Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Litoral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Litoral (homónimos).
Litoral no concello deCarnota.

Litoral é un termo que designa a faixa deterra xunto ácostamarítima que abarca varios quilómetros desde a zona intermareal até o interior, dependendo da lexislación de cada país.

O termo é tamén unadxectivo usado para referirse ao que se refire á beiramar (por exemplo, enBeira Litoral) e utilizado así mesmo moitas veces en contraposición á palabrainterior.

O litoral pode ter diferentespaisaxes, e un mesmopaís pode presentar gran variación de tipos de litorais de acordo coas característicasxeográficas derelevo ehidrográficas da rexión.

No litoral encóntransepraias,acantilados emangleirais.

Bioloxía mariña

[editar |editar a fonte]

En bioloxía mariña, chámasezona litoral ao coxunto deecosistemas localizados nesta rexión e que sofren a influencia dasmareas. Estesbiomas constitúen unha zona de transición entre os sistemas terrestres e os mariños. Conceptualmente son, por tanto,ecotonos, fronteiras ecolóxicas que se caracterizan por intensos procesos de intercambio demateria eenerxía. Son ecosistemas moi dinámicos, en constante evolución e cambio.

Das razóns que inciden no considerábel dinamismo do litoral destacan os procesos xeomorfolóxicos dominantes, que diferencian dous tipos de costa, deerosión (acantilados) e desedimentación (praias,bancos de area ezonas húmidas costeiras). As elevadas achegas de sedimentos,materia orgánica e inorgánica procedente dasconcas hidrográficas, producen un efecto fertilizador do litoral que determina altas taxas de produtividade e que contribúe ao mantemento dasredes tróficas.

A variedade e singularidade dos ecosistemas que constitúen o litoral fan deste un espazo de alto valor ecolóxico, cunha considerábel diversidade biolóxica. Ademais, na caracterización do litoral cómpre destacar os seguintes valores:

  • Valor social, estético e patrimonial
  • Valor económico, potencialidade e diversidade de recursos naturais
  • Valor educativo e recreativo
  • Valor cultural

A rigorosidade das condicións ambientais ás que se ven sometidas as comunidades biolóxicas litorais, provoca unha marcada selección que favorece fenómenos de diferenciación e especiación. Isto confire riqueza e orixinalidade, así como un considerábel nivel deendemicidade a estes ambientes. Todo iso tamén repercute na súa fraxilidade.

Polo xeral, as comunidades biolóxicas litorais dispóñense de maneira zonal en bandas ou "andares" paralelos á liña de costa:

  • supralitoral, por riba da liña da maior preamar;
  • mediolitoral ouzona intertidal, entre os límites das mareas;
  • infralitoral, imediatamente debaixo, e
  • circalitoral, comprendendo as augas aínda integradas nazona eufótica (onde a luz dosol pode penetrar) e que tamén corresponden á provincia ouzona nerítica.[1]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. ""Breve caracterização do meio marinho" no sitio do Departamento de Botânica da Universidade de Coimbra, Portugal.". Arquivado dendeo orixinal o 07 de decembro de 2012. Consultado o 17 de xuño de 2014. 
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Litoral&oldid=5539287»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp