O inglés desenvolveuse ó longo de máis de 1 400 anos. As formas máis antigas do inglés, unha serie dedialectos anglofrisóns, chegaron aGran Bretaña poloscolonos anglosaxóns no século V, son chamadasinglés antigo. Oinglés medio desenvolveuse no século XI coaconquista normanda de Inglaterra, nun período no que a lingua foi influída polo francés.[10] O inglés moderno comezou a finais do século XV coa introdución daimprenta en Londres, aBiblia do Rei Xacobe e o comezo da Gran mudanza vocálica.[11] A través da influencia mundial doImperio Británico, o inglés moderno espallouse por todo o globo dende o século XVII até a metade do século XX. A través dos diversos medios impresos e electrónicos, así como o xurdimento dos Estados Unidos como superpotencia mundial, o inglés converteuse nalingua principal das relacións internacionais e a lingua franca en moitas rexións e en contextos profesionais como a ciencia, a navegación e a lei.[12]
O inglés moderno ten poucaflexión en comparanza con outras linguas, e susténtase moito enverbos auxiliares e na orde de palabras para a expresión detempos complexos,aspectos emodo, así como deconstrucións pasivas,interrogativas e algunhas negacións. Malia as notables variacións dos acentos e dialectos do inglés empregados en diferentes rexións e países – en termos defonética efonoloxía, e ás veces envocabulario,gramática e deletreo – os falantes de inglés en todo o mundo son quen de comunicarse cos outros conrelativa facilidade.
Árbore filoxenética amosando as relacións entre as linguas da póla occidental das linguas xermánicas.Aslinguas xermánicas en Europa."EN" é o código de lingua común para o inglés (segundo o estándarISO 639-1).
O inglés clasifícase como unha lingua xermánica porque comparte elementos novos (diferentes doutras linguas indoeuropeas) con outras linguas xermánicas como oneerlandés, oalemán ou osueco.[18] Estes elementos innovadores amosan que estas linguas descenden dun mesmo antergo común, que os lingüistas chamanprotoxermánico. Algúns elementos comúns das linguas xermánicas son o uso deverbos modais, a división dos verbos en fortes ou febles, e os cambios de son que afectan ás consoantesprotoindoeuropeas, coñecidos comoLei de Grimm e deVerner. Segundo a lei de Grimm, a palabrafoot (pé) comeza con/f/ nas linguas xermánicas, pero o seucognado noutras linguas indoeuropeas comeza con/p/. O inglés clasifícase como lingua anglofrisoa porque comparten características comúns, como apalatalización de consoantes que eran velares no protoxermánico.[19]
Ingléscheese, frisóntsiis (ch ets por palatalización)
AlemánKäse e neerlandéskaas (k sen palatalización)
O inglés, ó igual que outras linguas xermánicas insulares como oislandés e oferoés, desenvolveuse independentemente das lingas xermánicas continentais e as súas influencias. O inglés non émutuamente intelixible con ningunha lingua xermánica continental, diferindo envocabulario,sintaxe efonoloxía, malia que algunhas, como o neerlandés, teñen fortes afinidades co inglés, especialmente nas fases iniciais.[20]
Debido a que o inglés cambiou considerablemente ó longo da súa historia por mor do contacto con outras linguas, en especialnórdico antigo e onormando francés, algúns estudosos sinalaron que o inglés pode considerarse unha lingua mesturada ou unhalingua crioula – unha teoría chamada hipótese do inglés medio crioulo. Malia o alto grao de influencia doutras linguas no seu vocabulario e gramática do inglés moderno é moi coñecido, moitos especialistas en contacto das linguas non consideran ó inglés como unha verdadeira lingua mesturada.[21][22]
O inglés antigo estaba dividido en catro dialectos: dous dialectos anglos, o deMercia eNorthumbria, e dous dialectos saxóns, o deKent eWessex.[27] A través das reformas educativas deAlfredo o Grande noséculo IX e a influencia do reino deWessex, o dialecto saxón occidental converteuse novariedade escrita estándar.[28] Opoema épicoBeowulf está escrito en saxón occidental, e o poema máis antigo en inglés,Cædmon's Hymn, está escrito no dialecto de Northumbria.[29] O inglés moderno desenvolveuse principalmente do dialecto de Mercia, pero alingua escocesa desenvolveuse do de Northumbria. Unhas poucas inscricións curtas do período máis antigo do inglés foron escritas empregandoescrita rúnica.[30] No século VI, foi adoptado oalfabeto latino, escrito coa grafía mediouncial. Inclúe as letras rúnicaswynn ƿ ethorn þ, e as letras latinas modificadaseth ð, eash æ.[30][31]
O inglés antigo é moi diferente doinglés medio e é moi difícil de entender para os falantes de inglés doséculo XXI. A súa gramática era semellante á do modernoalemán, e o seu parente máis achegado era ofrisón antigo. Os nomes, adxectivos, pronomes e verbos tiñan moitas máis formasterminacións flexivas, e a orde das palabras era moito máis libre que a do inglés moderno. O inglés moderno tenformas de caso nos pronomes (he,him,his) e poucas terminacións verbais (I have,he has), pero o inglés antigo tiña formas de caso nos nomes, e os verbos tiñan máis terminacións depersoa enúmero.[32][33][34]
A tradución de Mateu 8:20 do ano 1000 amosa exemplos de terminacións de caso (nominativo plural,acusativo plural exenitivo singular) e de verbo (presente plural):
Foxas habbað holu and heofonan fuglas nest
Fox-as habb-að hol-u and heofon-an fugl-as nest-∅
fox-NOM.PL have-PRS.PL hole-ACC.PL and heaven-XEN.SG bird-NOM.PL nest-ACC.PL
"Foxes have holes and the birds of heaven nests"[35]
"Os raposos teñen buratos e os paxaros do ceo, niños" (tradución ó galego)
Englischmen þeyz hy hadde fram þe bygynnyng þre manner speche, Souþeron, Northeron, and Myddel speche in þe myddel of þe lond, … Noþeles by comyxstion and mellyng, furst wiþ Danes, and afterward wiþ Normans, in menye þe contray longage ys asperyed, and som vseþ strange wlaffyng, chyteryng, harryng, and garryng grisbytting.
Aínda que, dende o principio, os ingleses tivesen tres xeitos de falar, o do sur, o do norte e a fala do interior do país, ... Porén, a través da mestura, primeiro cos daneses e despois cos normandos, entre moitas outras xurdiu a lingua do país, e algúns empregan estraños tatabexos, parolas, gruñidos e renxidos.
No período que vai dende o século XVIII até o XII, o inglés antigo transformouse gradualmente eninglés medio a través docontacto lingüístico. A orixe do inglés medio é definida a miúdo arbitrariamente co comezo daconquista de Inglaterra porGuillerme o Conquistador en 1066, mais desenvolveuse no período entre os anos 1200–1450.
Primeiro, as ondas de colonizadores nórdicos que chegaron ó norte das Illas Británicas nos séculos VIII e IX puxeron ó inglés antigo nun contacto intenso conórdico antigo, unhaxermánica do norte. A influencia do nórdico foi forte nas variedades do inglés antigo faladas na área deDanelaw arredor de York, que foi o centro da colonización nórdica; hoxe eses trazos están particularmente presentes noescocés e inglés do norte. Porén, o centro do inglés nórdico semellan ter sido as terras interiores arredor doReino de Lindsey, e despois do ano 920, cando Lindsey foi reincorporado á política anglosaxoa, os trazos do nórdico espalláronse as variedades do inglés que non tiveran un contacto intenso cos falantes nórdicos. Algúns elementos da influencia nórdica que persisten en tódalas variedades do inglés moderno son os pronomes que comezan porth- (they, them, their) que substituíron os pronomes anglosaxóns conh- (hie, him, hera).[37]
Coaconquista normanda de Inglaterra en 1066, o inglés antigo con trazos nórdicos foi suxeito do contacto conormando antigo, unhalingua románica estreitamente relacionada cofrancés moderno. A lingua normanda en Inglaterra evolucionou eventualmente noanglonormando. Como o normando era falado principalmente polas elites e os nobres, mentres que as clases baixas continuaron falando anglosaxón, a influencia do normando consistiu na introdución dun gran número depréstamos relacionados coa política, coa lexislación e os dominios sociais de prestixio.[38] O inglés medio simplificou amplamente o sistema de inflexión, probablemente para conciliar o nórdico antigo co inglés antigo, que tiñan inflexións diferentes pero morfoloxías semellantes. A distinción entre os casos nominativo e acusativo perdeuse agás nos pronomes persoais, o caso instrumental desapareceu e o uso do casoxenitivo foi limitado a describir posesión. O sistema de inflexión regulou moitas formas inflexionais irregulares,[39] e gradualmente simplificou o sistema de acordo, facendo a orde das palabras menos flexible.[40] NaBiblia de Wycliffe de 1380, a pasaxe de Mateu 8:20 foi escrito así:
Foxis han dennes, and briddis of heuene han nestis[41]
Aquí o sufixo plural-n no verbohave aínda se conserva, pero ningunha das terminacións dos casos sobre os substantivos está presente.
Noséculo XII, o inglés medio estaba completamente desenvolvido, integrando trazos nórdicos e normandos; continuou a ser falado até a transición ó inglés moderno arredor do 1500. A literatura en inglés medio inclúeOs contos de Canterbury deGeoffrey Chaucer eLe Morte d'Arthur deThomas Malory. No período do inglés medio proliferou o uso de dialectos rexionais e os trazos dialectais foron utilizados como efectos por autores tales como Chaucer.
Representación gráfica dogran desprazamento vocálico, amosando como a pronunciación das vogais longas mudou gradualmente, coas vogais i: e u: rompendo en ditongos e as vogais inferiores cada unha cambiando a súa pronunciación por un nivel.
O seguinte período na historia do inglés foi o inglés moderno temperán (1500–1700). Esta lingua caracterizouse pologran desprazamento vocálico (1350–1700), que supuxo unha simplificación das inflexións e unha estandarización lingüística.
O gran desprazamento vocálico afectou ás vogais longas do inglés medio. Foi un cambio en cadea, o cal implicou que cada cambio tivo un cambio subsecuente no sistema vocálico. Asvogais medias eabertas foron elevadas, e aspechadas romperon enditongos. Por exemplo, a palabrabite (trabada) foi orixinalmente pronunciada como a palabra actual inglesabeet, e a segunda vogal da palabraabout (sobre) foi pronunciada como a palabra inglesaboot. O gran desprazamento vocálico explica moitas das irregularidades no deletreo, xa que o inglés mantén moitas formas escritas dende o inglés medio, e iso tamén explica porque as vogais inglesas teñen pronunciacións tan diferentes para as mesmas letras noutras linguas.[42][43]
O inglés comezou a medrar en prestixio durante o reinado deHenrique V. Arredor do ano 1430 aCourt of Chancery deWestminster comezou a empregar o inglés en documentos oficiais, e unha nova forma de inglés medio, coñecido como "Chancery Standard", foi desenvolvido a partir dos dialectos de Londres e das terras interiores do leste. En 1476William Caxton introduciu aimprenta en Inglaterra e comezou a publicar os primeiros libros impresos en Londres, estendendo a influencia desa forma do inglés.[44] A literatura deste período moderno temperán inclúe as obras deWilliam Shakespeare e atradución da Biblia encargada polo reiXacobe I. Mesmo despois do cambio vocálico, a lingua aínda soa diferente do inglés moderno: por exemplo, osgrupos consonánticos/kn ɡn sw/ enknight,gnat esword aínda se pronunciaban. Moitas das características gramaticais que un lector moderno de Shakespeare podería atopar pintorescas ou arcaicas representan as características distintas do inglés moderno temperán.[45]
Na versión de 1611 da Biblia do Rei Xacobe, escrita en inglés moderno temperán, Mateu 8:20 di:
The Foxes haue holes and the birds of the ayre haue nests[35]
Isto exemplifica a perda do caso e o seu efecto na estrutura da oración (substituído coa orde de palabras suxeito-verbo-obxecto, e o emprego deof no canto do xenitivo non posesivo), e a introdución de préstamos do francés como (ayre) e substitucións de palabras (bird substituíu afugol).
A finais doséculo XVIII, oImperio Británico facilitou a expansión do inglés nas súas colonias e dominios xeopolíticos. O comercio, a ciencia, a tecnoloxía, a diplomacia, a arte e a educación formal contribuíron a que o inglés se convertese na primeira lingua verdadeiramente global. O inglés tamén facilitou a comunicación internacional en todo o mundo.[46][47] Ó tempo que Inglaterra continuou a formar novas colonias, outras foron acadando a independencia e desenvolvendo as súas propias normas de como falar e escribir o inglés. O inglés foi adoptado enAmérica do Norte, aIndia, partes deÁfrica,Australasia e moitas outras rexións. No período poscolonial, algunhas das nacións acabadas de nacer que tiñan moitas linguas indíxenas optaron por continuar co inglés como lingua oficial para evitar as dificultades políticas de ter que promocionar unha das linguas indíxenas por riba das outras.[48][49][50] No século XX o crecemento económico e a influencia cultural dos Estados Unidos de América e o seu rol como superpotencia despois dasegunda guerra mundial, sumado á emisión mundial en inglés daBBC[51] acelerou significativamente o espallamento da lingua en todo o planeta.[52][53] No século XXI o inglés foi máis amplamente falado e escrito que ningunha outra lingua na historia.[54]
O principal logro no desenvolvemento temperán do inglés moderno foi a codificación de normas explícitas e a súa diseminación a través dos medios de comunicación oficiais, como a educación pública e as publicacións subvencionadas polo estado. En 1755Samuel Johnson publicouA Dictionary of the English Language que introduciu un estándar de escrita e normas de uso. En 1828Noah Webster publicouAmerican Dictionary of the English language nun esforzo por estabelecer unha norma para a fala e a escrita do inglés americano que era independente da forma británica. Dentro de Gran Bretaña os dialectos e as falas de clase baixa foron cada vez máis estigmatizados, o que levou a difusión rápida das variedades de prestixio entre a clase media.[55]
En termos de evolución gramatical, o inglés moderno acadou un punto no que a perda do caso está case completada (o caso só se pode atopar hoxe nos pronomes, comohe ehim,she eher,who ewhom), e no que a orde das palabras suxeito-verbo-obxecto está totalmente fixada.[55] Algúns cambios, como o uso do "do-support" convertéronse en universais da lingua. (o inglés temperán non empregaba a palabra "do" como auxiliar do xeito que o fai o inglés moderno; nun comezo só era empregado en construcións interrogativas, nas cales non era obrigatorio.[56] Hoxe, do-support co verbohave estase convertendo cada vez máis na forma estandarizada). O uso de formas progresivas en-ing semella estar creando novas construcións, e formas comohad been being built estanse facendo máis comúns. A regularización de formas irregulares tamén continúa paseniño (por exemplodreamed no canto dedreamt), e as alternativas analíticas nas formas inflexivas estanse facendo máis comúns (por exemplomore polite no canto depoliter). O inglés británico está a cambiar baixo a influencia do inglés americano, que conta cunha presenza máis forte nos medios e un maior prestixio asociado cos Estados Unidos como unha potencia mundial.[57][58][59]
No ano 2016 400 millóns de persoas falaban inglés comolingua materna e 1 000 millóns fálano como segunda lingua.[60] O inglés é probablemente a terceira meirande lingua por número de falantes, despois domandarín e ocastelán.[9] Porén, cando se xuntan os falantes nativos cos non nativos, e dependendo das estimacións, pode ser a lingua común máis falada do mundo.[54][61][62][63] O inglés é falado por comunidades en tódolos continentes e nas illas de tódolos grandes océanos.[64] Os países nos que se fala o inglés poden ser agrupados en diferentes categorías polo xeito no que o inglés é empregado en cada país. Os países do "círculo interior"[65] con falantes nativos comparten unha forma estándar de escribir e de falar. O inglés non pertence só a un país, nin ós descendentes dos colonos ingleses. O inglés é unha lingua oficial de países poboados por algúns descendentes de falantes nativos. Tamén se converteu na máis importante lingua na comunicación internacional entre persoas que comparten unha lingua non nativa en calquera parte do mundo.
Braj Kachru distingue os países nos que se fala o inglés cun modelo de tres círculos.[65] Neste modelo, os países do "círculo interno" son países con grandes comunidades de falantes nativos de inglés, os países do "círculo exterior" teñen pequenas comunidade de falantes nativos de inglés pero o seu uso está a medrar como segunda lingua na educación, nos medios ou con propósitos oficiais locais, e os países do "círculo en expansión" son os que teñen moitas persoas aprendendo inglés como lingua estranxeira. Kachru basea o seu modelo na historia, en como o inglés se espallou en diferentes países, en como os usuarios adquiren o inglés e o alcance de uso do inglés en cada país. A pertenza a algún destes tres círculos pode cambiar co tempo.[66]
Os tres círculos do inglés de Braj Kachru.
Entre os países con grandes comunidades de falantes nativos (o círculo exterior) inclúense oReino Unido, osEstados Unidos de América,Australia, oCanadá,Irlanda eNova Zelandia, onde a maioría fala inglés, eSuráfrica, onde un significante minoría fala inglés. Os países con maior número de falantes nativos son, en orde descendente, osEstados Unidos (cuns 231 millóns),[67] oReino Unido (60 millóns),[68][69][70] o Canadá (19 millóns),[71]Australia (con 17 millóns),[72] Suráfrica (4,8 millóns),[73]Irlanda (4,2 millóns), e Nova Zelandia (3,7 millóns).[74] Neses países os nenos aprenden o inglés dos seus pais, e os locais que falan outra lingua ou os novos inmigrantes aprenden inglés para comunicarse cos seus veciños e nos seus postos de traballo.[75] Os países do círculo interno achegan a base sobre a que o inglés se estende ós outros países do mundo.[66]
As estimacións do número de falantes de inglés comosegunda lingua e os falantes estranxeiros varían moito, entre os 470 millóns até máis de 1 000 millóns, dependendo de como se defina a súa competencia na lingua.[8] O lingüistaDavid Crystal estima que os falantes non nativos superan ós nativos nunha relación de 3 non nativos por cada nativo.[61] No modelo dos tres círculos de Kachru, os países do "círculo exterior" inclúen aFilipinas,[76]Xamaica,[77]India,Paquistán,Singapur,[78] eNixeria[79][80] cunha proporción pequena de falantes nativos pero un grande uso do inglés na educación, no goberno, nos negocios e onde inglés emprégase rutineiramente para a instrución escolar e as interaccións oficiais co goberno.[81] Estes países teñen millóns de falantes nativos duncontinuo dialectal que vai dende o crioulo baseado no inglés até unha versión máis estándar do inglés. Teñen moitos máis falantes de inglés que adquiren a lingua nun proceso de progresión diaria e que escoitan a radiodifusión, especialmente se asisten a escolas onde o inglés é o medio de instrución. As variedades do inglés aprendido polos falantes que non son nativos poden estar influenciadas, especialmente na gramática, polas outras linguas faladas por estas persoas.[75] Moitas destas variedades de inglés inclúen palabras pouco usadas por falantes nativos de inglés nos países do círculo interno,[75] e poden ter diferenzas gramaticais e fonolóxicas tamén. O inglés estándar dos países dos círculo interno é tomado como referencia e norma de uso polos países dos círculos externos.[75]
No modelo dos tres círculos, países como Polonia, a China, o Brasil, Alemaña, o Xapón, Indonesia, Exipto e outros países onde o inglés é considerado como unha lingua estranxeira, forman parte do "círculo en expansión".[82] A distinción entre o inglés como primeira lingua, como segunda lingua e como lingua estranxeira é a miúdo debatible e pode cambiar en países particulares ó longo do tempo.[81] Por exemplo, nosPaíses Baixos e noutros países de Europa, o coñecemento do inglés como segunda lingua é case universal, con máis do 80% da poboación sendo quen de usalo,[83] e por iso o inglés emprégase acotío para comunicarse cos estranxeiros e na educación superior. Neses países, malia que o inglés non se empregue en entidades gobernamentais, o uso xeneralizado colócaos na fronteira entre o "círculo exterior" e o "círculo en expansión". O inglés é pouco frecuente entre as linguas do mundo tendo en conta o número gran número de falantes que non son nativos senón que o teñen como segunda lingua ou lingua estranxeira.[84] Moitos usuarios de inglés no círculo en expansión úsano para comunicarse con outras persoas do círculo en expansión polo que a interacción con outros usuarios nativos non xoga ningún papel na súa decisión de falar inglés.[85] As variedades non nativas do inglés son amplamente empregada para a comunicación internacional, e a miúdo os falantes dunha variedade atopan trazos en común con outras variedades.[86]
Gráfico que a amosa a porcentaxe de falantes nativos de inglés que viven en países do "círculo interior". Estados Unidos (64.3%) Reino Unido (16.7%) Canadá (5.3%) Australia (4.7%) Suráfrica (1.3%) Irlanda (1.1%) Nova Zelandia (1%) Outros (5.6%)
O inglés é unhalingua pluricéntrica, o cal significa que ningunha autoridade nacional ten un estándar de uso para a lingua.[87][88][89][90] Porén, o inglés non é unha lingua dividida,[91] a pesar da brincadeira atribuída aGeorge Bernard Shaw segundo a cal o Reino Unido e os Estados Unidos son "dous países separados por unha lingua común".[92] Tanto o inglés falado como o inglés empregado nas emisións empregan estándares de pronunciación nacionais que se estabelecen máis por costume que por regulación. As emisoras internacionais son identificadas polo país de procedencia máis que polo acento,[93] e as versións escritas compóñense a partir da forma estándar internacional do inglés. As normas do inglés escrito estándar mantéñense puramente polo consenso dos falantes educados en inglés de todo o mundo, sen ningún tipo de supervisión por parte de ningún goberno ou organización internacional.[94] Os oíntes estadounidenses comprenden xeralmente a maioría da radiodifusión británica, e os oíntes británicos comprenden doadamente a maioría da radiodifusión estadounidense. A maioría dos anglofalantes de todo o mundo poden entender programas de radio, programas de televisión e filmes de moitas partes do mundo de fala inglesa.[95] Tanto as variedades estándar como as no estándar de inglés poden incluír estilos formais ou informais, que se distinguen pola escolla de palabras e sintaxe e empregan tanto rexistros técnicos como non técnicos.[96]
A historia colonial dos países do círculo interno fóra de Gran Bretaña axudou ás distincións a nivel dialectal e a producir unhaforma koiné en Suráfrica, Australia e Nova Zelandia.[97] A maioría dos inmigrantes que chegaron ós Estados Unidos e que non eran británicos adoptaron axiña o inglés despois de chegar. Hoxe, a maioría da poboación dos Estados Unidos é monolingüe en inglés,[98][67] malia que o inglés só ten o status oficial en 30 dos 50 estados norteamericanos.[99][100]
O inglés deixou de ser a "lingua dos ingleses" no senso de pertencer só ó pobo que é etnicamente inglesa.[101][102] O emprego do inglés está medrando en tódolos países para comunicacións internas e internacionais. A maioría da xente aprende o inglés por razóns prácticas máis que por razóns ideolóxicas.[103] Moitos dos falantes de inglés en África convertéronse en parte dunha comunidade "afrosaxoa" que une ós africanos de diferentes países.[104]
A medida que a descolonización proseguiu en todo oImperio Británico nos anos 1950 e 1960, as antigas colonias non rexeitaron o inglés senón que continuaron a usalo como estados independentes coas súas propias políticas lingüísticas.[49][50][105] Por exemplo, a visión que moitos indios tiñan do inglés pasou da asociación co colonialismo ó progreso económico e o inglés continúa a ser unha lingua oficial da India.[106] O inglés tamén é amplamente empregado nos medios e na literatura, e o número de libros publicados en inglés anualmente na India é o terceiro meirande do mundo despois dos Estados Unidos e o Reino Unido.[107] Porén, o inglés é raramente falado como primeira lingua, contando só arredor dun par de centos de miles de persoas e menos do 5% da poboación fala inglés con fluidez na India.[108][109] David Crystal argumentou no 2004 que, combinando os falantes nativos e non nativos, a India tería hoxe máis xente que fala e entende o inglés que calquera outro país do mundo.[110] Mais, o número de falantes é realmente incerto e moitos estudosos sosteñen que os Estados Unidos teñen aínda máis falantes que a India.[111]
O inglés moderno, ás veces descrito como a primeiralingua franca global,[52][112] é tamén considerada como a primeiralingua mundial.[113][114] É a lingua máis empregada do mundo na publicación de xornais e de libros, nas telecomunicacións internacionais, nas publicacións científicas, no comercio internacional, no entretemento de masas e na diplomacia.[114] O inglés é, por tratado internacional, a base dalingua controlada[115] deSeaspeak e Airspeak, empregada comolingua auxiliar da navegación[116] e da aviación.[117] No pasado, adoitaba estar ó nivel do francés e do alemán no campo das investigacións científicas pero hoxe é a lingua franca ou dominante.[118] Acadou paridade cofrancés como lingua da diplomacia nas negociacións doTratado de Versalles en 1919.[119] Na fundación dasNacións Unidas a finais dasegunda guerra mundial, foi a lingua prominente[120] e hoxe é a lingua principal na diplomacia e nas relacións internacionais en todo o mundo.[121] É unha das seis linguas oficiais das Nacións Unidas.[122] Moitas outras organizacións mundiais e internacionais, incluíndo oComité Olímpico Internacional, especifican o inglés como lingua de traballo ou lingua oficial da organización.
Moitas organizacións rexionais e internacionais como aAsociación Europea de Libre Comercio, aAsociación de Nacións do Sueste Asiático,[53] e aCooperación Económica Asia-Pacífico teñen o inglés como única lingua de traballo da organización mesmo tendo en conta que a moitos países non teñen maioría de falantes de inglés. Malia que a Unión Europea permite ós seus estados membros designar calquera das linguas nacionais como lingua oficial da Unión, na práctica o inglés é a principal lingua de traballo da organización.[123]
Malia que en moitos países o inglés non é lingua oficial, é a lingua máis escollida comolingua estranxeira.[52][53] Entre os países da Unión Europea, o inglés é a lingua estranxeira máis estendida en dezanove dos vinte e cinco estados onde non é oficial (isto é, os países que non son o Reino Unido, Irlanda eMalta). Nunha enquisa de 2012 do Eurobarómetro, o 38% dos europeos dos países non anglófonos son quen de ter unha conversa nesta lingua. A seguinte lingua máis mencionada como lingua estranxeira, o francés, pódena empregar o 12% dos que responderon a enquisa.[124]
Un coñecemento profesional do inglés converteuse nun requisito cada vez máis común nun gran número de postos de traballo e profesións, como en medicina[125] ou informática. Converteuse tamén nunha ferramenta moi importante nas publicacións científicas, con máis do 80% dos artigos xornalísticos indexados porChemical Abstracts en 1998 escritos en inglés, o 90% dos artigos en ciencias naturais en 1996 e o 82% dos artigos de humanidades en 1995.[126]
O crecemento do uso do inglés globalmente tivo un efecto noutras linguas, o que levou que algunhas verbas inglesas fosen asimiladas no vocabulario doutras linguas. Esta influencia do inglés suscitou preocupacións polamorte doutras linguas,[127] e acusacións deimperialismo lingüístico,[128] e isto provocou unha resistencia á difusión do inglés. Porén, o número de falantes continúa a medrar porque moita xente en todo o mundo pensa que o inglés proporciona oportunidades para atopar emprego e mellorar as súas vidas.[129]
Malia que algúns estudosos sinalaron a posibilidade dunha futura diverxencia dos dialectos ingleses cara a linguas mutuamente inintelixibles, a maioría coidan que é máis probable que continúe a funcionar como unha linguakoiné no que a forma estándar unifica ós falantes de todo o mundo.[130] O inglés emprégase como a lingua para unha comunicación máis ampla en países de todo o mundo.[131] Por iso, o inglés medrou internacionalmente moito máis que calquera daslinguas construídas propostas comolingua auxiliar, incluído oesperanto.[132][133]
A maioría dos dialectos ingleses comparten os mesmos 24 fonemas consonánticos. O inventario de consoantes amosado abaixo é válido para o inglés californiano,[138] e para PR.[139]
Na táboa, cando asobstruíntes (oclusivas, africadas e fricativas) aparecen en parellas, como /p b/, /tʃ dʒ/ e /s z/, a primeira é forte e a segunda é feble. As obstruíntes fortes, como /p tʃ s/ pronúncianse con máis tensión muscular e forza do alento que as febles, como /b dʒ z/, e son sempre xordas. As consoantes febles son pronunciadas parcialmente ó comezo e ó remate dos enunciados, e completamente pronunciados entre vogais. As oclusivas fortes como /p/ teñen unha articulación engadida na maioría dos dialectos do inglés: son aspiradas [pʰ] cando aparecen soas no comezo dunha sílaba acentuada, a miúdo noutros casos non son aspiradas, e ás veces sonoclusivas [p̚ ] oupre-glotalizadas [ˀp] no remate da sílaba. Nunha palabra dunha soa sílaba, a vogal anterior a unha oclusiva forte é acurtada: segundo isto,nip ten unha destacable vogal curta (foneticamente, pero non fonemicamente) e nonnib [nɪˑp̬].[140]
oclusivas fortes:pin [ˈpʰɪn],spin [spɪn],happy [ˈhæpi],nip [ˈnip̚ ] ou [ˈniˀp]
En PR, a aproximante lateral /l/ ten dousalófonos principais (variacións de pronunciación): a clara ou plana [l], como enlight, e a escura ou velar [ɫ], como enfull.[141] GA ten ol escuro en moitos casos.[142]
clarol: PRlight [laɪt]
escurol: PR e GAfull [fʊɫ], GAlight [ɫaɪt]
Tódalassonoras (líquidas /l, r/ e nasais /m, n, ŋ/) desonorizan cando van despois dunha obstruínte xorda e son silábicas cando van despois dunha consoante ó final dunha palabra.[143]
A pronunciación das vogais varía amplamente entre os diferentes dialectos e é un dos trazos máis salientables do acento dos falantes. A que se amosa embaixo lista dosfonemas vocálicos da Pronunciación Recibida (RP) e General American (GA), con exemplos de palabras nos que se producen. As vogais están representadas con símbolos do Alfabeto Fonético Internacional; aquelas sinaladas en RP son as estándar nos dicionarios británicos e outras publicacións.
En RP, a duración da vogal é fonémica; as vogais longas están marcadas condous puntos ː na táboa superior, como na vogal deneed [niːd] e de xeito oposto abid [bɪd]. GA non ten vogais longas.
Nas dúas clases de pronunciación, as vogais son foneticamente acurtadas antes de consoantes fortes na mesmasílaba, como /t tʃ f/, pero non antes de consoantes febles como /d dʒ v/ ou en sílabas abertas: deste xeito, a vogal derich [rɪ̆tʃ],neat [niˑt], esafe [sĕɪ̆f] son considerablemente máis curtas que as deridge [rɪdʒ],need [niːd], esave [seɪv], e a vogal delight [lăɪ̆t] é máis curta que a delie[laɪ]. Xa que moitas consoantes febles son mudas ó final dunha sílaba, a lonxitude dunha vogal é un sinal de se a consoante seguinte é feble ou forte.[144]
As vogais /ɨ ə/ só aparecen en sílabas non acentuadas e son o resultado dunha redución vocálica. Algúns dialectos non as distinguen, polo queroses ecomma rematan na mesma vogal, un trazo dialectal chamado fusión de vogais febles. GA ten unr sen acentuar-/ɚ/, como enbutter [ˈbʌtɚ], que en RP ten a mesma vogal que encomma.
Unha sílaba inglesa inclúe un núcleo de sílaba que consiste nun son de vogal. O inicio da sílaba e a coda (inicio e fin) son opcionais. Unha sílaba pode comezar con até tres sons de consoante, como ensprint/sprɪnt/, e rematar en até catro, como entexts/teksts/. Isto dálle á sílaba inglesa a segiunte estrutura, (CCC)V(CCCC) onde C representa unha consoante e V unha vogal. As consoantes que poden aparecer xuntas nas codas están restrinxidas, como é a orde na que poden aparecer. Os comezos só poden ter catro tipos de consoantes: unha oclusiva e aproximante, como enplay; unha fricativa xorda e aproximante, como enfly ously;s e unha oclusiva xorda, como enstay; es, unha oclusiva xorda e unha aproximante, como enstring.[145] Os grupos de nasais e oclusivas só se permiten en codas. Os grupos de obstruíntes sempre están de acordo coa voz, e os grupos de sibilantes e de plosivos co mesmo punto de articulación están prohibidos. Ademais, varias consoantes teñen distribucións limitadas: /h/ só pode aparecer na posición inicial da sílaba, e /ŋ/ só na posición final da sílaba.[146]
Oacento xoga un importante papel no inglés. Certassílabas son acentuadas mentres que outras non o son. O acento é unha combinación de duración, intensidade, calidade vogal e algúns cambios no ton. As sílabas acentuadas son pronunciadas máis longas e intensas que as non acentuadas, e as vogais en sílabas sen acentuar adoitanneutralizarse, mentres que as acentuadas non o fan.[147] Algunhas palabras, principalmente palabras de función curta, pero tamén algúns verbos modais comocan, teñen formas fortes e febles dependendo da súa posición acentuada ou non acentuada dentro da oración.
A acentuación en inglés éfonémica, e algúns pares de palabras distínguense polo acento. Por exemplo, a palabracontract é acentuada na primeira sílaba (ˈkɒntrækt) cando é un substantivo, pero acentúase a derradeira sílaba (kənˈtrækt) cando é un verbo.[148][149][150] Neste caso, a acentuación está relacionada coaneutralización vocálica: no substantivo "contract" a primeira sílaba está acentuada e ten unha vogal non neutralizada /ɒ/, pero no verbo "contract" a primeira sílaba non está acentuada e ten a vogal neutralizada /ə/. O acento tamén se emprega para diferenciar entre palabras e oracións, para que unha palabra composta reciba unha soa unidade de esforzo, pero a frase correspondente ten dous: e.g.to búrn óut versusa búrnout, ea hótdog versusa hót dóg.[151]
En termos deritmo, o inglés é descrito polo xeral como unha ligua isocrónica, o que quere dicir que a cantidade de tempo entre as sílabas acentuadas adoita ser o mesmo. As sílabas acentuadas son pronunciadas máis longas, mais as sílabas non acentuadas (as sílabas entre os acentos) son máis curtas. As vogais en sílabas non acentuadas son máis curtas, e a redución vocálica provoca cambios na calidade vocálica:neutralización.
Aarts, Bas; Haegeman, Liliane (2006). "6. English Word classes and Phrases". En Aarts, Bas; McMahon, April.The Handbook of English Linguistics. Blackwell Publishing Ltd.
Aitken, A. J.; McArthur, Tom, eds. (1979).Languages of Scotland. Occasional paper – Association for Scottish Literary Studies; no. 4. Edinburgh: Chambers.ISBN978-0-550-20261-1.
Algeo, John (1999). "Chapter 2:Vocabulary". En Romaine, Suzanne.Cambridge History of the English Language. IV: 1776–1997. Cambridge University Press. pp. 57–91.ISBN978-0-521-26477-8.doi:10.1017/CHOL9780521264778.003.
Ammon, Ulrich (novembro de 2006). "Language Conflicts in the European Union: On finding a politically acceptable and practicable solution for EU institutions that satisfies diverging interests".International Journal of Applied Linguistics16 (3): 319–338.ISSN0802-6106.doi:10.1111/j.1473-4192.2006.00121.x.
Ammon, Ulrich (2008). "Pluricentric and Divided Languages". En Ammon, Ulrich N.; Dittmar, Norbert; Mattheier, Klaus J.; et al.Sociolinguistics: An International Handbook of the Science of Language and Society / Soziolinguistik Ein internationales Handbuch zur Wissenschaft vov Sprache and Gesellschaft. Handbooks of Linguistics and Communication Science / Handbücher zur Sprach- und Kommunikationswissenschaft 3/22 (2nd completely revised and extended ed.). de Gruyter.ISBN978-3-11-019425-8.
Bailey, G. (1997). "When did southern American English begin". En Edgar W. Schneider.Englishes around the world. pp. 255–275.
Bammesberger, Alfred (1992). "Chapter 2: The Place of English in Germanic and Indo-European". En Hogg, Richard M.The Cambridge History of the English Language. 1: The Beginnings to 1066. Cambridge University Press. pp. 26–66.ISBN978-0-521-26474-7.
Barry, Michael V. (1982). "English in Ireland". En Bailey, Richard W.; Görlach, Manfred.English as a World Language. University of Michigan Press. pp. 84–134.ISBN978-3-12-533872-2.
Bauer, Laurie; Huddleston, Rodney (15 de abril de 2002)."Chapter 19: Lexical Word-Formation". En Huddleston, Rodney; Pullum, Geoffrey K.The Cambridge Grammar of the English Language. Cambridge: Cambridge University Press. pp. 1621–1721.ISBN978-0-521-43146-0. Consultado o 10 de febreiro de 2015.Resumo divulgativo(PDF) (10 de febreiro de 2015).
Boberg, Charles (2010).The English language in Canada: Status, history and comparative analysis. Studies in English Language. Cambridge University Press.ISBN978-1-139-49144-0.Resumo divulgativo (2 de abril de 2015).
Carr, Philip; Honeybone, Patrick (2007). "English phonology and linguistic theory: an introduction to issues, and to 'Issues in English Phonology'".Language Sciences29 (2): 117–153.doi:10.1016/j.langsci.2006.12.018.
Cassidy, Frederic G. (1982). "Geographical Variation of English in the United States". En Bailey, Richard W.; Görlach, Manfred.English as a World Language. University of Michigan Press. pp. 177–210.ISBN978-3-12-533872-2.
Collingwood, Robin George; Myres, J. N. L. (1936). "Chapter XX. The Sources for the period: Angles, Saxons, and Jutes on the Continent".Roman Britain and the English Settlements. Book V: The English Settlements. Oxford, England: Clarendon Press.LCCN37002621.Resumo divulgativo (15 de marzo de 2015).
Eagleson, Robert D. (1982). "English in Australia and New Zealand". En Bailey, Richard W.; Görlach, Manfred.English as a World Language. University of Michigan Press. pp. 415–438.ISBN978-3-12-533872-2.
Fasold, Ralph W.; Connor-Linton, Jeffrey, eds. (2014).An Introduction to Language and Linguistics (Second ed.). Cambridge University Press.ISBN978-1-316-06185-5.
Görlach, Manfred (1991).Introduction to Early Modern English. Cambridge University Press.ISBN978-0-521-32529-5.
Gordin, Michael D. (4 de febreiro de 2015)."Absolute English".Aeon. Arquivado dendeo orixinal o 07 de febreiro de 2015. Consultado o 16 de febreiro de 2015.
Greenbaum, S.; Nelson, G. (1 de xaneiro de 2002).An introduction to English grammar (Second ed.). Longman.ISBN978-0-582-43741-8.
Halliday, M. A. K.; Hasan, Ruqaiya (1976).Cohesion in English. Pearson Education ltd.
Hancock, Ian F.; Angogo, Rachel (1982). "English in East Africa". En Bailey, Richard W.; Görlach, Manfred.English as a World Language. University of Michigan Press. pp. 415–438.ISBN978-3-12-533872-2.
Hickey, R., ed. (2005).Legacies of colonial English: Studies in transported dialects. Cambridge University Press.
Hogg, Richard M. (1992). "Chapter 3: Phonology and Morphology". En Hogg, Richard M.The Cambridge History of the English Language. 1: The Beginnings to 1066. Cambridge University Press. pp. 67–168.ISBN978-0-521-26474-7.doi:10.1017/CHOL9780521264747.
"How many words are there in the English language?".Oxford Dictionaries Online. Oxford University Press. 2015. Arquivado dendeo orixinal o 30 de novembro de 2011. Consultado o 2 de abril de 2015.How many words are there in the English language? There is no single sensible answer to this question. It's impossible to count the number of words in a language, because it's so hard to decide what actually counts as a word.
Hughes, Arthur; Trudgill, Peter (1996).English Accents and Dialects (3rd ed.). Arnold Publishers.
International Civil Aviation Organization (2011)."Personnel Licensing FAQ". International Civil Aviation Organization – Air Navigation Bureau. In which languages does a licence holder need to demonstrate proficiency?. Consultado o 16 de decembro de 2014.Controllers working on stations serving designated airports and routes used by international air services shall demonstrate language proficiency in English as well as in any other language(s) used by the station on the ground.
König, Ekkehard; van der Auwera, Johan, eds. (1994).The Germanic Languages. Routledge Language Family Descriptions. Routledge.ISBN978-0-415-28079-2. Consultado o 26 de febreiro de 2015.Resumo divulgativo (26 de febreiro de 2015). The survey of the Germanic branch languages includes chapters by Winfred P. Lehmann, Ans van Kemenade, John Ole Askedal, Erik Andersson, Neil Jacobs, Silke Van Ness, and Suzanne Romaine.
König, Ekkehard (1994)."17. English". En König, Ekkehard; van der Auwera, Johan.The Germanic Languages. Routledge Language Family Descriptions. Routledge. pp. 532–562.ISBN978-0-415-28079-2. Consultado o 26 de febreiro de 2015.Resumo divulgativo (26 de febreiro de 2015).
Labov, W. (1972). "13. The Social Stratification of (R) in New York City Department Stores".Sociolinguistic patterns. University of Pennsylvania Press.
Lanham, L. W. (1982). "English in South Africa". En Bailey, Richard W.; Görlach, Manfred.English as a World Language. University of Michigan Press. pp. 324–352.ISBN978-3-12-533872-2.
Lass, Roger (1992). "2. Phonology and Morphology". En Blake, Norman.Cambridge History of the English Language. II: 1066–1476. Cambridge University Press. pp. 103–123.
Lass, Roger (2000). "Chapter 3: Phonology and Morphology". En Lass, Roger.The Cambridge History of the English Language, Volume III: 1476–1776. Cambridge: Cambridge University Press. pp. 56–186.
Lass, Roger (2002). "South African English". En Mesthrie, Rajend.Language in South Africa. Cambridge University Press.ISBN978-0-521-79105-2.
Lawton, David L. (1982). "English in the Caribbean". En Bailey, Richard W.; Görlach, Manfred.English as a World Language. University of Michigan Press. pp. 251–280.ISBN978-3-12-533872-2.
Levine, L.; Crockett, H. J. (1966). "Speech Variation in a Piedmont Community: Postvocalic r*".Sociological Inquiry36 (2): 204–226.doi:10.1111/j.1475-682x.1966.tb00625.x.
Li, David C. S. (2003). "Between English and Esperanto: what does it take to be a world language?".International Journal of the Sociology of Language2003 (164): 33–63.ISSN0165-2516.doi:10.1515/ijsl.2003.055.
"Macquarie Dictionary".Australia's National Dictionary & Thesaurus Online | Macquarie Dictionary. Macmillan Publishers Group Australia. 2015. Consultado o 15 de febreiro de 2015.
Mair, C.; Leech, G. (2006). "14 Current Changes in English Syntax".The handbook of English linguistics.
Nevalainen, Terttu; Tieken-Boon van Ostade, Ingrid (2006). "Chapter 5: Standardization". En Denison, David; Hogg, Richard M.A History of the English language. Cambridge University Press.ISBN978-0-521-71799-1.
Payne, John; Huddleston, Rodney (2002). "5. Nouns and noun phrases". En Huddleston, R.; Pullum, G. K.The Cambridge Grammar of English. Cambridge: Cambridge University Press. pp. 323–522.
Richter, Ingo (1 de xaneiro de 2012)."Introduction". En Richter, Dagmar; Richter, Ingo; Toivanen, Reeta; et al.Language Rights Revisited: The challenge of global migration and communication. BWV Verlag.ISBN978-3-8305-2809-8. Consultado o 2 de abril de 2015.
Roach, Peter (2009).English Phonetics and Phonology (4th ed.). Cambridge.
Romaine, Suzanne (1982). "English in Scotland". En Bailey, Richard W.; Görlach, Manfred.English as a World Language. University of Michigan Press. pp. 56–83.ISBN978-3-12-533872-2.
Romaine, Suzanne (1999). "Chapter 1: Introduction". En Romaine, Suzanne.Cambridge History of the English Language. IV: 1776–1997. Cambridge University Press. pp. 01–56.ISBN978-0-521-26477-8.doi:10.1017/CHOL9780521264778.002.
Ryan, Camille (agosto de 2013)."Language Use in the United States: 2011"(PDF).American Community Survey Reports. p. 1. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 05 de febreiro de 2016. Consultado o 16 de decembro de 2014.
Sheidlower, Jesse (10 de abril de 2006)."How many words are there in English?". Consultado o 2 de abril de 2015.The problem with trying to number the words in any language is that it's very hard to agree on the basics. For example, what is a word?
Sweet, Henry (2014) [1892].A New English Grammar. Cambridge University Press.
Thomas, Erik R. (2008). "Rural Southern white accents". En Edgar W. Schneider.Varieties of English. 2: The Americas and the Caribbean. de Gruyter. pp. 87–114.doi:10.1515/9783110208405.1.87.
Todd, Loreto (1982). "The English language in West Africa". En Bailey, Richard W.; Görlach, Manfred.English as a World Language. University of Michigan Press. pp. 281–305.ISBN978-3-12-533872-2.
Toon, Thomas E. (1982). "Variation in Contemporary American English". En Bailey, Richard W.; Görlach, Manfred.English as a World Language. University of Michigan Press. pp. 210–250.ISBN978-3-12-533872-2.
Toon, Thomas E. (1992). "Old English Dialects". En Hogg, Richard M.The Cambridge History of the English Language. 1: The Beginnings to 1066. Cambridge University Press. pp. 409–451.ISBN978-0-521-26474-7.
Trudgill, Peter; Hannah, Jean (2002).International English: A Guide to the Varieties of Standard English (4th ed.). Londres: Hodder Education.ISBN978-0-340-80834-4.