Denomínaseliturxia á forma coa que se levan a cabo as cerimonias nunharelixión,[1] ou nalgunha outra institución ou organización similar, é dicir, o conxunto de actos que forman parte do seu culto público e oficial.
Practicamente todas as sociedades practicanrituais, é dicir, series deritos, con connotacións de tipo relixioso ou cerimonial nasvodas, nosenterros e en moitos outros momentos importantes da vida individual ou colectiva, e adoita regulamentarse, aínda que en diferente medida, o modo en que se debe efectuar o culto nos lugares públicos, especialmente nostemplos.
O termoliturxia provén dolatínliturgīa, que á súa vez procede dogrego antigo λειτουργίαliturgía, co significado xeral de "servizo público", e literal de "obra do pobo". Esta palabra inclúe á súa vez os termos λάοςláos, "pobo", e έργονérgon, "traballo", "obra". Nomundo helénico, este termo non tiña as connotacións relixiosas actuais, senón que facía referencia ás obras que algún cidadán levaba a cabo en favor do pobo ou ás funcións militares e políticas. Á exención desas funcións se lle chamaba αλειτουργεσίαaliturgesía.
Nas versións máis antigas conservadas dos textos doNovo Testamento, escritos no grego chamado κοινέ (koiné),lingua franca de todo oMediterráneo. esta palabra se utiliza con catro significados fundamentais:
obra civil (7 veces): coidar aos pobres, colectas e outras actividades;
culto do templo (5 veces): cun sentido ritual, similar ao culto dotemplo de Xerusalén;
exercicio público da relixión (1 vez): por exemplo, a predicación que se facía nassinagogas ou nasprazas;
culto espiritual comunitario (2 veces): por exemplo, a asemblea litúrxica que se reunía para celebrar afe en comunidade.
Xa como relixión permitida noImperio romano, ocristianismo desenvolveu cultos derivados dosacerdocio deXesús; un deles, e o principal, era aeucaristía. Coa palabra λειτουργία, os primeiros cristiáns referíanse non ao sacrificio dosxudeus no templo, senón ao único sacrificio deXesucristo. O uso desta palabra foi relativamente estraño, debido á posibilidade de confusión coculto xudeu. Pero, co tempo, volveuse común desde oséculo IV en todo o oriente grego, mentres que en Occidente, onde se descoñecía este termo, para referirse aos actos culturais se utilizaban palabras latinas tales comoofficium, munus, sacrum ritum, ministerium, etcétera. Todas estas expresións, aínda que buscaban evitar o o equívoco, non tiñan en conta o carácter público e a participación comunitaria que si se indica coa palabra λειτουργία.[Cómpre referencia]
Cos distintos cismas relixiosos establecéronse formas distintas de liturxia, cada unha das cales incluía distintos ritos.[Cómpre referencia]