Olikbez (enruso:ликбез =ликвидациябезграмотности,likvidátsiya bezgrámotnosti; literalmenteliquidación do analfabetismo) foi unha campaña de erradicación do analfabetismo naUnión Soviética iniciada logo apósa revolución, nasdécadas de 1920 e1930. A campaña foi lanzada o26 de decembro de1919, candoLenin asinou o decreto "Sobre a erradicación do analfabetismo entre a populación daRSFSR" ("О ликвидации безграмотности среди населения РСФСР"). De acordo con este decreto, todas as persoas entre 8 e 50 anos de idade eran obrigadas a se alfabetizar en súalingua materna.
A campaña foi, no xeral, ben sucedida. En1917, soamente 32% de todos os adultos da Rusia sabían ler e escribir. Xa en1926, a porcentaxe de alfabetizados saltou para 60,9%. De acordo co censo de1939, os alfabetizados xa eran 89,7% (RSFSR, idades de 9 a 49 anos). Desde adécada de 1950, a Unión Soviética xa se tíña tornado un país con índice de alfabetización de case 100%.