Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Lingua abaza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abaza
aбaзa
Falado en:Federación Rusa
Rexións:Abazastán
Total de falantes:48.000
Familia:Caucásico noroccidental
 Abazgi
  Abaza
Status oficial
Lingua oficial de:Karachay-Cherkessia
Códigos de lingua
ISO 639-1:--
ISO 639-2:cau
ISO 639-3:abq
Mapa
Status
Este artigo amosaletras cirílicas. Sen osoporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Alingua abaza (Aбaзa бызшвa, en abaza) é unhalinguacaucásica do grupo abxasio-adigué falada na RepúblicaKarachay-Cherkessia daFederación Rusa, emparentada coabkhazo.

Falantes

[editar |editar a fonte]

O abaza tén arredor de 48.000 falantes, deles 33.000 enRusia, 10.000 enTurquía e 5.000Siria,Líbano eIraq. O 93 % dos abaza de Rusia fala a súa lingua e o 70 % fala oruso como segunda lingua.

Distribución xeográfica

[editar |editar a fonte]

Abazastán, o territorio de lingua abaza, componse de tres zonas separadas entre si da República Karachai-Cherquesia, comprende 15auls ou asentamentos:

  • Abazakt (abazaАбазакт; antiga Gabakvei)
  • Abaza-Habl (abazaАбаза-ХІабльа)
  • Apsua (abazaАпсуа, antiga Tšagarei)
  • Elburgan (abazaАлбыргІан, antiga Bibarkõt)
  • Inžitš-Tšukun (abazaЙынджьыгь-ЧІкІвын,antiga Inžitš Lokt)
  • Kara-Pago (abazaКъарапагва)
  • Koidan (abazaКъвайдан)
  • Krasnõi Vostok (abazaГвымлокт)
  • Kubina (abazaКъвбина)
  • Novokuvinskoje (abazaХъвыжв-ЧІкІвын)
  • Psautšje-Dahhe (abazaПсауыкІьа-Даха, antiga Klõht)
  • Psõž (abazaПсыжв, antiga Darõkvakt)
  • Starokuvinskoje (abazaХъвыжв-Ду, antiga Hvõžvdu)
  • Tapanta (abazaТІапІанта)

Na capital da República de Karachai-Cherquesia,Cherkessk viven 8.000 abazas. Ademais algúns abazas viven esparexidos en vilas cabardinas, nogais e adigueis. Hai entre 50.000 e 100.000 persoas de orixe abaza en países do antigoImperio Otomán, sobre todo en Turquía onde uns 10.000 abaza aínda falan a lingua.

Hai algúns falantes illados enAlemaña e osEstados Unidos.

Dialectos

[editar |editar a fonte]

O abaza tén dous dialectos, oTapanta, base da lingua literaria abaza e oShkaraua e cinco subdialectos: Abazakt, Apsua, Kubin-Elburgan, Kuvin e Psyzh-Krasnovostok.

Escrita e literatura

[editar |editar a fonte]

En1932Tobil Tolistan (1879-1956) crea unha escrita propia para o abaza baseada no Tapanta e utilizando oalfabeto latino. En1938 adóptase oalfabeto cirílico, aínda que é unha escrita complexa, xa que consta de 30 grafías simples, 28 dobres e 12 triplas para representar as súas 66 consoantes e 4 vogais.

A partir da década da1930 desenvólvese unha literatura propia, sobre todo a prosa e o teatro, con autores comoTolistan Tobil,Mikael Çkudu,Camledin Lağuıç,Vladimir Dıug,Kerim Mixts,Rauf Khlıç,Nuriya Tobil,Nazir Egdza eVladimir Meremkul.
En1956 publícase o primeiro dicionario ruso-abaza. En1967 publicouse o gran dicionario abaza-ruso e a gramática de Malbakhova e Tabulova (en ruso).

Medios de Comunicación

[editar |editar a fonte]

En1938 aparece a primeira publicación en abaza,Aбaзaштa. Actualmente publícase o xornalAbaziniia/Abazashta, editado na cidade deCherkessk. Tamén hai emisións de radio en abaza e durante a época soviética houbo algunhas emisións de televisión.

Historia

[editar |editar a fonte]

En orixe o abaza e o abkhazo constituía unha soa lingua falada no territorio abranguido entre as actuaisTuapse eSukhumi. Entre os séculos VIII e IX os abaza comezan a se diferenciar como pobo. A tribo dos abazgis, a cerna dos actuais abazas, habitaban o territorio entre o río Bsby e Tuapse ata que no XIII unha emigración masiva lévaos ó Cáucaso norte. Entre o século XIII e XIV emigran os Tapanta, e por último chegan os Shkaraua. Unha pequena parte dos abazgis e dos Shkaraua continuaron a vivir no seu territorio tradicional, asimilándose aos abxasios e aos circasianosNo século XVII os abazas caen baixo o poder dos soberanos cabardinos e entre os séculos XVIII e XIX dispútanse o seu territorio os turcos e os rusos, sufrindo campañas militares rusas e otomás contra deles e deportacións aRusia e ó Imperio Otomán, ao tempo o islam Hanafita vaise convertendo na relixión maioritaria do pobo abaza.

Despois da vitoria rusa sobre os turcos, o goberno tsarista decreta no1862 a orde de expulsión dos abaza do territorio entre os ríos Labo e Belji, debendo marchar á área reservada no Kuban ou ao estranxeiro, o que supón o exilio masivo dos abazas ó Imperio Otomán, as súas terras colonízanas agricultores eslavos. En total entre 30.000 e 45.000 víronse forzados a se exiliar ao Imperio Otomán. Ás terras da ribeira do Kuban, que as autoridades zaristas deran aos abaza trasládanse 9.000 deles, o 75 % tapanta. A masiva emigración destruíu a tradicional división tribal dos abaza.

O7 de febreiro de1918 o poder soviético proclámase no Abazastán, durante a guerra civil, os abaza loitan cos dous bandos. Na década de 1920 moitas vilas abaza viron mudar os seus nomes tradicionais, baseados na nobreza local por outros dados polas autoridades soviéticas, ao tempo que o poder soviético dividía aos abaza entre as rexións Karachai e cherquesa. No censo de1926 contabilizáronse 14.000 abazas en Rusia. En1932 os rapaces comezan a ser escolarizados en abaza, pero esta situación só se mantería ata1938, data na que o ruso se converte na lingua de instrución, quedando a lingua e literatura abaza tan só como materia obrigatoria nas escolas abazas.

En1957 fórmase a rexión autónoma Karachai-Cherquesa, dende entón todos os territorios de lingua abaza están no mesmo ente administrativo.

No censo de 1989 o seu número falantes de abaza medra ata 33.800, deles 27.500 residían na República de Carachai-Cherquesia, constituíndo o 6,5 % da súa poboación.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Vexa a proba daWikipedia en  Lingua abaza

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Lingua_abaza&oldid=6645743»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp