Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Linguas iberorrománicas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Linguas iberorrománicas
 Instancia de
Clasificación lingüística
linguaxe humana
↳ linguas indoeuropeas
↳ linguas itálicas
↳ linguas románicas
↳ linguas románicas occidentais
↳ linguas galoibéricasEditar o valor en Wikidata
Datas e cronoloxía
 Precedido por
Wikidata C:Commons

Aslinguas iberorrománicas[1] son un subgrupo delinguas románicas que se desenvolveron en territorios ocupados polos romanos cara ao ano 415[Cómpre referencia], é dicir, aPenínsula Ibérica e o norte doMagreb e as súas posteriores conquistas (Suevia).

Linguas consideradas universalmente dentro do grupo iberorrománico son ogalaico-portugués (e os seus modernos descendentes,galego eportugués), oasturleonés, ocastelán e oaragonés. Todas estas linguas forman uncontinuumxeolectal con alta intelixibilidade entre linguas adxacentes.[2]

Características principais das linguas iberorrománicas

[editar |editar a fonte]
  • A principal característica é que non perden as vogais latinas finais, a diferenza daslinguas galorrománicas. O aragonés perde o último (e), sendo a excepción nas linguas iberorrománicas.
  • O infinitivo está formado con (r) e non se perde como ocorre coas linguas galorrománicas.
  • Evolución dos grupos latinos (cl, fl, pl) ao /ʎ/ /t͡ʃ/ (ll) (ch).
  • Evolución dos grupos latinos (ci, ti, ce, te) ao (/θ/, /z/, /s/)
  • Sonorización das oclusivas xordas intervocalicas /k, p, t/, por exemplo (formica - formiga, sapere - saber, totus - todos)
  • Forman digonygo fronte (e, o) breves latinas, exceptuando ao galaico-portugués. Por exemplo en castellán (ventum - viento, ponte - puente) e en aragonés (folia - fuella).
  • Betacismo: non hai distinción entre b e v, excepto o portugués onde se conserva a distinción.
  • Forman os plurais con (s).
  • Cambio do (f) latino a (h). Este fenómeno ocorreu no castelán, estremeño, cántabro e asturiano oriental pola influencia doéuscaro. Esta característica tamén se comparte co occitano gascón.[4]

Clasificación

[editar |editar a fonte]

Iberorromance nuclear

[editar |editar a fonte]

As linguas iberorrománicas occidentais (Grupo Ibero-Occidental) son:[5]

Grupos de transición

[editar |editar a fonte]

Noutra clasificación máis ampla, as linguas iberorrománicas poden incluír o seu grupo de linguas principais e os seus grupos de transición.

Iberorromance pirenaico-mozárabe (grupo controvertido)

[editar |editar a fonte]

A clasificación deEthnologue inclúe un grupo de linguas románicas da Península Ibérica dubidoso, formado polo navarroaragonés e polo mozárabe: o Grupo Pirenaico-Mozárabe, aínda que moitos especialistas consideran que dita división non é un grupo válido, nin atopan demasiados argumentos para postular unha relación especial entre o aragonés e o mozárabe.

  • Navarroaragonés (†):
    • Navarro (†)
    • Riojano precastelán (†)
    • Aragonés
      • Aragonés occidental: Aragüesino, Ansotano, Cheso, Aisino
      • Aragonés central: Belsetano, Aragonés do val de Vió, Panticuto
      • Aragonés oriental: Patués ou Benasqués
      • Aragonés meridional ou Somontanés
      • Xudeoaragonés (†)
  • Mozárabe (†)

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Carsten Sinner (29 de outubro de 2015). revistas.usc.gal, ed."O galego como lingua de contacto co castelán riopratense: unha relación esquecida". Consultado o 4 de decembro de 2020. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dendeo orixinal o 19 de agosto de 2016. Consultado o 13 de novembro de 2018. 
  3. "Copia arquivada"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 13 de xullo de 2018. Consultado o 06 de marzo de 2019. 
  4. Penny, Ralph (2002). A History of the Spanish Language. Cambridge University Press. p. 8.ISBN 978-0-521-01184-6
  5. https://www.ethnologue.com/subgroups/ibero-romance
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Linguas_iberorrománicas&oldid=7168588»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp