Alingua literaria é o rexistro lingüístico dunha determinadalinguaxe empregada naescritaliteraria. Tamén pode incluír alingua litúrxica. A diferenza entre formas literarias e non literarias (lingua coloquial) é máis pronunciada nunhas linguas ca noutras; cando hai unha gran diverxencia, dise que a lingua presentadiglosia.
Olatín clásico era o rexistro literario do latín, a diferenza dolatín vulgar que se falaba en todo oImperio Romano. O latín levado polos soldadosromanos áGalia,Iberia eDacia non era o latín das obras deCicerón ou doutros autores clásicos, con grandes diferenzas devocabulario,sintaxe egramática.[1] Algunhas obras literarias que amosan o rexistro máis baixo da lingua durante o período do latín clásico poden dar unha idea do mundo do latín vulgar arcaico; as obras de autores comoPlauto eTerencio, por serencomedias con diferentes personaxes, comoescravos ou pertencentes ás clases baixas, conservan algunhas características latinasbasiletais, como o discurso dos libertos rexistrado na secciónCea Trimalchionis do Satiricón, novela escrita porPetronio. Durante o terceiro Concilio de Tours de 813, ordenouse aossacerdotes que predicasen en lingua vernácula, xa sexa nalingua rústica románica (latín vulgar) ou enlinguas vernáculas xermánicas, pois a xente xa non podía entender máis o latín formal.
Ás veces, unha lingua literaria é só unha convención entendible polos falantes pero en realidade non falada vernaculamente por ninguén. Por exemplo oalto alemán antigo aínda que usa léxico altoxermánico dos séculos VIII e IX usa unha sintaxe que en moitos puntos imita a gramática e a orde do latín, polo que moitas das súas oracións parecen máis ben latín clásico parafraseado en altoxermánico, mentres que na lingua coloquial a gramática non calcaba as estruturas latinas. Outro caso interesante é o francoitaliano que se usou para a primeira versión das viaxes deMarco Polo no século XIII, xa que aínda Dante Alighieri non escribiraA divina comedia que a partir de mediados do século XIV sería amplamente usada como estándar literario na península italiana, a pesar de que coloquialmente en moitas rexións empregábanse linguas romances diferentes do toscano medieval de Alighieri.