Mapa cronolóxico que amosa a evolución territorial das linguas do suroeste deEuropa entre as que aparece o catalán.
As primeiras testemuñas de catalán escrito son doséculo IX, aínda que o primeiro documento considerado literario en catalán son asHomilies d'Organyà, doséculo XIII. Ata os séculosXVI eXVII, cando empeza o retroceso da lingua en favor docastelán, o catalán esténdese e a súa literatura é desenvolvida por autores comoRamon Llull (s.XIII-XIV),Ausiàs March eJoanot Martorell (s.XV).
As seguintes características son algunhas das mutacións do latín que se foron facendo durante a consolidación do catalán, aínda que tamén se mostra outras características xerais.
Características comúns co grupo chamado galorrománico:
Caída das vogais átonas finais excepto -A (MURU, FLORE >mur,flor) que a opón ao grupo iberorrománico que conserva a vogal no primeiro caso (muro, pero non enflor/chor) ou italorrománico que o conserva todo (muro,fiore).
Características comúns co occitano:
O catalán presenta maior riqueza de ditongos: ([aj]mai -nunca-, [ej]ei -ehinterxección-, [aw]cau -cae-, [ew]beu -bebe-, [ow]pou -pozo-, ...)
Características que o opón ao galorrománico:
Conservación do son -u- latino (catalánlluna, occitanoluna ['lyno], francéslune ['lyn]).
Características que o opón ao occitano (de xeito xenérico):
Redución do ditongo AU a O aberto (CAULIS, PAUCU >col -col-,poc -pouco-).
Características do sur de Romania occidental:
O grupo -ACT- convértese en -ET (LACTE, FACTU >llet -leite-,fet -feito-)
Sonorización de -P-, -T-, -C- intervocálicos en -b-, -d-, -g- (CAPRA, CATENA, SECURU>cabra,cadena,segur)
Características comúns co conxunto chamado galorrománico:
Mantemento dos grupos iniciais PL, CL, FL- (PLICARE, CLAVE, FLORE>plegar,clau,flor). Esta característica opón o catalán ás linguas iberorrománicas (en castelánllegar, engalego/portuguéschegar)
Como no francés e no occitano, prodúcese unha sonorización de fonemas xordos finais cando o primeiro fonema da seguinte palabra é unha vogal ou é unha consoante sonora. Estas sonorizacións afectan aos fonemas [s], [t], [p],[ʃ], [k] e[tʃ] converténdose en [z], [d], [b],[ʒ], [g] e[dʒ]. Exemplos (en pronunciación valenciá): "els homes" (os homes) [els] e[ɔmes] ->[el'zɔmes]; "peix bo" (peixe bo)[pejʃ] e[bɔ] ->[pejʒ'bɔ]; "blat bord" (trigo silvestre) [blat] e[boɾ(t)] ->[blad'boɾ(t)].
Características comúns co occitano (lenguadociano máis precisamente)
Caída de -N intervocálico convertido en final no léxico (PANE, VINU>pa -pan-,vi -viño-). A diferenza do lenguadociano, o plural conserva este [n] (ex:pans,vins) excepto nalgunhas falas setentrionais.
Enxordecemento das consoantes finais:verd [t],àrab [p]...
Características específicas:
A característica máis peculiar do catalán é o seguinte que case non se atopa en ningunha outra variedade daRomania:
-D- intervocálico convertido a final pasa a-u (PEDE, CREDIT >peu -pé-, (ell)creu -cre-)
-C e, i, final >-u (CRUCEM >creu -cruz-)
As terminacións -TIS na flexión verbal (2a persoa do plural) derivaron a -u (Exemplo:mirades. MIRATIS > *miratz > *mirau > mirau/mireu.
Outras características, tamén orixinais, teñen unha extensión superior ás linguas románicas.
Redución dos grupos consonánticos -MB-, -ND-> -m-, -n- (CAMBA, CUMBA, MANDAR, BINDA>cama -ant. cama, perna-,coma -coma-,manar -mandar-,bena -venda-), característica compartida co occitanogascón e olenguadociano meridional.
Palatalización do L- inicial (LUNA, LEGE>lluna -lúa-,llei -lei-). Esta característica atópase no foixeño (occitano) e na zona astur-leonesa.
Palatalización do grupo -NN- (ANNUS >any -ano-, CANNA>canya -cana-), característica compartida co castelán.
Palatalización de-is- procedente de -X-, SC- (COXA, PISCE>cuixa -coxa-,peix -peixe-)
Mantemento de africadas protorrománicas de J, G e, i (JACTARE, GELARE>gitar -deitar-,gelar -xear-)
Presenza de xeminadas:setmana [mm],cotna [nn],espatlla [ʎʎ] (ouespatla [ll]),intel·ligent [ll]. Estas só son comúns ao occitano e ás variedades itálicas.
Unha parte do catalán (Baleares, Costa xerundense) conservou o artigo chamado "salat" (< latín IPSE), probablemente anterior á forma derivada de ILLE. Esta forma de artigo só se conservou de xeito dominante nosardo e está en perigo, se non desapareceu, nalgunhas áreas daProvenza e deSicilia.
Os artigos máis usuais (e normativos) sonel,la,els,lles (agora ben, en falas occidentais, no norte deCastelló e no alguerés perduran aínda as formas masculinaslo,los).
Contrariamente ás variedades iberorrománicas, o catalán practica certas elisións. Algunhas se escriben, comoohome >l'home, e outras son orais: "quinze anys" [kin'zaɲs]
O feminino plural fórmase con "-es" (casa >cases)
Existe a formación do pretérito mediante perífrases cunha conxugación especial do presente do verbo "anar" -ir-.
O seualfabeto, derivado do latino, consta de 26 letras. Osistema de escritura tamén presenta certas características particulares. O catalán presenta unha característica única, a escritura do-l- xeminada:-l·l- (como enintel·ligent -intelixente-). A outra característica é o-ny- [ɲ] (equivalente ao "ñ") que só se atopa de xeito xeral nohúngaro. Tamén cabe comentar a grafía-ig [tʃ] representada en poucas palabras (comofaig -fago-,maig -maio-,mig -medio-,puig -monte-,raig -raio-,roig -vermello-,vaig -vou-,veig -vexo-) ou o "tconsoante" para a representación de consoantes dobres con: tm, tn, tl, tll, ou africación: tg i tj (setmana,cotna,atles,bitllet,jutge,platja).
Ossubstantivos eadxectivos cataláns declínanse enxénero enúmero. Os substantivos pertencen ao xénero masculino, cos indefinidosun/uns, ou feminino, coas formasuna/unes. Igual que os determinantes, os adxectivos deben concordar en xénero e número co substantivo que acompañan. Por exemplo, osintagmael gat petit (o gato pequeno) pode flexionarse da seguinte maneira:
Singular
Plural
Masculino
el gat petit
els gats petits
Feminino
la gata petita
les gates petites
No caso dos substantivos que poden ir en masculino ou feminino, o feminino fórmase habitualmente engadindo osufixo-a á forma masculina; por exemplo,gat/gata ounen/nena. Con todo, tamén hai numerosos subtantivos que presentan unha forma diferente para o masculino e feminino (home/dona,bou/vaca), que forman o feminino de forma especial (emperador/emperadriu,metge/metgessa) ou que teñen a mesma forma para o masculino e o feminino (estudiant,portaveu). Nalguns poucos casos especiais, un substantivo pode cambiar dexénero se cambia denúmero. Por exemplo,l'art paleocristià eles belles arts.
Do mesmo xeito que as demais linguas románicas da Península, o catalán é notable pola súa uniformidade e asvariantes dialectais non son demasiado diverxentes nin comprometen a comprensión mutua.[6] A división dialectal usada actualmente é a queManuel Milà i Fontanals propuxo xa no ano1861: o bloque dialectaloriental (que inclúe os dialectos central, insulares e de Francia) e o bloque dialectaloccidental (que inclúe o valenciano e o noroccidental). Pero ata entre estes grandes grupos a diferenza é pequena, e as discrepancias afectan máis ben á fonética (as vogais non acentuadas), que xa que logo non se reflicten na escritura, e a pequenas variantes morfolóxicas e léxicas.
Os bloques dialectais non se poden delimitar con exactitude porque entre un e outro sempre hai unha franxa de transición, máis ou menos ampla (excepto nosinsulares, obviamente). Ademais, ningún bloque é totalmente uniforme: calquera dos que hai pódense dividir en varios dialectos. Aténdose a iso, a lingua catalá pódese dividir en dous bloques dialectais e en subdialectos:
Existen dous estándares principais para a lingua catalá, o regulado poloInstitut d'Estudis Catalans, o estándar xeral, tendo como centro a ortografía establecida porPompeu Fabra coas características do catalán central máis a proximado ao de Barcelona, non influenciado polo castelán, e o regulado polaAcadèmia Valenciana de la Llengua, estándar de ámbito restrinxido, centrado na estandarización do valenciano tomando como base asNormas de Castelló, ou sexa, a ortografía dePompeu Fabra pero máis adaptada á pronuncia docatalán occidental e ás características dos dialectosvalencianos.
O estándar do IEC, a parte de ter como base as características do catalán central, toma tamén características doutros dialectos considerándoos como estándar. Aínda así, a diferenza máis notable de ambos os estándares é a acentuación de moitas "e" tónicas, por exemplo:francès ouanglès (IEC) -francés ouanglés (AVL),cafè (IEC) -café (AVL),conèixer (IEC) -conéixer,comprèn (IEC) -comprén (AVL) (inglés, francés, café, coñecer, comprende). Iso é debido á diferente pronuncia dalgunhas "e" tónicas, en ambos os bloques do catalán (no bloque oriental pronúncianse e aberto[ɛ] e ao occidental pronúncianse pechado [e]). A pesar disto, o estándar da AVL mantén o acento aberto "è", sen pronunciarse aberto no bloque occidental, nalgunhas palabras como son: què, València, èter, sèsam, sèrie e època.
Tamén hai outras diverxencias como o uso detl nalgunhas palabras pola AVL no canto detll como enametla/ametlla (améndoa),espatla/espatlla (costas) oubutla/butlla (bula), o uso dos determinantes demostrativos elididos (este, eixe) do mesmo xeito que os reforzados (aquest, aqueix) ou o uso de moitas formas verbais comúns no valenciano, e moitas delas estendidas polo bloque occidental, como as formas do subxuntivo ou a escritura dos incoativos tanto con-ix- como con-eix- ou o uso preferente do morfema-e da 1a persoa singular do presente de indicativo na 1a conxugación (-ar), xa que as outras conxugacións o morfema é -ø: "jo compre", "jo tem", "jo dorm".
NasIllas Baleares úsase o estándar do IEC adaptado ao marco dialectal pola sección filológica daUniversidade das Illas Baleares, o órgano consultivo doGoberno balear. Deste xeito, por exemplo, o IEC indica que tanto é correcto escribir "cantam" como "cantem" (cantamos) e a Universidade determina que a forma preferente nas Illas ten que ser "cantam" ata nos ámbitos formais. Outra característica do estándar balear é a escritura da 1a persoa do singular do presente de indicativo, onde non hai desinencia: "jo cant" (eu canto), "jo tem" (eu temo), "jo dorm" (eu durmo).
NoAlguer, o IEC adaptou o estándar aovariedade algueresa. Neste estándar pódese atopar, entre outras características, o artigolo de uso xeral, posesivos especiaisla mia,lo sou/la sua,lo tou/la tua etc., uso da-v- ao pretérito imperfecto en todas as conxugacións:cantava (cantaba),creixiva (crecía),llegiva (lía); uso de moitas palabras de carácter arcaico de uso moi corrente no alguerés:manco pormenys (menos),calqui u poralgú (alguén),qual/quala porquin/quina (cal) etc. e adaptacións dos pronombres clíticos.
Como en todas aslinguas romances, o cambio dolatín vulgar ao catalán foi gradual e non é posible determinar en que momento comeza. SegundoCoromines, os trocos máis radicais deberon producirse nos séculos VII e VIII, pero é difícil sabelo con precisión porque os textos escribíanse exclusivamente nun latín artificioso, alleo á lingua de uso. Xa noséculo IX e sobre todo nos séculos X e XI, aparecen palabras e ata frases enteiras intercaladas en algo que xa se pode denominar catalán. Desde 1150 hai xa numerosos documentos escritos e cara a finais do século XII aparece o primeiro texto literario coñecido, asHomilies d'Organyà, un fragmento dunha colección de sermóns.