Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Linfa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde xullo de 2017.)

Alinfa é un líquido claro, transparente, alcalino, amarelo claro ou opalescente, de sabor salgado, que se transporta polosvasos linfáticos en sentido unidireccional e filtrado nos linfonodos ounódulos linfáticos. Despois da filtraxe, a linfa lánzase aosangue, desembocando en veas.

A linfa prodúcese polo exceso de líquido que sae dos capilares sanguíneos ao espazo intersticial ou intercelular, sendo recollida polos capilares linfáticos que drenan aos vasos linfáticos máis grosos ata converxer en condutos que verten nas veas subclavias.

A linfa percorre osistema linfático grazas ás débiles contraccións dosmúsculos, da pulsación dasarterias próximas e do movemento das extremidades. Se un vaso sofre unha obstrución, o líquido acumúlase na zona afectada, producíndose un inchazo denominado edema.

A linfa está composta dun líquido claro pobre enproteínas e rico enlípidos, parecido ao sangue, mais coa diferenza de que as únicas células que contén songlóbulos brancos que migran doscapilares, sen conterhemacias. É máis abundante a linfa que osangue.

A linfa pode contermicroorganismos que se eliminan ao pasar polo filtro dosganglios linfáticos.

Control de autoridades
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Linfa&oldid=5597024»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp