Oneerlandés[1] é unha lingua de orixexermánica. Forma parte do grupo xermánico occidental, e está próxima aobaixo alemán e un pouco máis afastado dofrisón. Fálano aproximadamente uns 30 millóns de persoas no mundo, fundamentalmente nosPaíses Baixos e enBélxica.
Ademais, unhas 60.000 persoas fálano no noroeste deFrancia, na zona fronteiriza conBélxica. Tamén se fala reducidamente nalgunhas partes deIndonesia, onde fora a lingua da administración pública colonial neerlandesa.
A norma culta denomínase AN (Algemeen Nederlands ou "neerlandés xeral"), termo considerado menos elitista ca ABN (Algemeen Beschaafd Nederlands ou "neerlandés xeral culto"), utilizado antigamente. AUnión da Lingua Neerlandesa (Nederlandse Taalunie) encárgase de fixar a norma.
Os grupos dialectais principais do neerlandés son cinco: oflamengo, oholandés, obaixo saxón, obrabantés e olimburgués. Os falares flamengos son os propios da parte suroccidental dos Países Baixos e do oeste de Bélxica, así como da zona neerlandófona de Francia. Ás veces, dende unha perspectiva histórica, denomínaseflamengo o neerlandés de Bélxica, independentemente de que este sexa lingüisticamente flamengo, brabantés ou limburgués.
Véxase o mapa da situación dosdialectos e aslinguas rexionais. Trátase dunha clasificación ampla, coa maioría dosdialectos de transición non están incluídos. Polo tanto, está destinada soamente a crear unha imaxe global da propagación dos dialectos do neerlandés. A fronteira entredialecto elingua é moi problemática na zona lingüística xermano-occidental, sobre todo nos Países Baixos e Flandres. Hai que ter precaución ao uso deste mapa, xa que non se indica onde se fala a lingua con fluidez, e pode non ser respaldado por tódolos expertos (sobre todo os límites do limburgués e o baixosaxón).
FL. Provincia de Flevolanda. Aquí non se formou ningún dialecto. Máis ben o que hai é unha mestura de varios falares, sobre todo do sur, de Ámsterdam (enLelystad eAlmere). Véxase tamén oneerlandés dos IJsselmeerpolders. O norte e en particular enUrk e arredores foi tradicionalmente unha zona dos dialectos falados do baixosaxón.
* Os dialectos marcados cun asterísco, aínda que incluído baixo o holandés, pero ten tradicionalmente un moi forte substrato dofrisón.[2] Porén, as investigacións do dialectólogo Harrie Scholtmeijer do Instituto Meertens deDronten amosan que os mozos falan holandés sen acento.[3]
A maioría dos dialectos aproxímanse cada vez máis ao neerlandés estándar, xa que este é o que se utiliza nos medios de comunicación, tanto en Bélxica como nos Países Baixos. Estes dialectos están a perder as súas características, as palabras de seu, e ás veces incluso a pronunciación. Os dialectos que están máis afastados do estándar son olimburgués e ogroninxio. No mapa pódese ver que incluso oafrikaans está máis cerca da norma que estes dialectos.
↑De gegevens zijn grotendeels overgenomen van de indeling die dialectologeJo Daan[1]Arquivado 17 de febreiro de 2007 enWayback Machine. maakte. Deze indeling is (nog) steeds een onderwerp van discussie binnen dedialectologie, maar wordt door veel dialectologen en taalkundigen (deels) onderschreven.