Lira turca |
---|
Türk lirası en turco |
 |
Código: | TRY |
Ámbito: | Turquía
República Turca do Norte de Chipre |
Símbolo: | TL |
Fracción: | 100 Kuruş |
Moedas: | 1, 5, 10, 25, 50 kuruş, 1 lira |
Billetes: | 5, 10, 20, 50, 100, 200 liras |
Emisor: | Banco Central da República de Turquía |
Taxa de troco: 15 de febreiro de 2014 | 1 EUR = 2,99 TRY 1 USD = 2,18 TRY |
Troco actual |
Alira (enturco:Türk lirası) é a moeda de curso legal deTurquía e daRepública Turca do Norte de Chipre. O seu códigoISO 4217 éTRY e divídese en 100 kuruş.
En1844 introduciuse por primeira vez a lira. Substituíu okuruş como unidade monetaria principal, pasando a ser unha subdivisión da lira. Opara tamén seguiu utilizándose, tendo a equivalencia de 40 para = 1 kuruş. Ata adécada de 1930, as moedascuñábanse con inscricións enalfabeto árabe, utilizando پاره para opara, غروش para okuruş e ليرا para a lira. En occidente, o kuruş era coñecido como "piastra", á vez que enFrancia á lira chamáballa "libra" (enfrancés:livre).
Entre 1844 e1881 a lira baseábase en dous sistemas: por unha banda equivalía a 6,61519 gramos deouro puro, ou 99,8292 gramos deprata pura. En 1881 adoptouse o patrón de base en ouro ata1914. Coaprimeira guerra mundial, Turquía abandonou o sistema do ouro e viu como a lira perdeu o seu valor ata principios da década de 1920.
Tras varios períodos de fixación álibra esterlina e aofranco francés, en1946 a lira fixouse aodólar estadounidense cunha taxa de cambio de 2,80 TRL = 1 USD. Esta paridade mantívose ata1960, cando a moeda depreciouse a 9 liras por dólar. Desde1970 sucedéronse varias taxas de cambio mentres a lira ía perdendo o seu valor.
Debido á inflación crónica acontecida en Turquía desde adécada de 1970 ata1990, a lira experimentou unha severa depreciación no que ao valor refírese. Turquía había ter altas taxas de inflación comparadas a outros países en vías de desenvolvemento, pero nunca sufriu a hiperinflación. Desde as 9 liras por dólar que se cambiaban en 1960, en2001 un dólar chegou a cambiarse por 1,65 millóns de liras. Este incremento da inflación representa un crecemento do 38% anual.
Nos seus últimos anos, a lira turca logrou estabilizarse e ata o seu valor creceu fronte ao dólar ou aoeuro. OGuinness Book of Records clasificou á lira turca como a moeda menos valorada de todo o mundo entre1995 e1996 e, de novo, en1999 ata2004. O valor da lira deslizouse ata tal punto que unha lira de ouro orixinal podería venderse aproximadamente por 120 millóns de liras anteriores á revaluación de 2005.
Entre 1844 e 1855 introducíronse as primeiras moedas de 1, 5, 10, 20 e 40 para, ½, 1, 2, 5, 10, 20 kuruş e ¼, ½, 1, 2½ e 5 liras. As denominacións enpara cuñáronse en cobre, os kuruş en prata, e as liras en ouro. A produción de moedas de 1 para foi descontinua en1859, cesando a produción das denominacións máis altas de cobre en1863 e1879. En1899 introducíronse moedas de 5 e 10 para debillón seguidas, en1910, de 5, 10, 20 e 40 kuruş deníquel en 1910. A produción de moedas de prata e ouro finalizou como consecuencia daprimeira guerra mundial.
En1922 e1923, introduciuse un novo sistema monetario composto de moedas de 100 para de bronce-aluminio, 5 e 10 kuruş de bronce-aluminio e 25 kuruş de níquel. Esta serie foi a última en levar inscricións árabes.
En1934, cuñouse unha moeda de prata de 100 kuruş, seguida por unha nova serie de moedas ao ano seguinte consistente en 1 kuruş decuproníquel, 5 e 10 kuruş de prata e 50 kuruş e 1 lira tamén de prata. Entre1940 e1942 cuñáronse moedas de 10 para de bronce-aluminio, e foron as últimas moedas desta denominación. O latón substituíu a prata nas moedas de 25 kuruş en 1944, e introducindo novos tipos de 1, 2½, 5, 10 e 25 de latón entre1947 e1949. A produción de moedas de 50 kuruş e 1 lira de prata foi descontinua en1948, cuñándose finalmente 1 lira de cuproníquel en1957.
Entre1958 e1963, introducíronse 1, 5 e 10 Kuruş de bronce, e 25 Kuruş, 1 e 2½ deaceiro seguidos, en1971, de moedas de 50 Kuruş de aceiro, e 5 liras de aceiro en1974. O aluminio substituíu o bronce en1975. Estas moedas emitíronse ata1980.
Denominación | Emisión | Metal | Diámetro (mm) | Peso (g) | Anverso | Reverso |
---|
1 Kuruş | 1961-1963 | Latón | 14,10 | 1,00 | Crecente luar - TÜRKİYE CUMHURİYETİ - Póla decarballo | 1 KURUŞ - Póla deoliveira - ano decuñaxe |
1 Kuruş | 1963-1974 | Cu+Zn | 14,10 | 1,00 | Crecente luar - TÜRKİYE CUMHURİYETİ - Póla decarballo | 1 KURUŞ - Póla deoliveira - ano de cuñaxe |
1 Kuruş | 1975-1977 | Al | 14,10 | 0,40 | Crecente luar - TÜRKİYE CUMHURİYETİ - Póla decarballo | 1 KURUŞ - Póla deoliveira - ano de cuñaxe |
5 Kuruş | 1958-1974 | Cu+Zn | 17,00 | 2,00 | Creciente luar - TÜRKİYE CUMHURİYETİ - Póla deoliveira | 5 KURUŞ - Póla decarballo - ano de cuñaxe |
5 Kuruş | 1975-1977 | Al | 17,00 | 0,80 | Creciente luar - TÜRKİYE CUMHURİYETİ - Póla deoliveira | 5 KURUŞ - Póla decarballo - ano de cuñaxe |
10 Kuruş | 1958-1974 | Cu+Zn | 21,00 | 4,00 | Crecente luar - TÜRKİYE CUMHURİYETİ - Póla decarballo | 10 KURUŞ - Espiga detrigo - ano de cuñaxe |
10 Kuruş | 1975-1977 | Al | 21,00 | 1,40 | Creciente luar - TÜRKİYE CUMHURİYETİ - Póla decarballo | 10 KURUŞ - Espiga detrigo - ano de cuñaxe |
25 Kuruş | 1959-1978 | Aceiro | 22,60 | 4,00 | Muller transportando unha ánfora - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 25 KURUŞ - Espigas detrigo e pólas deoliveira -Crecente luar - ano de cuñaxe |
50 Kuruş | 1971-1979 | Aceiro | 25,00 | 6,00 | Muller vestida co traxe rexional - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 50 KURUŞ - Espigas detrigo e pólas deoliveira -Crecente luar - ano de cuñaxe |
1 Lira | 1959-1980 | Aceiro | 27,00 | 8,00 | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 1 LİRA - Espigas detrigo e pólas deoliveira -Crecente luar - ano de cuñaxe |
2½ Liras | 1960-1980 | Aceiro | 30,00 | 9,00 | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 2½ LİRA - Espigas detrigo e pólas deoliveira -Crecente luar - ano de cuñaxe |
5 Liras | 1974-1979 | Aceiro | 32,50 | 11,00 | Xinete montando a cabalo - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 5 LİRA - Espigas detrigo e pólas deoliveira -Crecente luar - ano de cuñaxe |
En1981, coa inflación crecendo, introducíronse moedas de 1, 5 e 10 liras de aluminio. Posteriormente engadíronse denominacións máis altas: 20, 50 e 100 liras en1984, 25 liras en1985, 500 liras en1988, 1.000 liras en1990, 2.500 liras en1991, 5.000 liras en1992, 10.000 liras en1994, 25.000 liras en1995, 50.000 e 100.000 liras en1999, e 250.000 liras en2002. Algunhas destas moedas, viron reducido o seu tamaño ou a cantidade de metal debido á inflación.
Denominación | Emisión | Metal | Diámetro (mm) | Peso (g) | Anverso | Reverso |
---|
1 Lira | 1981-1989 | Al | 17,20 | 1,10 | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 1 LİRA - Espigas detrigo e pólas deoliveira -Crecente luar - ano de cuñaxe |
5 Liras | 1981-1983 | Al | 21,00 | 1,70 | Xinete montando a cabalo - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 5 LİRA - Espigas detrigo e pólas deoliveira -Crecente luar - ano de cuñaxe |
5 Liras | 1984-1989 | Al | 21,00 | 1,70 | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 5 LİRA - Espigas detrigo e pólas deoliveira -Crecente luar - ano de cuñaxe |
10 Liras | 1981-1983 | Al | 25,00 | 2,40 | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 10 LİRA - Espigas detrigo e pólas deoliveira -Crecente luar - ano de cuñaxe |
10 Liras | 1984-1989 | Al | 25,00 | 2,40 | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 10 LİRA - Espigas detrigo e pólas deoliveira -Crecente luar - ano de cuñaxe |
20 Liras | 1984-1989 | Cu+Ni | 23,50 | 6,70 | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 20 LİRA - Espigas detrigo e pólas deoliveira -Crecente luar - ano de cuñaxe |
25 Liras | 1985-1989 | Al | 27,00 | 2,80 | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 25 LİRA - Espigas detrigo e pólas deoliveira -Crecente luar - ano de cuñaxe |
50 Liras | 1984-1987 | Cu+Ni | 26,80 | 9,00 | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 50 LİRA - Espigas detrigo e pólas deoliveira -Crecente luar - ano de cuñaxe |
50 Liras | 1988-1994 | Latón | 18,75 | 3,30 | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 50 LİRA - Espigas detrigo e pólas deoliveira -Crecente luar - ano de cuñaxe |
100 Liras | 1984-1988 | Cu+Ni | 29,60 | 11,00 | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 100 LİRA - Espigas detrigo e pólas deoliveira -Crecente luar - ano de cuñaxe |
100 Liras | 1988-1994 | Latón | 20,75 | 4,10 | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 100 LİRA - Espigas detrigo e pólas deoliveira -Crecente luar - ano de cuñaxe |
500 Liras | 1989-1997 | Latón | 23,75 | 6,10 | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 500 LİRA - Espigas detrigo e pólas deoliveira -Crecente luar - ano de cuñaxe |
1.000 Liras | 1990-1994 | Latón | 25,50 | 8,10 | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 1000 LİRA - Espigas detrigo -Crecente luar - ano de cuñaxe |
1.000 Liras | 1995-1997 | Latón | 17,00 | 3,00 | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 1000 LİRA - Espigas detrigo -Crecente luar - ano de cuñaxe |
2.500 Liras | 1991-1997 | Latón | 27,50 | 9,30 | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 2500 LİRA - Póla deplátano -Crecente luar - ano de cuñaxe |
5.000 Liras | 1992-1994 | Latón | 28,75 | 10,30 | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 5000 LİRA -Tulipanes -Crecente luar - ano de cuñaxe |
5.000 Liras | 1995-1999 | Latón | 19,50 | 6,00 3,50 | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 5000 LİRA -Tulipans -Crecente luar - ano de cuñaxe |
10.000 Liras | 1994-1998 | Latón | 23,50 | 9,75 6,75 | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 10 BİN LİRA -Clavel -Crecente luar - ano de cuñaxe |
25.000 Liras | 1995-2000 | Latón | 26,00 | 11,00 | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 25 BİN LİRA -Rosa -Crecente luar - ano de cuñaxe |
50.000 Liras | 1996-2000 | Latón | 28,00 | 11,70 | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 50 BİN LİRA - Follaxe deplátano -Crecente luar - ano de cuñaxe |
50.000 Liras | 2001 | Latón | 17,75 | 3,20 | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 50 BİN LİRA -Crecente luar - ano de cuñaxe |
100.000 Liras | 1999-2000 | Latón | 21,00 | 4,60 | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 100 BİN LİRA -Crecente luar - ano de cuñaxe |
250.000 Liras | 2002 | Latón | 23,50 | 6,40 | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 250 BİN LİRA -Crecente luar - ano de cuñaxe |
O Banco Imperial Otomán emitiu por primeira vez papel moeda coñecido comokaime en1862, en denominacións de 200 kuruş. Os billetes tiñan textos enturco efrancés. En1873 engadíronse billetes de 1, 2 e 5 liras. Máis tarde, en1876, engadíronse outros billetes de denominacións máis pequenas de 1, 5, 10, 20, 50 e 100 kuruş. En1908, engadíronse denominacións de 50 e 100 liras.[1]
Desde1912, o Ministerio de Economía emitiu papel moeda. Ao principio os billetes emitíronse en denominacións de 5 e 20 kuruş, ¼, ½, 1 e 5 liras, seguidos ao ano seguinte por billetes de 1 e 2½ kuruş, 10, 25, 50, 100 e 500 liras. En1914 engadíronse os billetes de 1.000 liras e, en1917, emitíronse selos de correos a modo de diñeiro de 5 e 10 para que se adherían a un cartón.[1]
En1926, o Ministerio de Economía introduciu os primeiros billetes en nome daRepública de Turquía en denominacións de 1, 5, 10, 50, 100, 500 e 1.000 liras. Estes billetes foron os últimos en imprimirse en francés e turco (con escritura árabe). Cada billete tiña o retrato deMustafa Kemal Atatürk.
Entre1937 e1939, o Banco Central de Turquía introduciu novos billetes con textos en turco enalfabeto latino e co retrato do presidenteİsmet İnönü. Estes billetes tiñan denominacións de 2½, 5, 10, 50, 100, 500 e 1.000 liras. Os billetes de 1 lira se reintroduciron en1942, seguidos dos de 50 kuruş que non se emitiron desde asegunda guerra mundial en1944. Trala guerra estas dúas últimas emisións foron substituídas por moedas.
A comezos dadécada de 1950, Atatürk volveu aparecer nos billetes. En1960 os billetes de 2½ liras substituíronse por moedas. O mesmo ocorreu cos billetes de 5 liras en1974 e 10 liras en1981. Durante osanos 80 e90 introducíronse billetes de denominacións máis altas: 5.000 liras en 1981, 10.000 liras en 1982, 20.000 liras en 1988, 50.000 liras en 1989, 100.000 liras en 1991, 250.000 liras en 1992, 500.000 liras en 1993, 1 millón de liras en 1995, 5 millóns en 1997, 10 millóns en 1999 e 20 millóns en 2001.
Os billetes con denominacións máis altas do sétimo grupo de emisión (a partir de 250.000 liras) pódense cambiar aínda por billetes de novas liras (co cambio de 1 000 000 a 1) nas oficinas de Banco Central de Turquía ata o 31 de decembro de2015. Os billetes de 50.000 liras deixaron de cambiarse en novembro de2009 e os de 100.000 liras o4 de novembro de2011.
1er Grupo de Emisión: 1927-1939Denominación | Cor predominante | Dimensións | Descrición do anverso | Descrición do reverso |
---|
1 Lira | Verde oliva | 166 x 90 mm | 1 LIVRE TURQUE - تورك ليراسي ١ - Parlamento turco - Cidadela deAncara - Granxeiro arando | 1 LIVRE TURQUE - تورك ليراسي ١ - Antigo edificio do Primeiro Ministro |
5 Liras | Azul | 170 x 94 mm | 5 LIVRES TURQUES - تورك ليراسي ٥ - Parlamento turco - Cidadela deAncara -Lobo gris | 5 LIVRES TURQUES - تورك ليراسي ٥ - Ponte enAncara |
10 Liras | Violeta | 175 x 99 mm | 10 LIVRES TURQUES - تورك ليراسي ١٠ -Atatürk | 10 LIVRES TURQUES - تورك ليراسي ١٠ - Cidadela deAncara |
50 Liras | Marrón | 185 x 108 mm | 50 LIVRES TURQUES - تورك ليراسي ٥٠ -Atatürk | 50 LIVRES TURQUES - تورك ليراسي ٥٠ -Afyonkarahisar |
100 Liras | Verde oliva | 189 x 112 mm | 100 LIVRES TURQUES - تورك ليراسي ١٠٠ -Atatürk | 100 - ١٠٠ - Aldea |
500 Liras | Marrón | 194 x 120 mm | 500 LIVRES TURQUES - تورك ليراسي ٥٠٠ -Atatürk - Gökmedrese deSivas | 500 LIVRES TURQUES - تورك ليراسي ٥٠٠ -Sivas |
1.000 Liras | Azul | 201 x 124 mm | 1000 LIVRES TURQUES - تورك ليراسي ١٠٠٠ -Atatürk | 1000 LIVRES TURQUES - تورك ليراسي ١٠٠٠ - Ferrocarril de Sakarya |
6º Grupo de Emisión: 1970Denominación | Cor predominante | Dimensións | Descrición do anverso | Descrición do reverso |
---|
5 Liras | Violeta | 135 x 60 mm | 5 - BEŞ TÜRK LİRASI -Atatürk | 5 - BEŞ TÜRK LİRASI - Cascadas dorío Manavgat |
10 Liras | Verde | 140 x 65 mm | 10 - ON TÜRK LİRASI -Atatürk | 10 - ON TÜRK LİRASI - Torre de Leandro,Istambul |
20 Liras | Vermello/Marrón | 143 x 66 mm | 20 - YİRMİ TÜRK LİRASI -Atatürk | 20 - YİRMİ TÜRK LİRASI -Anıtkabir,Ancara |
50 Liras | Marrón | 160 x 71 mm | 50 - ELLİ TÜRK LİRASI -Atatürk | 50 - ELLİ TÜRK LİRASI - Fonte de mármore doPalacio de Topkapı |
100 Liras | Verde/Marrón | 170 x 77 mm | 100 - YÜZ TÜRK LİRASI -Atatürk | 100 - YÜZ TÜRK LİRASI -Monte Ararat |
500 Liras | Azul/Verde oliva | 170 x 80 mm | 500 - BEŞYÜZ TÜRK LİRASI -Atatürk | 500 TÜRK LİRASI - Porta principal daUniversidade de Istambul |
1.000 Liras | Violeta | 170 x 82 mm | 1000 - BİN TÜRK LİRASI -Atatürk | 1000 TÜRK LİRASI -Ponte do Bósforo |
7º Grupo de Emisión: 1980-2005Denominación | Cor predominante | Dimensións | Descrición do anverso | Descrición do reverso |
---|
10 Liras | Verde/Rosa | 122 x 55 mm | 10 - ON TÜRK LİRASI -Atatürk | 10 - ON TÜRK LİRASI - Atatürk con estudantes |
100 Liras | Vermello/Marrón | 131 x 61 mm | 100 - YÜZ TÜRK LİRASI -Atatürk | 100 - YÜZ TÜRK LİRASI -Mehmet Akif Ersoy - Casa natal -Himno turco |
500 Liras | Azul | 140 x 72 mm | 500 - BEŞYÜZ TÜRK LİRASI -Atatürk | 500 - BEŞYÜZ TÜRK LİRASI - Torre do Reloxo,Esmirna |
1.000 Liras | Violeta | 140 x 72 mm | 1000 - BİN TÜRK LİRASI -Atatürk | 1000 - BİN TÜRK LİRASI -Mehmed II - Antiga Istambul |
5.000 Liras | Marrón/Laranxa/Azul | 140 x 72 mm | 5000 - BEŞ BİN TÜRK LİRASI -Atatürk | 5000 TÜRK LIRASI - Mausoleo deMevlevi,Konya |
5.000 Liras | Marrón/Verde | 146 x 72 mm | 5000 - BEŞ BİN TÜRK LİRASI -Atatürk | 5000 TÜRK LIRASI -Mevlana |
5.000 Liras | Marrón/Verde | 146 x 72 mm | 5000 - BEŞ BİN TÜRK LİRASI -Atatürk | 5000 TÜRK LIRASI - Central térmica deAfşin |
10.000 Liras | Violeta | 170 x 82 mm | 10000 - ON BİN TÜRK LİRASI -Atatürk | 10000 - ON BİN TÜRK LİRASI -Mimar Sinan -Mesquita de Selim,Edirne |
20.000 Liras | Vermello/Violeta | 152 x 76 mm | 20000 - YİRMİ BİN TÜRK LİRASI -Atatürk | 20000 - YİRMİ BİN TÜRK LİRASI - Edificio doBanco Central de Turquía |
50.000 Liras | Verde | 152 x 76 mm | 50000 - ELLİ BİN TÜRK LİRASI -Atatürk | 50000 - ELLİ BİN TÜRK LİRASI -Grande Asemblea Nacional de Turquía |
100.000 Liras | Marrón/Verde | 158 x 76 mm | 100000 - YÜZ BİN TÜRK LİRASI -Atatürk | 100000 - YÜZ BİN TÜRK LİRASI - Atatürk con estudantes |
250.000 Liras | Azul | 158 x 76 mm | 250000 - İKİYÜZELLİ BİN TÜRK LİRASI -Atatürk | 250000 - İKİYÜZELLİ BİN TÜRK LİRASI - Torre Vermella,Alanya |
500.000 Liras | Violeta | 160 x 76 mm | 500000 - BEŞYÜZ BİN TÜRK LİRASI -Atatürk | 500000 - BEŞYÜZ BİN TÜRK LİRASI - Monumento áBatalla de Galípoli,Çanakkale |
1 000 000 Liras | Vermello/Azul/Verde | 160 x 76 mm | 1000000 - BİR MİLYON TÜRK LİRASI -Atatürk | 1000000 - BİR MİLYON TÜRK LİRASI - Presa de Atatürk |
5 000 000 Liras | Amarelo | 162 x 76 mm | 5000000 - BEŞ MİLYON TÜRK LİRASI -Atatürk | 5000000 - BEŞ MİLYON TÜRK LİRASI -Anıtkabir,Ancara |
10 000 000 Liras | Vermello | 162 x 76 mm | 10000000 - ON MİLYON TÜRK LİRASI -Atatürk | 10000000 - ON MİLYON TÜRK LİRASI -Mapa de Piri Reis |
20 000 000 Liras | Verde | 162 x 76 mm | 20000000 - YİRMİ MİLYON TÜRK LİRASI -Atatürk | 20000000 - YİRMİ MİLYON TÜRK LİRASI - Ruínas deÉfeso |
A finais dedecembro de2003, aGrande Asemblea Nacional de Turquía aprobou unha lei que permitía eliminar seis ceros da lira para crear unha nova moeda. O1 de xaneiro de2005 introduciuse esta nova moeda que substituía á primeira lira (que estivo en circulación ata finais de 2005) cunha taxa de cambio de 1 millón de liras antigas (códigoISO 4217:TRL) por unha nova lira.
Durante o período de transición, entre o 1 de xaneiro de 2005 e o31 de decembro de2008, esta moeda foi nomeada de forma oficial como "nova lira turca" (enturco:yeni türk lirası e abreviada comoYTL. Esta lira está dividida en 100 kuruş novos (enturco:yeni kuruş). Finalmente o 1 de xaneiro de2009, a palabra "novo/a eliminouse de todas as moedas e billetes, chamándose de novo "lira turca" de forma oficial, e abreviada comoTL.
Durante o período de transición, entre o1 de xaneiro de2005 e o31 de decembro de2008, a lira era coñecida como "nova lira turca". En 2005 introducíronse as novas moedas en denominacións de 1, 5, 10, 25 e 50 kuruş novos e 1 nova lira.
Imaxe | Denominación | Metal | Diámetro (mm) | Peso (g) | Grosor (mm) | Canto | Anverso | Reverso |
---|
Anel | Centro |
---|
 | 1 Kuruş | Cu+Zn | 17,00 | 2,70 | 1,35 | Liso | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 1 YENİ KURUŞ -Crecente luar - ano de cuñaxe |
 | 5 Kuruş | Cu+Ni+Zn | 17,00 | 2,95 | 1,65 | Liso | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 5 YENİ KURUŞ -Crecente luar - ano de cuñaxe |
 | 10 Kuruş | Cu+Ni+Zn | 19,25 | 3,85 | 1,70 | Liso | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 10 YENİ KURUŞ -Crecente luar - ano de cuñaxe |
 | 25 Kuruş | Cu+Ni+Zn | 21,50 | 5,30 | 1,90 | Estriado | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 25 YENİ KURUŞ -Crecente luar - ano de cuñaxe |
 | 50 Kuruş | Cu+Ni+Zn | Cu+Ni | 23,85 | 7,00 | 1,90 | Estriado | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 50 YENİ KURUŞ -Crecente luar - ano de cuñaxe |
 | 1 Lira | Cu+Ni | Cu+Ni+Zn | 26,15 | 8,50 | 1,95 | | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 1 YENİ TÜRK LİRASI -Crecente luar - ano de cuñaxe |
Desde o 1 de xaneiro de 2009 a palabra "novo/a eliminouse de todas as moedas. Como consecuencia, introduciuse unha nova serie de moedas con novos deseños e algúns cambios nas aliaxes das moedas de 50 kuruş e 1 lira.
Imaxe | Denominación | Metal | Diámetro (mm) | Peso (g) | Grosor (mm) | Canto | Anverso | Reverso |
---|
Anel | Centro |
---|
 |  | 1 Kuruş | Cu+Zn | 16,50 | 2,20 | 1,35 | Liso | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 1 KURUŞ -Tulipáns -Crecente luar - ano de cuñaxe |
 |  | 5 Kuruş | Cu+Ni+Zn | 17,50 | 2,90 | 1,65 | Liso | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 5 KURUŞ -Crecente luar - ano de cuñaxe |
 |  | 10 Kuruş | Cu+Ni+Zn | 18,50 | 3,15 | 1,65 | Liso | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 10 KURUŞ -Crecente luar - ano de cuñaxe |
 |  | 25 Kuruş | Cu+Ni+Zn | 20,50 | 4,00 | 1,65 | Estriado | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 25 KURUŞ -Crecente luar - ano de cuñaxe |
 |  | 50 Kuruş | Cu+Ni | Cu+Ni+Zn | 23,85 | 6,80 | 1,90 | Estriado | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 50 KURUŞ -Ponte do Bósforo - Mapa das partes europea e asiática de Turquía -Crecente luar - ano de cuñaxe |
 |  | 1 Lira | Cu+Ni+Zn | Cu+Ni | 26,15 | 8,20 | 1,95 | T.C. Tulipán | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 1 TÜRK LİRASI -Crecente luar - ano de cuñaxe |
Durante este período, emitíronse os billetes do oitavo grupo de emisión denominados en novas liras. Os seus denominacións foron de 1, 5, 10, 20, 50 e 100 liras novas. Mentres que as primeiras catro denominacións foron substituíndo aos antigos billetes, os únicos billetes que non tiñan equivalencia na nova moeda eran os de 50 e 100 liras. Todos os billetes teñen un deseño similar ao das series anteriores, no que apareceMustafa Kemal Atatürk en distintas etapas da súa vida e as imaxes de varios edificios importantes e lugares históricos de Turquía.
Imaxe do anverso | Imaxe do reverso | Denominación | Cor predominante | Dimensións | Descrición do anverso | Descrición do reverso |
---|
 |  | 1 Lira | Granate/Azul | 160 x 76 mm | 1 - BİR YENİ TÜRK LİRASI -Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYET MERKEZ BANKASI | 1 - BİR YENİ TÜRK LİRASI -Presa de Atatürk, nosueste de Anatolia - TÜRKİYE CUMHURİYET MERKEZ BANKASI |
 |  | 5 Liras | Amarelo | 162 x 76 mm | 5 - BEŞ YENİ TÜRK LİRASI -Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYET MERKEZ BANKASI | 5 - BEŞ YENİ TÜRK LİRASI - Mausoleo deAnıtkabir, enAncara - TÜRKİYE CUMHURİYET MERKEZ BANKASI |
 |  | 10 Liras | Vermello | 162 x 76 mm | 10 - ON YENİ TÜRK LİRASI -Atatürk -Bandeira de Turquía - TÜRKİYE CUMHURİYET MERKEZ BANKASI | 10 - ON YENİ TÜRK LİRASI -Mapa de Piri Reis - TÜRKİYE CUMHURİYET MERKEZ BANKASI |
 |  | 20 Liras | Verde | 162 x 76 mm | 20 - YİRMİ YENİ TÜRK LİRASI -Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYET MERKEZ BANKASI | 20 - YİRMİ YENİ TÜRK LİRASI - Ruínas deÉfeso - TÜRKİYE CUMHURİYET MERKEZ BANKASI |
 |  | 50 Liras | Laranxa | 152 x 81 mm | 50 - ELLİ YENİ TÜRK LİRASI -Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYET MERKEZ BANKASI | 50 - ELLİ YENİ TÜRK LİRASI -Capadocia - TÜRKİYE CUMHURİYET MERKEZ BANKASI |
 |  | 100 Liras | Azul | 158 x 81 mm | 100 - YÜZ YENİ TÜRK LİRASI -Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYET MERKEZ BANKASI | 100 - YÜZ YENİ TÜRK LİRASI - Palacio deIshak Pasha, naprovincia de Ağrı - TÜRKİYE CUMHURİYET MERKEZ BANKASI |
O 1 de xaneiro de 2009 entrou en circulación o noveno grupo de emisión. A serie anterior será de curso legal ata o 31 de decembro de 2009, aínda que pasada esta data os billetes poderán cambiarse nas distintas oficinas doBanco Central ata o 31 de decembro de2019. Todos os billetes desta nova serie eliminan a palabra "novo/a" da denominación, e inclúen un novo billete de 200 liras. Os novos billetes teñen distintos tamaños para previr a falsificación. Outro cambio foi substituír os lugares e edificios históricos turcos dos reversos por personalidades ilustres do país.[2] A cor dominante dos billetes de 5 liras turcas foi descrito como "púrpura" na segunda serie de billetes.[3]
Imaxe do anverso | Imaxe do reverso | Denominación | Cor predominante | Dimensións | Descrición do anverso | Descrición do reverso |
---|
 |  | 5 Liras | Marrón | 130 x 64 mm | 5 - BEŞ YENİ TÜRK LİRASI -Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYET MERKEZ BANKASI | 5 - BEŞ YENİ TÜRK LİRASI -Aydın Sayılı - Hélice doADN -Átomo - TÜRKİYE CUMHURİYET MERKEZ BANKASI |
 |  | 10 Liras | Rojo | 136 x 64 mm | 10 - ON YENİ TÜRK LİRASI -Atatürk -Bandeira de Turquía - TÜRKİYE CUMHURİYET MERKEZ BANKASI | 10 - ON YENİ TÜRK LİRASI -Cahit Arf - Ecuación de Arf -Ábaco -Sistema binario - TÜRKİYE CUMHURİYET MERKEZ BANKASI |
 |  | 20 Liras | Verde | 142 x 68 mm | 20 - YİRMİ YENİ TÜRK LİRASI -Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYET MERKEZ BANKASI | 20 - YİRMİ YENİ TÜRK LİRASI -Kemaleddin -Universidade de Gazi -Acueduto - TÜRKİYE CUMHURİYET MERKEZ BANKASI |
 |  | 50 Liras | Laranxa | 148 x 68 mm | 50 - ELLİ YENİ TÜRK LİRASI -Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYET MERKEZ BANKASI | 50 - ELLİ YENİ TÜRK LİRASI -Fatma Aliye Topuz - Flores - TÜRKİYE CUMHURİYET MERKEZ BANKASI |
 |  | 100 Liras | Azul | 154 x 72 mm | 100 - YÜZ YENİ TÜRK LİRASI -Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYET MERKEZ BANKASI | 100 - YÜZ YENİ TÜRK LİRASI -Buhurizade Itri - Notas e instrumentos musicais - TÜRKİYE CUMHURİYET MERKEZ BANKASI |
 |  | 200 Liras | Violeta | 160 x 72 mm | 200 - İKİYÜZ YENİ TÜRK LİRASI -Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYET MERKEZ BANKASI | 200 - İKİYÜZ YENİ TÜRK LİRASI -Yunus Emre - Mausoleo - TÜRKİYE CUMHURİYET MERKEZ BANKASI |
Trala división dailla en1974, os turco-chipriotas adoptaron a Lira turca pero aLibra chipriota foi legal ata maio de1983. Actualmente aLibra chipriota é considerada unha moeda estranxeira suxeita ás regulacións do cambio pero é usada no Mercado paralelo xunto álibra esterlina e aodólar dos Estados Unidos.
As autoridades do Banco Central daRepública Turca do Norte de Chipre difunde diariamente os índices de cambio baseados sobre os datos provistos polo Banco Central deTurquía. Como consecuencia da alta inflación deTurquía, a depreciación foi importada ao norte de Chipre. Foron particulares as dificultades no ano1994, cando a Lira turca perdeu a metade do seu valor en dólares. Isto fixo avaliar áRepública Turca do Norte de Chipre adoptar unha moeda máis estable.