Os comezos da banda remóntanse a un pequeno estudo doMC/vocalistaMike Shinoda, onde el eBrad Delson gravaron o primeiro material da banda en1996. Os dous foran xuntos ao instituto, onde coñeceron ao batería do grupo,Rob Bourdon[3]. Shinoda contactou coDJJoe Hahn cando estudaba ilustración no Art Center College dePasadena. Nese momento, denominábanseXero e gravaron varias demos. Nunca conseguiron un contrato e o proxecto non prosperou. EntónMike Shinoda decidiu contratar un vocalista.
Conseguiron aChester Bennington, natural deArizona, que comezou gravando discos cando tiña 16 anos no grupo Grey Daze. Trala integración de Bennington, o grupo chamouseHybrid Theory (a idea vén da mestura de diferentes estilos que querían unir, con todo, debido a un problema de marca rexistrada cun grupo chamado Hybrid, víronse forzados a cambiar de nome outra vez. Bennington suxeriu Lincoln Park, por onde pasaba co coche ao volver dos ensaios. Con todo o dominio "lincolnpark.com" custaba máis do que a banda podíase permitir, así que cambiaron a ortografía aLinkin Park[3]
Traballando nun selo independente, a banda gravou o álbumHybrid Theory EP, composto polos temas "Carousel", "Technique", "Step Up", "And One", High Voltage", "Part of Me".
Logo de asinar conWarner Brothers en1999, o seu primeiro álbum,Hybrid Theory, púxose á venda no ano2000[4]. Foi o disco máis vendido nosEUA eNova Zelandia no2001, cos éxitos "One Step Closer", "Crawling", "Papercut", "In The End" e "Points of Authority". Cabe destacar a ausencia de linguaxe malsoante no álbum, en contraste con moitas outras cancións de grupos denu metal.
Hybrid Theory vendeu case 20 millóns de copias, aínda que tamén recibiu moitas críticas debido ás letras das cancións.
No2002, lanzaron un álbum de remesturas deHybrid Theory, chamadoReanimation, que incluía entre outros, un remix da canción "Points Of Authority" chamado "Pts.of.Athrty", o cal sería un dos videoclips do álbum xunto con "Frgt/10", o remix de "Forgotten"[5].
No2003 sacaron á venda o seu segundo álbum de estudio,Meteora, que debutou no número 1 nos EUA e noReino Unido, e no número 2 enAustralia. Incluía os sinxelos "Somewhere I Belong", "Faint", "Numb", "From The Inside" e "Breaking The Habit". A finais de ano, uniron as súas forzas conLimp Bizkit eMetallica para o Summer Sanitarium Tour 2003[6]. Desta xira, Linkin Park sacou á venda unCD/DVD chamadoLive in Texas. Contiña cancións dos seus tres discos anteriores e foi gravado en directo nas súas actuacións do Summer Sanitarium Tour enDallas eHouston,Texas, deste cd en vivo sacaron un sinxelo, "Lying From You". Nese mesmo ano tamén realizaron unha curta xira europea.
O30 de novembro de2004, lanzaronCollision Course, unha colaboración corapeiroJay-Z na que presentaban remesturas de cancións deHybrid Theory eMeteora empregando letras do repertorio de Jay-Z. Entre elas esta "Numb/Encore", o único sinxelo sacado deste álbum, esta canción combina "Numb" de Linkin Park da súa álbum "Meteora" e "Encore" de Jay-Z da súa álbumThe Black Album.Collision Course debutou no número 1 nos EUA, pero só conseguiu o posto 17 noReino Unido.
Desde ese momento dedicáronse a facer un pequeno descanso, e tamén participaron en diversas accións inmersas en Music For Relief[7] así como unha actuación noLive 8 xunto aJay-Z. Mentres tanto, dous dos seus compoñentes preparan traballos en solitario:Mike Shinoda, baixo a agrupaciónFort Minor lanzou un álbum o22 de novembro do2005 chamadoThe Rising Tied, e doutra banda Chester tamén formou o seu propio grupo chamadoSnow White Tan cuxo álbum xa está realizado, pero se espera que salga á venda para o2008.