Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Lingua nórdica antiga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde xuño de 2017.)
Lingua nórdica antiga
Propiedades
 Tipoloxía lingüística
 Xénero gramatical
Clasificación lingüística
Xeografía
Datas e cronoloxía
 Precedido por
Identificadores
ISO 639-2nonEditar o valor en Wikidata
ISO 639-3nonEditar o valor en Wikidata
ISO 639-5nonEditar o valor en Wikidata
IETFnonEditar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

Antigo nórdico ounoruegués antigo foi alingua xermánica falada polos habitantes daEscandinavia e das súas colonias de ultramar dende os comezos da épocaviquinga ata o ano1300 aproximadamente. O antigo nórdico xurdiu do protonórdico durante oséculo VIII e, ao evolucionar, acabou dando lugar a tódalaslinguas escandinavas.

Debido a que a maioría dos textos que sobreviviron proveñen doislandés medieval, a varianteestándarde facto desta lingua é o dialecto occidental, é dicir, onoruegués e o islandés antigos. Este feito fai que, ás veces, no canto de falar de antigo nórdico se fale do islandés antigo ou noruegués antigo.

Porén, tamén existía a variante oriental desa lingua, a cal se falaba nos asentamentos viquingos das actuaisSuecia eDinamarca. Non había unha separación xeográfica demasiado clara entre os dous dialectos. De feito, pódense atopar restos do antigo nórdico oriental ao leste deNoruega e trazas do antigo nórdico occidental ao oeste de Suecia. Ademais, tamén había un dialecto denominadogútnico antigo, incluído dentro do nórdico antigo oriental, xa que é o menos coñecido dos tres dialectos.

Os falantes destes tres dialectos consideraban que todos falaban unha mesma lingua, e denomináronadansk tunga (ANOr) oudönsk tunga (ANOc) ata oséculo XIII.

O antigo nórdico era intelixible polos antigos falantes do inglés antigo, doantigo saxón e dobaixo alemán, falado ao norte da actualAlemaña. Esta lingua foi evolucionando ata dividirse, dando lugar aonoruegués,islandés,sueco edinamarqués actual.

O islandés moderno é a lingua que menos evolucionou a partir do antigo nórdico. Oferoés tamén conserva moitas semellanzas, aínda que á influencia dinamarquesa fixo que xa non sexa tan conservador. A pesar disto, as outras linguas que evolucionaron máis, como son o sueco, o noruegués e o dinamarqués seguen a ser intelixibles entre si, grazas a herdanza deixada polo antigo nórdico.

Distribución xeográfica

[editar |editar a fonte]
Dominio aproximado do antigo nórdico cara o ano 900.     Dialecto occidental     Dialecto oriental     Gótico de Crimea     Antigo gútnico     Outraslinguas xermánicas
Runa escrita en antigo nórdico nunha daspedras de Jelling

O islandés antigo, case idéntico ao noruegués antigo, formaba xunto a esta lingua o dialecto occidental do antigo nórdico. Este dialecto era falado nos territorios da actualIslandia eNoruega. O dialecto oriental falábase enSuecia eDinamarca e nos asentamentosviquingos deRusia,Inglaterra eNormandía. O antigo gútnico falábase na illa deGotland e nalgúns asentamentos ao leste domar Báltico. Noséculo XI, o antigo nórdico era a lingua máis falada enEuropa. Estendíase dendeVinland ata oVolga. O lugar deRusia onde sobreviviu durante máis tempo foi enNovgorod, de onde desapareceu noséculo XIII.

Descendentes actuais

[editar |editar a fonte]

Os descendentes do antigo nórdico occidental son o islandés, o noruegués nynorsk, o feroés e a extinguidalingua norn, falada nasOrcadas e nasShetland. Do antigo nórdico oriental descenden as linguas sueca, dinamarquesa e norueguesa bokmål. O noruegués bokmål nun principio pertencía ao dialecto occidental, aínda a grande influencia recibida polo dialecto oriental fixo que se inclúa dentro deste.

Entre estas linguas, o islandés e en parte o feroés padeceron cambios mínimos durante moitos séculos, aínda que a pertenza aDinamarca dasIllas Feroe fixo que o feroés padecese unha grande influencia do dinamarqués. O antigo nórdico influenciou algúns dos dialectos doinglés, especialmente oscots, o cal ten un gran número depréstamos do antigo nórdico. Tamén foi unha lingua decisiva no desenvolvemento donormando.

Textos e dialectos

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Ortografía de antigo nórdico.

As primeiras inscricións en antigo nórdico que se conservan son enrúnico doséculo VIII (aínda cando hai unhas 200 inscricións rúnicas en proto-nórdico, a máis antiga das cales é doséculo II). As runas seguíronse empregando moitos séculos despois, ata trala morte da lingua. Porén, os textos literarios máis importantes están escritos enalfabeto latino, como assagas ou aseddas daIslandia medieval.

O proto-nórdico evolucionou ata o antigo nórdico noséculo VIII, co que o efecto dasumlaut variaba segundo a rexión. As umlaut típicas (ex.fylla de*fullian) eran máis marcadas nas áreas onde se falaba o dialecto occidental, mentres que na área do dialecto oriental estas evolucionaron cara a unha diérese (ex.hiarta deherto). Esta diferenza foi a razón principal da dialectalización da lingua durante osséculos IX eséculo X.

Outra diferenza entre os distintos dialectos foi que os ditongos do dialecto occidental evolucionaron a monotongos no dialecto oriental. Así temos que en dialecto occidental chámasesteinn (rocha), mentres que no oriental, primeiro díxosestain pero logo pasou asten. Nos dialectos occidental e gútnico consérvase o ditongoau deauga mentres o oriental evoluciónao e convérteo enø, como na palabraøgha. Aínda así, o dialecto occidental ten o ditongoey de palabras comoheyra mentres o oriental convérteo enø, como enhøra, e en gútnico antigo éoy, como enhoyra.

GalegoInglésAlemánNor. a. occidentalAntigo gútnicoNor. a. oriental
olloeyeAugeaugaaugaøgha
pedrastoneSteinsteinstainsten
oírhearhörenheyrahoyrahøra

Unha terceira diferenza é que o dialecto occidental perdeu algunhas combinacións de consoantes. As combinacións -mp-, -nt- e -nk- asimiláronse no dialecto occidental con -pp-, -tt- e -kk-. Este fenómeno foi limitado no dialecto oriental.

GalegoInglésAlemánNor. a. occidentalNor. a. oriental
cogomelo(mushroom)(Pilz)soppsvamp
precipicio(precipice)(Felshang)brattbrant
viúva(widow)(Wittwe)ekkiaænkia

No entanto, estas diferenzas eran unha excepción. Os dialectos asemellábanse moito e, de feito, os falantes dos tres dialectos consideraban que falaban só unha lingua, unha lingua que eles denominaban lingua danesa (dansk tunga) por exemplo

Móðir Dyggva var Drótt, dóttir Danps konungs, soar Rígs er fyrstr var konungr kallaðr á danska tungu (Snorri Sturluson,Saga dos Ynglings).
Tradución: A nai de Dyggve era Drott, filla do rei Danp, fillo de Rig, o cal foi o primeiro en ser denominado rei en lingua danesa.

Aquí hai unha comparación entre os dialectos oriental e occidental. É unha transcrición dunha das inscricións rúnicas sobre pedra de Funbo (Ou990) que significa: Vénðr e Thane e Gunnar levantaron esta pedra logo de Harusa, o seu pai. Deus axude á súa alma:

Veðr ok Þegn ok Gunnarr reistu stein þenna at Haursa, föður sinn. Guð hjalpi önd hans. (ANOc)
Vaiðr ok Þegn ok Gunnarr ræistu stæin þenna at Haursa, faður sinn. Guð hialpi and hans. (ANOr)

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Vexa a proba daWikipedia en  Lingua nórdica antiga

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Lingua_nórdica_antiga&oldid=7174212»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp