Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Litio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Litio
H
 
 
3
Li
 
        
        
                  
                  
                                
                                
Li
Na
HelioLitioBerilio
Táboa periódica dos elementos
[[Ficheiro:{{{espectro}}}|300px|center]]
Liñas espectrais do Litio
Información xeral
Nome,símbolo,númeroLitio, Li, 3
Serie químicaAlcalinos
Grupo,período,bloque1,2,s
Densidade5,35 kg/m3
Dureza{{{dureza}}}
AparenciaBranco prateado/gris
N° CAS{{{CAS}}}
N° EINECS{{{EINECS}}}
Propiedades atómicas
Masa atómica6,938–6,997[1]u
Raio mediopm
Raio atómico(calc)167pm
Raio covalente134pm
Raio de van der Waals183pm
Configuración electrónica[He]2s1
Electróns pornivel de enerxía2
Estado(s) de oxidación1 (base forte)
Óxido{{{óxido}}}
Estrutura cristalinacúbica centrada no corpo
Propiedades físicas
Estado ordinarioSólido (non magnético)
Punto de fusión453,69 K
Punto de ebulición1615 K
Punto de inflamabilidade{{{P_inflamabilidade}}} K
Entalpía de vaporización145,92 kJ/mol
Entalpía de fusión3 kJ/mol
Presión de vapor{{{presión_vapor}}}
Temperatura crítica{{{T_crítica}}} K
Presión crítica{{{P_crítica}}} Pa
Volume molar{{{volume_molar}}} m3/mol
Velocidade do son6000 m/s a 293.15K (20°C)
Varios
Electronegatividade(Pauling)0,98
Calor específica3582J/(K·kg)
Condutividade eléctrica10,8 × 106S/m
Condutividade térmica84,7 W/(K·m)
1.ªEnerxía de ionización520,2 kJ/mol
2.ª Enerxía de ionización7298,1 kJ/mol
3.ª Enerxía de ionización11815,0 kJ/mol
4.ª Enerxía de ionización{{{E_ionización4}}} kJ/mol
5.ª Enerxía de ionización{{{E_ionización5}}} kJ/mol
6.ª Enerxía de ionización{{{E_ionización6}}} kJ/mol
7.ª Enerxía de ionización{{{E_ionización7}}} kJ/mol
8.ª enerxía de ionización{{{E_ionización8}}} kJ/mol
9.ª Enerxía de ionización{{{E_ionización9}}} kJ/mol
10.ª Enerxía de ionización{{{E_ionización10}}} kJ/mol
Isótopos máis estables
isoANPeríodoMDEdPD
MeV
6Li0,075estable con 3neutróns
7Li0,925estable con 4neutróns
8LiSintético838 msβ-16,0048Be
Unidades segundo oSI e encondicións normais de presión e temperatura, salvo indicación contraria.

Olitio é unelemento químico de símboloLi enúmero atómico 3. Natáboa periódica dos elementos, encóntrase no grupo 1, entre os elementosalcalinos.[2] Na súa forma pura, é unmetal mol, de cor branca prata, que seoxida rapidamente enaire ouauga. É o elementosólido máis lixeiro e emprégase especialmente enaliaxes condutoras da calor, enbaterías eléctricas e, as súas sales, no tratamento de certos tipos dedepresión.[3]

Características principais

[editar |editar a fonte]

É o metal máis lixeiro, a súa densidade é tan só a metade da que ten a auga.[4] Ó igual que os demais metais alcalinos é univalente e moi reactivo, aínda que menos que osodio, polo que non se encontra libre na natureza. Achegado a unhachama tórnaacarmesí pero se acombustión é violenta a chama adquire unha cor branca brillante.

Aplicacións

[editar |editar a fonte]

Pola súa elevadacalor específica, o maior de tódolos sólidos, emprégase en aplicacións de transferencia de calor e polo seu elevadopotencial electroquímico constitúe unánodo adecuado para as baterías eléctricas. Ademais ten outros usos:[5]

Historia

[editar |editar a fonte]

O litio (dogrego λιθίον, pedra ou pedriña) foi descuberto porJohann Arfvedson no1817.[7] Arfvedson encontrou o novo elemento na espodumena e lepidolita dun mineral de petalita, LiAl(Si2O5)2, da illa Utö (Suecia) que estaba analizando. No ano1818C.G. Gmelin foi o primeiro en observar que os sales de litio tornan a chama dunha cor vermella brillante. Ambos os dous intentaron, sen éxito, illar o elemento dos seus sales, o que finalmente conseguironW.T. Brande eHumphrey Davy medianteelectrólise do óxido de litio.[8]

O nome do elemento provén do feito de ter sido descuberto nun mineral, mentres que o resto dos metaisalcalinos foron descubertos en tecidos de plantas.[3]

En1923 a empresaalemá Metallgesellschaft AG comezou a producir litio mediante a electrólise docloruro de litio ecloruro de potasio fundidos.[9]

Abundancia e obtención

[editar |editar a fonte]

É un metal escaso nacodia terrestre que se encontra disperso en certas rochas, pero nunca libre, dada a súa gran reactividade. Encóntrase en pequena proporción nasrochas volcánicas esales naturais.

Dende asegunda guerra mundial, a produción de litio tense incrementado enormemente, separándoo das rocas das que forma parte e das augas minerais. Os principaisminerais dos que se extrae sonlepidolita,petalita,espodumena eambligonita. EnEstados Unidos obtense das salinas deCalifornia eNevada principalmente.[10]

EnBoticas, noNorte de Portugal está proxectada e aprobada amina Barroso Lithium, a maior de Europa a ceo aberto, impulsada pola empresa Savanna Resources, participada porMário Ferreira.[11][12] A mina ten como obxectivo fornecer o litio para a cadea de valor dasbaterías. O proxecto recibiu críticas por supostos impactosambientais esociais, xa que pode afectar oecosistema local e as fontes deauga. A empresa presentou varias veces aavaliación de impacto ambiental á Agência Portuguesa do Ambiente (APA), que foi revisada e requiriu modificacións antes da súa aprobación​.[13][14] Ademais, hai resistencia da comunidade local enBoticas, preocupada pola posiblepolución, a perda deterras agrícolas e o impacto nacalidade de vida.[15][16]

Isótopos

[editar |editar a fonte]

Os isótopos estables do litio son dous, Li-6 e Li-7, sendo este último o máis abundante (92,5%). Caracterizáronse seisradioisótopos sendo os máis estables o Li-8 cunperíodo de semidesintegración de 838 milisegundos e o Li-9 con 178,3 ms de vida media. O resto de isótopos radioactivos teñen vidas medias menores de 8,5 ms.

Os pesos atómicos do litio varían entre 4,027 e 11,0348uma do Li-4 e o Li-11 respectivamente. O modo de desintegración principal dos isótopos máis lixeiros que o isótopo estable máis abundante (Li-7) é aemisión protónica (cun caso dedesintegración alfa) obténdose isótopos dehelio; mentres que nos isótopos máis pesados o modo máis habitual é adesintegración beta, (con algún caso deemisión neutrónica) resultando isótopos deberilio.[17]

O Li-7 é un dos elementos primordiais, producidos porsíntese nuclear tralobig-bang. Os isótopos de litio fracciónanse substancialmente nunha gran variedade de procesos naturais, incluíndo a precipitación química e a formación de minerais, procesosmetabólicos, e a substitución domagnesio e oferro en redes cristalinas de minerais arxilosos nos que o Li-6 é preferido fronte o Li-7 etc.[9]

Precaucións

[editar |editar a fonte]

O igual que outrosmetais alcalinos, o litio puro é altamenteinflamable e lixeiramenteexplosivo cando se expón óaire e especialmente áauga. É ademaiscorrosivo polo que require o emprego de medios adecuados de manipulación para evitar o contacto coapel. Débese almacenar nun líquido hidrocarburo inflamable comonafta. O litio considérase lixeiramentetóxico.[9]

Rol biolóxico

[editar |editar a fonte]

Os sales de litio empréganse no tratamento da depresión e aínda que se descoñece o mecanismo concreto de actuación crese que é por desprazamento dosodio. O rol biolóxico do litio non está ben definido e non haiconsenso sobre a súaesencialidade. A pesar de que se descoñece o mecanismo preciso polo cal o litio exerce os seus efectos estabilizadores do humor,hipóteses suxiren que pode inhibir aexcitotoxicidade, modular a función de variasproteínas eenzimas, e proporcionar efectos neuroprotectores​.[18]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. CIAAW
  2. "O nome e o símbolo dos ELEMENTOS QUÍMICOS"(PDF).cirp.es; Xunta de Galicia, SXPL, Centro de Investigación RAMÓN PIÑEIRO. Consultado o 3 de xullo de 2024. 
  3. 3,03,1"Lithium".www.britannica.com(eninglés). 2024-06-01. Consultado o2024-07-03. 
  4. "Lithium - Element information, properties and uses".www.rsc.org; Periodic Table. Consultado o2024-07-03. 
  5. Helmenstine, Todd (2015-05-19)."Lithium Facts".Science Notes and Projects(eninglés). Consultado o2024-07-03. 
  6. "The Chemical and Physical Properties of Lithium, or Element 3".ThoughtCo(eninglés). Consultado o2024-07-03. 
  7. "LITIO".Etimologías de Chile - Diccionario que explica el origen de las palabras(encastelán). Consultado o2024-07-03. 
  8. "Lithium; Chemistry".uwaterloo.ca(eninglés). Consultado o2024-07-03. 
  9. 9,09,19,2"WebElements Periodic Table » Lithium » historical information".www.webelements.com. Consultado o2024-07-03. 
  10. Dessemond, Colin; Lajoie-Leroux, Francis; Soucy, Gervais; Laroche, Nicolas; Magnan, Jean-François (2019-06)."Spodumene: The Lithium Market, Resources and Processes".Minerals(eninglés)9 (6): 334.ISSN 2075-163X.doi:10.3390/min9060334. 
  11. "Savannah Resources Plc - Barroso Lithium Project, Portugal".Savannah Resources Plc(eninglés). Consultado o2024-07-03. 
  12. "Notification of Major Shareholding - Savannah Resources Plc".savannahresources-wwwsavannahresourcescom.azurewebsites.net. Consultado o2024-07-03. 
  13. "Barroso Lithium Project, Portugal".NS Energy(eninglés). Consultado o2024-07-03. 
  14. "Savannah Resources Plc - Barroso Lithium Project Fact Sheet – Water".Savannah Resources Plc(eninglés). Consultado o2024-07-03. 
  15. "New protest camp scheduled against Barroso-Lithium mine".portugalresident.com(eninglés). Arquivado dendeo orixinal o 29 de setembro de 2023. Consultado o 3 de xullo de 2024. 
  16. "Portugal's government approves lithium mining despite growing concerns".euronews(eninglés). 2022-02-05. Consultado o2024-07-03. 
  17. "Isotopes_of_lithium".www.chemeurope.com. Consultado o2024-07-03. 
  18. "Lithium's Mechanism of Action - A Synopsis and Visual Guide".Psych Scene Hub(eninglés). 2024-06-27. Consultado o2024-07-03. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  LitioModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Litio&oldid=7094139»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp