Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Galego-portugués

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Lingua galaico-portuguesa»)

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Galego.
Galego-portugués
 Instancia de
Propiedades
 Alfabeto
Clasificación lingüística
Xeografía
Fontes e ligazóns
Redes
BNE: XX558142
Wikidata
O galego-portugués naceugrosso modo nos conventoslucense ebracarense da que fora a provincia romana deGallaecia.
Linguas e dialectos descendentes do idioma galaico-portugués enEuropa:     Idioma galego     Idioma portugués

Ogalego antigo,[1]galego medieval[1] ougalego-portugués (tamén chamadogalaico-portugués) é alingua medieval que se falou no noroeste daPenínsula Ibérica que deu lugar ógalego eportugués actuais. Procedía dolatín falado naGallaecia[2] e foi introducido polos colonizadores romanos. É polo tanto unhalingua romance. Tivo especial relevancia cultural durante varios séculos, e disto dan fe os textos medievais conservados nesta lingua.

A lingua considérase formada no século VIII, principalmente coma desenvolvemento do latín vulgar falado polos conquistadores romanos a partir do século II d. C.[Cómpre referencia]

O documento da lírica galego-portuguesa máis antigo parece ser a cantiga satírica "Ora faz ost'o senhor de Navarra" deJohan Soarez de Pávia, datado en1196 por algúns expertos. As recompilaciónslíricasmedievais galego-portuguesas máis importantes que se conservan hoxe son oCancioneiro da Ajuda, oCancioneiro da Vaticana, oCancioneiro Colocci-Brancutti e asCantigas de Santa María.

O reiAfonso X o Sabio, deCastela, coordinou asCantigas de Santa María en galego-portugués, que daquela era a lingua por excelencia para a lírica nos reinos de Galicia, León e Castela (estando o reino de Aragón na zona de influencia daliteratura occitana). Tamén compuxo algunhas cantigas de amor, mais ningunha de amigo.

Algúns poetas salientábeis inclineBernal de Bonaval,Airas Nunez,Pero da Ponte,Pero Amigo,Xohán de Cangas, eMartín Codax.

O galego-portugués tivo a súa máxima importancia dende finais dos. XII ata mediado os. XIV.

Afastamento do galego e do portugués

[editar |editar a fonte]

A partir da súa independencia, oreino de Portugal doreino de León comezou coa creación dunha norma escrita (unha data importante é a declaración do galego-portugués como lingua oficial da súa administración en1290) por iniciativa do reidon Dinís, cousa que en Galicia non se elaborou até ben entrado o século XX. Como sinala Azevedo Maia,[3] axiña as formas escritas en Portugal comezaron a se homoxeneizar baixo a influencia da corte mentres que os escritos galegos van sendo penetrados decastelanismos. O feito de que a partir de1480 ostabelións galegos tivesen que cambiar os seus formularios polos casteláns e tivesen que estudar enToledo, profundou o proceso decastelanización dese galego escrito que non aconteceu enPortugal.

As diferenzas entre galego e portugués xa proveñen do galego medieval, onde en textos antigos xa se comeza a confundir as sibilantes xordas coas sonoras, conservadas en Portugal, produto da castelanización, así como outras pequenas variacións en morfoloxía (disso fronte adisse…). Ademais, o avance do galego-portugués cara ao sur e o desprazamento da capital portuguesa introduciron unha serie de elementos novos que deron lugar á situación actual:[4]

  • Dialectos galegos: os falados nas catro provincias galegas, en zonas limítrofes deAsturias, León e Zamora. Caracterizados pola inexistencia de sibilantes sonoras e vogais nasais (só en pequenas zonas do «galego exterior») fronte aos dialectos portugueses.
  • Dialectos portugueses setentrionais: Do Miño até Aveiro na costa e Castelo Branco no interior. Presenza do fonema africado ( como o ch en chave) e non distinción entre b/v pero distingue sibilantes sonoras como o portugués común.
  • Dialectos portugueses centro-meridionais.
  • Fala de Xálima dialecto derivado do galego-portugués, é no noroeste da Extremadura.

Características do galego-portugués

[editar |editar a fonte]

O galego medieval distínguese do galego actual principalmente en:

  • Existencia de vogais nasais.
  • Distinción b/v.
  • Presenza de sibilantes sonoras j (g+ e, i), z, s intervocálico.

O sistema de vogais orais era o actual, aínda que non coa mesma distribución, principalmente debido á posterior acción dametafonía. Ademais existían vogais nasalizadas pola perda dunha nasal. A queda de consoantes intervocálicas provocaba moitoshiatos, que despois se desenvolverían, principalmente por crase.

Consoantes do galego-portugués
BilabiaisLabiodentaisDentaisAlveolaresPostalveolaresPalataisVelares
Realizaciónxordasonoraxordasonoraxordasonoraxordasonoraxordasonoraxordasonora
Plosivaspbtdkg
Nasaismnɲ
Fricativasfvszʃʒ
Africadastsdz
Lateraislʎ
Vibrantesɾ

Documentos máis antigos en galego-portugués

[editar |editar a fonte]
NomeDataciónTítuloDescrición
"Diploma de Quiza Gonteríquiz"24 de febreiro de788AHUS / San Martiño PinarioCopia envisigótica de fins s. IX-comezos X[5]
Rosendo, bispo de Mondoñedo, fai doazón ao mosteiro de San Vicente e S. Xoán Evanxelista de Almerezo7 de maio de867Arquivo do Reino de Galicia. Copia probablemente do 1ª terzo do s. X.[6]
"Doação à Igreja deSouselo"870Otexto mais antigo latino-portuguésCopia doséculo XI escrita enletra visigótica de transición
Os irmáns Cresconio e Belesario fan unha doazón á basílica de S. Martiño, Santiago e Santa María de Belesar en tempos do bispo Rudesindo I de Mondoñedo4 de xaneiro de871Documento orixinal máis antigo da área galego-portuguesa.Arquivo da Catedral de Mondoñedo[7]
Vistrilo permuta a Argilo, Teodone, Frogildi, Gutine e Teniloni a porción de terra na vila de Relis por outra que estes teñen en San Martiño de Negreiros29 de decembro de878Arquivo Histórico da Universidade de Santiago, procedente do fondo antigo de San Martiño Pinario[8]
"Carta de Fundação da Igreja deLardosa"882Odocumento orixinal máis antigo latino-portuguésEscrita en letravisigótica cursiva
"Colmellus divisionis"23 de setembro de883"Colmellus divisionis" feita entre os fillos de Placencio e Romarico. Arquivo do Reino de Galicia[9]
"Notícia de fiadores"1175Posibelmente odocumento máis antigo escrito en galego-portuguésPequena lista de nomes que remata con esta frase: "Istos fiadores atan .v. annos que se partia de isto male que li avem."[10]
"O Pacto de Gomes Pais e Ramiro Pais"c.1175Posibelmente odocumento máis antigo escrito en galego-portuguésÉ apenas datábel criticamente
"Ora faz host'o senhor de Navarra"c.1196Otexto lírico máis antigo escrito en galego-portugués que é posíbel datarPresente nosCancioneiro da Biblioteca Nacional e daVaticana
"Testamento de Afonso II"1214Odocumento rexio máis antigo en galego-portuguésPrimeiro texto escrito tras a independencia dePortugal
"Notícia de torto"1214-1216Odocumento notarial particular máis antigo escrito en galego-portuguésLonga narrativa dos agravios que Lourenço Fernandes da Cunha sufriu nas mans doutros señores
"Foro do bo burgo de Castro Caldelas"1228O documento máis antigo en galego-portuguésescrito enGalizaOutorgado porAfonso IX en abril de1228 no concello deAllariz
Foro do Bo Burgo de Castro Caldelas, privilexio dado polo rei Afonso VIII. Primeiro documento real enlingua galega. Allariz,1228

A Notícia de fiadores (1175) é o documento en galego-portugués máis antigo coñecido con data. OPacto dos irmãos Pais reivindica o título de texto mais antigo encontrado en Portugal, no entanto é apenas datábel por conxectura, e é probabelmente anterior a1173. Outro documento, aNotícia de torto[11], sen data, calcúlase que foi escrito entre1211 e1216. OTestamento de Afonso II data de1214. Algo anterior é o primeiro documento literario coñecido escrito en galego,Ora faz ost’o senhor de Navarra de Johan Soarez de Pávia.

O documento máis antigo escrito en Galicia data do ano1228. Trátase doForo do bõ burgo de Castro Caldelas[12] outorgado porAfonso IX en abril do dito ano ao municipio de Allariz.

O máis antigo documento latino-galego-portugués, encontrado en Portugal, é chamado deDoação à Igreja de Souselo, encóntrase noArquivo Nacional da Torre do Tombo, e é datado do ano de870 d.C.[13]

Tradición oral na cultura galego-portuguesa

[editar |editar a fonte]

Opatrimonio cultural inmaterial galego-portugués está presente nas tradicións orais populares e é hoxe un patrimonio en perigo de extinción, o que levou á súa candidatura conxunta polo gobernos deEspaña e dePortugal á "Masterpiece of Oral and Intangible Heritage of Humanity" en2005.

O folclore galego-portugués é rico en tradicións orais; estas inclúen asregueifas ou cantigas ao desafío, mitos e lendas, cantigas, ditados e lengalengas, alén dos falares que reteñen unha semellanza a nivel morfolóxico e sintáctico, no léxico e na fonética. A tradición oral está ligada a diversas actividades tradicionais que transmítense oralmente, coma as celebracións das festas populares tales coma oentroido, omagosto, as festas dacoca, San Xoán, as festas marítimas, romarías, música e danzas populares. Nos oficios, coma as actividades piscatorias, a agricultura e o artesanado, alén de seren actividades que son transmitidas de xeración en xeración de xeito verbal, cada actividade emprega un vocabulario específico. Tamén nos costumes, nos falares, nos bailes, nos rituais, na medicina tradicional e na farmacéutica popular, nas artes culinarias, nas supersticións e crenzas, existe todo un coñecemento que é transmitido oralmente.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,1Freixeiro Mato, Xosé Ramón (1995)."O galego na Idade Media: setecentos anos como lingua “normal” da Galiza".Terra e Tempo.Galiza, nun período histórico de seu (UPG) (1 [2.ª época]): 24–35, en 28 e 34.ISSN 1575-5509. 
  2. Ramón Mariño Paz.Historia da lingua galega. Sotelo Blanco, 1998, páxina 104.
  3. Ver Bibliografia, capítulo de Conclusións
  4. Lindley Cintra, Luís F.Nova Proposta de Classificação dos Dialectos Galego-PortuguesesArquivado 2 de novembro de 2006 enWayback Machine. Boletim de Filologia, Lisboa, Centro de Estudos Filológicos, 1971.
  5. Carlos Saez e M. del Val González de la Peña:La Coruña. Fondo antiguo (788-1065), nº 10
  6. Carlos Saez e M. del Val González de la Peña:La Coruña. Fondo antiguo (788-1065), nº 4.
  7. Cal Pardo:Colección Diplomática Medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo, nº 1.
  8. Carlos Sáez e M. del Val González de la Peña:La Coruña. Fondo antiguo (788-1065), nº 8.
  9. Carlos Saez e M. del Val González de la Peña:La Coruña. Fondo antiguo (788-1065), nº 9
  10. Ministério da Educação (setembro de 2007)."Revisão da Terminologia linguística para os Ensinos Básico e Secundário"(PDF)(enportugués). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 30 de xullo de 2015. 
  11. Notícia de tortoArquivado 09 de outubro de 2018 enWayback Machine., História da Língua Portuguesa.
  12. Foro do bo burgo de Castro Caldelas, consellodacultura.org
  13. O documento máis antigo en latín-galego-portugués, ano 870.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Iberorrománicas
Galego-portugués
Asturleonés
Castelán
Outras
Occitanorrománicas
Catalán
Occitano
Galorrománicas
Linguas de oïl
Outras
Galoitálicas
Galoitálicas
Outras
Retorrománicas
Italodálmatas
Centrais
Meridionais
Outras
Sardo
Orientais
Romanés
Outras
Norte de África
  • As linguas encursiva son linguas extintas
  • As linguas entre paréntese sonvariedades da lingua da súa esquerda.
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Galego-portugués&oldid=7172842»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp