Esta lingua derivada dolatín ten dous nomes,español ecastelán. Este último é o preferido dentro do territorio deEspaña debido á presenza doutras linguas cooficiais ou non (galego,catalán,éuscaro,asturiano,occitano...) e a que historicamente é o primeiro nome desta lingua ao xurdir no territorio docondado de Castela; o primeiro é o máis utilizado no contexto internacional. O contexto de uso da palabra inflúe na escolla dunha forma ou outra, pois cando se usa en contraste con outra lingua cooficial adoita usarsecastelán, mentres que en contextos internacionais é habitual usarespañol (esta tendencia vese máis esaxerada aínda nas traducións equivalentes en linguas de fóra da península).
Mapa cronolóxico que amosa a evolución territorial das linguas do suroeste deEuropa entre as que aparece o castelán.Unha páxina doCantar de Mio Cid.
A historia da lingua castelá ten a súa orixe nolatín vulgar da zona central do norte deHispania, derivado dolatín que se expandira poloImperio romano. Trala caída deste noséculo V, a influencia do latín culto foi diminuíndo paulatinamente, e o latín falado desa época foi a orixe das variedades romances hispánicas.
Os textos conservados máis antigos con trazos e palabras que se poden considerar precursoras do castelán son os documentos escritos en latín coñecidos comoCartularios de Valpuesta[4], conservados na igrexa de Santa María deValpuesta.[5] Estas copias de documentos son de diversas épocas, sendo os máis antigos do século IX[6]. AsGlosas Emilianenses de finais do século X ou comezos do XI, conservadas noMosteiro de Yuso (San Millán de la Cogolla) foron consideradas porRamón Menéndez Pidal como o testemuño máis antigo da lingua castelá, mais posteriormente demostrouse que as formas escritas neses documentos corresponden ao romance navarro-aragonés[7].
Un momento decisivo no afianzamento do castelán tivo lugar durante o reinado deAfonso X o Sabio (1252-1284)[8][9]. Por aquel entón oscantares de xesta acadaran popularidade porque estaban escritos no romance vulgar, mais as obras cultas e literarias producidas na Corte eran redactadas en latín, única lingua culta da Europa cristiá nesa época. Por isto, resultou unha verdadeira revolución cultural que o rei Afonso X decidise dirixir un bo número de obras de elevada cultura redactadas en romance castelán, un idioma até entón desairado polas persoas letradas por consideralo demasiado prosaico. Isto deu pé ao recoñecemento oficial do castelán[10].
Antonio de Nebrija, autor daGramática, a primeiragramática publicada en imprenta dunha lingua europea moderna.
En1492 o sevillanoAntonio de Nebrija publicou enSalamanca AGrammatica, primeiro tratado degramática da lingua castelá e primeiro publicado «en molde» dunha lingua europea moderna.[11]. O primeiro libro impreso en castelán aparecera cara a 1472[12].
A comezos do século XVI xa comezara o proceso de reaxuste das consoantes sibilantes, que significou a redución do sistemafonémico ao pasar, pola perda do trazo desonoridade, de seis consoantes sibilantes a dúas ou tres segundo a variedade.
Acolonización española enAmérica durante oséculo XVI levou a lingua castelá por boa parte do continente, tomando préstamos que enriqueceron o seu vocabulario de idiomas nativos como onáhuatl ou oquechua, linguas sobre as que tamén tivo un notable impacto.
En España, desde a época dos Borbóns, tivo lugar unha política centralista de unificación lingüística e conseguinte minorización do resto de linguas vernáculas en favor do castelán[13]. Durante os séculos XVII e XVIII apareceron publicacións periódicas públicas e privadas en castelán.Gazeta foi a primeira, e apareceu en Madrid en 1661 da man de Julián Paredes. Despois apareceron outras en vilas como Salamanca, León, Granada, Sevilla ou Zaragoza. Coa difusión da escolarización enAmérica na segunda metade do século XVIII o castelán pasou a ser a lingua normal no ensino en detrimento das linguas indíxenas.
O castelán é a lingua oficial deEspaña (xunto co catalán, o galego e o éuscaro nas zonas en que estes se falan), en dezanove países de América e enGuinea Ecuatorial. Amais, ten certo grao de oficialidade nosEstados Unidos de América,Filipinas e oSáhara Occidental. Ten falantes repartidos polos cinco continentes:
Porcentaxe de castelanfalantes nos estados americanos cuxa lingua oficial non é o castelán.
50 %
20 %
5 %
30 %
10 %
2 %
Supón arredor do 90 % do total de falantes de castelán no mundo, uns 400 millóns de persoas.[14]. Distribúese polos países deHispanoamérica, algúns estados dos Estados Unidos, algunhas provincias doCanadá e os estados do sur doBrasil.
Cidade de México, a cidade coa maior concentración de castelanfalantes do mundo.
A gran maioría dos castelanfalantes, uns 375 millóns de persoas, viven enHispanoamérica.México é o país co maior número de falantes (case unha cuarta parte do total de castelanfalantes do mundo), aínda que non é a única lingua oficial do estado, xa que desde 2003 México recoñece como idiomas tamén oficiais as linguas indíxenas[15].
Distribución dos castelanfalantes nos Estados Unidos segundo o censo de 2010.
Os falantes adoitan seremigrantes de Hispanoamérica ou os seus descendentes, así como estudantes da lingua, onde acostuma ser a lingua máis estudada despois das oficiais.
Estados Unidos é o segundo país con máis castelanfalantes no mundo[33][34]. O castelán ten unha longa historia nos Estados Unidos, con moitostopónimos nesa lingua desde a época da colonización española. A súa presenza viuse fortalecida pola inmigración procedente do resto de América. O español concéntrase especialmente en cidades cosmopolitas comoNova York,Os Ánxeles,Chicago,Miami,Houston,San Antonio,Denver,Baltimore eSeattle. O castelán, ademais, é a lingua estranxeira máis ensinada no país[35].
Hai un avance progresivo dobilingüismo, sobre todo nos estados deCalifornia,Novo México eTexas, nos que existen programas oficiais bilingües de castelán para residentes hispanos. En California moitas actividades de goberno, documentos e servizos están dispoñibles neste idioma. A sección 1632 do Código Civil de California recoñece o castelán como a lingua da comunidade hispana, polo que a lei Dymally-Alatorre institúe un bilingüismo inglés-castelán, sen a exclusión necesaria doutras linguas. No estado de Novo México o castelán é utilizado mesmo na administración estatal, aínda que ese estado non ten ningunha lingua oficial establecida na constitución. Ocastelán neomexicano remóntase aos tempos da colonización española no século XVI e conserva numerososarcaísmos. A Comisión de Dereitos Civís dos Estados Unidos recoñeceu que en 1912 "os neomexicanos tiveron éxito á hora de protexer a súa herdanza, incluíndo provisións na súa constitución que fan do castelán unha lingua oficial, igual có inglés". En Texas o goberno a través da sección 2054.116 do Código Gobernamental estipula que as axencias estatais deben proporcionar información en castelán nas súas páxinas web. Outros estados da Unión recoñecen tamén oficialmente o castelán.
No Brasil o castelán foi historicamente importante por mor da da inmigración e pola proximidade e o comercio crecente cos seus veciños hispanoamericanos, sendo membro deMercosur. En2005 oCongreso Nacional do Brasil aprobou un decreto que ofrece o castelán como primeira lingua estranxeira de ensino en colexios e institutos. En moitas cidades fronteirizas do Brasil, así como en cidades fronteirizas hispanoamericanas, fálase unha lingua mixta coñecida comoportuñol[36]
NoCanadá a poboación inmigrante de fala hispana constitúe o 1,3 % da poboación[37], e case outro tanto o fala como segunda lingua[38]. Aproximadamente a metade concéntrase enToronto.
EnBelize, antiga colonia británica, o castelán non ten recoñecemento oficial, se ben a maioría da poboación sabe falalo[39][40], principalmente os descendentes hispanos que habitaron a rexión desde oséculo XVII. Na illa caribeña deAruba é falado por gran cantidade de persoas. Pola contra, nas veciñasCuraçao eBonaire é falado por unha minoría. Debido á proximidade de Venezuela, nas tres illas hai medios de comunicación en castelán, principalmente canles de televisión, por mor dos vínculos comerciais e a importancia do turismo castelanfalante. Nos últimos anos introduciuse o ensino básica obrigatorio do castelán nas escolas, aínda que sen carácter oficial (as linguas oficiais de Aruba, Bonaire e Curaçao son oholandés e opapiamento, unha mestura de castelán e afroportugués).
EnHaití a lingua oficial é ofrancés, se ben ocrioulo haitiano é amplamente falado. Preto da fronteira coa veciña República Dominicana, o castelán básico é comprendido e falado coloquialmente.
NasIllas Virxes Estadounidenses recoñécese oficialmente que o castelán é a lingua nativa dunha gran parte da poboación. EnTrinidad e Tobago ten un status especial e é de aprendizaxe obrigatoria nas escolas públicas. EnXamaica está oficialmente recoñecida unha mestura de castelán earauaco falada polostaínos.
Coñecemento do castelán na UE (nivel A2 doMCER) segundo o eurobarómetro 2006. País nativo Máis do 9 % Entre o 4 % e 8,99 % Entre o 1 % e 3,99 % Menos do 1 %
O castelán é a lingua oficial deEspaña. É falado tamén enXibraltar[41] eAndorra (onde é oficial alingua catalá[42]. Ademais é usado en pequenas comunidades doutros países europeos como oReino Unido,Francia,Alemaña ouSuíza[43][44], onde é alingua materna do 1,7 % da poboación.O castelán é unha das linguas oficiais daUnión Europea[45].Máis de 22 millóns de persoas europeas maiores de 15 anos falan castelán fóra de España na UE, incluídas as que o aprenderon como lingua estranxeira. En total hai uns 70 millóns de falantes de castelán en Europa[46].
EnFilipinas, antiga colonia española, o castelán foi oficial entre1571 e1987, se ben desde 1973 fora perdendo moito peso representativo a nivel oficial. A proclamación presidencial/155 de 15 de marzo de 1973 aínda en vigor, declara o castelán como lingua oficial de Filipinas para todos aqueles documentos da época colonial non traducidos á lingua nacional. Tralaguerra hispano-estadounidense Filipinas pasou a ser colonia dos Estados Unidos a partir de1899. Desde entón, debido á intervención estadounidense, as autoridades seguiron unha política de deshispanización do país e imposición do inglés. Despois daguerra filipino-estadounidense, reduciuse a burguesía urbana castelanfalante, e tralasegunda guerra mundial en1945, practicamente aniquilouse os restos da burguesía española tralo bombardeo de Intramuros enManila. Calcúlase que en1907 aproximadamente un 70 % da poboación filipina era quen de falar castelán, se ben só o 10 % como lingua materna. En1950 pasou a ser o 6 %[47], e na actualidade é menos do 0,5 %[48]. Tamén sobreviven linguas crioulas de base castelá, como ochavacano ou ozamboangueño.
EnIsrael existe unha importante comunidadesefardí duns 100.000 falantes de xudeoespañol[49].
Nasillas Canarias hai máis de dous millóns de falantes. Tamén se fala nas cidades deCeuta eMelilla (143.000 persoas). Fóra destes territorios de soberanía española, a lingua castelá é falada noutras rexións.
O castelán é a lingua oficial deGuinea Ecuatorial. A gran maioría dos ecuatoguineanos fala castelán, aínda que sempre como segunda lingua, sendo as linguas maternas máis estendidas diversas linguas bantús. A cidadegabonesa deCocobeach ten status biestatal mediante un acordo común con Guinea Ecuatorial, polo que alí tamén é cooficial o castelán, se ben a súa presenza é testemuñal.
NoSáhara Occidental, o ministro saharauí para América Latina, Hash Ahmed, declarou en nome daRepública Árabe Saharauí Democrática que o seu país é "simultaneamente unha nación africana e árabe que ten o privilexio de ser a única castelanfalante debido á herdanza cultural da colonización española. O idioma castelán é o idioma de ensino obrigatorio por ser xunto ao árabe idioma oficial".
Países por número de falantes: Máis de 100 millóns Máis de 50 millóns Máis de 20 millóns Máis de 10 millóns Máis de 5 millóns Máis de 1 millón
A seguinte táboa foi elaborado basicamente a partir do estudoEl valor económico del español[53], pero utilizando datos estatísticos máis actualizados, pois o estudo foi elaborado en base a datos censuais de poboación entre 2000 e 2005. O resultado foi dun total de case 440 millóns de castelanfalantes[54][55], os cales uns 400 millóns teñen dominio nativo e uns 40 con competencia limitada. En 2012 oInstituto Cervantes fixo unha actualización dos datos, cun total de 495 millóns de falantes, 425 con dominio nativo e o resto con competencia limitada, incluídos 18 millóns de estudantes de castelán, segundo estimacións censuais feitas entre 2010 e 2012[56].
Nas filas con cor máis escuro de fondo, figuran os países con castelán como lingua oficial. A estimación dos falantes nativos (como primeira e segunda lingua en países co castelán oficial), calculouse en función das porcentaxes do estudo da "demografía de lengua española".[57]
Nas filas con cor branca de fondo figuran os países que non teñen o castelán como lingua oficial, nos que se fala castelán como lingua materna polos hispanos que alí emigraron e polos falantes de castelán como lingua estranxeira.
Debido á grande extensión dos territorios nos que é falada, a lingua castelá conta cunha importante variedade dialectal. Así e todo, as diferenzas entre dialectos non son tan grandes como para prexudicar gravemente á intercomprensión.AReal Academia Española é a encargada de establece-laforma estándar do castelán. Tradicionalmente, baseouse na fala peninsular para facelo; nos últimos anos, levou a cabo un importante labor para incluír tódalas variedades americanas dentro do seu dicionario e a súa gramática.
Os pronomes persoais de segunda persoa son un dos principais elementos de diferenciación entre dialectos. Na maioría da España peninsular, emprégasetú para o singular evosotros para o plural, reservando as formasusted eustedes para o trato formal. En todaAmérica Latina, existe unha única forma de plural na segunda persoa (ustedes); naArxentina,Uruguai eParaguai, utilízasevos para a segunda persoa singular (este uso aparece tamén en moitos outros países latinoamericanos, pero non se atopa tan estendido a tódolos niveis sociais coma neses tres).
Existen tamén diferenzas fonéticas (coma o seseo) e léxicas.
Trazos caracterizadores respecto doutras linguas románicas
↑Wolf y Ruhstaller (1996: 109-112) amosan que as glosas non poden ser casteláns nin rioxanas, e que os trazos que presentan corresponden á área navarro-aragonesa.
↑Constitución de Bolivia de 2009. título I, capítulo 1.º, artigo 5, paráágrafo 1: cooficial con «todos los idiomas de las naciones y pueblos indígenas campesinos autóctonos, que son elaimará, araona, bauré, bésiro, canichana, cavineño, cayubaba, chácobo, chimán, ese ejja,guaraní, guarasu’we, guarayu, itonama, leco, machajuyaikallawaya, machineri, maropa, mojeño-trinitario, mojeño-ignaciano, moré, mosetén, movima, pacawara, puquina,quechua, sirionó, tacana, tapieté, toromona, uru-chipaya, weenhayek, yaminawa, yuki, yuracaré y zamuco»)(encastelán).
↑Segundo aConstitución de 2008Arquivado 17 de xuño de 2009 enWayback Machine., título I, artigo 2: «El castellano es el idioma oficial del Ecuador; el castellano, el kichwa y el shuar son idiomas oficiales de relación intercultural. Los demás idiomas ancestrales son de uso oficial para los pueblos indígenas en las zonas donde habitan y en los términos que fija la ley. El Estado respetará y estimulará su conservación y uso».
↑AConstitución de VenezuelaArquivado 30 de decembro de 2010 enWayback Machine. di que «Los idiomas indígenas también son de uso oficial para los pueblos indígenas y deben ser respetados en todo el territorio de la República, por constituir patrimonio cultural de la Nación y de la humanidad»
↑46 698 137 en España (98,8 % de 47 265 321 segundo o INE en 2012) + 22 203 930 no resto da UE (15 % na UE en total incluíndo España) + 123.000 en Suíza (1,7 %) + 53.963 en Andorra (68,7 %) + 36.250 en Noruega + 23.320 en Rusia.
Harris, James (1967). "Sound Change in Spanish and the Theory of Markedness".Language (Language)45 (3): 538–52.JSTOR411438.doi:10.2307/411438.
Martínez-Celdrán, Eugenio; Fernández-Planas, Ana Ma.; Carrera-Sabaté, Josefina (2003). "Castilian Spanish".Journal of the International Phonetic Association33 (2): 255–59.doi:10.1017/S0025100303001373.