Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Linguas caribes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Caribe.
Linguas caribes
Falado en:América do Sur
Rexións:Norte do continente, sur do Caribe e en América Central.
Total de falantes:
Familia:Ye-tupí-caribe
 Linguas caribes
Códigos de lingua
ISO 639-1:--
ISO 639-2:---
Mapa
Status

Aslinguas caribes[1] son unhafamilia lingüística indíxena deAmérica do Sur. Espállanse pola zona norte do continente, dende a desembocadura dorío Amazonas até osAndes deColombia,[2] pero tamén están presentes no centro do Brasil. As linguas caribes están relativamente emparentadas entre elas, e o seu número varía entre as dúas e as tres ducias de linguas, dependendo das diferentes consideracións entre lingua e dialecto. A maioría delas aínda son faladas, malia que que adoitan contar cun poucos centos de falantes. A única que conta conta cun bo número de falantes é alingua macushi, con 30 000. A familia caribe é coñecida no mundo da lingüística por mor dalingua hixkaryana e a súa orde de obxecto-verbo-suxeito, que se cría que non existía na linguaxe humana.

Algúns anos antes da chegada dos primeiros conquistadoresespañois, os caribes invadiron e ocuparon asAntillas Menores, matando, desprazando ou asimilando óspobos arauacos que habitaban as illas. A lingua resultante era caribe de nome pero arauaca en esencia. Isto débese a que os invasores caribes mataban ós homes arauacos e tomaban esposas arauacas, que logo pasaban a súa propia lingua ós seus fillos. Durante un tempo, o arauaco era falado polas mulleres e os nenos, e o caribe polos homes adultos, mais a situación era inestable. Con cada nova xeración de caribes-arauacos, menos elementos do caribe mantiñan, até que só quedaron uns poucos elementos de vocabulario e aspectos gramaticais básicos. Esta "lingua caribe das illas" extinguiuse nasAntillas Menores na década de 1920, mais sobreviviu na forma degarífuna, ou "caribe negro", en América Central.Dominica é a única illa doCaribe que conserva poboaciónprecolombiana —os indioscaribes —arredor de 3 000 que viven na costa leste do país.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definición decaribe noDicionario de Galego deIr Indo e aXunta de Galicia.
  2. Dixon, 1999, p. 23-25

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
A Galipedia ten unportal sobre:Pobos indíxenas de América

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Gordon, Raymond G., Jr. (ed.), 2005.Ethnologue: Languages of the World, Fifteenth edition. Dallas, Tex.: SIL International.
  • Desmond C. Derbyshire & G. K. Pullum, 1991:Handbook of Amazonian Languages,ISBN 978-0-89925-813-3 (referencia).
  • Dixon, R.M.W. (1999).Amazonian Languages. Nova York: Cambridge University Press.ISBN 978-0-521-57021-3.
  • William J. Frawley (2003) [1997].International Encyclopedia of Linguistics: 4-Volume Set. Tomo I. Nova York: Oxford University Press.ISBN 0-19-516783-X.
  • Rodrigues A. D., 2000, "‘Ge-Pano-Carib’ X ‘Jê-Tupí-Karib’: sobre relaciones lingüísticas prehistóricas en Sudamérica", in L. Miranda (ed.),Actas del I Congreso de Lenguas Indígenas de Sudamérica, Tome I, Lima, Universidad Ricardo Palma, Facultad de lenguas modernas, p. 95-104.
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Linguas_caribes&oldid=6878772»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp