O país foi sempre unha estratéxica illa-fortaleza entre as beiras oriental e occidental doMediterráneo. A lingua maltesa procede do árabe, con préstamos turcos para termos navais, aínda que evolucionou ata converterse nunha nova lingua, e é a lingua oficial na illa de Malta. O seu sistema de escritura non é actualmente árabe senón, desde oséculo XVIII, romano, aínda que ata aexpulsión dos xudeus en1492 o maltés escribiuse ocasionalmente en caracteres hebreos. Debido ao seu illamento, desde o século XIII está libre de todadiglosia.
Á parte de Malta e Gozo, tan só un ou dous nomes de lugar poden, de modo cauteloso, adscribirse aos períodos que preceden á conquista árabe do ano870. Este feito demostra que as illas estaban habitadas ou que albergaban un número reducido de poboación durante gran parte da dominación árabe (aproximadamente desde o 870 ata 1090). Entre a súa captura por gobernantes normandos deSicilia e a chegada dos cabaleiros de San Juan de Xerusalén (1090–1530), as illas pertenceron a sicilianos e españois. Durante a segunda metade desta etapa, osiciliano era unha lingua moi estendida entre as capas máis elevadas daIgrexa e do laicado, e probablemente tamén entre comerciantes cualificados e artesáns. O vocabulario do actual maltés está repleto de sicilianismos; de feito, a maior parte do léxico relacionado con actividades da pesca e da construción é de orixe siciliano.
O texto en maltés máis antigo, titulado Cantilena, é un poema de 20 versos. Composto aproximadamente en 1460–85 por Petro de Caxaro. Existen tamén outros textos de ao redor da segunda metade do século XVII, pero terían que pasar máis de cen anos para que a escritura en maltés fose unha actividade sistemática. Foi Mikiel Anton Vasalli (1764-1829) o intelectual que sostivo que o maltés era unha parte importante da cultura maltesa e que debía ser a lingua nacional, polo que é considerado como "o pai da lingua maltesa" polas súas achegas tanto ao estudo lingüístico do maltés como pola súa loita pola dignificación da lingua. No século XIX, escritores locais e administradores estranxeiros, tales como J. Hookhain Frere, impulsaron o uso literario do maltés. A principios do século XX comezou a madurar e a fixarse un modelo estándar obra daGħaqda tal-Kittieba tal-Malti (Alianza dos Escritores do maltés), cuxagramática eortografía foi xeralmente aceptada. Xurdiron autores recoñecidos pola súa calidade como Dun Karm Psaila (1871-1961), considerado o poeta nacional de Malta. Tras a independencia (1964), o ritmo, amplitude e calidade das publicacións en maltés aumentou considerablemente. Na actualidade, edítanse diarios,semanarios e outras publicacións en maltés (ademais de tres diarios e tres periódicos dominicais en inglés).
As mostras léxicas máis antigas perviven en nomes de lugares ealcumes achados en documentos notariais e doutro tipo (escritos en siciliano e latín) que datan de finais do século XIV. Para máis indicios sobre a descrición da linguaxe medieval tardía, temos que recorrer ao estudo dos documentos xudeoárabes contemporáneos de orixe maltesa; con todo, sería precipitado equiparar a linguaxe presente nestes textos co maltés. A chegada dos cabaleiros en 1530 foi pronto seguida da tuscanización de Sicilia e, a partir desta data, un italiano de base toscana suplantou o siciliano como lingua de cultura e da administración nas illas. O italiano desempeñou este papel durante todo o período dos cabaleiros daOrde de Malta (1530–1798) e durante gran parte dos anos de colonización británica (1800–1964), pero o inglés comezou a desprazalo paulatinamente no século XIX da administración.