Logroño é unha cidade econcello do norte deEspaña, capital dacomunidade autónoma eprovincia daRioxa. Tamén é a súa cidade de maior poboación, concentrando case a metade do total da comunidade, así como o seu centro económico, cultural e de servizos.
Bañada polorío Ebro, Logroño foi historicamente un lugar de paso e cruzamento de camiños, como oCamiño de Santiago, e de fronteiras, disputada entre os antigos reinos daPenínsula Ibérica durante aIdade Media. No último século, a cidade experimentou uncrecemento demográfico lento pero significativo respecto das poboacións próximas, provocado principalmente polos movementos migratorios desde outras comarcas da rexión. Foi capital gastronómica española en2012 e Cidade Europea do Deporte en2014.
A orixe deste topónimo é, como en moitas outras localidades, descoñecida. O nomeLucronio é nomeado por primeira vez nun documento de965 polo calGarcía Sánchez de Pamplona doa o lugar así denominado aoMosteiro de San Millán. Noforo de1095 aparece baixo o nome deLogronio, agás unha vez na que é denominadoillo Gronio. As teses máis aceptadas parecen indicar" que o nome é unha latinización tardía por prefixación do artigolo/illo ao antigo topónimoGronio/Gronno,[1] palabra de orixe celta que significa «o vao» ou «o paso». Crese que este nome era debido á frecuente utilización do lugar para atravesar orío Ebro.
Outros historiadores propuxeron teorías alternativas, como unha posible derivación deLucus Brun/Lucus Beronius ("Lugar sagrado no bosque berón").[2]
A maior parte da súa superficie municipal e do núcleo urbano aséntase na marxe dereita dorío Ebro. A súa altitude, tomando como referencia o céntrico paseo do Espolón, é de 386 m sobre o nivel do mar. Aínda que é unha zona xeograficamente bastante plana pola súa situación en pleno val, existen algunhas elevacións próximas como o outeiro de Cantabria, o do Corvo, o monte da Pila ou o punto máis alto da localidade, Candorras, de 580 metros de altura. É precisamente esta situación a que permite comunicacións adecuadas por estrada e por ferrocarril cara ao leste (Zaragoza) e oeste (Burgos). Non obstante, aserra de Cantabria e oSistema Ibérico, situados cara ao norte e sur, respectivamente, limitan unha comunicación con vías rápidas nestas direccións.
A meteoroloxía da cidade vese suavizada pola súa localización noval do Ebro, sendo as súas condicións meteorolóxicas típicas do denominadoclima mediterráneocontinental. A temperatura media anual é de 13,5 °C. A temperatura pode roldar en inverno os -5 °C; mentres que en verán os termómetros superan os 35 °C. As precipitacións medias anuais son de 400 mm. Os ventos que afectan á cidade son os seguintes: dende o norte, oCierzo; do sur, oAbrego: do leste,Solano; e do oeste, oCastelán. Os ventos intermedios son, do nordés, oNavarrico; do Noroeste,Rosmón; do sueste, oBurgalés; e do sueste, oSoriano.
Logroño foi poboada no ano905 porSancho Abarca, rei de Navarra, para garantir o paso do Ebro e o acceso ás terras tomadas aos musulmáns logo dabatalla de Clavijo, instalándose novas xentes na beira dereita do río. En1044, na "Rúa Vieja", arteria principal da localidade, ergueuse un pazo dos monarcas navarros.
En1095, o rei de León,Afonso VI, apoderouse da Rioxa, e consolida a súa conquista concedendo a Logroño unha carta foral, que garantía a libre circulación pola ponte, o que asegura a prosperidade económica da cidade. O dito foro constituíse en modelo para moitos outros posteriores.
Noséculo XIII, a urbe, que ten varios hospitais, arrodéase de fortificacións. O seu castelo foi derrocado noséculo XVII.
Desde época medieval Logroño foi unha das etapas doCamiño de Santiago. Os peregrinos atravesaban Logroño pola "Rúa Vieja", onde unha vella mansión do século XVIII foi habilitada polo concello como refuxio dos peregrinos modernos.
A cidade de Logroño está ben comunicada, nun cruzamento de varias estradas. En dirección oeste-leste, a autoestradaAP-68 une a cidade conBilbao eZaragoza, ademais doutras localidades comoHaro eMiranda de Ebro en dirección Bilbao eCalahorra eTudela en dirección Zaragoza. Cara ao nordés parte a autovíaA-12 que chega ataPamplona, pasando porEstella, e que está en construción cara ao oeste en direcciónBurgos. Polo momento só está operativa ataNájera e o resto de traxecto ata a capital burgalesa faise polaN-120, que continúa ataGalicia. Cara ao sur, a cidade está unida conSoria pola N-111. Outras estradas destacables son a N-232, paralela á AP-68, e a LO-20, circunvalación da cidade polo sur.
Por Logroño pasa a liña que uneCastejón (Navarra) conBilbao. A estación, que estivo situada ata2008 na Praza de Europa, foi derrubada para dar paso a unha novaestación intermodal soterrada e temporalmente habilitouse unha estación provisional. A novaestación de Logroño está situada na avenida de Colón e foi inaugurada parcialmente o18 de decembro de2011. Os traballos na estación culminarán co soterramento das vías na capital e a chegada do tren dealta velocidade.
A cidade, dende a Estación Municipal de Autobuses, está conectada coa maioría de puntos da península e tamén coa maioría de localidades daRioxa con autobuses interurbanos. Ademais, dispón de 11 liñas de autobuses urbanos diarios, e 3 máisbúho ou nocturnos, que conectan lugares como La Grajera, Lardero, Villamediana de Iregua ou El Cortijo. O servizo está operado por AULOSA (Autobuses Logroño SA), filial urbana do Grupo Jiménez. Finalmente, dende 2010, Logroño conta cun servizo de autobuses metropolitanos que conectan coas poboacións próximas a capital, con servizos que teñen intervalos de paso entre 25 e 50 minutos.