Tipo | professional sports league(en)![]() ![]() |
---|---|
Deporte | hóckey sobre xeo![]() |
Liga inferior | Mestis eI-divisioona(en)![]() ![]() |
Número de participantes | 16![]() |
Localización e Datas | |
País | Finlandia![]() |
Vixencia | 1975 –![]() |
Calendario da tempada | setembro –abril![]() |
Outro | |
Páxina web oficial | liiga.fi![]() |
ALiiga (anteriormente denominadaSuomen Mestaruus Liiga ouSM-liiga enfinés) é a máxima liga profesional dehóckey sobre xeo deFinlandia, e unha das ligas máis famosas nesa modalidade enEuropa, sendo catalogada polaIIHF como a segunda mellor liga nacional máis importante do continente por detrás daSvenska hockeyligan (SHL), e a cuarta mellor do mundo por detrás das ligas internacionaisNational Hockey League (NHL) eKontinental Hockey League (KHL).[a][1]
Creada en1975 para desenvolver a profesionalización do hóckey sobre xeo finlandés, a SM-liiga substituíu o campionato de afeccionados (na práctica, semiprofesional), aSM-sarja, e na súa tempada inaugural competiron dez equipos, número que foi progresivamente aumentando ata os 15 que a conforman dende atempada 2015-16. A SM-Liiga ten un acordo coaFederación Finesa de Hóckey sobre xeo, polo que está considerada coma o campionato principal do país. Ademais, o hóckey sobre xeo está considerado un dos deportes nacionais de Finlandia.
O equipo campión recibe aKanada-malja (Copa Canadá). Dende a súa creación, a liga estivo dominada principalmente por tres equipos:Tappara (10 títulos e 9 subcampionatos),TPS (10 títulos e 7 subcampionatos) eKärpät (8 títulos e 2 subcampionatos), que suman un total de 28 títulos ao inicio datempada 2019-20.
A pesar da popularidade da que goza actualmente no país,[2] o hóckey sobre xeo chegou a Finlandia a finais da década de 1920, de feito o país non se converteu en membro daFederación Internacional de Hóckey sobre Xeo (coñecida polas súas siglas eninglés IIHF) ata1928, cando creou a súa propia federación.[3]
Non foi ata a década de 1950 cando o hóckey sobre xeo comezou a mellorar as súas condicións e iniciou a súa modernización, coa construción de pistas primeiro enTampere (1956) e logo enHelsinqui (1958). Un factor decisivo na modernización da modalidade foi a súa conversión nun deporte interior a partir da década de 1960, e que finalizaría en1973 coa cobertura da pista de Kupittaa enTurku. A conversión en deporte interior producir un incremento no número de partidos do campionato, pasando de sete encontros na tempada 1949-50 a 32 nos primeiros anos da década de 1970, feito que sumado á mellora nas condicións de visualización provocou un aumento nos ingresos, se ben o deporte continuou a ser semiprofesional nestes anos.[3]
Outro feito importante no desenvolvemento do hóckey sobre xeo finlandés tivo lugar en1965, cando o país foi sede doCampionato do Mundo. Se ben inicialmente o torneo se ía disputar en Helsinqui, as dificultades para ter finalizado o pavillón para a data de inicio da competición levaron a que esta se disputara en Tampere.[3]
Malia os avances na modernización do hóckey sobre xeo finlandés que se levaron a cabo a principios dadécada de 1970, a súa organización non se topaba ao mesmo nivel. O sistema de toma de decisións dentro daSuomen jääkiekkoliitto (a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo), que daquela organizaba todas as competicións do país, e outros aspectos como a volatilidade da toma de decisións ou os horarios, motivaron o descontento dos clubs máis fortes, daquela xa organizados na súa propia organización, a Sarjaseurat ry., que non tiña poder nas reunións federativas.[4]
Deste xeito, en1974, o daquela presidente da federación finlandesaHarry Lindblad creou un comité liderado por Markku Mäenpää para considerar unha mudanza organizativa. Este comité propuxo a separación da SM-liiga (a máxima categoría) do outras actividades da federación. Finalmente o día24 de maio de1975 a Sarjaseurat ry. fundou a SM-liiga na súa reunión anual celebrada en Tampere.Se ben producíronse mudanzas organizativas importantes, a creación da SM-liiga foi o maior logro, xa que os clubs gañaron independencia, unha independencia enfatizada polo feito de que a súa sede estaba en Tampere, mentres que a federación a tiña en Helsinqui.[4]
Organizativamente a liga contaba cun presidente, un representante de cada club e un representante da federación.Kalervo Kummola foi votado como o primeiro máximo responsable do organismo, posto que ocupou ata1987 co alcume de "Rautakansleri" (engalego"Chanceler de ferro").[4]
Nun principio, a liga comezou con 10 equipos en setembro dese mesmo ano, dos cales os 4 mellores xogarían os playoffs, e había un sistema de promoción entre os peor clasificados da SM-Liiga e os mellores da I-divisioona (a que daquela era a segunda categoría), que promovía os trocos de clubs na clasificación. Os dez equipos que participaron na primeira edición foron os oito mellor clasificados da derradeira edición da SM-sarja, que foron acompañados polos dous mellores equipos da I-divisioona,Sport eFoPS, que ascenderon á máxima categoría.[4][5][6]
O primeiro gol da nova SM-liiga anotounoRaimo Brax no partido inaugural de Sport fronte aHIFK. Nesta primeira tempada os dous últimos clasificados xogaron unha liguiña de permanencia fronte aos dous mellores equipos da segunda categoría, a I Divisioona, na que Sport perdeu a categoría en favor doKiekkoreipas deLahti, mentres que FoPS conseguiu a permanencia.[7]
Aínda que se pensaba que a primeira tempada da nova competición se disputara sobre a base da antiga SM-sarja, decidiuse que esta adoptara de xeito inmediato un sistema deplay-offs a semellanza das ligas norteamericanas, aínda que por motivos de calendario as eliminatorias disputáronse ao mellor de tres encontros. Ao finalizar esta primeira tempada oTPS deTurku proclamouse campión grazas a un gol deSeppo Repo a falta de 21 segundos para o final do segundo partido da final disputada fronte aTappara.[7]
A liga profesional tivo éxito entre a afección, sumado aos éxitos daselección nacional de hóckey sobre xeo, e o número de clubs aumentouse a 12 na tempada1988-89, materializando a decisión que a liga tomara xa en marzo de1986. Deste xeitoHPK eSaiPa pasaron a disputar a máxima categoría ao ser os dous mellores equipos da I-divisioona, mentres que o peor equipo da SM-liiga ese ano, oKooKoo deKouvola, tivo que disputar unha eliminatoria fronte ao terceiro mellor equipo da segunda categoría, oKiekkoreipas deLahti, ao cal derrotou en cinco partidos (3-2).[8][9]
Natempada 1994-95 a SM-liiga viu a chegada de 16 xogadores daNational Hockey League (NHL), conTeemu Selänne eJari Kurri (Jokerit),Christian Ruuttu eEsa Tikkanen (HIFK),Michael Nylander (JYP HT), ouTheo Fleury (Tappara) entre outros. Isto produciuse polo bloqueo da liga norteamericana, o que motivou que os xogadores das franquías da NHL procuraran outras competicións enEuropa. Este feito supuxo un aumento na asistencia aos partidos e unha motivación para os xogadores dos equipos finlandeses, que cada noite se medían aos xogadores da NHL.[10]
Na década dos '90 a afluencia de público nos estadios chegou a 1.8 millóns de espectadores, polo que se iniciou o camiño á profesionalización total: a mediados dos '90 tódolos xogadores tiñan contrato a tempo completo, e no2000 permitiuse o troco de estatuto dos clubs asociedade limitada.
Dende a tempada2000-01 e en base á profesionalización total das sociedades deportivas eliminouse o sistema de promoción, pechando a liga, polo que ningún equipo podería ascender dende aMestis sen a aprobación da SM-liiga.[11] Ese mesmo ano ascendeu á ligaKärpät, que conseguiu o ascenso na tempada anterior noplay-out fronte aPelicans, que mantiveron a súa praza na liga grazas ao aumento do número de equipos, que natempada 2000-01 pasouse de doce a trece equipos na liga.[12]
Na tempada2003-04 o sistema deplay-offs aumentouse aos 10 mellores clasificados ao final da liga regular, xogando os equipos clasificados do posto 7 ao 10 unhas series eliminatorias previas para decidir que dous equipos acompañan aos seis mellores. En2005 foi admitido na liga oKalPa deKuopio,[13] aumentando o número de equipos ata os 14 clubs.[8] Na tempada2008-09 recuperouse o sistema de promoción, polo que o equipo campión da Mestis pode acceder á máxima categoría se derrota nosplay-out ao equipo peor clasificado da SM-liiga ao finalizar a liga regular,[14] se ben na primeira tempada que se restableceu o sistema de promoción os catro peores clasificados xogaron unhas series eliminatorias das cales o perdedor xogouse a promoción contra o campión da Mestis.[15][16]
Na tempada2010-11 introduciuse oTalviklassikko (engalegoClásico de Inverno), un partido xogado ao aire libre noEstadio Olímpico deHelsinqui no que se enfrontan os dous equipos da cidade, oHIFK e oJokerit. Na primeira edición o HIFK derrotou ao Jokerit por 4 goles a 3.[17] O éxito do derbi da capital levou a reeditar os duelos ao aire libre entre os dous principais equipos da cidade deTampere, oTappara e oIlves, que o9 de abril de2013 se enfrontaron noEstadio de Tampere, no que foi a primeira edición doOpen Ice Winter Classic Tampere,[18] con todo, o partido ao aire libre entre os dous equipos máis laureados do hóckey sobre xeo finlandés non volveu disputarse nas tempadas seguintes.
Na tempada2013-14 a competición mudou o seu nome e imaxe, pasando a denominarse simplementeLiiga, ademais a principios desa mesma tempada anunciouse que oJokerit deixaría a competición para pasar a xogar naKontinental Hockey League (KHL) a partir da tempada2014-15.[19][20] O equipo de Helsinqui foi substituído natempada 2014-15 poloSport deVaasa logo de ter sido aceptado pola Liiga.[21] A principios desa mesma tempada, a competición anunciou unha nova incorporación á liga logo de admitir aoKooKoo deKouvola a partir datempada 2015-16, pasando dunha liga de 14 equipos a unha de 15.[22] A expansión da liga continuou natempada seguinte, cando se incorporou oJukurit deMikkeli,[23] que substituíu osEspoo Blues, que cesaron as súas operacións ao declararse en bancarrota logo da tempada 2015-16.[24]
Durante atempada 2019-20, por primeira vez na súa historia, a Liiga non decidiu ningún campión, xa que o día13 de marzo de2020 a competición foi suspendida para frear apandemia por coronavirus, o que deixou sen disputar a derradeira xornada da liga regular e todos os partidos dosplay-offs. O campionato de hóckey sobre xeo finlandés non se suspendía dende atempada 1943-44, cando se cancelou a tempada por mor daguerra de continuación.[25][26] Con todo, a Liiga entregou oHarry Lindbladin muistopalkinto aKärpät, que xa tiñan asegurado o trofeo antes da suspensión da tempada.[27]
Natempada 2024-25 produciuse unha nova expansión da liga coa entrada doKiekko-Espoo.[28] Ese mesmo ano a liga volveu converterse nunha competición aberta, polo que volveu existir a posibilidade de que houbera ascensos e descensos de categoría, un feito que non se producía dende a tempadatempada 2012-13. Deste xeito, o equipo máis feble da Liiga pasou a disputar unha serie clasificatoria fronte o campión daMestis. Na mesma asemblea na que se aprobou abrir a competición, fixouse como número máximo de equipos en 16 a partir datempada 2025-26, e estableceuse que se un equipo abandona a liga a súa praza non será ocupada por outro.[29]
Dende atempada 2015-16 a SM-liiga está formada por quince equipos de 15 cidades distintas, sendoTampere a única cidade que conta na actualidade con máis dun equipo, logo de queJokerit abandonara a SM-liiga para competir naKontinental Hockey League (KHL) a partir de 2014. Por rexións, 13 das 19rexións de Finlandia están presentes na actualidade:Carelia do Sur,Finlandia Central,Finlandia Propia,Kymenlaakso,Ostrobotnia,Ostrobotnia do Norte,Savonia do Norte,Savonia do Sur,Pirkanmaa,Päijänne Tavastia,Satakunta,Tavastia Propia eUusimaa, se ben só as rexións de Satakunta, Pirkanmaa e Uusimaa contan con máis dun equipo (Lukko eÄssät,Ilves eTappara, eK-Espoo eHIFK respectivamente). Dos dez equipos fundadores da liga en1975, so seis deles continúan natempada 2018-19 xogando na SM-liiga, e deles só catro, HIFK, Ilves, Tappara e TPS participaron en todas as edicións, mentres que Lukko e Ässät descenderon unha vez e xogaron un ano na segunda categoría.
Fonte: www.eurohockey.com[39]
País | Tempada (2005–06) | % | Tempada (2006–07) | % | Tempada (2007–08) | % | Tempada (2008–09) | % | Tempada (2009–10) | % | Tempada (2010–11) | % | Tempada (2011–12) | % | Tempada (2012–13) | % |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | 1 | 0.2 | 1 | 0.2 | 1 | 0.2 | ||||||||||
![]() | 1 | 0.2 | 1 | 0.2 | 1 | 0.2 | 1 | 0.2 | ||||||||
![]() | 22 | 4.8 | 27 | 5.8 | 23 | 4.9 | 12 | 2.3 | 11 | 2.6 | 23 | 4.9 | 21 | 4.47 | 36 | 6.77 |
![]() | 1 | 0.2 | 1 | 0.2 | ||||||||||||
![]() | 1 | 0.2 | 3 | 0.6 | 7 | 1.3 | ||||||||||
![]() | 1 | 0.2 | 3 | 0.6 | 2 | 0.4 | 1 | 0.2 | 1 | 0.2 | 7 | 1.5 | 7 | 1.5 | 4 | 0.75 |
![]() | 1 | 0.2 | ||||||||||||||
![]() | 13 | 2.8 | 4 | 0.85 | 20 | 4.3 | 14 | 2.7 | 4 | 1.0 | 14 | 3.0 | 9 | 1.9 | 23 | 4.3 |
![]() | 1 | 0.2 | 1 | 0.2 | ||||||||||||
![]() | 396 | 85.9 | 400 | 85.5 | 404 | 86.3 | 476 | 92.8 | 393 | 94.0 | 390 | 83.2 | 390 | 83.2 | 428 | 80.45 |
![]() | 2 | 0.43 | 2 | 0.43 | 2 | 0.38 | ||||||||||
![]() | 1 | 0.2 | ||||||||||||||
![]() | 1 | 0.2 | 2 | 0.43 | ||||||||||||
![]() | 2 | 0.4 | 3 | 0.6 | 1 | 0.2 | 3 | 0.64 | 1 | 0.2 | 1 | 0.2 | ||||
![]() | 1 | 0.2 | 1 | 0.2 | ||||||||||||
![]() | 1 | 0.2 | 1 | 0.2 | 1 | 0.2 | 1 | 0.2 | 1 | 0.2 | ||||||
![]() | 1 | 0.2 | ||||||||||||||
![]() | 15 | 3.3 | 15 | 3.2 | 8 | 1.7 | 4 | 0.8 | 5 | 1.2 | 13 | 2.8 | 14 | 3.0 | 11 | 2.1 |
![]() | 1 | 0.2 | 1 | 0.2 | 1 | 0.2 | ||||||||||
![]() | 1 | 0.2 | ||||||||||||||
![]() | 7 | 1.5 | 11 | 2.35 | 7 | 1.5 | 4 | 0.8 | 2 | 0.5 | 13 | 2.8 | 14 | 3.0 | 16 | 3.0 |
![]() | 1 | 0.2 | 1 | 0.2 | 1 | 0.2 | ||||||||||
Total | 461 | 100.0 | 468 | 100.0 | 468 | 100.0 | 513 | 100.0 | 418 | 100.0 | 469 | 100.0 | 469 | 100.0 | 532 | 100.0 |
A SM-Liiga posúe unha tempada regular e playoff polo título. A tempada regular comeza a mediados desetembro e remata a mediados demarzo. Hai paróns ao longo do ano dependendo dos compromisos internacionais de Finlandia e un parón poloNadal de 2 semanas. Os playoff comezan inmediatamente logo do fin da tempada regular e a competición remata a mediados deabril.
Na tempada regular tódolos equipos disputan 60 encontros nos que cada equipo xoga 4 partidos contra calquera outro máis outros 2 con rivais definidos, xeralmente próximos entre eles. Cada partido dura 60 minutos divididos en 3 tempos de 20 minutos e, en caso de prórroga, xógase un tempo extra conmorte súbita de 5 minutos. No caso de que o empate persista, o gañador decídese tras unha rolda de penaltis.
O sistema da liga regular baséase en torno a unha clasificación na que só vale a vitoria para puntuar. O sistema de puntuación está determinado por como concluíu o partido: se o equipo vence no tempo regulamentario gaña 3 puntos, se vence na prórroga 2 e se vence nos penaltis 1. Se un equipo está empatado a puntos con outro na táboa, o equipo que teña unha meirande diferenza de goles estará nun posto máis alto na clasificación, e se se chegara ao extremo de que houbese tamén un empate, a diferenza será polo número de goles anotados.
Ao final da tempada regular, os 6 equipos mellor clasificados na liga regular pasan directamente aos cuartos de final, mentres os equipos entre a sétima e décima posición xogan uns playoff preliminares ao mellor de 3 partidos, nos que os 2 vencedores encherán as 2 posicións vacantes.
Dende a tempada2007-08 tódalas roldas son ao mellor de 7 partidos e os equipos son colocados segundo a súa posición na liga regular, de tal xeito que o primeiro clasificado xogaría contra o oitavo, o segundo contra o sétimo, e así sucesivamente, sendo o primeiro campo no que se disputa o partido o do mellor equipo na fase regular. O gañador dos playoff gaña aKanada-malja (Copa Canadá) mentres que os perdedores da semifinal xogan un partido pola "medalla de bronce".
A diferenza da Liga regular, nos playoff o tempo de prórroga dura 20 minutos amorte súbita.
A seguinte táboa amosa os campións da Kanada-malja, é dicir, os campións nosplay-offs. Os campións da liga regular reciben tamén un trofeo, oHarry Lindbladin muistopalkinto, aínda que é menos prestixioso que a medalla de bronce nos playoff, esta relación entre títulos é similar á que existe naNHL americana entre aStanley Cup e oPresidents' Trophy.
Antes da creación da SM-liiga, en Finlandia existía outro campionato nacional dehóckey sobre xeo creado en1928 denominadoSM-sarja, que pasou por varios formatos de competición, dende eliminatorias directas, a liga única sen eliminatorias, a varios grupos de liguiña etc. Na seguinte lista amósase o palmarés de campións dende1928 até1975:[42]
A seguinte táboa amosa o número total de campionatos acadados por cada club dende1928. En letra grosa o títulos de SM-liiga, é dicir, os acadados dende1976:
NºTítulos | Equipo | Campionatos |
---|---|---|
17 | ![]() | 1959, 1961, 1964, 1975,1977, 1979, 1982, 1984, 1986, 1987, 1988, 2003, 2016, 2017, 2022, 2023, 2024(Equipo mais laureado da SM-liiga) |
16 | ![]() | 1936, 1937, 1938, 1945, 1946, 1947, 1950, 1951, 1952, 1957, 1958, 1960, 1962, 1966, 1972,1985 |
11 | ![]() | 1956,1976, 1989, 1990, 1991, 1993, 1995, 1999, 2000, 2001, 2010 |
8 | ![]() | 1981, 2004, 2005, 2007, 2008, 2014, 2015, 2018 |
7 | ![]() | 1969, 1970, 1974,1980, 1983, 1998, 2011 |
6 | ![]() | 1973,1992, 1994, 1996, 1997, 2002 |
3 | ![]() | 1971,1978,2013 |
3 | ![]() | 1953, 1954, 1955 |
3 | ![]() | 1939, 1941, 1943 |
3 | ![]() | 1929, 1932, 1935 |
2 | ![]() | 2009, 2012 |
2 | ![]() | 1948, 1949 |
2 | ![]() | 1933, 1934 |
2 | ![]() | 1963,2021 |
2 | ![]() | 2006, 2019 |
1 | ![]() | 1968 |
1 | ![]() | 1967 |
1 | ![]() | 1965 |
1 | ![]() | 1931 |
1 | ![]() | 1928 |
Como ocorre con moitas outras ligas de hóckey sobre xeo, a SM-liiga entrega cada ano distintos trofeos a equipos e persoas que destacaron en cada tempada, tanto xogadores, como adestradores ou árbitros. Tamén existen trofeos entregados pola Asociación de Xogadores. A meirande parte dos galardóns posúen nomes de xogadores fineses históricos.
Dende a tempada2007-08 os dereitos de emisión enFinlandia pertencen á canle en aberto privadaNelonen.Canal+ Suomi ofrece tamén varios partidos en modalidade de PPV.
Actualmente a liga finlandesa non pode verse noutros países, aínda que Canal+ Suomi ofreceu partidos on-line por PPV tanto para Finlandia como para o resto de países.
Na tempada 2018-19 a SM-liiga foi a sexta liga europea en termos de asistencia cun total de 4.232 espectadores de media. O equipo da liga cunha mellor media ese ano foi oHIFK deHelsinqui, que cunha media de 7.100 espectadores foi o 20º equipo en canto a media de asistencia enEuropa.[51][h]
Ano | Asistencia media |
---|---|
2002 | 5.231 |
2003 | 5.148 |
2004 | 5.101 |
2005 | 5.143 |
2006 | 5.032 |
2007 | 4.984 |
2008 | 5.101 |
2009 | 4.933 |
2010 | 4.976 |
2011 | 4.850 |
2012 | 5.108 |
2013 | 5.213[52] |
2014 | 4.974[53] |
2015 | 4.336[54] |
2016 | 4.249[55] |
2017 | 4.326[56] |
2018 | 4.254[57] |
2019 | 4.232[51] |
Récord | Nome | Rexistro |
---|---|---|
Puntos | ![]() | 799 |
Goles | ![]() | 464 |
Asistencias | ![]() | 516 |
Partidos xogados | ![]() | 1.049 |
Plus/minus | ![]() | +232 |
Penalty minutes | ![]() | 1.456 |
Récord | Nome | Rexistro |
---|---|---|
Puntos | ![]() | 128 |
Goles | ![]() | 42 |
Asistencias | ![]() | 86 |
Partidos xogados | ![]() | 151 |
Plus/minus | ![]() | +51 |
Penalty minutes | ![]() | 156 |
Récord | Nome | Rexistro |
---|---|---|
Puntos | ![]() | 9 |
Goles | ![]() ![]() ![]() | 4 |
Asistencias | ![]() ![]() ![]() ![]() | 5 |
Partidos xogados | ![]() ![]() ![]() | 9 |
Plus/minus | ![]() | +10 |
Penalty minutes | ![]() ![]() | 37 |
Récord | Nome | Rexistro |
---|---|---|
Partidos | ![]() | 894 |
Minutos | ![]() | 14.952 |
Promedio | ![]() | 13,43 |
Porcentaxe | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | 1,000 |
Shotouts | ![]() | 24 |
Asistencias | ![]() | 23 |
Penalty minutes | ![]() | 182 |
Récord | Nome | Rexistro |
---|---|---|
Partidos | ![]() | 113 |
Minutos | ![]() | 1.681 |
Promedio | ![]() | 16,07 |
Porcentaxe | ![]() ![]() | 1,000 |
Shotouts | ![]() | 6 |
Asistencias | ![]() | 5 |
Penalty minutes | ![]() | 24 |
Récord | Nome | Rexistro |
---|---|---|
Partidos | ![]() ![]() ![]() | 7 |
Minutos | ![]() | 248 |
Promedio | ![]() | 7,00 |
Porcentaxe | ![]() | 0,965 |
Shotouts | ![]() | 2 |
Penalty minutes | ![]() | 4 |
![]() | Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Liiga |