Aslinguas galorrománicas son unha agrupación xeográfica daslinguas románicas. A clasificación interna, así como que linguas deben ser consideradas dentro do grupo galorromance son unha materia amplamente discutida.
As linguas universalmente consideradas dentro deste grupo son aslinguas de oïl (incluíndo ofrancés) e ofrancoprovenzal (arpitán) (que non debe confundirse coa variedade provenzal dooccitano).
A clasificación deethnologue, acepta a proposta de Pelligrini, considera dentro do grupo galorromance ademais daslinguas de oïl e ofrancoprovenzal varias linguas do norte deItalia eSuíza como olombardo, opiemontés e aslinguas retorrománicas. Outros tamén inclúen aooccitano e ocatalán no seu conxunto de linguas galorrománicas[1] Non todos os autores aceptan que estas últimas mostran un parentesco máis estreito co francés e o francoprovenzal que con outras linguas románicas, razón pola cal a clasificación deetnologue é controvertida.[2][3] As linguas galorrománicas por tanto serían:
Nunha clasificación máis ampla, orixinalmente descrita polo lingüistaPierre Bec, as linguas galorrománicas inclúen o seu grupo de linguas principais xunto cos seus grupos de transición.
A principal característica é a perda das vogais latinas finais especialmente perdéronse (/e/, /o/) latinas. Tamén moitos foron substituídos por outras vogais como enfrancés por (e) que en moitos casos non se pronuncia.
Evolución davogal latina (/u/) a (/y/) como ü enalemán. Isto ocorreu nas linguas de oïl, as linguas galo-itálicas, francoprovenzal romanche e occitano. Ademais, moitas destas linguas teñen vogais que noutraslinguas románicas non existen (/ø/, /œ/ /æ/ e /ə/)
Perda doinfinitivo latino (re) especialmente nas linguas galo-itálicas e as retorrománicas. En francés, francoprovenzal, occitano e catalán o infinitivo remata con (r) pero non se pronuncia.
Evolución de (ca /ka/) inicial a (/ʃa/, /t͡ʃa/, /ca/) pronuciado como (x e ch en galego). Este fenómeno ocorre no francoprovenzal, as linguas de oïl, as linguas retorrománicas e osdialectos norteños do occitano. Por exemplo (chanter en francés é pronunciado /ʃɑ̃te/), (cantar nos dialectos norteños do occitano é pronunciado /t͡ʃantɔ/) (cjantâ en friulano é pronunciado /canta/) que en galego significa cantar é pronunciado /kantaɾ/.
Conservación dos grupos latinos (cl, fl, pl) agás para as linguas galo-itálicas onde evolucionaron a (t͡ʃ).
Evolución dos grupos latinos (ci, ti, ce, te) ao (/z/, /s/ /t͡ʃ/).