Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Linguas itálicas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atención!
Atención:Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
falta información da bibliografía indicada nas notas
Por favor, vexa a lista de problemas indicados neste modelo emellóreo de acordo coas indicacións.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, peronon quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.
De ser posible, sería mellor substituír este marcador poroutro máis específico.(Desde febreiro de 2017)
Linguas itálicas
 Instancia de
 Subclase de
 Composto por
Clasificación lingüística
Identificadores
Freebase/m/03t28Editar o valor en Wikidata
IETFitcEditar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

Aslinguas itálicas constitúen unhafamilia de linguasindoeuropeas cunha serie de trazos comúns. Inclúe aslinguas romances (entre as que se atopan ogalego, oespañol, oportugués, ofrancés, oitaliano e oromanés) e a un certo número de linguas extintas, como olatín e outras linguas faladas naAntigüidade naPenínsula Itálica.

Aínda que se adoita considerar como unha única rama que se diversificou a partir dun estadio común ou protoitálico, posterior ao períodoprotoindoeuropeo, algúns autores dubidan desta filiación común[1]. Todas as linguas itálicas comparten un bo número deisoglosas comúns; así, todas elas son linguascentum que non presentanpalatalización das (palato)velares indoeuropeas /*k, *kw, *g, *gh, *ghw/. Curiosamente, as linguas romances si presentan unha palatalización posterior dos fonemas latinos /k, g/, aínda que só ante fonemas anteriores /ε,e,i/.

Distribución daslinguas romances máis faladas a principios do século XXI:castelán (verde escuro e verde claro),francés (azul e celeste),portugués (alaranxado),italiano (amarelo) eromanés (vermello).

Clasificación das linguas itálicas

[editar |editar a fonte]

As linguas itálicas están formadas por tres subfamilias propiamente ditas:

Linguas da Italia prerromana.

Características comúns

[editar |editar a fonte]

Actualmente o termo linguas itálicas úsase para referirse a un conxunto de linguas indoeuropeas que comparten un certo número de trazos comúns e que tras un período longo de convivencia común sufriron un certo proceso de converxencia[2].

Con todo, autores como Silvestri[3] e Rix[4] argumentan que non existiu un proto-itálico común reconstructible, que cumpra estas dúas condicións:

  1. Debería ter un sistema fonolóxico que explicase o do latín e as linguas osco-umbras simultaneamente mediante cambios fonéticos posteriores.
  2. Debería representar unha fonoloxía e morfoloxía que presentase cambios respecto ao estado comúnindoeuropeo.

Do mesmo xeito que a teoría obsoleta doitalo-céltico común, moitos autores refugaron a idea de que todas as similitudes das linguas itálicas débanse á existencia dun estadio lingüístico chamado itálico común, de cuxa diversificación xurdisen as linguas. De feito varios autores propuxeron explicar algunhas da características comúns como un fenómeno deSprachbund que afectaría á chamadaárea lingüística medio-itálica.

Desenvolvementos fonolóxicos

[editar |editar a fonte]

As linguas itálicas comparten certo número deisoglosas e cambios fonéticos comúns respecto aoprotoindoeuropeo común:

  • *p > p, *b > b, *bh- > f-, -*bh- > -b-,(-f-)
  • *t > t, *d > d, *dh- > f-, -*dh- > -d-
  • *k > k (<c>), *g > g, *gh- > h-
  • *kw > kw (<qu>)/k (<c>), *gw > v/g/f
  • *l > l
  • *Vm > Vm, *mV > mV, *Cm(C) > Cem(C)
  • *Vn > Vn, *nV > nV, *Cn(C) > Cen(C)
  • *r > r,
  • *s > s,
  • *w > v, *e > i

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 'Languages of the World',Macropaedia,Encyclopedia Britannica 15th edition, pp. 636
  2. Domenico Silvestri, 1993
  3. Silvestri, 1987
  4. Rix, 1983, p. 104

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
Linguas indoeuropeas
Pobos indoeuropeos
Protoindoeuropeos
HipótesesUrheimat
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Linguas_itálicas&oldid=7168111»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp