Alingua é oórganomuscular relacionado co sentido dogusto que fica situado na parte ventra] daboca da maior parte dosanimaisvertebrados e que serve para "procesar" osalimentos. A lingua participa na formación dos fonemas dafala e é un músculo potente, tanto que chega a ser o músculo máis poderoso de todo o corpo en relación tamaño/forza.
Os músculos cos que a lingua está ligada aocranio denomínansemúsculos extrínsecos, e os que forman a propia lingua son os catro pares demúsculos intrínsecos responsábeis do movemento e modificacións da forma da lingua durante amastigación e adeglución.
A parte dorsal da lingua pode dividirse en dúas partes: unha porción oral, que se encontra dentro da cavidadebucal, e unha porciónfarínxea (terzo posterior da lingua), fronte á parte de tras da orofarinxe. As dúas partes están separadas por unsuco en forma de V apuntado cara a atrás (suco terminal).
A superficie dorsal dos dous-terzos anteriores da lingua (parte oral) está revestida de papilas gustativas, e a lingua ten unha aparencia branda e rosada. Hai catro tipos de papilas gustativas: filiformes, funxiformes, valadas e foliadas. Detrás da parte oral da lingua hai de 3 a 14 papilas aliñadas en forma de V en fronte aosulcus terminalis (suco terminal).
Non hai papilas linguais na parte inferior da lingua, que está revestida cunha membranamucosa mol que aloxa, no centro, o freo da lingua.
Tampouco hai visíbeis na parte farínxea da lingua (parte posterior), mais presenta unha superficie áspera debido á presenza de folículos linfáticos. Eses folículos denomínasetonsilas linguais.
Todo o relacionado coa lingua é xeralmente denominadolingual, que vén da palabralatina, ouglosal que vén da palabragrega para lingua.
A lingua ten unha porción dorsal e unha porción ventral. A porción ventral da lingua non posúepapilas linguais. A porción dorsal ten papilas e unha delas é apapila caliciforme oupapila circunvalada, pois elas teñenvalum do lado delas. Aínda na boca (na lingua, fazula) vense osbotóns gustativos, responsábeis da percepción dosabor.
A porción da lingua que ten maior riqueza entecido conxuntivo na submucosa é a ventral, pois a dorsal está en constante contacto co alimento.
Están no bordo lateral mais en pequena cantidade no home[1]. Son similares ás funxiformes pero conepitelio con proxeccións grandes. Presentan botón gustativo e están relacionadas cun tipo de captación de sabor. O epitelio forma proxeccións e teñen moitas glándulas dewon Ebner embaixo.
Baixo as papilas caliciformes existenglándulas que son ricas na produción dunhasecreción moi fluída, que cae no valum e o lava. Ao disolverse o alimento ensucia o valum, toca nas papilas e esas glándulas expulsan a súa secreción. Se non fose esa “limpeza”, o alimento enchería o valum e permanecería o seu sabor, o que impediría sentir o sabor do próximo alimento. Esas glándulas chámansewon Ebner. Os túbulos desa glándula desembocan no valum.
A parede da papila ten botóns gustativos e estes posúen un poro. O alimento entra en contacto conmicrovilos das células especiais do botón gustativo, e eses captan o sabor. Esas células son nerviosas e terminan en microvilos. Cada botón gustativo está relacionado cun tipo de sabor (sabores ácidos, doces...). Os sabores básicos reúnense e tranfórmanse nun sabor global.