoitar) é a capital e cidade máis poboada deInglaterra e doReino Unido; atópase á beira dorío Támese, na illa daGran Bretaña. No ano2015 tiña unha poboación estimada de 8,31 millóns de habitantes na división administrativa doGran Londres, composta por 32 distritos municipais (boroughs) e mais polaCidade de Londres propiamente dita (City of London), nunha área de 1579 km². A súaárea metropolitana ten preto de 17,1 millóns de habitantes.[2]

Ten a súa orixe na cidade romana deLondinium, capital da rexión administrativa romana deBritania. A cidade acabou por se tornar o centro doImperio Británico, contribuíndo hoxe en día co 17% do PNB dun país que é a cuarta maior economía do mundo.

Londres é un dos máis importantes centros da política e do comercio mundiais dende hai case dous milenios (a pesar de serWinchester a capital deInglaterra durante gran parte daIdade Media).[3]

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]
Modelo de Londinio entre 85 e 90 d.C., no Museo de Londres, mostrando a primeira ponte construída sobre o río Támese.

Aetimoloxía de Londres é incerta.[4] É untopónimo moi antigo que aparece en fontes do século II d. C. Por volta do 121 d. C. apareceu citada comoLondinium, termo que apunta a unha orixe britanorromana do asentamento.[4] O primeiro intento de aclaración, hoxe descartado, atribúese aGodofredo de Monmouth, que no seu libroHistoria Regum Britanniae[4] sostiña que o topónimo proviña dun talrei Lud que en principio tomou a cidade e a nomeouKaerlud.[5]

Dende1898 aceptouse habitualmente que o topónimo teña unha orixecelta e significabalugar pertencente a un home chamado *Londinos, pero esta explicación foi rexeitada igualmente.[4] En 1998 Richard Coates propuxo a explicación de que o nome tiña a súa orixe no hidrónimo antigo europeo *(p)lowonida, que significa «río demasiado ancho para vadealo», e suxeriu que era un nome que se daba ao tramo dorío Támese ao seu paso por Londres. Deste topónimo derivaría a súa forma céltica, *Lowonidonjon,[6] aínda que a transformación da palabra é demasiado grande. A dificultade é conciliar o nome latino,Londinium, co que se lle dá nalingua galesa moderna,Llundain. Non se pode descartar a posibilidade de que este nome galés se tomase prestado do inglés en épocas posteriores e polo tanto non poida ser tomado como referencia para a reconstrución do nome orixinal da cidade. Oficialmente, ata 1889 o nome Londres só se aplicou á City londiniense, pero dende entón, refírese tamén ao condado de Londres e aoGran Londres.[4]

Historia

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Historia de Londres.

O Londres Romano

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Londinium.

A pesar das evidencias de pequenos asentamentosbretóns dispersos pola área, o primeiro asentamento maior na cidade de Londres data do ano43 d. C., cando osromanos, aproveitando a conquista da illa, fundaron o asentamento deLondinium na beira norte dorío Támese. A antiga vila desenvolveuse preto da primeiraponte de Londres feita de madeira polos romanos e que lles permitía atravesar o río.

O primeiro asentamento de Londres durou preto de dezasete anos. Ao redor do ano61 d. C., a tribocelta dosicenos dirixida pola raíñaBoadicea asaltou o poboado, reducíndoo a cinzas. A seguinte reencarnación da cidade prosperou e substituíu aColchester como a capital da provincia romana deBritania ao redor do ano100 d. C. No cumio do seu apoxeo, noséculo II, Londres tiña unha poboación de 60.000 habitantes. Porén, noséculo III, a poboación da cidade comezou a minguar debido a que as tropas asentadas na cidade foran enviadas ao continente para atallar os problemas doImperio Romano. Nos seguintes séculos o descenso da poboación foi continuado, ficando a cidade abandonada noséculo V[7].

Os anglosaxóns

[editar |editar a fonte]

No ano600 osanglosaxóns volveron crear un novo asentamento chamadoLundenwic a 1 km da antiga cidade romana, preto do que hoxe éCovent Garden[8]. Probablemente houbo un porto dedicado ápesca e aocomercio na foz dorío Fleet. O comercio da cidade medrou paseniñamente ata o ataque do851, cando as defensas da cidade foron apancadas por unha grande invasiónviquinga que destruíu a cidade. Trala ocupación viquinga, o novo reiAlfredo o Grande, estableceu a paz e mudou a vila para dentro das murallas da antiga Londres romana sendo chamadaEaldwic ("old city" ou "cidade vella"), nome que sobreviviu ata o presente comoAldwych.

Máis adiante, baixo o control de varios reis ingleses, volveu prosperar como centro político e comercial. Porén, as invasións dosviquingos volveron no final doséculo X, chegando ao seu máximo no ano1013 cando a cidade foi sitiada polo reiCanuto de Dinamarca quen forzou ao reiEthelred o Indeciso a deixar o trono. Nun ataque de represalia, as tropas de Ethelred conseguiron a vitoria botando abaixo aPonte de Londres e restablecendo de novo o control inglés.

O rei Canuto II volveu ter o control do tronoinglés en1017, controlando a cidade de Londres e o país ata1042, ano no que a súa morte devolveu o trono aosanglosaxóns baixo o goberno deEduardo o Confesor, quen refundou aAbadía de Westminster e o adxacentePalacio de Westminster. Nese tempo, Londres convertérase na maior e máis próspera cidade deInglaterra, a pesar de que a sede oficial do goberno seguía atopándose en Winchester[9].

O Londres normando e medieval

[editar |editar a fonte]
Torre de Londres dende o ceo ao carón daponte do mesmo nome.
O gran lume de1666 destruíu unha gran parte da cidade.
Rúa atacada polo Blitz durante asegunda guerra mundial.

Logo do triunfo nabatalla de Hastings,Guillerme I, naquel tempoDuque de Normandía, foi coroado rei deInglaterra na recentemente inauguradaAbadía de Westminster o día do Nadal do ano1066. Guillerme garantiu aos cidadáns de Londres especiais privilexios, ao mesmo tempo que construíu un castelo no sueste da cidade para mantelos baixo control. Este castelo sería ampliado e modificado por reis vindeiros ata dar o que hoxe é coñecido comoTorre de Londres, servindo primeiro como residencia real e máis adiante como cárcere.

No ano1097,Guillerme II comezou a construción doWestminster Hall, preto da abadía do mesmo nome. A residencia serviu de base ao futuroPalacio de Westminster, a que foi a principal residencia damonarquía durante aIdade Media. Westminster converteuse na sede da corte real e do goberno (persistindo na actualidade), mentres a súa veciña, a cidade de Londres, era o centro da industria e do comercio, xermolando baixo a súa propia administración, a Corporación de Londres. Continxentemente, as vilas adxacentes medraron xuntas ata formar as bases do actual centro de Londres, a pesar de que Winchester seguiu persistindo como capital deInglaterra ata oséculo XII.

Londres continuou medrando en riqueza e poboación durante a Idade Media. No ano1100 a poboación da cidade estaba arredor dos 18.000 habitantes; no ano1300 a cidade xa chegara aos 100.000[7]. Con todo, apeste negra devastou preto dun terzo da poboación de Londres a mediados doséculo XIV. Sen contar arevolta campesiña de 1381, Londres permaneceu relativamente en paz durante as guerras civís acontecidas en Inglaterra ao longo daIdade Media, coma aGuerra das dúas rosas.

Tralo triunfo contra aArmada Invencible en1588, a estabilidade política en Inglaterra permitiu a Londres medrar aínda máis. En1603,Xacobe VI de Escocia converteuse no rei deInglaterra, unindo esencialmente os dous países. A súa promulgación de leis anticatólicas fixérono impopular ata o punto de que o5 de novembro de1605 produciuse un intento de asasinato na capital inglesa, a famosaConspiración da pólvora.

Durante oséculo XVII as pragas causaron moitos problemas en Londres, culminando naGran praga acontecida entre1665 e1666 e que matou a máis de 75.000 persoas. Este foi o derradeiro gromo que tivo lugar enEuropa, posiblemente grazas ao gran lume de1666. O gran lume de Londres orixinouse na cidade antiga, espallándose polo resto da cidade e queimando centos de vivendas feitas de madeira. As tarefas de reconstrución da cidade levaron máis de dez anos.

O Londres moderno

[editar |editar a fonte]

Co seu gran crecemento ao longo doséculo XVIII, Londres converteuse na maior cidade do mundo, posto que ocupou entre1831 e1925[10]. Este crecemento viuse en gran parte axudado pola axiña en1836 do primeiroferrocarril, o que puxo en contacto Londres coas vilas do campo. A rede do ferrocarril espallouse rapidamente, axudando á cidade a medrar cara aos campos que a rodeaban, fusionándose á súa vez con vilas situadas preto de Londres como Kensington. O crecente tráfico que conxestionaba o centro da cidade fixo que se crease en1863 o primeiro sistema demetro do mundo, que levou á cidade a unha maior expansión e urbanización. Grazas ao rápido crecemento, Londres converteuse nunha das primeiras cidades na historia en chegar ao millón de habitantes, e a primeira en chegar aos 5 millóns.

O goberno local de Londres tivo que loitar contra o rápido crecemento para ofrecer á cidade as infraestruturas axeitadas. Entre1855 e1889, aMetropolitan Board of Works supervisou os traballos de expansión, foi entón substituído poloCounty of London, o cal foi á súa vez substituído poloLondon County Council, a primeira administración da cidade elixida pola poboación.

OBlitz e outros bombardeos daLuftwaffealemá durante asegunda guerra mundial asasinaron a máis de 30.000 londinienses e esnaquizaron boa parte da paisaxe urbana de Londres[11]. Os traballos de reconstrución tiveron lugar nas décadas de1950,1960 e1970, estes traballos caracterizáronse pola súa diversidade de estilos, consecuencia do cal Londres non posúe un estilo arquitectónico unido. En1965 as fronteiras políticas de Londres espalláronse para incluír as crecentes áreas urbanas fóra do distrito de Londres. A nova área foi chamadaGreater London ouGran Londres e pasou a ser administrada poloGreater London Council.

Nas décadas vindeiras á segunda guerra mundial, a cidade de Londres recibiu unha grande ondada de inmigrantes dos países daCommonwealth converténdose nunha das cidades máis diversas e multiculturais docontinente europeo. A integración de todos estes novos habitantes non foi sempre doada, producíndose leas, sobre todo nos distritos de Notting Hill e Brixton, aínda que estes enfrontamentos foron moito menores a outros acontecidos noutras cidades inglesas e doutras partes deEuropa e deAmérica.

Durante a década de 1980 e en diante produciuse unha reactivación de Londres como centro económico mundial. Con todo, como capital e maior cidade doReino Unido, a cidade de Londres converteuse en obxectivo doterrorismo. Ata o cesamento do fogo en1997, Londres foi obxectivo cotián das bombas doIRA que deste xeito buscaba amedrentar ao goberno británico co Sinn Féin para negociar naIrlanda do Norte.

Máis recentemente, unha serie de ataques bomba coordinados foron levados a cabo por extremistas islámicos suicidas na rede de transportes da cidade o7 de xullo do2005, tan só 24 horas despois de que Londres fora elixida sede dosXogos Olímpicos do 2012[12]. Cos Xogos Olímpicos do 2012, Londres converteuse na primeira cidade do mundo en hospedar tres edicións dos xogos, despois da IV edición de1908 e a XIV no ano1948, e logo de que a XIII edición, que tamén se ía celebrar en Londres, fose suspendida debido ásegunda guerra mundial.

Demografía

[editar |editar a fonte]

Coa industrialización, a poboación de Londres medrou axiña entre os séculosXIX eXX, chegando a ser a cidade máis poboada da terra ata queNova York a superou en1925. Londres acadou o seu cumio de poboación no ano1939 ao chegar aos 8 615 245 habitantes.

No ano2005 segundo estimacións a cidade tiña unha poboación de 7 517 700 habitantes na súa área. Porén, a cidade expándese cara aos seus bordos (Gran Londres) chegando aos 8 278 251 habitantes. Londres é a maior cidade daUnión Europea e tamén posúe a maior área metropolitana.

Grupos étnicos

[editar |editar a fonte]
Habitantes segundo país[cando?]
Reino UnidoReino Unido5 230 155
IndiaIndia172.162
IrlandaIrlanda157.285
Paquistán120.900
Bangladesh84.565
XamaicaXamaica68.907
NíxerNíxer66.311
QueniaKenya49.933
Sri Lanka49.932
GhanaGhana46.513
ChipreChipre45.888
SudáfricaSuráfrica45.506
Estados Unidos de AméricaEstados Unidos44.622
AustraliaAustralia41.488
AlemañaAlemaña39.818
TurquíaTurquía39.128
ItaliaItalia38.694
Francia38.130
SomaliaSomalia33.831
UgandaUganda32.082
Nova ZelandiaNova Zelandia27.494
Templo hindú en Londres.

No censo do2001 preguntouse aos cidadáns londinienses polo seugrupo étnico, o 71,15%, dos sete millóns e medio de persoas que habitan a cidade, clasificaron a súa raza como branca. Neste grupo atópanse osWhite British ou británicos brancos (59,79%),White Irish ou irlandeses brancos (3,07%) ouOther White ou outros brancos (8,29%) —grupo no que se inclúen 180.000gregos,[13] 100.000italianos[14], ao redor de 300.000polacos, uns 100.000españois e outros individuos brancos de orixeeuropea,americana,suramericana,australiana,neozelandesa ousurafricana—. Un 12,09% dos londinienses clasifícase comoBritish Asian ou asiático-británico, grupo nos que se atopan as persoas de orixehindú,paquistaní,bangladeshí eOther Asian ou outros asiáticos (a maioría proveniente de países árabes ou do sueste asiático). Un 10,91 % da poboación de Londres clasificouse no censo comoBlack British ou negro británico (ao redor do 7 % de orixeafricana, o 4,79 % de orixe caribeña, e o 0,84 % comoOther Black ou outros negros). A poboación restante do censo clasificouse como de raza mixta nun 3,15 %; un 1,12% de razachinesa, e un 1,58 % doutras razas (a maioría ten a súa orixe naAmérica latina —estímase que 60.000brasileiros residen en Londres[15], amais das nacionalidadesfilipina,xaponesa,coreana,vietnamita e ou doutras nacionalidades asiáticas). Aproximadamente un 21,8 % dos habitantes de Londres naceron fóra daUnión Europea. Os irlandeses daRepública de Irlanda e daIrlanda do Norte que habitan na cidade forman unha comunidade de 200.000 individuos, case o mesmo número que osescoceses egaleses que teñen a súa residencia na cidade.

En xaneiro do2005, unha enquisa sobre a diversidade étnica e relixiosa de Londres amosou que na cidade se falaban máis de 300 linguas e que existían máis de 50 comunidades non indíxenas con máis de 10.000 individuos[16] AOffice for National Statistics (Oficina para as estatísticas nacionais) publicou que no ano2006 que 2 288 000 (31 %) dos habitantes da cidade non naceran nela, cifra moito maior cós 1 630 000 de1997[17]. O censo do2001 amosou que o 27,1 % da poboación doGran Londres nacera fóra doReino Unido, dos que unha gran parte non eran de raza branca[18].

Londres foi un foco de inmigración durante séculos, xa sexa pola busca de asilo ou por razóns económicas. Hugonotes, xudeus daEuropa oriental echipriotas son exemplos da primeira; irlandeses, hindús e bangladesís son exemplos das segundas.

Relixión

[editar |editar a fonte]

A principal relixión de Londres é ocristianismo, segundo o censo do 2001 o 58,2 % da poboación profésaa, principalmente pertencentes áIgrexa de Inglaterra e áIgrexa católica. Mais tamén, en termos relixiosos, Londres é fogar de numerosas comunidadesmusulmás,hindús,sikh, exudías. Moitos musulmáns viven enTower Hamlets eNewham; o edificio musulmán máis importante é aLondon Central Mosque noRegent's Park. A comunidade hindú máis importante atópase no noroeste enHarrow eBrent; na última atópase un dos maiores templos hindús de Europa oNeasden Temple. As comunidades Sikh localízanse no Oeste e Leste de Londres , que é o fogar dun dos maiores templos Sikh do mundo. A maioría dosXudeus Británicos viven en Londres, con grandes comunidades xudías enStamford Hill (a maior áreaXudía Ortodoxa fóra deNova York eIsrael), eGolders Green no norte da cidade.

Economía

[editar |editar a fonte]
OBanco de Inglaterra, é o banco central doReino Unido
Rañaceos do distrito financeiro de Canary Wharf na Illa de Dogs
Vista aérea daCity of London, un dos principais distritos financeiros do mundo.

Londres é un dos principais centros de negocios internacionais, sendo considerado un dos catro "centros do mando" da economía mundial (detrás deNova York,Toquio eParís).

Como a segunda maior cidade económica europea, ano por ano, a economía de Londres xera aproximadamente o 19% doGDP doReino Unido (IB). A área metropolitana de Londres xerou aproximadamente o 30% doPIB do Reino Unido no ano2005.

O éxito de Londres como unhaindustria de servizo e centro de negocios pode ser atribuído a múltiples factores. O feito de que oinglés sexa a novalingua franca, a súa posición como a capital doImperio Británico, a súa relación próxima cosEstados Unidos e varios países deAsia. A lei inglesa é a máis importante e a máis empregada nos negocios internacionais, a infraestrutura multicultural (colexios, lugares de traballo, organizacións culturais e sociais), relativamente baixos impostos, particularmente para estranxeiros, un ambiente de negocios amigable (por exemplo, na Cidade de Londres o goberno local non é elixido pola poboación residente senón polos negocios, a Cidade de Londres é logo, unha especie de Democracia Financeira), tamén inflúen a súa boa infraestrutura de transporte, á súa industria aérea e á economía regulada con pouca intervención do goberno.

Sobre o 85% (3,2 millóns) da poboación empregada noGran Londres traballa en servizos de industrias. Outro medio millón de empregados residentes na zona traballan no mantemento e a construción, case divididos igualitariamente entre os dous.

Londres ten cinco distritos financeiros principais, The City, Westminster, Canary Wharf, Camden, Islington, Lamberth e Southwark.

As exportacións financeiras fan un gran favor á balanza de pagamentos doReino Unido, unhas 300.000 persoas están empregadas en servizos financeiros en Londres. Londres ten máis de 480 bancos, máis que ningunha outra cidade no mundo. A Stock Exchange é a maior do mundo en intercambio de accións, máis grande queNova York eToquio unidos. Ten unha transferencia diaria que supera os 683 billóns de dólares.

Oturismo é unha das principais fontes e os empregados chegaron a ser 35.000 con xornada completa en Londres no2003. Londres é un destino popular para os turistas, atraendo 27 millóns cada ano, só excedido porParísno continente europeo.

Cultura

[editar |editar a fonte]
London Eye á beira dorío Támese.

Monumentos

[editar |editar a fonte]
Interior doMuseo Británico.

Museos

[editar |editar a fonte]

Cidades irmás

[editar |editar a fonte]

Cidades socias (en inglésPartner cities)

[editar |editar a fonte]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paralondiniense.
  2. Elcock, Howard (1994).Local Government: Policy and Management in Local Authorities. Routledge. p. 368.ISBN 978-0-415-10167-7. 
  3. Jones, Bill; Kavanagh, Dennis; Moran, Michael; Norton, Philip (2007).Politics UK. Pearson Education. p. 868.ISBN 978-1-4058-2411-8. 
  4. 4,04,14,24,34,4Mills, David (22 de febreiro de 2001).Dictionary of London Place Names. Oxford Paperbacks.ISBN 978-0192801067.OCLC 45406491. 
  5. Ackroyd, Peter (2 de decembro de 2001)."'London'".New York Times.ISBN 978-0-7011-7279-4. Consultado o 2 de febreiro de 2013. 
  6. Coates, Richard (1998)."A new explanation of the name of London".Transactions of the Philological Society96 (2): 203–229.doi:10.1111/1467-968X.00027. Arquivado dendeo orixinal o 19 de maio de 2011. Consultado o 17 de maio de 2013. 
  7. 7,07,1"Historical Overview of London Population", enLondon Online(eninglés).
  8. "Moving to London Relocation Guide"Arquivado 23 de febreiro de 2008 enWayback Machine., artigo enGateways Moving(eninglés).
  9. http://www.gatewaysmoving.com/about_moving_to_london_england_uk.htmArquivado 23 de febreiro de 2008 enWayback Machine.en inglés
  10. "Largest Cities Through History "Arquivado 18 de agosto de 2016 enWayback Machine., artigo de Matt T. Rosenberg enAbout.com(eninglés).
  11. "The Blitz"Arquivado 04 de maio de 2008 enWayback Machine., artigo de Peter N. Risbey (2002)(eninglés).
  12. "Londres acaba co soño olímpico de Madrid 2012"Arquivado 12/03/2016, enWayback Machine., artigo de Alejandro Posilio enLa Voz de Galicia, 6 de xullo de 2005.
  13. "Greek London", artigo daBBC, xullo de 2008(eninglés).
  14. "Italy", apartado enBorn Abroad. An inmigration map of Britain, na web daBBC(eninglés).
  15. "Brazilian London", artigo daBBC, maio de 2008(eninglés).
  16. http://www.guardian.co.uk/britain/article/0,2763,1395534,00.htmlen inglés
  17. http://www.thisislondon.co.uk/news/article-23374397-details/%27One-third+of+Londoners+born+outside+Britain%27/article.doArquivado 09 de xaneiro de 2008 enWayback Machine.en inglés
  18. http://www.statistics.gov.uk/census2001/profiles/H-A.asp Office for national Statisticsen inglés

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Londres

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Bandeira de Inglaterra
Control de autoridades
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Londres&oldid=6869226»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp